31 ago 2007

CHEGOUOHOME DIXIT (comentario da entrada "O terceiro sábado de agosto" by webmasters)


Señoras e señores..."Chegouohome dixit":

"Sinto tardar tanto, pero chegado a este punto teño que meter baza:


1º.- Metodista: como te atreves a andar falando despois de tomar hormonas pa medrar, ter que ler un puto libro pa salir a calle disfrazado de antroido? jejeje.

2º.- PR: eu mantívenme ó marxe porque son un caballero, pa min foi unha chorrada da que prácticamente nin me acordaba ó día seguinte. Pero non me arrepinto, que polo menos fai número. Pareces maja polo que podo ler nos teus comentarios, xa te chamarei un día destes.

3º.- Faragullas: noraboa polo túa alternativilla, tas feito un campeón.

4º.- Xogador de Chica, gracias polo teu apollo, de grande quero ser coma ti.

Saludos cordiales!!!!!"

Este é un exemplo paradigmático da verdadeira "arte da seducción"...o resto son paksareadas.

P.D. Entendemos que Chegouohome cale no profundo do sentir feminino. ¿Que muller se podería reprimir aos estímulos sexuales que desprende a testiculina do Kiko de Figuerido?

30 ago 2007

¿QUEREDES LINGUAXE FEMININA?

"LESSON GÜAN"
1.-Cando unha muller di SI casi nunca quere dicir que si, tedes que manter sempre o beneficio da duda...
2.-Cando di NON quere dicir NON
3.-Se di "pode ser" quere dicir NON
4.-Necesitamos...=Quero, quero,...e como non mo consigas non fodes máis en todo o mes!!!
5.-No momento no que falando de algo que tes pensado facer diga: "é a túa decisión" ou "fai o que queiras" escapa...pobre de ti como faigas o que pensas...
6.-"Temos que falar", frase que debe ser por todos temida porque algo malo pasa...vaivos caer unha do 15...
7.-Cando despois de discutir di "non estou molesta", é sempre mentira, é máis, é posible que xa esté pensando nunha venganza das malas malas.
8.-"Eres moi masculino", vamos que das noxo...aféitate e péinate, porque así non vas a ningún lado...
9.- Se cando xa a tes no bote, di "estás moi atento esta noite", en realidade só pensa: "este cabrón mira como se preocupa cando quere mollar...".
10.-Cando che pida antes de acostarvos que apáguela luz...mala señal: ou"ten celulitis"ou estades ante unha frígida do copón...
11.- "Eu non berro!!" ...e vós notades que os tímpanos están estallando...
12.- Cando vas coñecer un grupo de tías a través dunha amiga e esta volas describe como "riquiñas"...OLVIDÁDEVOS, seguro que son unhas crollas descomunais,...das que da medo mirar...
13.- Cando vos digan: "non quero perder esta amistad...blablabla" a moi zorra (e probablemente coincida que é unha tía cachonda, desas que están pa mollar pan) pasa de ti como da merda, pero quere terte na retaguardia para que a entreteñas cando se aburra, ou incluso pa chorarte no hombro cando teña problemas con "outros" (e iso que sabe que tu cada vez q estar a menos de 3 metros dela andas a tres patas... a ela este problemiña teu tan personal parece soplarlla...)...pero de tocarlle unha teta....OLVÍDATE...É A TÚA "AMIGA" (porque ela cho impuxo e tes que joderte!!!)
14.- Se unha amiga ou moza te pide que lle presentes a un amigo porque lle parece "majo"...TIEMBLA...pode ser que nunca máis a volvas a ver, porque probablemente os seus seguintes encontros ás túas espaldas, foron baixo as sábanas...
15.- Para os "gentelman": cando unha rapaza nunha noite de farra aguanta as vosas filosofadas máis dunha hora...É POR ALGO. Quere tema, pero non tema de máis coñazo de conversa...QUERE PRÁCTICAS DE ANATOMÍA.
16.- Cando unha tía é un "polvo dunha noite", é dicir, das que acceden a ir para o teu piso sin coñecerte de nada: APROVEITADE!! vades poder facer virguerías con ela...pedide por esa boquiña, non señades parvos...
17.- Ollo cos xestos: cando unha chica se morde o labio...e unha gata das sensuales;...cando non te miran á cara: demasiado inseguras, como non lle entres tú, vas de cú e costa arriba...; cando te agarra moito sen que haxa suficiente confianza...sen comentarios, xa sabes o que tes que facer...; cando é a típica de pose tesa e estirada: olvídate, é unha creída que non hai por donde entrarlle, pensa que todos sodes pouco para ela, o único que lle mola e sentirse observada...
18.- Cando unha tía que te levas á cama a miúdo che di: que quere experimentar...é que eres UN MIERDAS, QUE XA ESTÁ ATA A CONA DO PUTO MISIONERO.
Ale, agora a repasar, e traede ben aprendida a leción para mañá...
un biko da PR

