30 abr 2007

QUERIDO GORDO

BY HOTMAN
QUERIDO GORDO: Dacordo con todos os comentarios que se levan publicado, e mostrando un gran afecto por este gran persoaxe afincado en terras cervenses a principios dos anos 90, intentarei mostrarlle o meu sinxelo aprecio e cariño, que o ten máis que merecido. Conquistador de grandes féminas a nivel internaconal, ben foran dos cursillos ou non. Tes papado moito cabrón!!. Gran receptor de todo tipo de emocións por parte de toda a tribu cervense, un gran home de consellos e contachistes que nunca lle podías negar o sorriso a esas historias tan surrealistas como reais. Gran camareiro, si señor. Incluso nos teus comezos no “Muíño” naquel ano 1991 poñendo cafés, viños, granadinas, sanfranciscos. A primeira muiñada nunca é nada, senón que foron 16 anos de muiñadas a cargo do inigualable “Mister Nando Blas” e Edadepiedrix.

Grandes camareiros pasaron por ese apetecible recuncho cervense. Como foron Chinosuke, Lukaponi, Nonparokietix, Pichi, e finalmente Donato coa súa camiseta inconfudíbel de “Campiois”. Mulleres de moi bo ver experimentaron o que unha noite no muíño, unha noite non é nada, pero unha semaniña enteira esa si que é muiñada. Numersos litros de brebaxe correron para dentro e pa fora do local durante os inesquecibeis aniversarios. Que sorte tivo toda a xente que puido visitar o muíño no mes de agosto. Por que en toda a Mariña Lucense, AGOSTO está relacionado con Cervo, coas muiñadas, coas cheas criminales, e con un sin fin de cousas que seguramente deixo no tinteiro Grandes concertos se teñen visto no prado de fora como por exemplo: “ O Chouzas”, “Complot” o cantante de Inmaculed Fools ou como se escriba, o insuperable grupo “Drinkin Tinto” os superpixins veciños de GLS. Infinitos actos culturais e non tan culturais se puideron apreciar neste maravilloso recinto sectario.

Pero no só o muiño está a tope no verán nin moito menos. Hai que recordar tamén as mañáns de aninovo. Todos deciamos: ¡- Hai que ir darlle o ano novo ó Gordo!-, e ás 8 da maña a maior parte da tribu cervense acudía ó Muiño. Co seu posterior chocolate con biscoito no Almacén. En fin meu ben preciado “Gordo”espero que non che parta un Raio encima dese corazón que ti tés. Un saúdo dun bo amigo e suo que de toda a xuventude cervense.

PD: ¡!!Que pasaría si en el Muiño tocara la lotería!!!!, PARA ESA PEÑA TÍPICA DE CERVO.

OS LABORDETAS


BY HOTMAN


En fin queridos blogueiros, teño a necesidade de adicarlle este artigo ós tres mosqueteiros (como di Rocgostones), o metodista non sei se foi. É incribel como decidides en tan pouco tempo que paraxe ides visitar. É incrible. Como di o título deste artigo, estades feitos uns auténticos Labordetas de la laif. E non tería nada mal querido Amarillo S., que fixerades un video sobre as vosas viaxes culturais. Xa vos teño o título, "UN FINDE NA MOCHILA" ou algo así. Por certo, xa vos aviso con antelación, para sábado 5 de maio, non planeédes nada que é o meu cumple. E quérovos ver ó meu carón dándoo todo, non fai falla que vos diga nada oh pero...


En fin Labordetas, Ourense, Santiago, Coruña, Vigo, Moimenta. Como diría o outro a vida son dous sías e hai uqe aproveitala ó máximo, pero non vos pasedes tampouco eh!!.Creo que tamén é de agradecer ese videos que nos aporta Amarillo S. sigue asi cabrón. Se pagaran por facer videos e artigos ti e Xogador de Chika levantriadesvos un sueldo maior que o de Doríforo no Montainers.jejej.


UN SÚDO A TODOS E A TODAS AS BLOGUIERAS

29 abr 2007

ORENSE, MECAGOENDIOS!!!!!Amarillo S.


-Galicia é nosa, temos coche, ganas de festa e resaca. Donde tocamos?- preguntou o Rey de Copas no Bulevard de Milladoiro a medidía do sábado.
-Vamos pa Orense, que quero ir á plaia.- Luca Poni estaba inspirado.
Chinosuke despideuse con lágrimas nos ollos e esa mirada de: "Juventud, divino tesoro".
Catro da tarde, empezamos cedo, cantos bares e que pouco tempo. A condensación de tascas é tal que podemos pedir a ronda do siguiente garito botando un pé fóra do anterior. Os bares salen ó noso paso e despachámolos estoicamente, ata que nos metimos na cafetería pija dos güevos, velitas encendidas pola barra e cerveza de importación no barril.
-Pon tres cañas, mecagoendios!
-Mira, disculpa pero aquí no se puede blasfemar.
-E logo? Mecagoendios, solo pedín tres cañas...
-Me estas vacilando? Fuera de aquí!
-Xa nos largaron de sitios bastante máis pijos ca este, vaia merda de bareto, MECAGOENDIOS!!!!
Siguiente bar, máis vale prevenir que lamentar:
-Aquí pódese cagar un en Dios?
-E na Virgen, si che presta.
-Pois pon tres cañas, mecagoendios.
Sigue a ronda, entre cervezas, algún pincho de ancas de rana (que por certo saben a merluza) e cuestións filosóficas tipo "Como sabe un cego cando ten que deixar de limparse cú? Hai cousas que é mellor non saber"
Volvemos caer nas fauces dos garitos modernos con platos cuadrados e taburetes de diseño.
-Canto é?
-15 €
-Canto oh?!! Si tomamos 3 cortos!
-Ah, perdón. 6,60 €
-Que rompimos, mecagoendios?
-Tomasteis 3 pinchos.
-Quen chos pideu? Ofrecíchelos tu. Pa mexar e non botar gota...
O dorado líquido empeza a subir á azotea e empezan as paiasadas maiores.
-O que diga "Mecagoendios" pon 1€
-Vale, eu xa che dou 5 de crédito que despois do que nos acaban de cobrar voume cagar ata na virgen do motocross.
A noite foi máis oscura, pouco se pode contar que non vos imaxinedes, aunque si cabe mencionar a discoteca geriátrico (non é unha metáfora, había escursións do imserso, en serio) con copas a 1€ ou mellor oferta, criminal.
Con todos os viaxes que levamos este ano pola nosa xeografía podíamos facer unha Guía Campsa de "Bonitos Lugares para Emborracharse", Ourense: 5 Estrellas (Galicia).

