28 dic 2007

FILIZ ANIVERSARIO, MANGANTES!!! (xogador de chica)

Día dos Santos Inocentes, 2007. Xuntámonos no Caseto catro maleantes con ganas de facer cousas, algo de mala hostia e un pouco de sentido do humor. Nace o "Quemeimportaamin." Mellores ou peores, as ideas sucédense. Son as mil e Chopi, Marco e Chus, aguantando estoicamente, non nos queren dicir "imos pechar."

O conceto era que, se o elemento de Jiménez Losantos ten un programa de radio propio e exclusivo para escupir o seu veleno, nos tamén temos dereito a utilizar a nosa (moito máis humilde) vía para despacharnos a gusto sobre todo o que nos indigna do día a día. Pero tampouco se trata só de rajar; criamos que o blog tiña que ser un nexo de unión entre colegas, un lugar para compartir, un punto de intercambio para as distintas maneiras de ve-las cousas dos participantes que o integran. É dicir, algo noso; pero tamén dos de fora, de calquera frexulfeiro ou senegalés que se queira apuntar; algo de todos. O que pasou despois xa se sabe. Un torrente de debates, risas, teorías "filosóficas" e "sociolóxicas", sablazos de indignados/as lectores... incluso receitas de cociña!!! E cunha serie de colaboradores que aportan cada un o seu estilo, cada un a súa personalidade.

Houbo quen nos voltou á infancia, facéndonos asomar o lagrimón (e recordándonos o trastes que eramos). Algún conseguiu que nos doese a barriga de rir coa súa visión sobre as gambetas de la life. Unha pixina tratou de facerse cun hoco nun monte de pipís, defendendo a dignidade feminina. Tivemos unha parella de heartbreakers que nos demostraron que os chulos non están sólo en Madriz, e que, coa súa sapiencia, pugnaron por que tivesemos un mellor rendemento chingador. Asomaron polo blog artesáns de primeira, que nos ensinaron a coser como só os mestres saben; e que nos obrigaron a ler, deixando caer as súas teorías senón sempre acertadas, sempre divertidas e interesantes. Non faltou a polémica, estando o blog como estaba cheo de grandes encizañadores. Por haber, houbo quen nos explicou con receitas o por qué do seu cuerpo serrano. Tamén atopamos unha parella en technicolor, unha especie de Tip e Coll na que un tratou de poñer cordura ó asunto, e o outro dilapidou todos eses esforzos. Outra das parellas insignes do blog, admiradores a partes iguais dos culebróns venezolanos e dos dobraxes da Galega, crearon un monstruo; os seus posibles resultados dan medo.

Hai uns días Dori (Perfect Body) e Tresillo colgaban un poema no que Rudyard Kipling dicía algo así como que "éxito e fracaso son os mesmos impostores." Penso neste blog e digo..............quemeimportaaaminonepotivo. Eu non sei se montar esta trapallada foi un grande éxito ou un rotundo fracaso. Só sei que me gusta, e que me gusta moito. NORABOA A TODOS, E MOITAS GRACIAS.

27 dic 2007

UN ANO E QUE ME IMPORTA A MIN por Tresillo




Xa cumprimos un ano...si, si, parece que foi onte cando, nunha conversa de café, catro amigos decidimos abrir un blogue para dar renda solta ás nósas máis diversas e disparatadas inquedanzas. E aquí seguimos, cun "éxito" que nin nós mesmos esperabamos. Seguimos, coa ledicia de crear algo que, para ben ou para mal, non deixou idiferente a ninguén. Seguimos, coa certeza de que a nósa obra serviu para moito máis que a simple pero grande misión de mostrar ou deformar o mundo extrano que nos rodea. Mostralo ou deformalo con certo toque de humor ou certo toque de seriedade, co sarcasmo propio da nósa terra, co excepticismo inherente á nósa xeración, coa belixerante beleza das verbas, única arma digna das mulleres e homes libres do nóso tempo.


Si, aquí quedou a nósa peculiar e singular visión das cousas. Este espazo adquiriu unha dimensión máis profunda do que inicialmente tiñamos en mente porque, sen lugar a dúbidas demostramos que a personalidade de cada quen (daqueles que vertimos comentarios intencionadamente descontrolados e libres) conxugouse perfectamente co respeto a un terreo común de convivencia que é o QUE ME IMPORTA A MIN. Porque, aínda que de catro amigos saiu a idea, esto perténcenos a todos, a todos os que gastamos un pouco do nóso tempo de preguiza escribindo ou colgando fotos, a todos os que antes de poñernos a traballar queremos sorrir para encamiñar con certa boa cara oito, nove ou dez horas de monotonía, a todos os que facemos un impás entre clase e clase para abrir os ollos ante tanta abrumadora retórica, a todos os que algunha vez nos mordeu a curiosidade de saber "de que vai esto" e, ante a decepción ou a incredulidade, nunca máis "pisamos" este espacio. A todos vós, MOITÍSIMAS GRAZAS POR PRESTARNOS O VOSO APOIO E TAMÉN POR DESPRESTIXARNOS, EN DEFINITIVA, TODO É MARKETING.


