31 dic 2006

HOTMAN, AMANTE DOS 4X4...

Onte nun alarde de gusto polos 4x4, o noso benquerido Hotman, ou tamen chamado charlaincansablementecoasgemelasdecordido, tentou subir en varios. primeiro tentouno no blue co TOUREG de Vizcaino. pero esa opción non lle acabou de convencer, quizabeis intimidado pola presenza doa xogadores do Rua que estaban de cea celebrando ese empate glorioso contra o Sanro. Despois xa na Hora punta, DECANTOUSE POR ESPERAR A QUE PASASE UN MELLOR 4X4, ó igual que sucedeu no rincon dos chuliweis, donde o centro de atencion estaba no acoso e derribo que sufreu HIPER, por parte dunha futura muller con tricornio... Eu non vin unha placaxe igual na miña vida agas cando Maldini marcaba a Michel. Despois de este pequeno inciso, volto a relatar a historia de hotman, e que nos situa xa no Painin one more. Aqui tuvo a gran revelación da sua vida e deuse conta que a el o que realmente lle gustaban eran as furgoetas de reparto como a que ten o home das cerveciñas frias, e sen dudalo nin un momento foise dar un paseo con ela.

POR DORIFORO

INTOLERÁBEL!!!



por Xogador de Chica


Refírome por suposto á interpretación do himno galego por Cuchús Pimentel (traidor!) e Niño Josele & friends en estilo flamenco que tivo lugar con motivo do 25 Aniversario do Parlamento. Como era de esperar, o Tabique Naconalista Galaico saíu na defensa da Galiza contra o (textual) "ataque que sufriu a nosa cultura." Dende aqui preguntámonos tamén como pode ser que se lles deixase emporcallar a catro xitanos de m... o noso himno solemnísimo, substituíndo a sublime gaita polas lamentabeis e espanholas guitarras. Verdadeiramente intolerábel cando existen na nosa terra artistas dabondo talentosos que saberían aportar o sangue galego que correspondía, coma Xil Ríos (mencionemos ate cansar a grandeza dese himno non oficial da nacóm que é "Xirarei"), Sabela ou Pili Pampín. Claramente, esta é unha agresión do Estado Central que non pode quedar impune!!!

Despedímonos co noso sentido lema
GALIZA CÉLIBE, PODER COPULAR!!!

30 dic 2006

BARRILETE COSMICO!!!

Iniciome neste blog para recalcar o gran traballo levado a cabo por adripatoso hoxe no derbi. É dese tipo de xogadores que un quere ter no seu equipo, traballa, adestra e aproveita os minutos que lle dan pa demostrar a sua calidade. Bravo por ADRIPATOSO!!!

POR DORIFORO

Aquí teran cabida tódos esos artigos que non é posible clasificar

Nova peste do Nadal


Por Sr. Blanco:

Estou totalmente aturdido pola epidemia que nos asola este Nadal. Ben podería tratarse da gripe ou a coñecida febre consumista; pero non, este ano a estupidez humana reinvéntase e trae ata as nosas casas a ese gordo vestido de repartidor da coca-cola con un claro logo de
Made in China, si, refirome a eses papá noeles trepadores que abundan tanto nas nosas rúas este ano. Quen sería o primeiro estúpido que deu en comprar un?, ainda que mención á parte teñen os que secundaron a idea. Cada vez que vexo un pegote vermello adosado a esas casas encéndeseme o sangue,pero realmente a palma lévana os que como engademento, é decir, a idiotez ó cadrado, teñen unhas luminarias, como se non fose suficiente velos a luz do día que tamén hai que velos a noite; creo que estes individuos colman todas as miñas expectativas da horterez.
Esta é só unha mostra máis de como a globalización do planeta leva a que un producto feito por un pobre neno Taiwanés poda acabar en centos de fogares galegos, sendo un icono máis da Galiza bravú e acostumándonos a contemplar esta invasión como unha anecdota máis, que co tempo, ou se cadra non, acabará por esvaecerse.

29 dic 2006

Sí, Sí, Sí, TÚ Y YO LO SABÍAMOS!!!



Non queremos comezar a nosa sección musical sen referirnos á revolucom incipiente liderada por El Canto del Loco co demoledor alegato anti-sistema "Zapatillas". Neste pedazo de single a banda bota lume pola boca contra toda a cultura occidental, con esa desgarradora historia dun gorila chuleta que non lles deixou entrar na disco de moda coas Converse All-Star. Non se viu nada tan arriscado musicalmente dende a versión pasodoble de "The Final Countdown" da Orquesta Variedades.



Estoy muy harto de que me digan: Si no estás en lista no puedes pasar
solo entran cuatro, tenemos zona supermegaguay y nunca la verás.
Abarrotado, hai aforo limitado y ahora toca esperar,
y nos han multado y tu coche se lo lleva la grua municipal.
Quiero entrar en tu garito con zapatillas, que no me miren mal al pasar,
estoy cansado de siempre lo mismo, la misma historia y quiero cambiar,
me da pena tanta tontería, quiero un poquito de normalidad
pero a ver, mírame y dime tronco, no veo mi sitio y no puedo aparcar.


