30 nov 2007

CALDO DE CASTAÑAS DA AVOA



Ingredientes:

-500 grs. de castañas
-1 manoxo de verzas ou grelos
-1 trozo de unto (aprox. 50 grs.)
-300 grs. de fabas cocidas
-1 litro de caldo de cocido

Instruccións:

Monda-las castañas, escaldalas en auga fervendo e quitarlle-la segunda pel. Reservar.

Lavar ben a verdura, troceala e escorrela. Reservar.

Nuha pota poñer a coce-lo caldo co unto. Cando rompa a ferver, bota-las castañas e a verdura e deixar cocer ata que estean feitas. Retir-lo unto cun pouco de caldo a un prato e incorpora-las fabas cocidas.

Mentres coce o resto, faise o rustrido do unto, machacándoo cun garfo. Cando estea ben desfeito, retíranse os anacos de tripa e o resto incorpórase á pota. Déixase cocer uns minutos e sérvese.

PD: XUROPORDEUS QUE NUNCA O PROBEI. PERO MIÑA AVOA TEN MOITOS SECRETOS OCULTOS.

REY DE COPAS

29 nov 2007

I MARATON DE FUTBOL-SALA "CONCELLO DE CERVO"


DATA CELEBRACIÓN: 29 e 30 DE DECEMBRO

LUGAR: PAVILLÓN C.E.I.P. DE CERVO

PREMIOS:
1º.- 600 EUROS E TROFEO
2º.- 400 EUROS E TROFEO
3º.- 200 EUROS E TROFEO
4º.- TROFEO.

CUOTA INSCRIPCIÓN: 100 EUROS

INGRESAR EN Nº CONTA: BBVA: 0182-1548-44-0010100138

DATA INSCRIPCIÓN: ATA AS 24 HORAS DO 21 DE DECEMBRO

TELÉFONOS INSCRIPCIÓN: 600968344 (RAFA) ou 620145038 (JOSÉ)

ORGANIZA: AIRIÑOS DO XUNCO

COLABORAN: CONCELLO DE CERVO E CASAS COMERCIAIS.


ALA CHAVALES XA ESTADES FACENDO UN PAR DE EQUIPIÑOS POLO MENOS E COMUNICANDO A NOTICIA POR TODA A MARIÑA PA QUE SE APUNTEN MAIS EQUIPOS.

MOITAS GRACIAS POLA VOSA COLABORACION UN SAUDO "AIRIÑOS DO XUNCO".

28 nov 2007

Pescada ó Ribeiro con chícharos


Ingredientes:

-500 grs. de pescada en filetes
-100 grs. de chicharos en conserva (tamen balen os outros, pero eu xa non sei tanto)
-½ cebola
-1 vaso de viño branco do Ribeiro (ou una botella, depende cada un e cada un)
-Aceite
-Sal

Instruccións:

Picar a cebola moi finiña e dourala na tixola cun pouco de aceite. Cando estea dourada, incorporar o viño e deixar reducir uns minutos. A continuación engadir a pescada, deixando que se faga por polos dous lados. Cando estea case lista, botaremos os chicharos escorridos.

PD: Un chorriño catibo de wiski ou coña non lle fai mal ningun.
PD2: Non todo e cocido mecajiningundios.

REY DE COPAS

26 nov 2007

Música para mis oídos==>Sr. Blanco



Xa chegan as eleccións naconaís (As da galiza non, tranqui Quinball_Gz). Repasando o pasquín de roxos e masóns chamado "El País" un video de ZP e do choe aparece en portada. A curiosidade asáltame, ¿como será o video promocional dun partido?, ¿acabará con un "y si no le gusta el producto le devolvemos su dinero" como os anuncios da teletienda?. Ten un título suxerente "que el tiempo no te cambie", pois a darlle o play. Sale unha tía falando das tropas de Irak (que si pesada, que xa se foron, joder sempre co mesmo, a cambiar de disco). O segundo en aparecer é un "estudiante" ás portas do que semella o parking da facultade, cabalgando a súa moto de chuli wey. O mui cabrón estampa as seguintes palabras "Antes quitaban las becas, ahora te puedes ir de erasmus con los 6000€ que te da Zapatero". Pero vamos a ver Ruben Fernandez, se é que te chamas así; o dos 6000€ teños que ir pedir directamente á zarzuela ou como vai eso, porque eu debo ser dos únicos tontos que todavía non os cheirou. Seguro que o Zp estaba cheo nun bar e tirou de billetera e díxolle: "Toma Rubén, por majo, 6000€ para que te pires de erasmus, pero no te lo gastes todo en cerveza". Menuda geta.