27 abr 2007

SANTIAGO IS DIFFERENT... E O BAR ORELLA, CRIMINAL ·xogador de chica·



Supoño que todos/as aqueles/as que gustan de ir de viños por Santiago pasaron algunha vez por un deses templos da tapa que é o "Orella". Para vos vai esta entrada. Neste caso, unha chorbita decide probar o manxar deste mitiquísimo bar para un documental superprogre e supercosmopolita da BBC sobre a capital revoluconaria (por certo nena, tes un pésimo gusto). Impagable a explicación do jefe, simulando un cocho (inevitable recordar a imitación dun conexo por parte do Bosteira ante a súa cuñada, nunha situación parecida) e dicindo "hai que probarla, que es gastronomía de Galicia, moher." E sobre todo o vellouco chinao por detráis: "teñen que vir os ingleses todos aquí a proba-la orella..." Que teñades bo proveito!

CHONIEN Vs PARDEITOR>>>Amarillo S.



Tras as súplicas por unha nova entrega da serie de videos MADE IN QUE ME IMPORTA A MIN, non podía facer outra cousa que tirar de fondo de armario e buscar eses retales que ainda non montara para facer este novo video. Quizais non seña tan bon coma os anteriores, pero é que me estou quedando sin cinta, vai haber que grabar algo novo!!

25 abr 2007

QUEN DICE QUE RODAR UN VIDEOCLIP É DIFÍCIL?

Con esto de intelné os frikis salen dos seus furados e reprodúcense por esporas, estes lévanse a palma. Hotman, cando queiras rodamos o teu, que á luz deste video teño mil ideas!!!

Amarillo S.

ENORMES CHICOS DE LA MONTAÑA. polo xogador de chica


Non puidemos celebrar o ascenso do Sanro, pero sí o do Montañeros (o caso é celebrar). Desde o blog dámoslle-la noraboa ós pirenaicos por conseguir unha praza en Terceira División con cinco xornadas de adianto, o que mostra ás claras a súa superioridade ó longo da tempada. Imposible que fose doutro xeito cando se poñen a funcionar os mestres do tiki-taka, perfectamente engarzados desde o banquillo por ese trotamundos que é Lemos: Chechu, tócala; Rumbo, escóndela; Borjita, carrétala; Doríforo, pónsela; Guillermo, defínela!!! Maxistral!!! Esperemos que o fígado xa estea curado logo da celebración en Cheva, e que podan chegar sen problemas ó solemne recibimento por parte das autoridades e dos 50 de sempre que van ó campo cada domingo. Por suposto, parabens ó gran Doríforo, factor clave na boa marcha do seu equipo, con goles e asistencias tan decisivos que fixeron a algúns aficionados rivais perder os papeis e pagar a súa frustración con el, negando a súa indiscutíbel beleza. Máis cabaleirosos se mostraron nas súas declaracións outros rivais, que recoñeceron sen tapuxos o talento deste equipazo. Á espera das palabras de Hiper, o Maldini do HollyFoz, sabemos o parecer do Beckenbauer de Valdemouro: "como carallo non ían ascender, se corrían á puta que os pareu..." Canta grandeza. A próxima parada, a Segunda B??? Dar a campanada no Anxo Carro contra os Rulin Stones??? El tiempo y el toque de Doríforo lo dirán...

24 abr 2007

RESULTADOS DA ENCUESTA>Amarillo S.


O tempo pasa implacable chavales, volve ser martes e volvemos estrenar encuesta, seguimos buscando as preferencias, hábitos e rarezas sexuales d@ sectari@ medi@. A verdade é que non é fácil plantexar preguntas que ambos sexos poidan responder por igual, non faltou quen me acusara de barrer pa casa, pero eu intento que sexan o máis ambiguas posibles (a la par que divertidas).Os resultados desta semana son, cando menos, interesantes. Comezarei por abaixo, porque lle teño moito cariño ó mañanero, resultado decepcionante, sólo 2 votos para un dos polvos que mellor senta e máis presta. Acaso nunca baixastes polo pan con esa sonrisa tonta de satisfación que se prolonga todo o día? Insuperable.Igualmente o de sobremesa, escasos 4 votos que non fan xusticia a única acción que pode reemplazar á sesta, declárome deboto desta franxa horaria que se acostuma prolongar ata a cea entre películas, pequenos toqueóns e moito xogo intersábana. Pero o pobo falou, o 81% restante dividiuse en tres grandes grupos irreconciliables. Están os clásicos, os da media noite (26%). A maioría antigos votantes da cama como sitio máis común. Imaxínomos comendo coa parella ó mediodía e decindo algo parecido a "Churri, a noite follamos?" Lamentable.Os vencedores, para a miña sorpresa, foron os que gustan de follar a horas intempestivas (29%) cheirando a alcohol e sudor. Seguro que entendistes a pregunta? A que hora PREFIRES follar, non A que hora ACOSTUMAS follar. Igual é que nunca follaron a outra hora, porque todos sabemos que hai dúas virxinadades que perder, a primeira vez que fodes e a primeira vez que fodes sereno. Un dato curioso é que o 65% da secta prefire empuxar nas horas do día nas que non hai luz, as conclusións que me veñen á cabeza son tan preocupantes que vamos facer todos coma se fóse casualidade.E por último está ese reducto de invencibles (26%), que nin cortos nin perezosos escolleron a 5ª opción unha vez máis, ese grupo que en lugar de fumar un pitillo entre polvo e polvo, fuman 26 cartóns. Sólo me gustaría saber si hai polo menos unha muller entre eles, máis que nada para poñernos en contacto.
Bueno chavales, aquí as miñas conclusións, se non vos gustan teño máis, sólo seguide votando!

"Lugares de adoración" By: Arroz con pito al escondite.