Nada máis queridos blogueiros, xa sabedes "SOMOS MOITO" e "ESTO FOI CRIMINAL". Espero que este ano siga a ser así....pola miña parte, seguirei comprometido coa causa.


EN UNA MESA DE UN BARE, DE CUYO NOMBRE NO QUIERO ACORDARME... (amarillo s. & xogador de chica)

Tullidos/as!!!!! Estamos de aniversario! Parece mentira que levemos xa un ano tocando o carallo... Co gallo do acontecemento e, tras 293 entradas cos seus correspondentes comentarios, 189 fotos no Pixel, nonseicantas encuestas e moitas cañas no bar, cremos coñecernos e coñecervos o suficiente como para aventurarnos a predecir as vosas vidas neste ano que entra.

HOTMAN:
Augurámosche un grande futuro musical (incluso chegando a tocar no Luar), sobre todo cando cambies do estilo cantautor durmeovellas ao rock gótico, con esa nova posta en escena na que comerás galiñas vivas nos concertos. Falando de comer galiñas, campión entre os galos, no tema sesoal pasarán polas túas ambiciosas mans 5.430 kilos de carne, ou o que é o mesmo, unha ducia de mostrens (uehe).

DORÍFORO:
Proseguirás a túa ascendente carreira fichando polo Rioaveso Machinango da segunda rexional luguesa. Non colarán as túas declaracións no Retroceso, cando alegues que “teñen un proxecto firme de ascender a primeira.” Ademáis da inxección económica rioavense, Nestlé invitarate a un ano de productos gratis por soster á compañía a base de Nesteas no 2007. As rabeadas serán crimianales.

TRESILLO:
Desvelada por fin a leyenda nos vestiarios do pabellón de Cervo, e en vista de que non era para tanto, chingarás o doble que o ano pasado; de nada pasarás a nada de nada. Aconsellámosche que deixes a carreira de dereito polo canto e a danza contemporánea, porque no teu estilo apreciamos a mesma exquisitez e perda de aceite de, por exemplo, Rudolph Nureyev.

BOSTEIRA:
Atoparás quince traballos novos sen deixar ningún e, por suposto, sen acabar Forestales. Compaxinarás a vida de currante con tres mulleres en Lugo e coa carreira deportiva no Chan Roman, que, dito sea de paso, seguirá en terceira. Xa aproveitando, que sepas que non o vas dar ascendido na puta vida, así que lembra que unha retirada a tempo é unha victoria. Por certo, o Chori non pasará a ITV. ¿Sacrificio? ¿Inyección letal? ¿Envolveralo nunha bolsa, coma os gatos, e tiraralo ó río? Aproxímase un ano de grandes decisións, amigo.

SR. BLANCO:
Iniciarás unha prometedora carreira política como líder da extrema dereita belga, e farás unha Cidade da Cultura máis grande aínda ca de Santiago. Os insultos non baixarán de “fillo de puta,” ó que responderás con verbas políticamente correctas e coa retirada, cual Paco Vázquez, ao Vaticano.

BARRILETE CÓSMICO:
Sen grandes cambios. Perderás toda canta partida botes, pero sen deixar de se-lo mellor.

REY DE COPAS:
Vas acabar o ano próximo coma un cincel, delgadiño coma un fío en base á túa dieta de cocho con whisky, mentres siguen e siguen a palmar vexetarianos. A pesar de todo, non babees, chingar cero. Bas aprendeher un huebo de hortografía, por que te bas hapuntar á unibersidá. E hestudiarás. ¿Oiches?

METODISTA:
Poñerase de moda levar ornitorrincos ó lombo, e ti comprarás dous. Poñerase de moda levar luces de neón nas cexas, ti levaralas rosas. Poñerase de moda levar unha flor no cu, ti levaras un ramo (e cheirarán ben). Iso sí, a vestimenta costarache un huevo e parte do outro. Terás que hipotecar o piso e vivir debaixo dunha ponte, iso sí, a hostia de fashion.

CHEGOUOHOME:
Comezarás a recibir presións dunha mafia rumana, e cartas desas escritas con recortes de periódico, que avisarán: “mecagondiós, quedamos en que a Mariña era territorio noso. Alónxate do Oasis.” Non reacciones coma un kiko e procura evitar os axustes de contas. Por certo, comezarás a sentir unha grande atracción polo Metodista en marzo. Rexeitarate en agosto. Casaredes en setembro.