Un traxe faino calquera...

Si meus ben queridos contertulios, un traxe faino calquera, e máis neste noso ben querido pobo.

Pasada a época estival e volvendo a vista cara atrais, un decátase de que vivimos no centro neurálgico mundial da confección; si rapaces!:
Cervo debe ser o pobo que máis costureiras e xastres ten por metro cadrado; pero non calquera tipo de profesionais, nooooooooooooon, que va!, que lle dera a Adolfo Domínguez, a Antonio Pernas e demáis farsantes (que predican que "la enruga es bella"), tomar edidas, patronar e coser tan ben como o fan os nosos veciños.

Estes son traxes a medida, personais e intransferibels nos que non se desperdicia nin un só centímetro de tela, o que non quere decir que a sua producción sexa exclusiva, escasa ou limitada... todo o contrario. É nesta época cando se incrementan as tiradas, xa que durante estes tres meses de verán estes profesionais aproveitan para tomar as medidas oportunas de cada un, os movementos e as compañias coas que trata ( non vaia a ser que che fagan un traxe do mellor lino cando te relacionas cos pordioseros do pobo).

É tal a súa capacidade de traballo e o empeño por facer ben as cousas, que incluso á hora de tomar datos fanno en pequenos foros in situ ou no seu defecto poñendo os apuntamentos en común en reunións a posteriori nun dos talleres clandestinos, nos que se pode chegar a conseguir un 2x1 (ou mellores ofertas).

O que sempre me custará entender é que á hora de vestirse a eles/elas (creo que son máis elas que eles pero eso non o teñen catalogado no concello) ou as súas familias van comprar fora, nunca cosen para a casa; xa se sabe "en casa del herrero..., cuchillo de palo (ou é que igual son peores modelos que os veciños).

O bo deste negocio é que hai un relevo xeneracional evidente coa mesma ou maior profesionalidade.

Concluio pedíndovos a vos asiduos lectores e si algún ten pensado casarse que o faga despois da queimada (co verán rematado) que así aforrará o traxe e os invitados só teremos que deixarnos ver polo pobo e poderemos acumular máis de un para así poder escoller; xa que dende as festas da Venta (o noso primeiro envite) hai moito tempo para recopilar datos.

Aproveito estas liñas para saludalos/as (xa que estou seguro que sin que naide o sepa len o blog) e agradecerlles de corazón que sexan así de profesionais axudando ó pobo a ir cara adiante.


Barrilete cósmico (Adrián o fillo de Patoso)

(Non vaia a ser que esto tamén sirva para dar unhas puntadas e non sepan a que traxe darllas)

Adicolle esta miña primeira entrada ós meus ben queridos amigos: cerveciñafria e mazo-legs

NOVO DICCIONARIO DE SEDUCCIÓN by Tresillo



Que rascan o fuciño?Que guiñan un ollo porque se lles meteu un lixo?Que colocan as tetas porque levan un sujetador demasiado axustado?...Aguilillas del Universo, estar alerta...son carne de cañón. Porque unha muller, ademais de con sinais de fume, só se comunica co varón a través da linguaxe corporal...para que as palabras...pois un debe temer a proverbial cita habitual da femia..."cariño, tenemos que hablar"...correlativamente, cagáchela.