Para a xente que non o sepa a beca erasmus son de 180€ ó mes, dos cales recibes a metade na túa estadía, é decir 90€ ó mes, e despois outros 90€ multiplicado polo número de meses que estiveches, pero sempre á túa chegada. Gústame como acaba o video "sobre todo valoro una cosa, Zapatero no nos ha mentido" Y un güevo, menuda trola largou.

Pódense ter distintas opinións sobre a traxectoria de Zapatero, a miña é que o seu mandato tivo máis luces que sombras, e que España entrou nun progreso a nivel social, pero jódeme que me tomen por tonto. A putada e que é peor o remedio que a enfermedad, porque Marianico el corto, xa me diredes.....

En fin, que a política estatal é esta, a ver quen vende mellor as súas mentiras, así nos vai. Por certo estou nun país que leva case 6 meses sen goberno e todo funciona perfectamente, non quero imaxinar esto en España, guerra civil seguro, en fin, que lle vamos facer.


P.D.: Así a todo a morriña aflora,ahi que terán esas terras de bárbaros e bóutaros.

Que carallo facer se che sobra un anaco do cocido da merenda

-Carne do cocido: 400 grs. (lacón, costela, terneira...)
-Garavanzos cocidos: 400 grs.
-Pemento vermello: 1
-Pementos verdes: 4 (dos de fritir)
-Dentes de allo: 2
-Pemento doce: 1 cullerada
-Aceite de oliva

Instruccións:

En aceite de oliva refóganse os allos laminados coa cebola e os pementos cortados en xuliana. Cando estean listos engádese a carne do cocido desmigada, unha cullerada de pemento e os garavanzos cocidos. Quéntase todo xunto e punto.

REY DE COPAS

22 nov 2007

GUIA MICHELINS. LOCAIS ONDE HAI QUE IR... POR COLLÓNS, HOSTIAAAAAAAA!!!


O XA CHEGOU (Santiago de Compostela) (Xogador de Chica)

Como xa vedes, estamos de estreno e cumprimos un vello desexo, o de abrir unha sección gastronómica onde contar as nosas peripecias culinarias. Pero, á parte de facer de chefs, tamén estaría ben que recomendasemos esa clase de tascas que ofrecen callos e carne asada a un módico prezo de catro elorios, e que non aparecen nas guías de viaxes pero todos coñecedes... que se vos nota que sodes bos comedores, perras!!! Reivindiquémolas!!! Como exemplo, temos a incansábel laboura dos Labordetas, sempre á procura de novas tapas (e jañas, sobre todo). Desde aquí propoño ós seutarios que escribades sobre os vosos sitios favoritos, para poder ter unha verdadeira Guía Michelíns e saber onde comer cada vez que vaiamos a Vigo, A Coruña, Lugo, etc. incluso Gante, que seguro que alí tamén hai... Porque ó final, por moito que citedes a Adriá e faledes de sofisticación, o que demandades sempre é freba... e se é barata, xa non che digo ná...

Comezamos nos fogóns cun dos lugares máis interesantes de Santiago, o mesón “Xa Chegou”, que se sitúa na zona vella, preto da Praza de Cervantes (xusto ó pé do pub “Meia”). Esta tasca é única por diversos motivos. Cabe destacar, primeiro, a súa decoración “yo soy de Quin y con orghullo”. Tanto as paredes cheas de alegatos galizaceibarios coma o equipo de son, que reproduce innegociablemente folclore galaico, confiren a darlle a este local unha particular filosofía. Pero o que acaba por dar o toque final é o “jefe”, invariablemente rubo él, faga calor, frío ou temperaturas suaves, e que te recibe cantando a regueifa ou cantiga de rigor con categoría e aplomo: “a laranxa foi á fonte, e o limón foi atrás deeeeeela... oooooooooollos verdes son traidoreeeeees... á miña casa non quero que veñas, sempre me fodes, e nunca me empreñaaaaaaaaaas...” Case da ganas de abrazalo e participar da interpretación arrolándose polo chan cual Bosteira e aportando o “je mimportamin o nepotiiiiiiiiivo...”. Inolvidable.