ARROZ CON PITO AL ESCONDITE / SOCIO NUMERO 8:
Cambiarás de novo o nick, pasarás a chamarte Peter Pan, porque seguirás a aparentar eternamente joven tendo trinta e pico. Iso sí, todo será froito da operación da ciruxía á que te someterás para afronta-la inevitable (acórdate) madurez. Terás un notable éxito chingador, liaraste con Isabel Preysler e poñerala ás vinte uñas sobre o seu chan de porcelanosa.

HIPER:
Non, tampouco este ano che rebentará o peito, pero casi. Daranche un novo curro na Alúmina magníficamente remunerado, que tratará de remolcar os barcos de bauxita co kayak. Sentiraste un pouquiño canso logo do curro, pero cun vaso de auga con azúcar chegará de sobra para ir de seguido ó ximnasio.

PEQUENA RETADORA:
Noraboa, descubrirás a vacuna contra o dolor de huevos, tendo moita aceptación. O protocolo social cambiará, e dos abrazos, besos ou apretóns de mans pasarase ás patadas nos collóns. Iso sí, os efectos secundarios van ser mortales. O máis liviano, almorranas. “Hemoal” darache un premio como socia de honra da empresa, o tribunal internacional procesarate por crimes contra a humanidade.

FARAGULLIX:
Faraste hippie dunha puta vez deixarás de tocarnos o carallo co reciclaxe, e de revolvernos o fígado cos teus cócteles de experimentador psicodélico. Paparás un carro de cachondas criminal, pero todas con pelos nos sobacos. Vaille dando.

CHINOSUKE:
O Sr. Blanco contratarate de arquitecto para a Cidade da Cultura que preparará en Bélxica, sendo partícipe do rotundo fracaso. Vai caer todo en baixo en canto corten a cinta inaugural.

ICEMAN:
Vas ter que hipoteca-la casa para paga-los cubalibres que se beberán na boda. Nada que non soubeses.

XOGADOR DE CHICA:
Por fin o esperado día chegará, reproduciraste coa Black-or-White, pero non todo o monte é orgasmo, empreñarala e perseguirate a Dog Street en pleno. Exiliaraste en Irlanda donde terás unha aceptación social completa debido á similitude cromática dos vosos pelexos. Os vosos fillos serán negros albinos alopécicos fanáticos de Camarón de la Isla.

LUKA PONI:
Abandonarás os estudios e, cual Michael Corleone, optarás por asumir a responsabilidade de suceder a Donal Sutherland no seu imperio cervense. Perderás todo ó cabo dun mes. E voltarás a facer outro ciclo de química, sendo de novo elixido como delegado.

PELUSILLA:
A vida do namorado é dura e acompañarás ó Sr. Blanco a Roma. Terás que afrontar un pequeno problema na vosa relación: logo do fracaso monumental da Cidade da Cultura e do exilio de Bélxica, o noso amigo pasará por unha crise esistencial creminal. Logo dunha extensa charla con Doríforo, plantexarase se o seu destino non sería máis ben “ensinar o evanxeo entre tódolos irmáns.” Cremos que un bon polvo será suficiente para contaxia-lo de ateísmo.

CERVECIÑAFRÍA:
Nuria Roca contratarate como colaborador no seu novo programa sobre sexo, e incluso liderarás unha sección que se chamará “Juntemos Orense y Pontevedra.” O movimiento de lengua “entre paréntesis” e o “baile da piksa” terán un éxito a nivel estatal tan grande coma o “Que pasa neng” ou o “baile do gorila” de Melody...

AMARILLO S.:
Trunfarás no séptimo arte. Terás un ano moi prolífico, revolucionando o mundo do cine erótico con dúas películas pornográficas nas que apenas se chinga, “Pillou os kilos navideños nos collóns” e “Dez minutiños.” Por desgracia, estas obras de arte van estar basadas totalmente nas túas experiencias persoais; arrugaránseche os huevos como uvas pasas, e dez minutiños serán todo o minutaxe dos teus avatares sesoales este ano.

CONCERTO NA PONTENOVA





Ben xente, como xa saberedes algúns de vós, este sábado dia 29, e coincidondo co cumpreanos de Doríforo, dou un concerto na Pontenova. É outra viaxe descoñecida para min da que sei cando vou comezar, pero da que non sei de como vou rematar. Espero que saia todo ben.

Por outra banda, ainda que xa sei que non me ides acompañar, dicir igualmente que estades todos e todas invitados a este concerto. É unha honra para min comapartir escenario cun profesional deste mundillo, aínda que se lle vai algo, dou fe de que é un auténtico crack. Espero que todo saia segun o previsto e moitas grazas a todos e a todas.