Seductores de la night, estades de noraboa, unha comisión de expertos está creando o primeiro volume do diccionario MULLER EN CELO-GALEGO, GALEGO-MULLER EN CELO (dirixido polo célebre catedrático Barrilete Cósmico...alias Papá). E é que en aras de un mejor y más perfecto conocimiento sobre la "muguer y sus entresighos", os sabios do Kun-Fucking teñen a alta e ardua pretensión de iluminar os nosos inútiles cinco sentidos co seu ancestral e milenario coñecemento.

Desde aquí avogo porque os comentarios a este pretencioso artigo estean na línea de colaborar con tan insignes membros da Real Academia da Seducción. Esperamos dos iluminados que ven no respirar das hembras sinais inequívocos da relectura do Kamasutra que colaboren coa panda de inútiles que só temos na cabeza inusuais costumes coma as de conversar sobre o tempo e o espacio. Tamén adoecemos por recibir propostas das habituais blogueiras que nos mostren o seu xeito de comunicarse co sexo oposto (por ex.: ;P, :D, XD, etc)...pois, aínda que sabemos que a vósa linguaxe é universal e evidente, seguimos sen pillar tan elevada e doce linguaxe poética.
Gracias "enconadas" pola vosa mestría e colaboración...

FESTA O VENRES>>Amarillo S.

Este venres a partir das 21:00 temos festa dos callos na Tasquiña, e para asentar os callos que mellor que unhos cubalibres, dende as 23:00 2ª FESTA do CUBALIBRE con regalos pa todiós e precios de mercadillo (2.50€) HAI QUE ARMALA QUE SE NOS VAI AGOSTO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

NOVO ÉXITO DOS CARRION BROS>>Amarillo S.

Non se fan esperar, ante o éxito cosechado no Sargadelos, aquí volven con novas e profundas odas ás relaccións interxénero. CURRUCUCUUUUUU!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
(A discografía aquí)

29 ago 2007

ATA SEMPRE PUERTA


By HOTMAN

Tanto a nivel persoal, como todo o blog; esta entrada vai adicada a Antonio Puerta;ex xogador so Sevilla C.F e da selecón española de fútbol. Creo que todo mundo do fútbol e o deporte en xeral está consternado por esta tráxica noticia. Un rapaz de 22 anos, deportista profesional e con gran proxección no mundo do fútbol, levouno o peor enimigo que ser humano pode ter; a morte. E Aínda a ter razón Rey de Copas..-“¡ Nada nada, aqueles que fan deporte, se cuidan e comen verduras son os primeiros en ir pó pichoco!”, e desgraciadamente neste caso tivo razón, espero que non a teña nunca máis.

E creo que todos compartiredes a miña proposta, que este blog tan diverso de ideas e de opinións, rendimos unha humilde homenaxe a este ex-profesional do fútbol. Esperemos que non ocorra NUNCA MÁIS e poidamos practicar calquera deporte sen pensar no peor.

Un abrazo dende Quemeimportaamin.

PD: Non lle faigades caso a Rey de Copa, cuidádevos, aínda que un par de cubalibres non fan mal.

27 ago 2007

ARRANCA A LOITA>>Amarillo S.


Comeza a loita polo trono do FEO`s CHAMPIONSHIP 2007. Quen será galardonado con tan honarable mérito? O tempo dirá. Non están todos os que son, nin son todos os que están, por eso deixamos aberta a opción de que sumedes novos candidatos, será por feos...
O premio constará dunha entrada alabando os rasgos físicos do ganador e a adición dunha fotografía a http://www.sexyono.com/ e algunha que outra páxina de igual cometido.
Sorte a todos, e que gane o menos guapo.