Xa sentados na mesa, mentres escollemos que comer e o “jefe” intercambia chistes co cociñeiro, que debe ser de See, aparece a caña pedida, que ven nunha xarra de auténtico Hooligan Galizaceibario. Miras e pensas que é de litro e medio, aínda que ó final son “só” 35 centilitros. E é que aquí sabemos vivir... Á caña acompaña unha tapa de minchas (bígaras, como lles queirades chamar). E disfrutas como un enano dándolle ó alfiler, coma cando eras cativo e as collías na Caosa, sempre tan chea de merda... Ay, que recuerdos!!! Outros día tocan unhas lonchiñas de xamón, outras unha sopiña de allo... Pero coidado... ó “jefe” poden cruzárselle os cables e poñerche un prato de navallas!!!!!! Lo han visto mis ojos!!! Las ha catado mi boca!!!

Un colega aconsella pedir unha ración de chipiróns (4.00 e.), que acaba por ser a mellor que comeu nunca quen suscribe. Criminales. Asustan. Os coghomelos con xamón (máis menos, 6 e.) que se me antollaron a mín tamén resultaron ser unha boa (inmellorable) opción, por moito que me enerve que o meu compañeiro califique o cu da gran promesa da promoción 06/07 da Facultade de Xeografía e Historia como “pandeiro”. Completamos todo cunha ración de zorza con patacas (da “normal”, porque parece ser que a que aparece tipificada como “zorza do Neno Labrego” é bravía de carallo...)... e ós cafés invita a casa! Candios, coma antes... Finalmente, o jefe despídenos con outra cantiga que non recordo (quizáis sexa da súa autoría), logo de pagar uns 8/9 euros por comer coma señores... Cando cerramos a porta, unhas guiris cañonas que estaban sentadas na mesa do lado pregúntanlle nun lamentable español que é iso de “Zorza do Neno Labrego.” A escena perdímola, pero debeu ser de risa. Outra imitación do porco coma a do tipo do “Orella”, pero co tractor, sacho e Skol incluídos???

Por certo, disque polas noites está a chapín porque os chupitos de herbas e café saben que consolan... Habemos de continuar con esta labor periodística e informar sobre este rumor, jo, jo, jo...
Desde estas páxinas declárome yonki deses chipiróns...
Volvimos, ho. Non íamos volver...