PD: Bebede uns cantos juanitos caminantes á conta miña no KKUET. Sinto de verdade non poder estara ahi!!! e dicidelle o Bosteria que non encha ás inmaduras, que ten 29 anos.jojoojoj

24 dic 2007

ES BOSTEIRA (xogador de chica)

Con premeditación e alevosía e nostálxicos do Cine Mon, fumos ontes Dori (Perfect Body), Amarillo S., Tresillo, Jim Garcey, Luka Poni e máis eu a ver a Vive a prometedora pinícola "Soy leyenda", protagonizada por Will Smith, unha besta brava que debeu facer horas extras no Hawk. Pensábamos que sería un bo momento para poñer a proba as condicións naturais de Tresillo, pero non iba por ahí a cousa. O argumento é simple: unha doutora (Emma Thompson) comeza a administrar un virus positivo que parece ser una cura contra o cáncer, pero, adióoooos, o virus ten efectos secundarios e a maioría dos seres humanos (exceptuando catro gatos que hai no world que son inmunes) comezan a experimentar un fenómeno extraño que os fai parecerse a Hotman ás 6 da mañá e con 11 cubalibres: multiplicación das pulsacións, aumento da temperatura corporal ata os 42 grados... Como toros antes de saír á plaza, coma os xogadores do Candelaria e do San Román antes dun derby... Os nemonios teñen unha fame bárbara e son potencialmente peligrosos, pero, coma a un servidor, o sol failles mal e teñen que cazar só pola noite. Total, que Will Smith, coronel do exército norteamericano (hobeeeeeee) queda de (único?) superviviente nunha Nova York deserta polo día e pola noite a mercede dos animaliños, tratando de buscar algún antídoto para paralizar o virus, e de encontrar alguén con quen aburrirse menos e, se non é moito pedir, botar un mañanero.
A película é bastante aburrida, a pesar de ter un par de sustos que fixeron que Dori me chantase os seus perfectos cóbados na ingle. Ou igual foi que non a pillamos. Dicía Amarillo que o periódico puña que tiña claras implicacións políticas e dobles lecturas e quemeimportaaminonepotivo. Cual Garcis de la life, no coche de volta á casa comímonos o tarro para ver que é o que había detráis desta trapallada. As conclusións foron:

(isto que sigue son pensamentos que levan ó final a lóxica da película, non a nosa):

1- "Soy leyenda" contribúe a acentuar o dominio patriarcal. Emma Thompson é a doutora culpable, a que as arma mazo pardas. Muller tiña que ser. E logo déixanlles conducir. Mecaghina.

2- "Soy leyenda" propón que nos deixemos de ciencia e especulación, é dicir, de mariconadas. Mira o que pasa por investigar, unha desfeita que nin Zapatero... Así que o Estado debería invertir máis no exército e en tipos como Will Smith, que salvarán o planeta, e menos en I+D. Claro como a auga.

3- Dios existe.

4- Por unha vez en América, os malos son os brancos e o negro o bueno... Mmmmmmmmmm, gondiós, esto non acabo de pillalo... Case dan ganas de preguntarllo ó director... Tades seguros ho? Non sería ó revés??? Ademáis, o latino que entra en escea (unha rapaza) non é nin asesino, nin puta nin camello... REVOLUCONARIO!!!

5- (Ultima conclusión, esta personal). Mecagoenlavirguen... Papar nunha zona cero é máis fácil que en Cervo... Queixaste un par de aniños e sae da cueva unha brasileira criminal (Alice Braga, Ciudad de Dios) con ollos como améndoas... Non é xusto, joder... Leyenda somos nesoutros, hostia, e Will Smith un bosteira. Veña ese autobús de suecas.

MOITO GALO EN CERVO, MOITO HOTMAN por Tresillo



E é que a vida mesma é un paradoxo...manda carallo, moito "Ghalo" en Cervo este pasado domingo 23 de nadal e o campeón, como non podía ser doutro xeito, o Hotman...Así aparece en "La Voz de Galicia" na edición dixital deste 24 de nadal:

"Hotman, un gallo autóctono, propiedad de Rita Paz, de Celeiro de Mariñaos, fue el mejor ejemplar que pasó ayer por la Feira do Galo de Corral de Cervo que organizó como cada año Airiños do Xunco y en la que se comercializaron 72 gallos sobre todo de raza autóctono, pero también de Mos y cubanos. Los 18 ejemplares de la cervense Carmen Lamelas fueron el mejor grupo de gallos.
Según la organización, unas mil personas disfrutaron de la mañana en el Souto de Cervo y pudieron llevarse a casa un gallo de calidad. La cotización rondó los diez euros el kilos, y así, un ejemplar de 3,5 kilos se vendió por cerca de 40 euros. Rafael Blas lamentó «o parón da gripe aviar», que resta participación, y destacó también las transacciones que se realizan antes de la feria, que redundan en la menor presencia de ejemplares".