Boas queridos sectarios:
A estas alturas, quen máis e quen menos coñecerá a existencia dese santuario visitado asiduamente cada fin de semá polos compoñentes sectarios deste blog, que non é outro lugar que O Muíño Rouge, templo da perversión e da luxuria nocturna de Cervo, (con permiso de outro sitio que ahora non citareí porque non ven ó caso).
Este santuario, meca de peregrinación para moitos de nós, é levado polo noso guía espiritual e druida que non é outro que o incombustible e insustituible Gordoramix, o cal elabora unha extraña poción a base de pelas de limón, graos de café e un extraño e forte líquido da textura e cor da auga pero que nada ten que ver con este elemento líquido. Unha brebaxe tan forte que é capaz de sacar o mellor e o peor de cada un a certas alturas da noite dependendo da cantidade inxerida é do tempo de combustión do mesmo.
Pero todo santuario ten unha figura a quen rendirlle devoción, e o noso non ía a ser menos, e dende a fiestra superior alzase a figura se San Pascual Bailón, Sanpa pos sectarios máis cercanos a él, patrón de congresos eucarísticos e da adoración nocturna, sendo o seu día festivo o 17 de Maio, celebrándose en Vila-real, pero Sanpa non ten tempo de festexos porque bastante traballo ten mirando dos seus sectarios todos os fines de semá á noite durante o inverno e todos os días, (menos os luns por descanso do druida), en verán dende xunio hasta ben rematado septembro. Velando polas nosas almas e non deixándonos caer ante tanta inxerta masiva de alcohol, acumulándoselle o choio en Agosto e máis concretamente ó redor da segunda quincena.
E que decir dos monaguillos que pasaron por ese templo, axudándolle o druida a repartir os litros de brebaxe á comunidade sectaria como son Chinosuke baja, Funkyman, Bonsai Daniel San ou o mismisimo Lukaponi (o rápido de bouzas), sen olvidarnos dos que recollían o cepillo dos vasos, como non Cerveciña fría e Rochostones, de ai un se explicase que a altas horas da noite non houbese máis vasos. Importante tamén en toda liturxia a música, e polo organillo pasaron virtuosos coma Levo escapado toda a vida, Arroz con pito al escondite, Bonsai, Rochostones, Gordoramix e un sin fin deles.
Pero a fama deste templo débese sen lugar a duda os seus sectarios: O Hiper, Agancho por ti, Tresillo, Amarillo Slim, Rey de copas, Hotman, Faragullas, Metodoman, Bosteiras, Señor Blanco, chegou o home, xogador de chica, iceman, Barrilete cosmico ........................... e os antes mencionados, xa sei que algún se me queda no teclado, pero non son todos os que están pero están todos os que recordo.
Bueno en fin, o verán xa está aí, e o druida xa volve a estar coma de quince, polo que se preve que se aveciñan meses de inmesas masas en peregrinación ó templo, adorar ó seu patrón e consumir a bebida máxica que nos fai adoptar multiples personalidades facéndonos esquecer quenes somos, a onde vamos e de onde vimos, así que queridos sectarios a gardar penitencia toca, xa sei que é duro pero o que algo quer.................................

P.D: Sei que votades en falta sectarias pero nesta relixión o que máis abunda é o sectario, que sí que ó mellor tedes razón que en ver de chamarse O Muíño Rouge debería de chamarse A ostra azul pois tamén, pero ostia, é o que hai e a quen non lle guste que se meta musulmán e punto, que para algo teñen a 8 e 9 mulleres por miembro, Dios que mal está repartido o mundo.

NO ME JODAS BENEDICTO>>Amarillo S.


Este Papa é criminal, últimamente parece que escoita a Jiménez Los Saints polas mañás, ou igual dalle demasiado á “Fumata Blanca”, resulta que o inferno existe e é eterno. Cágate lorito. Co que lle costou ó polaco admitir que non é un lugar físico, chega o Mazinger e solo lle faltou dar a dirección. Pero non se quedou ahí, ainda soltou que Dios está desterrado de Europa, que somos un continente de ateos bautizados e que Sodoma e Gomorra nos daba él, (Bueno, esto último no, pero pensouno fijo). Joder, está ben que diga estas cousas, cando fai uns meses soltou a perlita: “A Teoría de Darwin da Evolución Xenética non é totalmente demostrable empíricamente e non demostra a orixe do home.” Vamos, que a Evolución é indemostrable, pero o inferno está por ahí, cerca de Conxo, palabrita del niño Jesus. Era pouco darlle catro hostias co Zarathustra entre as orellas, a ver si espabila. O que hai que oir por ter orellas. Mecagoendios…

22 abr 2007

VAMOS, VAMOS, VAMOS... VENGA, VENGA, VENGA!!! ·xogador de chica·


Benqueridos blogueiros e blogueiras, a sección rulinstoniana vístese hoxe de gala para homenaxear a eses fenómenos da madrugada que fan as nosas cheas máis divertidas e levadeiras... Os DJs!!!
Sí, damas e cabaleiros. Por que, ¿saberían igual os cubalibrels no K.K.H.U.E.T. sen a excelente banda sonora que nos prepara cada sábado o noso estimado Arroz Con Pito? Este é indudablemente un disc jockey da ecléctica escola burelesa, capaz de pinchar a Chayanne, Elvis Crespo e demáis familia mentres leva, sen remordimientos de conciencia, unha camiseta de R.E.M. ou de U2. Monumental este último fin de semana, non deu tregua con temazos como “Bruta, ciega, sordomuda, torpe, traste, testaruda” ou “Y yo sigo eiquí”, desa artistaza que é SuperPauli, a moza de Colate (eu de maior quérome chamar así).