21 nov 2007

RETRATOS DO PASADO

Queridisimos blogueiros,xa vedes que non son dado a escribir moitos articulos,
mais ben son de deixar algun comentario.Pero ahora que ma saleu a vena nostalxica,debe ser por que se acercan unhas fechas un pouco entrañables,pois ocurreuseme(si paiasos)escribir algunha anecdota de cando eramos mais novos.Mais que nada que a xente que lee este blogue sepa de primeira mao como as amañabamos no pobo.
Empezo recordando,sempre quedaranme moitoas cousas sen recordar e por iso que necesito da vosa axuda,cando eramos pequenos que viviamos a todos na casa de abaixo(no cuartel),todos menos Peibol,que ainda non nacera.A pandilla era do mais curiosa e variopinta xa que estabamos:os meus primos,funkyman e eu,e despois sempre aparecia o de orense,os cachapelos,o bostas,o chino,o fillo do alcalde....(como vedes son todos os alcumes polos que eramos,e algun ainda o conserva,conocidos no pobo.Todos andabamos todo o dia na calle,xogando a indios e vaqueros,o futbol(deporte que como xa veredes marcara boa parte da nosa adolescencia),carreiras nas bicis,as chapas....Como vedes nada de plaiestation nin hostias en vinagre.A imaxinacion corria a conta nosa,xa que de tele mais ben pouco tamen,e asi invetabamos as guerras,os bos contra os malos,os circuitos para as bicicletas,e calquera outro xogo para pasar o dia fora.
Acordome un dia de inverno,de aquela si facia frio,donde esta ahora o concello antes habia un campo,no que se xugaba o futbol,facianse as festas ,ect...pois tiña unha taxea(dicese asi non)por onde baixaba a auga cando chovia do hospitalillo e hiba toda para ahi,facia unha autentica piscina!E ali fumos,Roi e mais eu,primeiro foi facer un barco cunhos carabullos,para ver se flotaba e asi poder facer competicions de haber quen chegaba dun lado o outro.Salta de aqui,sopla de ali,empuxa,aparta de ahi,non toques o meu barco....caimos na taxea!Anagados ata as orellas,en pleno inverno!Non nos fumos para a casa correndo e chorando eh!,nada deso,ali seguimos empuxando os barcos,coa auga pola cintura,ata que alguen gañara.
A mai que vos pareu!,debeu decir miña tia cando nos veu ali metidos,mollados coma pitos e mortos de frio!Colleunos pola orellas e levounos para a casa quentarnos o lado da cheminea cunha manta pos dous e botandonos un sermon que nin o cura.E nos,rindonos polo baixo e mirandonos un para o outro pensando cando nos volveriamos a meter ali.Dicir que non foi unha vez soa,senon que algunha que outra vez mais foron.

Bueno,esto so e o principio,unha toma de contacto para ver como me desenvolvo narrando,o mais real posible,as nosas andainas.
Prometo mais e mellor.

20 nov 2007

Callos á galega e punto









Ingredientes:
-1 kgr. de callos
-1 limón
-Vinagre
-Agua
-1 cebola
-2 máns de terneira
-4 dentes de allo
-2 chourizos
-½ kgr. de garabanzos
-4 cominos
-1 cullerada de fariña (da normal)
-1 cullerada de pemento doce
-1 culleradiña de pemento picante
-Aceite
-Sal
Instruccións:

Lávanse moi ben os callos en varias augas, con limón e vinagre para que queden ben limpos e brancos. Córtanse en anacos e dáselles unha fervedura en auga xunto coas máns de terneira, limpas de osos e tamén cortadas en anacos.

Escórrese todo e pónse a cocer nunha ola con abundante auga e sal, xunto cos garabanzos, que tivemos a remollo 12 horas. Cara ó final da cocción engádense os chourizos cortados en rodas.

Cando estea todo cocido, nunha tixola con aceite (podese utilizar manteiga de porco) faise un refritido cos allos e a cebola picados, os cominos, o pemento doce, o picante e a fariña, engadíndolle un pouco de agua da cocción dos callos. Engádese este refritido á ola mesturando todo moi ben e sérvese.
PD: Pas dolores

REY DE COPAS

19 nov 2007

Nova sección. By Socio Nº8

Boas amigos sectari@s. O domingo pasado entre varios sectari@s decidimos, ante a torpeza dalgun no cal me incluio no gran mundo da cociña, crear unha nova sección neste caso gastronómica a cal nos deu por chamar "Guía michelines". Pois hoxe puxenme mans a obra e imos colgar unha receta todas as semanas co fin de mellorar as nosas deficiencias alimentarias e perder o medo a cociña e a cociñar, porque cociñar pode ser divertido e a vez imaxinativo mentres cuidamos a nosa alimentación, esto último vai por Iceman que a analitica deulle algunha sorpresa que outra ou perfectbody virtuoso e innovador nesta arte sobre todo batindo ovos. E non me lío máis o que queira contribuir a engordar o recetario do blog, que colge unha receta todos os luns e sino que disfrute desta mezcla de sabores que a máis de un se lle desfará nese paladar tan exquito que poseemos na Secta.

Pechugas de pito rebozadas recheas de xamón e queixo.
Empezaremos cunha receta fácil de facer e coa que sempre quedarás ben ante as tuas amistades e familiares. Por ser a primeira adicolla os membros do club gastronómico "Roupa vella", espero que vos guste.