Noraboa querido Hotman, porque aínda que hai moito "Kiko" que saca máis peito que ti, chamándose "Rumano" ou "Bostas" dificilmente se pode ter a túa "clase" e "glamour". O teu "plumaje", o teu "brillo" e o teu xeito de "galear" seduce á galiña máis pintada. Pero, senón che importa, este "pitiño" que che está adicar estas verbas, quere facerche unha recomendación: menos "capona" e máis "galiña de corral" aínda que, como dí o título dese clásico do porno, "Gallina vieja hace buen caldo".

19 dic 2007

ACHMED, O TERRORISTA MORTO by Hotman

Merece a pena!!, son unhas risas de non parar.

17 dic 2007

DE XOVE A O.T.






Aqui tedes a "Carino", un persoaxe peculiar de Xove demostrando as súas dotes artísticas. Será o encargado de abrir o karaoke No Caseto de Copa, o día de Noiteboa, que disfruten

16 dic 2007

QUE DURA É A VIDA DO CHINGADOR (A MIÑA NON TANTO). (xogador de chica)

ACABO DE LER ESTE ARTICULO DE SERGIO MAKAROFF E NON PUIDEN EVITAR PENSAR NOS GRANDES PAPADORES VOCACIONAIS QUE TEMOS NA NOSA SECTA, ESA XENTE QUE SE TOMA MUY EN SERIO “O SEU OFICIO”, TAL VEZ A MISIÓN QUE LLES ENCOMENDOU O SEÑOR???, E COMO AUTÉNTICOS E GRANDES PROFESIONAIS (E TRABALLADORES), DEIXANSE A ALMA NA DIFICIL BATALLA DE LA NIGHT... A ELES VAI ADICADO.

–A ti te gustan todas...

–No: sólo las guapas. He venido al mundo para eso. Pero ligar no es tan fácil. Lo intento por la mañana, por la tarde y una o dos veces por la noche (que es cuando los elixires burbujeantes se derraman rebalsando las copas). Digamos unas cien veces por mes. ¿Qué porcentaje de éxito crees que obtengo? ¡Sólo el 20%! ¿Y sabes qué? Ese 80% de fracaso me pesa en el alma. Es como un lastre plúmbeo que me obliga a ir arrastrando los pies. Dirás que 20 tías por mes son un montón de tías, que dos tercios de los días estoy ahí dale que te pego: es cierto. Pero ya verás: no es oro todo lo que reluce. La mayoría de las veces llego al huerto anímicamente agotado por la energía gastada en los intentos fallidos. Es un poco como bajar a la mina: pico, pala y ¡hala, venga!¿Cuántas de esas mujeres crees que se quedan encantadas y me dicen “Sergio, eres un amante increíble”? Si llegan a cinco me doy con un canto en los dientes. ¿Las otras quince? Ni mu. Sonrisita (¿falsa?) y adiós muy buenas. Ya ves. Suma y sigue. Tenemos cinco visitantes al huerto que quedaron impresionadas. ¿Dirías que todas ellas anuncian que volverán con una amiguita (o dos)? ¡Qué va! Desengáñate: una y gracias. Corren tiempos duros para el hortelano dedicado, vocacional, artesanal, perfumado y limpito. ¡Sólo una vez por mes! ¡Tanto esfuerzo para eso! OK, OK, admito que el ratito que estoy con esa chica y sus dos amigas es bastante agradable. Tampoco vamos a negarlo. A nadie le amarga un dulce. Pero macho, seamos realistas. El optimismo es una herramienta formidable, pero no le pidas milagros. Estamos hablando de un cúmulo de 29 días claramente deficitarios, en los que esas cumbres no se divisan ni en lontananza. ¡Veintinueve a uno! Cágate lorito. Cultivo mi huerto con humildad bíblica, concentrado en la vertiente espiritual del asunto. No pido nada a cambio. No lo pido, pero podría caer algo. ¿Cuántas de esas pavas con amiguitas resultan ser ricas herederas que proponen un matrimonio de conveniencia? Sí, ya sabes: cuenta corriente y libertad absoluta. Hasta ahora, ninguna. Nada por aquí, nada por allí.Después de 30 años ese es un trago amargo. No me lo negarás. Las traté como a reinas, volvieron con dos amigas a las que atendí gratuitamente... ¿Y, y, y? Nasti de plasti. Cero contratos. Me usan y me tiran. Como si dijeran “confórmate con ese ratito de placer”. ¡Las muy...!Mira, me contengo porque sé que el de arriba me observa y estoy cumpliendo una misión por Él encomendada. Pero a veces patearía el tablero, te lo juro. Esas desagradecidas se llevan lo mejor de mí, los más suculentos frutos de un huerto que –no nos olvidemos– es de carácter bíblico...


En fin... Si esto es la justicia divina, que baje Dios y lo vea.


Te dejo, tengo que hacer la ronda vespertina.

PERDEUSE ESTHER COLEIRO...