Seguimos o repaso a estes lexendarios “pinchadiscos” para deter o noso camiño no Painin Uan Mor, ese local de referencia respecto do bo gusto musical. Aquí temos a “DJ Allá Tú”, auténtico showman e exquisito musicólogo. É este un verdadeiro dominador das masas, arengando ó entregado público con frases demoledoras como “Vamos, vamos, vamos... Venga, venga, venga...”“Os veo muy apagados... ¿Pero qué cojones pasa aquí, eh? ¿qué cojones pasa?” (por certo, ¿como un tipo da Mariña fala castelán tan "madrileñamente" cando, probablemente, toda a vida mamou eso que todos mamamos de “neno, come a coliflor ou estámpote contra a parede, mecagonasestrellas...”, ou “se vas salir pon o garsé, que ven viruxe de neboeira”? Misterio). En fin... este mestre da comunicación sabe xogar perfectamente co público, como cando ofreceu 4 cubatas a quen acudise á súa cabina para dicirlle o título da canción que comezaba a soar... (Por certo, era “Los Amigos De Mis Amigas Son Mis Amigos (Uh, Vaya Lío)”!!! Objetivo Birmania!!! Definitivo. Sublime. Superior). Tamén é extraordinario cando pon vozarrón de macarra para anunciar que “le pese a quien le pese, esta última media hora va a sonar rock y de pura caña...”... e atronar con... Status Quo ou Bon Jovi!!! Menudos guitarrasos, tíiiiiio!!! Nun último apunte da súa xenialidade, mencionar que ata inclúe a reflexión filosófica nas súas sessions, como cando dixo “¿Qué pasaría si tocase la lotería aquí en Burela... eh? Buaaaaaaaaah... Ehhhhh.... Ehhhhhhh?... Buaaaaaah...” Baste dicir que Doríforo quedou tan perplexo e marcado pola pregunta, que a partir de entón adicou tempo e esforzos, en alma e perfect body, a atopar resposta para tan importante cuestión. Unha bolsa de auga quente foi o seu único equipaxe para unha vida errante de búsqueda... Verdadeiramente, “DJ Allá Tú” é inalcanzable.

Un momento... ¿Inalcanzable? Non!!! Ó outro lado da carretera, queda o Recuncho do Tres, que posúe o privilexio de albergar ó máis grande... o tótem dos platos... o DJ Marta masculino da night pataqueira... O único coa creatividade e valentía necesarias para enlazar, de sopetón e sen respiros,
1) “Highway to Hell”, AC/DC.
2) “La vida empieza hoy (ya veremos qué pasa mañana, uoho)”, Sergio Dalma.
3) “Ariquitantantan –quetumbambam- quetepetepetambambam- quetubamquetumbamqueté... Éxtasix, Exta Nox.”, Chimo Bayo escollendo pastillas cual gourmet (chaval, débeslle unha cena; reflotou a túa carreira nun par de heroicas intervencións).
¿Quen ten collóns a facelo? ¿Quen atopa unha conexión entre tres temas a priori tan diferentes? Simplemente, un xenio, un tipo por encima do ben e do mal, por encima das protestas das niñas pijas e dos melenudos calimocheros... Un crack, un fora de serie, que mentres pincha as delicatessen mirando para as titis regala dedicatorias nun castrapo supermolón, pero que non entende nin Jesucristo. En calquera caso, pídete un cubalibre que as clases non son gratis. E non tes nin puta idea... E que me importa a min, e a calar, a ver se me dá por poñer ó Fary, pringadetes.

Gracias, maestros. Salud y larga vida.

19 abr 2007

Os libros arden mal ===> Devora-dora



Benqueridos sectarios:

Nesta segunda colaboración atrévome cun libro que ao seren voluminoso algúns dirán ! que tocho !, ben, estou disposta a admitir que rule xente polo mundo que calibre a literatura coma eses que, arquean as mans cando ven uns peitos de cabritiña e calculan.
Para os mais, este será sen dubida un libro excelente que nos achega un tempo e unha cidad, A Coruña, e faino de xeito polifónico, vendo as distintas vidas que levan os que son de clases distintas,( esas clases nas que, aínda hoxe, a pesares de estar solapadas e desaparecidas ata dos programas dos partidos comunistas, China e a propiedade privada...válgame Marx) a cultura que agromaba implicando a panadeiros, obreiras da fabrica de tabaco,músicos de orquestina, madames de putiferio, as bibliotecas, ateneos con intrigantes nomes como " o resplandor no abismo" e un presonaxe central coma Casares Quiroga, republicán que os fascistas despois de ter espoliado casa e biblioteca tentaron borralo do libro do rexistro civil (sic.)
Panadeiras 12 era a casa de Casares, que felizmente ven de ser rehabilitada e que estará aberta ó público o 14 de abril, data da proclamación da república, e que nun fermoso artigo do propio Manuel Rivas no Pais do 23 de marzo fainos unha loubanza baixo o titulo de RETORNO Á CASA DO ESPOLIO.
Os libros arden mal esta editado por Xerais e o prezo é o peor, pois xa se sabe , entre 24 eurazos de literatura autentica e 24 eurazos de jarrafón... Pero Devora-dora sempre ten algunha solución, neste caso, acudir a bibliotéca pública que de momento non hai que pagar taxas.

bicos mouros e a ler.

A REVOLUCION DO CARABULLO. By: Rey de copas




Moi boas meus queridísimos lectores, seguro que moitos de vos nunca oistes falar da “revoluchion do carabullo”, pero existeu, tan certo coma foi a industrial. O detalle é que nunca foi escrita ata ahora.
Todo comenzou hai un caldeiro danos. A xente empezou a fixarse no seu medio natural e deuse conta dalgo (cousa rara na nosa civilización) : os carabullos serven pa moitas cousas e sin darnos conta levabamolos usando dende o principio dos tempos. E claro, comenzouse a facer uso deles dunha forma totalmene descontrolada, sen ir mais lonxe ensinabanche o seu poderio no colexio cando te portabas mal cun leñazo no pico dos dedos, pero bueno tamen se quitou algo de proveito e senón que lle pregunten a Remualdo Garcia Piñeiras, que taba roendo por irse pa taberna botar a partida e a máquina de berrar que tiña na casa (Maruxa, a sua muller) non lle deixaba ir ata que fregara. Entón, pa darlle un pouco de brío ao asunto, chantoulle un carabullo a un trapo e mira tu, cousas da vida, inventou a fregona, fixose rico e deixou a Maruxa. Ainda houbo outro chamado Boudón Bordón Bordiu un pobre home que non podía escoitar o derbi Sanro vs Candelaria pola sua radio medio escangallada, posto que a sua muller Celestina sempre taba a berros co cativo, que padecia “Connorpedia” e non facia máis que engodallarse cos caramelos, e non habia dios que ganara pa roupa. Canso de todo isto, levantouse do sofá por primeira vez en quince días (xa que taba no paro) agarra un carabullo e chántallo a un caramelo, a ver si así non se engodallaba tanto. O detalle a destacar e que o cativo engodallábase igual, pero el fíxose rico podre, e igual que Remualdo deulle un par de palmaditas na espalda a súa señora.
Pero bueno, esas forón as que se souberon, ainda que no resto dos escritos non puxeran as verdadeiras historias, poñoas eu ágora. Pero claro non todo era tan bonito tamen fixeron una pila de trapalladas. As casi contarei no vol.2.