Nº de persoas: 2
Categoria: Aves e carnes
Dificultad: Fácil

Ingredientes:
2 peitugas de pito abertas en libro
2 lonchas de queixo
6 lonchas de Xam
ón cocido ou serrano ou incluso bacon
Manteiga
Pimienta molida
Pastillas de caldo

Instrucciones:

Abrir a peituga e poñer dentro as 2 lonchas de queixo, una boliña de manteiga, pizquiña da pastela de caldo desmenuzada e unha pizquiña de pementa. Pechar a peituga, envolvela nas lonchas de xamón e lialas en papel de forno ou papel aluminio. Meter no forno uns 20 – 25 minutos. Co papel do forno podese meter no microondas, senon co de aluminio pasade de todo falo por experiencia, a potencia máxima, uns 10 minutos.
Tamén se pode facer o mesmo freindoas e rebozandoas, para eso batiremos uns ovos e pasaremos primeiro a peituga empapandoai ben en ovo e logo pasarémola ben en pan rallado e para a sartén , moi importante que a sartén teña aceite e esteña xa quente, freir hasta que se poña dorada e retirar da sarten. Para que non se desfaiga a peituga podese pechar cun palillo.
Para acompañar este plato pódense freir unhas patacas ou facer unha ensalada ou as dúas cousas a vez.
E lista para degustar a presentación e libre e cada un podea facer como queira, pero un consello por experiencia, si vos sae mal facede unha boa presentación hai veces que se come máis pola vista que pola boca.

Bon apetit.

15 nov 2007

TRAGHEDEA DE AMOLLLLLLLLL. cap. 5. rácing de santander & kiko bótalle o veneno.

Al final, Melissa Katherine Pitruska no pudo resistirse. El "tienes unos ojos que te comía la piksa" de rigor acabó por debilitarla, hasta caer en los fuertes y musculosos brazos de Efluvio de Amor, y entonces se dirigieron al Klein para consumar su unión. Llamaron a un taxi para que les acercase a ese hotel de champagne, rosas y placelll, pero no fue fácil. San Dino estaba haciendo calceta y Adelardo tenía que llevar a unas chicas a Cordido, mientras que Cuadrados estaba con la Mercedes Vito a 250 con Charly y el Lulin Stone de vuelta de Libadeo. Al final, cómo no, recurrieron a Cristóbal, que babeó un poco con la muchacha, pero que, al fin y al cabo, los dejó en la reuta del Castelo, eso si no les importaba mucho, ya que iba hacia Xove (???).

Al tiempo, Yurisleidy, borracha perdida y un tanto afectada por las palabras de Ryan Manuel y por el abandono de Efluvio de Amor (que se había ido dos horas antes), se dejaba seducir de mala gana en el Arsenal por un Beckham de pueblo neocharrero que la asoló con frases de autor y un ritual de sonrisas Profidén precocinadas, inasequibles al desaliento, invariables aunque le estuvieran metiendo un bate de béisbol por el culo. Finalmente, aún a su pesar, pensó que, por lo menos, tras los "diez minutiños" que duraría el guapito, la llevaría a casa (como así sucedió), y aceptó irse con él a dar una vuelta a la Marosa (????).

Ya en el Klëin los amantes, se les concedió el privilegio de ocupar la mejor "suite" para que disfrutaran del amolllll. Efluvio de Amor, caliente como el caldo, empezó sin más preámbulos a besar y desnudar a la muchacha, quitándole el sujetador talla 200, la faja y las medias que reactivan la circulación de la Teletienda (que traían, dicho sea de paso, un magnífico DVD "Maestros del toreo" de regalo). Y entonces, sin más paksareadas, empezó a penetrarla con sumo placelllll para los dos... pero, cuán terrible es la vida, al eyacular no pudo evitar pronunciar el nombre de Yurisleidy. Después de aguantar los gritos de Melissa Katherine Pitruska y una buena "somanta" de hostias, entendió que se había engañado a sí mismo, y había engañado a la chica. No la quería, unicamente sentía un terrible deseo de poseer ese cuerpo "odemonomeaunda" de pechos interminables, y al saber que ella aún le deseaba, el encantamiento había terminado... En realidad, necesitaba a Yurisleidy, quería a Yurisleidy, le dolían los huevos por Yurisleidy. Y aún en tan terrible momento de abandono fue un galán y llamó a Adelardo para que llevase a casa a la muchacha, mientras él subía al taxi de Cristóbal, a la aventura de recuperar a su amollllllllll. Como ya todos sabemos, no llegó a tiempo.