Recordando unhas risas na Trapallada...

14 dic 2007

"IF" de Rudyard Kipling por Doríforo e Tresillo



Se gardas no teu posto a cabeza tranquila,
cando todo ao teu lado é cabeza perdida.
Se tés en ti mesmo unha fe que che negan
e non desprezas nunca as dúbidas que eles teñan.
Si esperas no teu posto, sen fatiga na espera.
Se enganado, non enganas.
Se non buscas máis odio, que o odio que che teñan.
Se eres bon, e non finxes ser mellor do que eres.
Se ao falar non esaxeras, o que sabes e queres.
Si soñas e os soños non te fan o seu escravo.
Se pensas e rexeitas o que pensas en van.
Si alcanzas o TRIUNFO ou chega a túa DERROTA,
e aos dous impostores tratalos de igual xeito.
Se logras que se saiba a verdade que falache,
a pesares do sofisma da Orbe encanaiada.
Se volves ao comezo da obra perdida,
aínda que esta obra sexa a de toda a túa vida.
Se arriscas dun golpe e cheo de ledicia,
as túas ganancias de sempre á sorte dun día,
e perdes, e te lanzas de novo á pelexa,
sen decir nada a ninguén o que eres, nin o que eras.
Se logras que os nervios e o corazón te asistan,
aínda despois da súa fuga, no teu corpo en fatiga,
e se agarren contigo, cando non quede nada,
porque ti o desexas, o queres e mandas.
Se falas co pobo, e gardas a virtude.
Se marchas xunto a Reis, co teu paso e a túa luz.
Se ninguén que te fira, chega a facerche a ferida.
Se todos te reclaman, e ningún te precisa.
Si enches o minuto inesquecible e certo,
de sesenta segundos, que te levan ao ceo.
TODO o desta Terra será do teu dominio,
E moito máis aínda ...
¡Serás un HOME, fillo meu!

13 dic 2007

EXTRAÑOS COLEGAS>>Amarillo S.

Que carallo fai Jim Garcey co segundo home máis intelixente do planeta? Todo o mundo ten unha amistade rara, amigos cos que non pegas nin con cola, pero estes dous....pa mexar e non botar gota. Esa foto na que fai que lle doi a perna....e o outro partindose o cú, ou eso me parece a min, sabe dios. Acojonante.
Sei que son un cabrón, pero non lle acojonará a Jim acabar coa cara así de tanto poñer muecas?
E o empollón...terá porno no portatil ese?
As dudas asaltanme.






12 dic 2007

NOVA REVISTA DE HUMOR GALEGO (xogador de chica)

Un grupo de humoristas e escritores galegos, comandados por Kiko da Silva, veñen de funda-la revista RETRANCA. Trátase dunha especie de El Jueves galizaceibario que, aínda que non puidemos lela polo de agora, parece prometer aínda que sexa só pola intención de sacarlle punta (e risas) a todo e pola nómina de colaboradores (Manolo Rivas, Manuel Lourenzo, Miguelanxo Prado, Rei Zentolo...). Xa está nos quioscos, custa 2,20 elorios, e aqui tedes o link do blog da revista.

http://revistaretranca.blogspot.com/

P.D. Sres. e sras. da revista Retranca, por se caen por casualidade neste blog... para ironía, nesoutros... os papás. (jojojojojojojo)
(MOMENTOS DE AUTOPROMOCIÓN ABSOLUTAMENTE GRATUÍTOS)
http://quemeimportaamin.blogspot.com/2007/05/la-revolucom-llega-la-coruque-miedo-por.html
http://quemeimportaamin.blogspot.com/2007/01/transcantrabeca-por-tresillo.html
http://quemeimportaamin.blogspot.com/2006/12/intolerbel.html
http://quemeimportaamin.blogspot.com/2007/10/teletienda-quemeimportaamin-presents.html
http://quemeimportaamin.blogspot.com/2007/08/un-traxe-faino-calquera.html
http://quemeimportaamin.blogspot.com/2007/01/que-tern-os-chuliweispor-dorforo.html
http://quemeimportaamin.blogspot.com/2007/08/novo-diccionario-de-seduccin-by.html
http://quemeimportaamin.blogspot.com/2007/01/galegos-of-world-defindevos.html
http://quemeimportaamin.blogspot.com/2007/01/o-arte-da-seduccin.html
http://quemeimportaamin.blogspot.com/2007/09/encuesta-semanalamarillo-s.html
http://quemeimportaamin.blogspot.com/2007/05/resultados-da-encuestaamarillo-s_10.html
http://quemeimportaamin.blogspot.com/2007/08/arranca-loitaamarillo-s.html

UN POUCO DE VICIO>>Amarillo S.

http://www.minijuegos.com/juegos/jugar.php?id=4987
Como coleccionista de vicios que son, quero compartir este minixogo con vosoutros, a ver quen é o mortal que supera o meu record de 4:29. Probádeo e engancharavos, moi útil en época de examenes.