18 abr 2007

TRES COLORES: MORADO, VERMELLO, AMARELO. xogador de chica


Desta guisa se presentou a ministra Carmen Calvo na gala dos premios Max, os Goya do Teatro Naconal. A verdade é que non sabía moi ben onde meter unha foto tan sexy, estiven a punto de utilizar a sección pornográfica... Carmen, Carmen, Carmen, ti si que es criminal, ti si que es unha crack, os teus ovarios mexan en tamaño polos collóns do Cabalo de Espartero. Ole. Ole. Oleeeeeeeeeeeeee.

P.D. Se hei de madrugar madrugo; se hei de non durmir, non durmo, pero eu non me perdo a reacción de Fede, que probablemente recurrirá á archiconocida frase de “El Gran Lebowski”: “esa puta zorra... yo no vi morir a mis chicos con la cara en el barro para esto!!!”

17 abr 2007

RESULTADOS DA ENCUESTA>>>Amarillo S.


Aquí chegan os últimos resultados da primeira encuesta, cando menos sorprendente o triunfo da cama con un arrasador 41%, si é que somos unhos clásicos, ahora había que preguntar: Na cama de quen? Igual algunha sacaba o 41% outra vez, jeje. Tampouco son poucos os que están en sequía (35%), esperemos que a primavera traiga máis sorte...ou o verán........do ano que ven. Os fieles ó coche (16%) seguramente xa se conocen da Marosa e da Bidueira e comparten truquiños de extorsionista e xogos co cambio de marchas, aunque cos problemas que colleitamos este ano coa Benemérita igual hai algún que cambiou favores por condenas. Decepcionante o resultado dos "Alumados", só houbo dous valentes, pero reflexionando doume conta de que quen fode nas putas, fode na cama, esto explicaría parte dos votos conseguidos polo vencedor. Pero o dato estrella foi esa persona que gusta de plaias, ascensores, lavadoras ou cabinas telefónicas, sabe dios. Fijo que foi unha muller. Sen embargo faltan datos, porque cunha media de 50 visitantes diferentes cada día, cabía esperar algún votante máis, pero bueno, un 80% de afluencia á urna non está nada mal.


Queda aberta a nova encuesta, xa sabedes que podedes dar ideas, así faremos un completo estudio da sexualidade da secta. A VOTAR!!!!

13 abr 2007

LIVING MILLADOIRO

Pois eso,que Chinosuke ta de cumpleanos e non nos queda mais remedio que ir celebralo a Santiago(vou,camiñandooooo......!)
Xuntaremonos unha vez mais o mais selecto da secta,con algunha incorporacion dos pequenos aprendices e pipiolos(guapitos e graciosillos).
Non faltara de comer e de beber(palabras de chinosuke),que tomandolle a palabra,habera pa un reximento de novemil personas!(ou mais).
A tarde sera completa,pois teremos sesion vermu(ou tamen poderemos ir de cañas ou de vinitos)pa logo ir comer o piso e ben sei que non sair de ali ata ben tarde(se saimos),pois a cousa irase complicando a medida que avanza o dia,xa que como todos coñecemos estas historias,os cobalibres apareceran en escena e iranse perdendo os papeles pouco a pouco(xa avisou os veciños mediante un bando,asique non habera problemas coa poli,ou eso creo,jejejeje).
Como supoño que do xenero femenino non habera moito,os que logren aguantar sen dar noxo(pois para eso e mellor quedarse na casa,e non vai por naide en especial),sairemos por Santiago,para que pouco a pouco nos vaian botando dos locales e acabar desaunando un bocata de torresmos.
En fin,o dito,quen este invitado/a,pois que sepa que quedamos no piso do Chinosuke,e o que non sepa donde quede que pille un taxi!Tamos.

P.D.:Que vaian deixando as bragas na casa.

HIPER......

A AMENAZA DO FANTASMA>>>>>>Amarillo S.

Nova entrega do Robert De Niro da Corredoira, neste caso rememorando as grandes ofertas que hai para viaxar a Brasil, pero o alcohol fai que lle reine o mal, máis se cabe.