24 ago 2007

DAYS OF BAIONA. xogador de chica

ERNESTO. Co CD mesógheno soando a todo meter e con Ernesto Neira ás riendas do trolebús, arrancamos para Baiona baixo a tutela do gran Rafa Plas, coa intención de deixar o pabellón da Queimada Popular cervecense ben alto, para respiro de Steven Tresillo e a súa cajetilla. O viaxe de ida estivo interesante para comprobar o calado do CD animaliño entre as churriñas (indignadas), pero sobre todo en Ernesto, que, emocionado e coa barriga doída tralas risas, pediunos unha copia; regalámosllo ante as mostras de sabedoría mesóghena que nos deu estes días: "oes, ho... Aquela cabrona... íalle tanto a marcha que fodía con calquera excepto con tres tipos de homes: os mortos, os por nacer e os que nunca llo pediran." No viaxe de volta, quizáis con sentemento de débeda e ganas de agradar, obsequiounos con dúas horas de Grandes Éxitos de Pili Pampín, que mete nas cancións tanto texto coma Bob Dylan, pero sen que as letras digan nada, o cal produce un resultado curioso: hoy es día de fiesta, y (claro) la comisión monta una verbena, y han traído una orquesta, y un poco de vino y de jamón, porque es día del patrón (entiendes?), las chicas con los vestidos, y los hombres de etiqueta, las invitan a bailar, a ver si les tocan una teta, y luego se dejan f..... Criminal Ernesto. Un grande.

A QUEIMADA. En Baiona era día do torista e homenaxeaban ó palista ("palleiro", según o concellal de deportes da vila -non confundir con "palleirán") David Cal. O chaval miraba atónito ó concellal; "me acaba de llamar lo que me acaba de llamar???". Do seu palmarés informáranos xa Rafa Plas (campión do mundo eeeeeeeee... once veces...), pero por se acaso o tipo tivo a ben recordalo enteiro. E, oes, un fenómeno, igual gana os Xogos Olímpicos que o descenso internacional do Rego Cachón ou Xuncada, sen ter, iso sí, a extraordinaria Paloma do Trofeo Sargadelos. Polo demáis, o discurso de David, entregado, ergueu á afición: "weno, quiero daros las gracias por este premio, yo no soy de aquí, pero soy de al pié, de Cangas, y weno, estoy viendo que Bayona mola y a ver si vengo por eiquí ahora que tengo vacaciones... gracias." E ahí tocounos a nós, que demos mostras das nosas grandes dotes interpretativas e de improvisación... Un éxito, moi aplaudido polos vintecinco mil presentes segundo Rafa (mil segundo a organización, 30.000 segundo a COPE), quenes degustaron despois trinta e tres mil litros de Queimada segundo Rafa (cen segundo a organización, 40.000 segundo a COPE).

OS CHULIWEYS. Coa boa noticia do nacemento dun novo Tresillo revoluconario en miniatura, saímos por ahí na madrugada a tomar uns cubaliris. E a noite, máis que unha chea, tróuxonos fondas reflexións filosóficas (!) sobre o vello artículo de Doríforo: os chuliweys. Nacen ou fanse? Atráense? Chéiranse a distancia? Aquelo parecía un congreso naconal, serían un equipo de fútbol? Politos lacoste, garsé os ombros, docker´s ou bermuditas beige, pelassoss de Pipi Estrada ou Ricardito Bofill, gafas de pasta coma as que levaba o Fagueño a traballar na alúmina (pero marca Guchi).... e as zapatillas esas de ir á ribeira que levamos usando as xeracións cervecenses, dende Pereira e Jaime ata o Hiper, para facer ese papel de mortosvivientesmalosmalotes na Queimada!!!! Criminal. Ahí está unha das razóns, un chuliwey sabe vestir (ou, aínda que non sepa, os demáis acabamos por vestir coma eles); pero non o principal. Un chuliwey, simplemente, é moito. Que será entón o que o define? Ter simplemente un BMW M3, ou ter a suficiente arrogancia, prepotencia, chulería e tontería necesarias para dicir "bufffff, yo a esa le petaba el cacas en el BMW pero de lujo, tio, aunque la tía es de la especie mesa camilla, juas, juas, es que me parto.... y mira que pintas tiene ese, fijo que es maricón perdido, juas, juas... y vámonos de aquí que huele a caballo..." Será quizáis o autoconvencemento de pensar que cortan o bacalao, que a xente os admira, loxicamente, cual merdáns que son o resto dos humanos? o autoconvencemento de que todo dios, sen saber moi ben por que, lles debe algo? o autoconvencemento de que todo é deles e que poden facer en calquera momento o lles apeteza, aínda que leven unha chea lamentable pola cal non articulen palabra e necesiten unha autopista para virar? Será que non só se convenceron a sí mesmos senón que tamén convenceron ó resto? Nin os cubalibres atenuaban o noxo; tomeino como un síntoma de que seremos sempre unha banda de castrones toscos y molimeros, misóghenos deleznables de vaqueros, tenes y camiseta, absolutamente cerrados en nosotros mismos.