Menudos collós

Pensei que o concepto poñerlle huevos xa o superara Tessoman na chá; pero o de este tío supera calquera das miñas expectativas. Aqui deixo uns cantos videos










CHEGA A NAVIDAD A ESPIÑEIRIDO>Amarillo S.

http://www.elfyourself.com/?id=1319169510
Siiiiii, sexy, muy sexy!!!!! Que meneos!!!!! Que muller pode resistirse?!!!!!! Esinheirido is not Spain!!!!!!!

11 dic 2007

TRAGHEDEA DE AMOLLLLLL. cap. 6. rácing de santander & kiko bótalle o veneno.

El partido se preveía emocionante y las espádegas estaban en todo lo alto. Los futbolistas cuidaron al mínimo detalle los preparativos del encuentro, y los respectivos dietistas les recetaron para las horas previas una buena pancetada, lo mejor para la resaca. Por el Cuatro Roldas formaron Chema, Saro, Juan Ángel, Castiñeiras, Ovidio, Taquí, Adolfo, Gavelo, Noly, Guerreiro y Efluvio de Amor. Por el Garabolos formaron BreadMan, Tesso, Reggino, Braveheart, Ryan Manuel, Valentín, Lantzas, Triggo, O Inglés, Khan Celos y Abella. En el minuto 10, O Inglés le partió la cabeza a Guerreiro. Mientras la ambulancia llevaba al futbolista al Juan Canalejo, BreadMan le protestaba al árbitro insinuando si el motivo de la infracción no sería una cuestión de falta de calcio. En el minuto 33, Saro le rompió un brazo a Valentín, quien a su vez, en la misma jugada, había meado por Castiñeiras. Ya en el 67, Gavelo le comió los huevos a Abella, por lo que Braveheart le avisó de que acababa de sentenciarla y que si pensaba que mañana iba a ir a trabajar Cristo Bendito. Finalmente, en el 86, Cancelos, tras explicarle a Ovidio que no era de ciudad (faltaría más), le cagó en la boca. El resultado final fue de 0-0.

Apoyada en la varandilla, Yurisleidy se mordía las uñas, sin saber a quien animar. Veía las patadas que intercambiaban con generosidad sus dos pretendientes sin saber por quien tomar parte. Al fin y al cabo, aunque Efluvio le gustaba y era un exquisito mediapunta, la había dejado plantada como si fuera una tipeja de segunda clase. Y aunque Ryan Manuel era un tuercebotas feo como un nemonio y la había mandado a hacer puñetas, sabía que él la quería de verdad y que, en realidad, sus borderías eran fruto del despecho. Se podría decir que Yurisleidy quería chingar a Efluvio y que deseaba más que nada estar junto a él, pero, aunque Ryan Manuel le resultaba muy poco excitante, no podía soportar la idea de que pudiese mirar a otra. Quería tenerlo ahí. Y no pidan que les demos una definición más exacta, incluso los narradores omniscientes no nos explicamos estas cosas. Al final, ante la duda, se inclinó por insultar al árbitro, siempre buena decisión, como hacían en ese preciso instante Jorge y Aniceto, los barras bravas del conjunto local.

Al final del partido, Efluvio de Amor intentó hablar con Yurisleidy para reconducir la situación, aunque, lleno de lama y sangrando por los fociños, quizá no era el mejor momento. Trató de explicarle la razón por la cual se había ido, como si fuera el Litri, detrás de una vaquilla, dejándola sola a merced de los buitres chuliweys de la night. Pero Yurisleidy, absolutamente despechada, no le hizo caso y con su exquisita inteligencia femenina y su variado registro sentimental, pensó en asestar un golpe de celos moltallllllllll a Efluvio de Amor. Así, llamó a Ryan Manuel, que en ese momento bajaba del castiñeiro, donde había subido al acabar el partido a recoger un balón allí alojado tras un despeje. Y le propuso salir a cenar aquella noche, y por si fuera poco al Arenal, la casa por la ventana. El kaiser del Garabolos dudó, porque, aunque era tonto, no era completamente gilipollas y la oferta le olía a cerdo quemado. Pero había esperado demasiado aquel momento, y no podía sino aceptar. Efluvio, mientras, se fue del campo herido, viejo, cansado, decepcionado, rabioso, huraño... y poniendo en el coche el estremecedor CD de Ricardo Arjona, que le atravesaba el alma con su hipnótica letra:
"El problema no fue hallarte. El problema es olvidarte. El problema no es tu ausencia. El problema es que te espero. El problema no es problema. El problema es que me duele. El problema no es que mientas. El problema es que te creo. El problema no es que juegues. El problema es que es conmigo. Si me gustastes por ser libre... Quien soy yo para cambiarte. Si me quedé queriendo solo... Como hacer para obligarte. El problema no es quererte. Es que tu no sientas lo mismo. Y como deshacerme de ti si no te tengo. Como alejarme de ti si estas tan lejos. Como encontrarle una pestaña a lo que nunca tuvo ojos. Como encontrarle plataformas a lo que siempre fue un barranco..."
EN EL PRÓSIMO CAPÍTOLO...
CHURRASCO EN EL ARENAL...
NATA MONTADA...
Y MUCHA MÁS TRAGHEDEA DE AMOLLLLLL!!!