12 abr 2007

A ALMA DOS VERDUGOS por Tresillo


Este martes, 10 de abril de 2007, ás 22:30 emitiron pola 2 de TVE un novo documental sobre a represión da dictadura militar arxentina titulado en V.O. "El alma de los verdugos".
Non se trata dun reportaxe periodístico ao uso, cun contido informativo sobre feitos concretos (os cales de maneira mediata xa coñecemos máis ou menos todos; un exemplo, mentres Kempes marcaba dous goles e ganaba o mundial de Arxentina 78, na "Escuela de Mecánica de la Armada" estábanse torturando persoas: homes, mulleres e nenos); senón que é un documental que "pretende retratar a través de descarnados relatos o xeito de ser, pensar e sentir dos autores da máis cruenta represión na Historia de América Latina". Tanto supervivintes do terror político xenocida como algúns dos seus executores (torturadores mediatos e inmediatos) narran as súas experiencias, xunto con varios dos homes que encarnaron a loita pola Xustiza en tempos moi difíciles.
Máis alá de facer unha análise histórico-crítica do vergonzoso, ferinte e inhumano acontecemento (aínda que ao final permitireime o luxo de expoñer brevemente o papel da Santa Igrexa Católica neste acontecemento), só vou apuntar unha observación e unha reflexión para abrir o debate (se o considerades oportuno). No documental prantéxase unha pregunta: ¿quenes son esos tipos que mandan aos seus fillos ao colexio polas mañás dándolles un bico, que fichan puntualmente nos seus lugares de traballo como funcionarios exemplares e que baixa a un soto a torturar a un detido político?". Algo que nos pode parecer tan abxecto, pero tamén aparentemente lonxano no tempo, segue a ser unha práctica habitual nesta disque "nósa sociedade occidental da democracia e a salvagarda dos dereitos humanos, práctica da xustiza e liberdade". Sen embargo, ao igual que na Arxentina de finais dos 70 e comezos dos 80, hai discursos moi actuais que pululan no ambente perigosamente que supeditan a liberdade, a xustiza e, por ende, a democracia, a un valor que, ademais de indeterminado, configúrase xeralmente de forma falaz, este é o da "seguridade" (pois debería apostillar, "seguridade económica do poder"). E é que, non hai que só observar o que pasa en Guantánamo e chamarlles fillos de puta aos Ianquis pola súa falsa cruzada pola "democracia del mundo y más allá" (que tamén, por suposto); un pode abrir un xornal, prender a radio e escoitar (ou ler) opinións e discursos que falan das "terribles amenazas del separatismo, nacionalismo, comunismo, da masonería, do "rojerío", ta, ta, ta, que ponen en peligro nuestra libertad". Estos discursos, estas diatribas contra todo aquelo que se aparta dunha determinada ideoloxía foron o xerme e a "xustificación" de moitos acontecementos "similares" aos da Arxentina de Videla ou o Chile de Pinochet. Hoxe, todos, e digo todos, ou ignoramos estos discursos por descoñecemento (porque só somos capaces de mirar o nóso embigo e pensamos que a democracia e a liberdade son estados da natureza e mantémonos na estúpida posición do "apolítico" que cre que todo lle ven dado) ou consideramos que nunca, xamais, terán máis trascendencia que a de "libres opinións" de "auténticos bufóns". Sen embargo, penso, que o sustrato que están proxectando estes "bufóns" sobre a conciencia cidadá, cada día acada mairoes cotas dun tremendo risco para a nósa, xa de por sí, complexa convivencia. É, aínda que, a sociedade maioritariamente parece estar ao marxe deste fenómeno, non debemos esquecer que as situacións de "reacción" contra a orde democrática e o estado de dereito establecido sempre tiveron o seu caldo de cultivo e instrumento en teóricas minorías deste estilo. Non podemos obviar todo isto, debemos ser profundamente reflexivos e contundentes nas nósas actitudes frente a este renovado "movemento reaccionario" dende os principios e valores democráticos que se nos supoñen e que, cando menos eu, teño, porque senón estaremos abocados, máis tarde ou máis cedo, a verter bágoas de rabia como as que vertín eu ao ver, unha vez máis, o pesadelo arxentino.
Para rematar, e a xeito de ensinanza, para algúns e recordatorio, para outros, vouvos expoñer comentarios literais dos bispos arxentinos, para darvos conta, tamén, do papel da Igrexia Católica (esa que pide perdón cada 2000 anos) nesta dictadura que seguro que vos soan a algo (claro está, se tedes memoria):

En maio de 1977, por iniciativa do presidente Videla, a Conferencia Episcopal Arxentina recibiu aos xenerais Viola, xefe de Estado Maior do Exército, Jáuregui e Martínez (responsables dos servizos de intelixencia, uns dos maiores instrumentos de tortura). Ao rematar a reunión Monseñor Ildefonso Sanserra de San Juan informou á prensa:
-"... los señores militares nos informaron con amplitud sobre la situación actual del país en el marco de la actividad defensiva y ofensiva contra la guerrilla subversiva, que se nos ha impuesto desde adentro y afuera de nuestro territorio... al término de la exposición de los generales hubo un intercambio de ideas en un clima verdaderamente cristiano y patriótico..."

Como demostra a cita anterior, todo era considerado nun clima cristián e patriótico: existía unha verdadera alianza, os xenocidas eran defensores da Fe de igual xeito que eran defensores da patria. En decembro do 77, Monseñor Victorio Bonamín nunha conferencia na Universidad Nacional del Litoral di:
-"Es una lucha por la República Argentina, por su integridad, pero también por sus altares... esta lucha es una lucha en defensa de la moral, de la dignidad del hombre, es una lucha en defensa de Dios... por ello pido la protección divina en esta guerra sucia en que estamos empeñados...".
En marzo de 1981 Monseñor Bonamín na Casa Rosada e xunto a Videla di:
-"... Los miembros de la Junta Militar serán glorificados por las generaciones futuras..."
En abril de 1982 Monseñor Miguel Medina, vicario Xeneral das Forzas Armadas declara:
-"... Algunas veces, la represión física es necesaria, es obligatoria y como tal, lícita..."

En fin, vós mesmos.

10 abr 2007

NOVA SECCIÓN>>>>>>Amarillo S.

Últimamente estamos tuneando un pouquiño o blog, xa o notaríades, despois da chegada dos vídeos, presentecións de fotos e o contador, vamos inaugurar, si naide ten problema, unha sección de ENCUESTAS. A miña idea é facer unha nova pregunta cada semana (máis ou menos) e aceptarei todo tipo de propostas. De momento, para arrancar, tiramos dun tema que sempre da salsita: O SEXO

7 abr 2007

VIII PARTIDO DE PROYECTO HOMBRE. xogador de chica












Intenso e emocionante partido de fútbol sala de veteranos o disputado entre os “GloberTrotters da Zurdita” e o “Rioaveso Machinango”, no pabellón municipal de Cervo. Os primeiros acabaron por impór a súa calidade nun encontro que se desenvolveu a un altísimo ritmo de xogo e que deixou abundantes detalles de clase. A iniciativa correu da conta de “Proyecto Hombre”, que escolleu a quince borrachos para que deixasen a partida de mus e mostrasen á juventú os (supostos) beneficios do deporte e o perxudicial dos torresmos e cubalibres.