20 ago 2007

PARECIDOS RAZONABEIS VOL. 3





Unha homenaxe ó bigote do gran Doríforo.

TERCEIRO SÁBADO DE AGOSTO.


E,por fin chegou o terceiro sábado de agosto. Alí estabamos todos a media mañá na Praza do Souto, dispostos a pasar un ano máis un día de risa,bailoteo e estrovada. Uns atopabamonos vestidos para a ocasión de roupa tradicional. Paraugas,chalecos e demáis utensilios. Incluso algún fodido deixou un bigote para subliñar a seu perfeuto nariz.

Doríforo, un ano máis, encargouse do bote a petición popular. E a verdade é que non defraudou en absoluto. Comeron e beberon coma nunca por un módico precio de 20 euros, e incluso algún racaneou a escondidas algún que outro cubalibre á noite acompañado dunha jamburguer.(sublime este chaval á hora de levar as contas comentabase por alí....) O Mercado transcurreu sen consecuencias. Risas,vaciles,preguntas indescretas (chingache á do outro día Faragullas? ou se o kente caera na tentation de papar a algún tonel dos seus nas festas...), en fin, o pan de cada día da tribu cervense.

Coa barriga a punto de estoupar, dirixímonos á casa da Guventud. A nosa sorpresa é que alí se atopaba todo menos xuventude. Señores cunhas estrovadas bárbaras recordaban os tempos pasados a base de berros e chanqueiros.Mirámonos e vímonos reflexados ó momento. Máis risas. Pronto apareceron a quen andabamos a buscar. Azufaifas and friends. Conversamos e un vello interrompe. OES NENA,VAS BAIXAR POLA NOITE A FERREIRA?? O melenudo alopécico e un servidor mirámonos atónitos. Máis risas. A rapaza estupefacta miraba po señor incapaz de articular a resposta. O señor ríase. Estrovada criminal. Máis risas.

Alí seguimos un anaco máis, xogando ó pim-pom, intentando gañar terreo sesual con esta nova xeración de mulleres e descubrindo que entra a guventude xa non se leva o de poñer 100 pesetas ir ó de Charo, comprar chucherías e facer unha merendola. Agora óptase pola artesanía e as manualidades. Muy respetable.

Chegou a tarde. Máis cubalibres. Steven Tresillo preparaba o escenario a base de tilas, tónicas paquetes de cigarrilos e amagos de ambolias ó peito.

Por fin a noite. O ceo ameazaba choiva. Levouse a cabo con mestría a interpretación das ideas elaboradas por Steven. Xa podía respirar. Comezamos a servir a poción da Galia Mariñana. A xente queixabase á quinta ou sexta taza de que estaba pouco queimada. Volvían repetir. Resultado; todos estrovados. Máis risa.

Por fin a verbena. O ceo descargou. Daba igual. A naide lle importaba. Eramos irreductibles. Imparables nas ansias de disfrutar. Moi superiores a esa choiva. A auga ardente xa cumplira o seu obxectivo. A orquesta xa empezara e aquelo xa era irreversible... Algún cubalibre e o bailoteo en marcha. Comezaban os movementos.

O melenas alopécico buscaba coa mirada a posible presenza da moura e demáis arén. O papamostrencos utilizaba ó CHAVAL co ánimo de acercarse a algunha churri. Doríforo bailaba coa intención de que pronto aparecera a pequena retadora pa probar sorte. Outros coma o Señor Blanco andaban por ali mirando o reloxo,co desexo de que pasaran rápido os minutos pa facerlle unha visita ós baños da piscina. Cada quen, disfrutaba ó seu xeito da noite. Incluso La Novia Cadáver, respetaba con estoicidade as bestadas que da súa boca soltaban o Xogador de Chica e Faragullix. Máis risa.