Creo que un queda sen palabras ante esta obra mestra, ou unicamente ten unha: "aboio". Unha letra que fala da saudade, de todo aquelo que nunca chegará (ese terribel lamento por non poder ver esa zona supermegaguay), que critica radicalmente a falta de lugares onde aparcar o Mini Cabrio tuneado, e, con dos cojones, a falta de "normalidade" (as estrelas do rock consagradas non deberían quedar fóra, senón pasar os primeiros; intolerábel!!!!). Este grupo esencial da historia do pop español, que cita entre as súas influencias a Nirvana e Hombres G (o eclecticismo propio dos xenios!), desatou un movemento revoluconario ó remexer nas conciencias de xóvenes que se manifestan nas rúas ó berro de "Que vuelva Mecano" ou "Pinochet era súper-chungo". Seguiremos informando da traxectoria deste fenómeno musical endemoniábel, do que esperamos a seguinte entrega como auga de maio!!!
UN SAÚDO DO XOGADOR DE CHICA E DE BRIAN FLANAGAN.



A SOMBRA DUN ESPERPENTO


A SOMBRA DUN ESPERPENTO

por tresillo



A todos aqueles que gusten de ler unha narrativa sinxela á par que profunda...jodédevos!...este libro é lamentábel!...nin sinxelo, nin profundo, nin ostias en vinagre...aínda que avinagrar, avinagra ben!...Pois parece ser que o autor é un tal Carlos Ruíz Zafón pero igualmente se podería chamar Danielle Steel ou mesmo estar editada na "arriscada" colección Jazmín.

De xeito sintético, porque a novela non dá moito máis de si, trátase dunha historia de puro e duro pasteleo barateiro, moi indicado polo Ministerio de Sanidade como sustitutivo do cacao e o zucre. Un forte doce para as cursis (e digo ben, AS CURSIS) adictas ao chocolate, menciña que calma as súas "dorosas ansiedades" e pésimas inseguridades. Gozarán cun libro epidérmico, fácil de dixerir que lles fará acentuar a súa estupidez ciclotímica. Porque se ben o argumento e ben pobre: unha temática que xira entre o burdo "por que yo te I love you" e "que aventura esto de la literatura, ven y disfruta de la biblioteca secreta"; o discurso narrativo, sendo simplón e pouco orixinal, non ofrece nada máis hábil que as fábulas de Samaniego. Pero o peor non queda aquí, debo referirme ineludibelmente ao estilo narrativo...criminal!!!...pero criminal polo delito do mesmo; por poñer un exemplo terrorífico dunha das descripcións que carecen totalmente de sentido no discurso: "[...]caminábamos por las calles de una Barcelona atrapada bajo cielos de ceniza y un sol de vapor que se derramaba sobre la Rambla de Santa Mónica en una guirnalda de cobre líquido"...HAÍ QUEDA ESO CHAVALES...PEDANTERÍA EN ESTADO PURO!!!

Agora churriñas collede o diccionario e buscade as verbas que non entendedes porque como dí o noso décimo mandamento: non tedes puta idea!!! e que me importa a min.


A dúbida do señor Argüello

O preparador físico da Selezón ecuatoriana, o señor Argüello, tivo unha dúbida; e polo tanto non dúbidou en preguntar. Agarrou por banda a un reporteiro de Telegaita e preguntoulle...."-¡Oye muchacho, te puedo hacer una pregunta?-", o reporteiro gráfico non tivo ningunha reparazón e responder. A pregunta foi....-¿Por que GALIZA IS NOT SPAIN?-, O reporteiro de Tele Tiroriro (Telegaita), foi claro e conciso, díxolle..."-¡ Pois porque algunha xente deste país cre que Galicia non pertence a Espanha; que é unha pequena rexión fora do ámbito espanhol, eles non se consideran espanhois, senón galegos." O señor Argüello quedou totalmente abraiado coa esplicazón do superreporteiro de Telegaita. Que baixo o punto de vista periodístico foi unha esplicazón bastante correcta.

Dende o Caseto de Copa un cordial saúdo de Hotman.

VALE CHAVALEEEES!!!


por Xogador de Chica

Emocionante e grandioso partido entre as seleccións de Solteiros de Ecuador e Casados da Galiza! A selección ecuatoriana soubo sobreporse á terribel baixa de Edwin Tenorio, liderada por un inconmensurabel Marlon Ayoví, e adiantouse no marcador. Pero negociacións a tumba aberta de Anxo Quintana co representante da Federación Ecuatoriana propiciaron o empate. As verbas de Quin, complacido: “o empate era algo realmente importante para o país e nel puxen o empeño e os eleuros.” Así, a nosa seleçao prosigue a súa andaina invicta, logo de gañar o pasado ano ó combinado de Uruguai “C”. Como xogador máis destacado, o central ecuatoriano José Luís Perlasa, que a parte de ter un pelaso criminal, impartiu unha lección de tiki-staka en toda regla (dese que tanto nos gusta), repartindo caramelos para todo aquel heroe da nazón revoluconaria que ousase achegarse polos seus dominios.

Recomendamos o partido ineludíbel entre o S.D.R. San Román e S. D. Candelaria que se vai disputar no estadio monumental de A Granda, que será retransmitida por Radio Corzo. Porque as pinchadas poden ser marabillosas!

28 dic 2006


Tributo a Los Senadores, Dúo Cachito e Variedades

Recolleremos as grandes citas da filosofía "que me importa a min"

Falaremos de política, cercana, lonxana e da de Marte se fai falta.

Esta é a sección cultureta, somos moito.

Sección da crónica social, queimadas da xente en xeral e das mulleres en particular

Anécdotas etílico-festivas, papadas e demais kedadas. Porque nos reina o mal

Nesta sección daremos renda solta as nosas rajadas de series de TV e piniculas (as que non son porno tamén valen)

Esta é a sección de deportes (tamén se acepta a barra fixa).