GLOBERTROTTERS DA ZURDITA.
HOTMAN. Desequilibrante, decisivo. Deixou pinceladas da súa zurda de seda. Contaxiou o seu carácter gañador con broncas como “cagondiós, estamos ó que estamos” , a un Madriles que trataba de dicirlle coa mirada “pero tío, a ese pase yo no llego ni en vespino.” Acabou por celebrar o ansiado premio de gañar por primeira vez a Doríforo, logo de 1.437 pachangas.
CHEGOUOHOME. Rebentou o conta-kilómetros, sendo clave da victoria polo seu físico espectacular. Dirimiu no campo de batalla a súa discusión de gallitos co Bosteira “Foi pola túa culpa que non ascendeu o Sanro, e non pola miña.”
FUNKYMEN. O rei do “taconcito” deu mostras dun estado físico preocupante, pero “quien tuvo retuvo”, e un par de cañitos recordáronnos quen é o as da frivolité (con permiso de Pancix).
FARAGULLAS. Aportou a súa solvencia de sempre. Eficacia.
JOHN LENNON. Para él vale o dito acerca de FunkyMen, a clase non se perde, e incluso a camiseta do Athletic que levaba insuflou agresividade ó seu templado carácter.
JIM CARREY (segundo Amarillo S.). Coa celeste do Lazio parecía Pancaro, imaxe que lembraba o gran marcador que foi (algún día). Xogador de corte defensivo, faltoulle chegada.
MADRILES. Logo de pasar desapercibido durante todo o partido (exceptuando que foi protagonista dunha das maiores cantadas da historia do fútbol), renaceu de súpeto para deixar o detalle da tarde superando ó Moro cunha roulotte impresionante, digna do mellor Zidane.

RIOAVESO MACHINANGO.
TRESILLO. Perigosísimo. A súa mente privilexiada proporciónalle varias solucións na pista, e cando non saía ben o difícil arte do regate, nin tampouco o complicado pase, trataba de sorprender ó porteiro con disparos desde 50 metros, absolutamente revoluconarios no fútbol sala. Sen sorte.
XOGADOR DE CHICA. Inoperante. “Quién te ha visto y quien te ve”, “Pero moi acabado estás, tío”, foron algún dos eloxios colleitados. Ó final do partido recollíanse firmas para que non seguise ensuciando o seu “glorioso” pasado con actuacións deste tipo.
PANCIX. A pesar do seu estado físico lamentábel non renunciou ós cañitos, pisaditas, bicicletas e demáis familia. Acertou 3 pases de 287, pero aínda así salvouse da queima con varios goles e accións de mérito.
COTE CHARLES. Non puido salvar ó equipo da masacre a pesar da súa envergadura e protección de balón.
MORO. Sen tempo.
MOLINERO. Superado polo partido. Para él vale o dito para o Xogador de Chica, aínda que neste caso, él foi o primeiro en recoñecer o seu estado decadente cunha frase para a historia: “eu xa xoguei ó fútbol para uns cantos meses...”
DORÍFORO. Moveu con estilo e elegancia o seu perfect body, buscando algún compañeiro co que asociarse na sorte do tiki-taka, pero estivo moi só. Os desmarques do Xogador de Chica ou do Homequebebeviñosde60euros foron, frecuentemente, “coitos interruptus.”
BOSTEIRA. Boa actuación do Bosteira, que anoutou dous chicharros de auténtico cazagoles (a camiseta de Michael Owen tivo nel unha influencia incalculable). Na faceta defensiva non estivo tan atinado coma en ataque, sendo víctima dos caños de FunkyMen e da potencia animal de Chegouohome, que nunha carreira implacable, tirouno ó piso. “Non che toquei”, “porque ía de lao, que se vamos de frente esfóndote,” “pero tío, se non che toquei”, “cagondió, espera, que eu tamén sei ir ó suelo.” Bosteira prometeu vinganza, ¿para cando o próximo capítulo?

3 abr 2007

MOITO SANRO. BALANCE FINAL DA TEMPADA



Finalizou unha nova tempada e o equipo de Rafa Plas voltou a quedarse ás portas do ascenso. A pesar de ilusionar na pretemporada co fichaxe de Chegouohome, galáutico do eterno rival Candelorio (creando un auténtico “caso Figo” na Mariña), non se puido acceder a ningunha das tres prazas de privilexio que dan dereito a xogar en Segunda Rexional. Para o ano seguro que o logramos. Imos facer aquí, humildemente, unha valoración individual da actuación dos nosos compañeiros sectarios que forman parte do conxunto roxinegro.

CHEGOUOHOME. A súa fichaxe foi un bombazo. A presentación na Chá supuxo o delirio dos afeccionados do Sanro e numerosas ameazas de morte, “desde Rúa con amor”. Daba a sensación de que faría unha dupla “animal” co perigosísimo (dentro e fora do campo) “Homequecorremaisqueabesta,” aínda que non foi para tanto. O seu inicio de tempada foi espectacular, saíndo case a gol por partido, e levantando continuamente ó público dos seus coios. Todos pensábamos que ía joderlles os pinchos ós do “Progreso”, compartindo mesa con nomes tan destacados do futebol lucense como Frigo, Regis Laconi ou Bacoibauer. Pero pouco a pouco foi perdendo gas e o número de goles marcados estancouse, mentres medraba o número de tarxetas recibidas por estacadas ó falso... e por piar (ai, sempre as mesmas debilidades). O rendemento foi bo, pero esperábase que fose decisivo. Nos derbis, veuse superado polas circunstancias e polos tacos afiados de Braveheart, que o miraba de esgueira. Ademáis, o xa mencionado compañeiro de dianteira comeulle a moral coas cañas do Almacén dos venres, e tamén montando (e silbando) o cabalo.

SR. BLANCO. A súa baixa por problemas na rodilla foi un pau irreparabel para a plantilla, aínda que, ben pensado, aínda estando san non podería pór en práctica a súa especialidade, que consiste en secar a Chegouohome. Cando xogou, foi un dos “pilares” do equipo nesa banda esquerda pola que non pasaba nin o aire (alomenos eses dez minutiños, ou vinte, que lle duraba o fuelle). E cando non puido axudar ó equipo no terreo de xogo, o seu comportamento nas ceas foi intachable, agarrando unhas estrovadas coma o que máis, algo digno de resaltar e que nos enche de emoción. Tamén foi o responsable da chegada ó equipo do grande porteiro Tetris, que compiteu con BreadMan ata desbancalo, e aportou sempre un par de huevos.