Salido da nada empezou Chegouohome a facer gala da súa lenda.Por aquí,por alá e zaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaassssss. Papada e punto. É moi superior. Doríforo non tiña nada que facer. Él é un pasador, un asistente. Nada podía facer contra un auténtico killer. Un matador. Un finalizador. Un auténtico pistolero. Mirounos e díxonos que así se facían estas cousas. O seu peito crecía a medida que recibía as felicitacións da prole. El actuaba cual familia dos Mariña. Non era para tanto, el só facía ben o seu traballo, comentaba con seriedade. Máis risa.

Todo continuou ata as sete da madrugada,momento no que a orquesta comandada por unha voz mezcla de Busta, Bisbi e Joselito e cunha vestimenta propia dun torero (pantalos petaos e collos pa un lado tos esmagaos) dixo que ata aquí chegaban, que maña tiña que coller os bártulos e tocar en Ponferrada.


P.D.;Como di Manolo García o cantante;"nada espero,nada sé,nada tengo sólo fé".
Eu tamén fé de repetir este terceiro sabado de agosto con vos e seguir chorando de risa, porque....papar non paparemos pero rir, rímonos largo.


Doríforo sen ser Doríforo.

17 ago 2007

BUUUUUUUNENOBUUUUUU... xogador de chica


Era justo y necesario facer unha boa homenaxe a la Coru, esa ciudad donde todo el mundo tiene alguna movida, esa ciudad que toda la peña llevamos dentro y donde nadie es forastero tampoco, mintiendes??? (e nacom de forma indiscutible y muy cristiana de nuestro señor, como diría o gran Tresillo). Os deseñadores de camisolas Chukelo fan delicatessens en "koruño" con este fin e para que podáis presomir y vistir bien, banda de molimeros. Aquí vos deixo o link, ide que hai algúns diseños criminais (Elviña, 15002 Montealto, Ostia pavo que movida, Te voy dicir una cosa... e os xa esperados). P.D. ós responsables, CAMISOLA DE PACO VÁZQUEZ XA!!!! LA PAGO A PRECIO DE ORO!!!

16 ago 2007

GUATANEGUICONSU.... xogador de chica

A celebración das festas cervecenses tivo, para os que i loviamos as orquestras, o mesmo efecto balsámico que, supoño, terá unha boa misa para un cristiano. Porque aquí nunca dan chegado Panorama ou París de Noia, pero tampouco necesitamos chuliweys mentres haxa de beber e toquen Abusadora ou Islas Canarias. A orquestra Manila, criminaaaaaaaaaal (no máis amplo sentido da palabra), trouxo onte un espectáculo de imaxe e son inolvidable no que se mesturou o nunca visto: o día do orgullo gay, un crooner charrero que cantaba a Juanito Valderrama coa correa do can enganchada do pantalón, e unha mulata cañona (desde la República Dominicana, Bianca Romero) que bailaba as rancheras, os corridos e o funk cos mesmos pasos de... ballet??? Ante tanto talento, Barrilete disfrutaba, whiske con auga en mano, co seu baile mira-faise-así-primeiro-pon-cara-de-sobrado-logo-saca-cu-pa-fóra-como-fai-o-Fagueño-e-por-último-amaga-con-facer-un-paso-máis-rápido-do-normal-que-iso-ás-tías-ponas-a-cien. Tresillo, polo seu lado, ensaiaba os seus malladísimos pasos de merengue e cha cha cha con inigualable clase e elegancia ó ritmo de Julius Churchs: "mira como me gusta, como me gusta el bacalao, tú bacalao con papas... El bacalao es un pez que vive en aguas profundas, si tu lo quieres coger usa una vara bien dura." Mentres, Funkymen... Que vou dicir eu de Funkymen, o único home capaz de bailar provocadora e lascivamente incluso un fado de María Dolores Pradera. Todo isto por non falar do acento cubano dos ponteareáns Jocker ou da arrogancia sobre o palco do líder de Samil, unha auténtica besta do escenario, o máis grande dominador das masas dende Freddy Mercury (e Painin Uan Mor): "chavaaaal, eso de La Ventanita se quedó anticuado, entiendessssssssssssss???". Despois atacou con enerxía e paixón unha estremecedora versión de Amor que vienes cantando. Chapó, que diría o Barqueiro. Ai, as orquestras... canto nos ten feito disfrutar o dúo Cachito (de mierda)! En fin, acaban as festas e terei dende setembro un mono de sesión vermú que vai meter medo. Para cando outro disco?