Al día siguiente, Ryan Manuel despertó con los gritos de su madre. Al pobre le entró hambre al llegar a casa y dejó la nevera abierta, la luz de la cocina encendida y había intentado cortar el jamón con una motosierra. También apareció durmiendo en pelotas debajo la cama, apestando a alcohol y con la alfombrilla vomitada, por lo que la señora, con todas estas pruebas, dedució que su retoño había agarrado una borrachera del quince. Se levantó y se deprimió al pensar que tenía por delante un duro partido con su equipo, el Garabolos. Pero en pocos minutos lo recordó... Efluvio de Amor no sólo era un gran jugador de ajedrez que se codeaba con Karpov o Kasparov, también era un futbolista frustrado que terminó por recalar en el Cuatro Roldas, el equipo ahora de los ricos que había comprado, cual Abramovich, Cacharro Pardo... Y el Cuatro Roldas era su rival ese domingo!!!!!

Efluvio de Amor también pensaba en el partido. De hecho, creía (aunque no acababa de creérselo) que la noche anterior Yurisleidy, despechada, se había ido por fastidiarlo con Ryan Manuel. Y se frotaba las manos ante el enfrentamiento que les esperaba... Por su parte, Ryan Manuel afilaba los tacos de sus Marco de aluminio... En su cabeza, sólo existía un pensamiento, una frase... CHAVAL, ACABAS DE SENTENCIALA!!!!!!

Quien pinchará a quién??? Lo veremos en el próximo capítulo!!!

12 nov 2007

CALA A BOCA, OHH!!!!!!!!!>>Amarillo S.

"Me cago na droga! A Aznar sólo o insultamos nosoutros, ehh! Hai que joderse, vólvense os páxaros ás escopetas!, Candiossss...." Esto debeu pensar o Rey de Ehhhpaña ante a última gilipollez dun gran gilipollas. Non sei si foi o nervio patrio ou o tintorro do desayuno, pero o home, que tamén é humano anque lle pese a algún, non puido calar. Que maravilla de frase, que forma de encher a boca ós dous carrillos con cada palabra e sentir dentro de ti a poderosa forza que debe sentir Songoku antes de largar unha onda vital, ata o punto de non retorno no que sabes que eyacular é cuestión de milésimas. Podes estar no bar xogando a partida ou na Cumbre Iberoamericana diante do mundo enteiro, trágheme o demo si na solto. CALA A BOCA, OHH!!!. Impepinable. Sin lugar a réplicas. Falou papá.
Así de claro. Vai vir un estranxeiro decirnos a merda que aguantamos nosoutros? Estanos decindo que eleximos democráticamente a un fascista trinta anos despois de Paquísimo? Será verdade, pero elexímolo nos, sempre vai falar de merda o máis cagado, porque ríome eu da democracia bananera que teñen aló.

Pero volvendo ó Rey e coñecendo as últimas noticias.....a ver si vai ser o Rey de cervo e lle saltou a vena sectaria.......

PD: Díxenvolo!!!!!!!! Mil veces o dixen!!!!!! Charlie Sheen é Galego!!!!! Ohhh, quen ten un clinex?

9 nov 2007

TI TAMÉN DESEXAS A "JONY", ESE CANALLA por Tresillo


Que chungo é chamarse Juan Carlos, pero moito máis manter o alcume do Jony (nada que ver co nosa prezada brevaxe de senectude). Porque ser o " malo, malote" impón unhas regras e unha disciplina fóra do común. Rexeitar o convencional para convertirse nun rebelde quizais con causa pero, sen lugar a dúbidas, cun obxectivo, resulta unha complexa tarefa que deriva nunha auténtica heroicidade. Nesta profunda análise do suxeito en cuestión discerniremos se o Jony "nace" ou "faise" e tamén que elementos configuran a un perfecto "Jony" da vida máis alá do tempo e do espazo.