BARRILETE CÓSMICO. A súa actuación fronte ó Candelorio, cando máis o necesitaba o seu equipo, foi extraordinaria, sublime, de manual. Que vou dicir eu aquí que non comentara con anterioridade o meu amigo Doríforo (Perfect Body). Imposible ofrecer tanto en tan só un minuto e medio. En xeral, as actuacións de Barrilete foron sempre beneficiosas para o equipo, xogando fácil e cunha colocación exquisita (e con ese gusto por ir ó suelo sen que houbera necesidá)... Como única pega, mencionar que o seu bo rendemento os sábados en PotatoLand era causa decisiva da súa falta de brillantez os domingos, problema extrapolable a todo o equipo. Ai, se beberamos un par de cobalibres menos, igual o cativo ese do Galdo non corría tanto...

CUÑADISIMO. (A ver se nos pasamos algo polo blog). Deleitounos outro ano máis con grandes actuacións e goles decisivos, oscilando entre a posición de dianteiro e lateral dereito (para Rafa Plas relacionadas directamente; o lateral despexa e o dianteiro corre por ela). Pero máis aínda nos asombrou nos post-partidos, cunhas pintas tan fashion que poñerían en evidencia ata o mesmísimo Beckham (quen non recorda, por exemplo, o modelo “revoluconario cubano”).

BOSTEIRA. Imprescindible para Rafa Plas. O incombustible central cervecense deu mostras un ano máis da súa clase, pero foi novamente incapaz de guiar ó seu equipo á ansiada meta. Sinteuse como peixe na auga nesa estructura defensiva de tela de araña “se o ‘9’ vai mexar, vas mexar con él”. Ademáis, comulga plenamente coa filosofía castiñeirense do míster. Sen embargo, veuse perxudicado polo adianto de posición do seu outrora compañeiro inseparábel “Little Ships”, que pasou de pinchala no eixo da zaga a facer caños na Bidueira xogando como extremo. Polo demáis, cumpriu perfectamente en case tódolos encontros, recalcando tamén que o seu novo corte de pelo, así como a súa sudadeira “Sprinter”, imprimíronlle melloras na arrancada. Isto permitíalle chegar ós cruces perfectamente á vez que mantiña duelos verbais con xente como Funkymen, Hiper ou Hotman, situados na grada (isto é un dicir). Somentes dous dianteiros lle pasaron por encima; aquel do Galdo que lles meteu seis, e o mito VillaGol... coma sempre saíndo do banquillo, apurando o cigarro cual Humprey Bogart, e celebrando os goles co porte de Enrique Ponce. Ole.

En conclusión, animo a seguir así, rebentando o mercado coa política de galáuticos, fichar a VillaGol... e coa fiel afección da Chá, seguro que esta vez nos bañamos no Xunco. Sanro a Segunda!!!

POLO XOGADOR DE CHICA, COA INESTIMABEL COLABORAÇAO DE AMARILLO SLIM, SR. BLANCO E PELUSILLA.

2 abr 2007

APRENDEDE A BEBER Ó TOQUE By Amarillo S.

TEÑO UNHA PREGUNTA PARA VOSTEDE

BY HOTMAN

Xa levo un bo tempo sen aparecer polo blog, e á verdade é que o boto de menos. Recoñezo friamente que fun un persoaxe que no seu momento creou polémica e que aínda está no aire. Miña querida Eneida. Pero teño moitas dúbidas que clarexar, e facendo referenza ó novo “prougram Ti Vi” que corresponde á 1ª cadena “Tengo una pregunta para usted”, e tamén teño unha cantas cuestións para todos vós. É posible que me esqueza dalgún persoaxe do blog, pero intentarei satisfacervos..............facéndovos a pregunta. ACEPTO QUE ME FAGADES TODAS A PREGUNTAS QUE DESEXEDES.

TRESILLO: un dos fundadores do blog; ¿Cando será o día que digas o que pensas en cinco liñas? ou en menos.
XOGADOR DE CHICA: Outro dos fundadores deste visitado blog, Neniño, ¿Cando será o día no que me deas unha moi boa noticia?, xa me entendes. Pimpin
DORÍFORO: ¿Relamente considéraste guapo?
AMARILLO S. ¿Qué tal se vive do poker?
Sr. BLANCO: ¿Sínteste controlado á hora de escribir no blog? Merdeiro, blandengue.
REI DE COPAS: ¿É posible ir a Brasil por 150€ + entrada pa Champions?
HIPER: ¿Cómo te sentes despois de que un dos da saga pandeiros andantes, che tocara o carallo?
ICEMAN: ¿Cando te casas?
ICEWOMAN: E ti....................................¿Cando te casas?
LUKAPONI: ¿Tes pensao papar a unha de 80 anos?non taria mal.
CHINOSUKE: ¿Canto mide a tua espalda?
TODAAVIDAESCAPADO: ¿Realmente canto tempo levas escapado?
CERVECIÑAFRÍA: ¿Irá desta?mmmmmmmmmmmmmmmmmmmm
BELUKA: Ti que eres unha persoa culta, e non toda esa lista de mulimeiros..........¿Cal é tua opinión xeral sobre o blog?
METODISTA: ¿Considéraste un metodista ou un metodoman?
PELUSILLA: ¿Nunca pensastes ir ó municipal de A Chá? Ou ó campo do O Árbol?
ARROZ CON PITO AL ESCONDITE: ¿Por que conduces tan mal tio? ¿é certo que che leva 5 horas ir de Cervo a Lugo, sin parar?
BARRILETE CÓSMICO: ¿Cómo te sentiches cando fuches homenaxeado neste blog polo teu minuto de gloria en Rua?
ENEIDA: ¿Onda carallo estás? ¿Víchelle as orellas ó lobo, ou que lle viche?
FARAGULLAS: ¿É certo que canto maís comes máis adelgazas? eres igual que Kirilenko.
FUTURA TRICORNIA: ¿Serás capaz de sancionar a un íntimo amigo?
AGANCHOPORTI: ¿Nunca pensache e editar un libro de traducción de cancións, ou de historias do chori?
PIANISTA: ¿Nunca pensche en tocar outras cousas que non fora o piano?
QUECHUA: ¿Realmente considéraste unha cervense sectaria máis?
QUENTACALDOS: ¿Serías capaz de facer malabares con unha pelota?
BOSTEIRA: ¿Qué tal en Vigo?

E unha pregunta xeral.............¿É posible tomar 40 cervezas, despois de 6 litros de auga e sin mexar nada, a 48º de temperatura?