9 ago 2007

MARUKSAINAAAAAA... xogador de chica


Xa tá ahí a Maruxa e xa tarda que empece a tradicional camiñata alcohólica cara Pixitistán. Como tódolos anos hai que pagar un peaxe, logo de atracar ó Rey de Copas o ano pasado co Oiches de rigor, este ano poderiamos facer unha embarcada máis orixinal (e difícil). Propostas:

OBRIGATORIO FALAR EN CASTELÁN (EXCEPTUANDO EXCEPCIÓNS): Grande utilidade, vas quentando motores para piarlle ás piksinas. As frases poden ser memorables: parece que vas a las truchas, te va a dar una ambolia al pecho, y tú sabes a cuánto está el repollo en la feria... Outro dos atractivos é escoitar os castelanfalantes parlare galegho, como Funkymen cos seus inolvidables ksa, ksa, ou polo pikso!!!"
OBRIGATORIO FALAR EN INGLÉS: Walking by the straight of the Great Sun, painting the clown...
OBRIGATORIO FALAR COMO RAFA PLAS: Cómelle os collóns, hostiaaaa...
PROHIBIDO FALAR EN BOSTEIRÁN: Coas consabidas expresións bosta, cola cao, tupes?, estroselouse na lamoada, tullido, depósito de xurro, montón de esterco, piñón!!! ai non, que era un gato, quemeimpotaminonepotivo, que carallo te vou botar de menos se aínda non apañei un carro de molime, pícanme os collós así que veñen tres días bos, hoxe chea e mañá matar oito conexos... (Falando de ouros pó bote, opción moi efectiva).

E algunha outra opción que se vos ocorra.

7 ago 2007

NOSTALGIAS. xogador de chica


Quiero emborrachar mi corazón para apagar un loco amor, que más que amor es un sufrir... y aquí vengo para eso, a borrar antiguos besos en los besos de otras bocas... Si su amor fue flor de un día, ¿por qué causa es siempre mía esta cruel preocupación? Quiero por los dos mi copa alzar para olvidar mi obstinación, y más lo vuelvo a recordar... Nostalgias, de escuchar su risa loca y sentir junto a mi boca, como fuego, su respiración... Angustias, de sentirme abandonado y pensar que otro a su lado pronto le hablará de amor... Hermano, yo no quiero rebajarme ni pedirle ni llorarle, ni decirle que no puedo más vivir... Desde mi triste soledad veré caer las hojas muertas de mi juventud... Gime bandoneón, tu tango gris, tal vez a ti te hiera igual algún amor sentimental... Llora mi alma de fantoche, sola y triste en esta noche, noche negra y sin estrellas... Si las copas traen consuelo, aquí estoy con mi desvelo para ahogarlos otra vez... Quiero emborrachar mi corazón para después poder brindar por los fracasos de un amor.

6 ago 2007

PORQUE TRABALLAR É O ÚLTIMO. xogador de chica

Remake do mítico bed-in (ou espoltramento coa guitarra) para pedir a paz de John Lennon e Yoko Ono, que, logo dunhas vacacións en Freixulfe, fan esta vez unha oda ó toqueón.

5 ago 2007

¿Está acabada a música?====> Sr. Blanco

Esta é a miña pregunta, está acabada a música? Non se inventou nada novo dende o "Pachelbel Canon"? pode estar esta melodía de bricomanía en todas partituras do mundo?