En primeiro lugar, o Jony nace pero, ¿que datos nos aporta a natureza para chegar a esta conclusión?. En resposta a esta cuestión cabe dicir que ningún. Non hai dato empírico que demostre que o Jony nazca conducindo unha TZR e vestindo unha chupa de coiro negro, pantacas vaqueros rotos, camperas da Feira Cabalar do San Bartolo, camiseta abanderado de tiras modelo Pepe Piscinas e camisa lisa ou a cadros aberta perfectamente ornamentada cun crucifixo e unha cadea de ouro ou prata en combinación cunhas gafas Ray-Ban's made in Taiwan, paquete de Winston e Zippo "Born to eated" ou "Nasio pa'papar" (prototipo da xeneración dos 80-90). Ao contrario, tense comprobado que o Jony tamén vestiu traxes azules de "bebito" hortera e puxo patucos feitos pola avoa. De xeito que, nun sentido absolutamente kantiano, cabe dicir que o Jony é un concepto absolutamente a priorístico, é dicir, non é un ser que xurda da experiencia senón da razón. O Jony é porque debe ser e punto...non é unha hipótese e a el non o chulees que che solta catro hostias e "a tomar por culo"...entendesss pringao!!!

O Jony componse de catro elementos básicos: chuleria (a cal engloba arrogancia, sobervia e belixerancia), beleza (que se conxuga a través dun pelasso, dun culasso e dun paquetasso), intelecto (amplos coñecementos en pistóns, culatas e xuntas da trocola) e determinismo amatorio (non se trata de si as nenas teñen vontade de chingar con el ou non, o seu rabo é Dios, el é Dios e toda vontade está supeditada a súa condición divina).

Porque, "nenas", "pitiñas", "churriñas"(diminutivos da ave Gallus gallus, máis conocida como galiña...e logo a vós parécevos riquiño e doce que vos chamen así...lamentable), "chorbas", "titis", "chochetes"...(joder, que malote fun, nostálgueas Xogador de Chica, nostálgueas...onde vai a miña máquina del infierno VESPINO NLX New Look con tubarro Polini y variador de potenza?...criminal, performed by Maki Tech Enterprises) máis alá de calquera filosofía barata, a vós póñenvos os malotes...si, si, diríxime a vós, mulleres libres e liberadas do siglo XXI, vós gustades dos canallas, dos "cabróns" que vos fan sufrir co seu silencio, co seu desprezo aos vósos intereses, cos seus feitos, tal vez, inxustificables. Gústavos que vos chamén "nena y demás", que vos dén "caña", que vos digan "para de comer que te estás poñendo un pouco vaca", que non vos presten atención...que o primeiro sexa o "carro", a "besta" ou "el mesmo" antes que vós. Claro, que logo de tanto sufrir con ese amor, xa estará o pringao de turno para recoller as vósas bágoas...e se o cansancio é tal que xa non podedes máis e os 30 anos están cerca, amarralo ben dicíndolle comodamente que o "queredes" e pensando "que non o desexades"...[pero que bien me trincaba el Jony en el cuarto de baño del P1+ o en el R10]

Ai, Jony, Jony!!! que dura é a túa vida...pois tal vez estamos ante o teu ocaso. Si meu ben querido amigo, aínda que sigues a ter, polo de agora, o teu éxito garantido, xa empezas a estar ameazado, coma o clima. Unha nova especie "te acecha"...el CHULIWEY...ou o SMALL TOWN BECK'S (Beckham de Pueblo). Pero deso, deso xa falamos e, algún día, seguiremos a falar.

8 nov 2007

NOVOS VIDEOS DE... CHABAAAAAL!!!!!!!!! (xogador de chica)

Para os adictos/as a esta besta parda, presentamos novos vídeos que mostran a súa gran categoría animaliña. Novidades: 1) Chabaaaaaaaaal non é invencible (cómo non, tiña que ser un arxentino). 2) A Chabaaaaaaaaal fálaselle en francés, cagüendios.... como moito en bosteiro, pero en inglés ná de ná... Ay si se quenta...





2 nov 2007

TRAGHEDEA DE AMOLLLL. cap. 4. rácing de santander & kiko bótalle o veneno.

Entonces apareció ella: Melissa Katherine Pitruska Perera Mon-toya, una antigua novia de instituto de Efluvio de Amor. Sus compañeros, viles y despiadados, la llamaban La Osa Mayor por sus amplias dimensiones (hablamos de 2x3 metros), pero Efluvio siempre se mostró muy atraído por ella. Fue en aquella época cuando comenzó a sentirse diferente, distinto al resto, un seductor auténtico y original, ajeno a las modas, al culto a la delgadez y al 90-60-90. Caballo grande, ande o no ande, se solía decir. Los Thanckerays con Bombay y Larios hacían mella ahora en los nervios de nuestro protagonista, que al hablar con Melissa Katherine empezó a sentir una tremenda nostalgia... nostalgia de los besos de aquella enorme boca, de las noches en el instituto, con sus manos por debajo del jersey de talla especial... de los viajes en el autobús con el Far West y el Remolacho, ella sentada en los dos asientos y él en su blando y cómodo regazo...

Y en ese instante se olvidó completamente de Yurisleidy. La conversación comenzó a fluír hacia los tiempos pasados, tiempos que, en realidad, ambos nunca habían superado. Efluvio no pudo evitarlo y en seguida puso las cartas sobre la mesa: "siempre has sido la mujelll de mi vida, y siempre lo serás... Si quieres, aún podemos empezallll de nuevo... Entrégate a mí mi corasón, que son diez minutitos... te quitaré despasito las bragas y con ellas haré un toldo de amolllll para los dos, que nos proteja de tanta insensibilidad e incompresión... Pasa pa aquí!!!!!!" La chica intentó escabullirse, pero no podía negarse a sí misma y a sus sintimientos. Amaba a Efluvio de Amor, lo idolatraba a pesar de que él la había dejado plantada en la cola del cine Mon con dos cajas de palomitas extragrandes y una Coca Cola tamaño familiar, huyendo cual perro para irse a La Marosa con una chorbita doce años mayor.

Por su parte, Yurisleidy seguía acumulando cartones, pero la suerte no estaba de su parte, y decidió salir del local. A la salida del Hour Point, Ryan Manuel dormía cual angelito en la acera, hasta que unos chavales se preocuparon por su estado y llamaron a la ambulancia, que llegó en pocos minutos. Yurisleidy reconoció entonces al chico y se interesó por él. La enfermera despertó al borracho a base de hostias, y Ryan Manuel se levantó aún aturdido por la melandra. Todo el mundo le hablaba, incluída Yurisleidy. Y contestaba a todos, "estoy bien, estoy bien", hasta que, entre el gentío, su amor platónico apareció para animarlo... "Tú... tú vaite tommmar ppppfolo jú..." le dijo. En la ambulancia, las enfermeras le hicieron las típicas preguntas para asegurarse de que era persona, tales como "¿como te llamas?" o "¿cuantos años tienes?", a lo que Ryan Manuel respondió con "Congostra" y "sincuenta y cuatro", respectivamente. Finalmente, alguién lo llevó a casa y acabó durmiendo en el hogar como las personas respetables, eso sí, debajo de la cama.

A un par de mansanas, Efluvio intentaba reconducir la situación, pues las heridas aún seguían abiertas y se estaba llevando una bronca del carajo... Las ganas de chingar lo asolaban, pero Melissa Katherine no estaba dispuesta a dar su brazo de leñador de Getxo a torcer...
PODRÁ BIMBAR??? HABRÁ WAARRRRRRRR??? ENSEÑARÁ AS TETAS, HOSTIA???? LO VEREMOS EN EL PRÓXIMO CAPÍTOLO...