10 dic 2007

CONFORME AO DEREITO LABORAL, UN NOVO XEITO DE DARSE DE BAIXA por Tresillo




E despois dín que tonto é o que dí tonterías...a lóxica do Luisma é impepinable, claro está, para aqueles empresarios, que ao marxe de ser uns "cabróns capitalistas" (Viva Rusia Comunista!!!) son uns "fachas redomados". Así que, xa sabedes queridos proletarios do mundo, a "revolucón" empeza primeiro polo "maricón"...e a tomar por culo Marx e Engels!!!

Real Academia Quemeimportaamin. By socio Nº8

Inútil/tullido: Dícese da persoa que é incapaz de apagar soplando unha vela na representación da queimada, ou incapaz de sacar o carnet de conducir.

8 dic 2007

QUEN FOI A MULLER QUE DIXO QUE OS HOMES ERAN BORRACHOS???... (webmasters)



Inolvidable charla na que o maestro fala e canta sobre a santísima trinidade: viño, política e mulleres. ¿E é que hai algún outro tema? "Eles dicen quen nos dera pan... Eu digo quen nos dera cona!!!". VERDADES COMA PUÑOS!!!!

7 dic 2007

Diccionario da Real Academia Quemeimportaamin. (R.A.Q). By: Socio Nº8.

Boas Blogueir@s:
En vista da facilidade expamosa e xenial que alguns dos nosos sectarios teñen en emplear unhas palabras ben prestadas doutras linguas ou persoas-personaxes, ou algunhas veces de colleita propia. Hai vai unha suxerencia crear o Diccionario da Real Academia Quemeimportaamin, dentro da sección refraneiro copular, onde os seus membros sexan todos aqueles que queiran incorporar palabras novas ou as que xa estan creadas pero olvidadas no tinteiro e incluso poñendo unha fotografía o lado pero sen animo de ofender a ninguen nin de ridiculizar , así esta nova iniciativa axudaranos a comprendernos mellor ou que sentido lle damos as palabras que usamos doutras linguas.
Así que como primeira palabra vou a empezar pola W.

War: Procedente do inglés, e que é usada por un dos nosos ben queridos blogueir@s
o cal non fai falta presentación xa que quen siga o blog sabrá de quen se trata. Este blogueiro soe usar esta palabra sobre todo cando se acerca o finde, ou cando a temperatura do seu corpo alcanza límites insospechados como Antorcha o dos catro fantasticos.

P.D: Adicolle esta entrada a quen ben el sabe e suerte no teu concerto tío seguro que saldras airoso e haber se de esta saes con todas as cordas enteiras.

UN ANIÑO MAIS by hotman


Queridos blogueiros/as, temos outro aniversario dun compoñente do nos blog, o de Metodista. Xa van 24 anos tio, e esperamos que sigas cumprindo moitos, moitos mais. Aínda recordo aquelas celebracións na tua casa tio. Xuntabamonos as catro da tarde, aínda que algún sempre ía as tres e media por si acaso non chegaba, como era o caso de Doríforo. Non sei como se amañaba, pero sempre era "el primero en llegar". Antes de merendar na famosa terraza do Baseint, xogabamos ó escondite polos baixos de "Singer Mornings" (O Cantamañanas), e como non, enchíamonos de polvo ata as cangallas.

Despois deste novidoso xogo, iamos merendar a dita terraza, algo parecido á habitación de Xogador de Chica en Santiago, jojojojojojo. Alí batallábamos de si era mais forte Son Goku, Freezer ou Célula. E di si Gohan sería o mais forte do planeta. Incrible.

Pero os cumpleanos de Metodista, ,introduciron cambios de celebracións. Foi un dos primeiros cumpleanos, por non dicir o primeiro, que se celebrou na famosa Pizzbur de Burela, hoxe rexentada por Avenida de Magoi. E posteriormente ver calquera peli no xa desaparecido Cine Mon. Xa fora "Mortal Combat", como "1,2,3 Splash", o que contaba era ir ó cine, para que á mañá seguinte dicir que saímos.- "¡¡Buf onte saín e hoxe non poido cos pantalóns!!". E o carallo é que levabamos unha zampada de pizzas e hambureguesas, depois de tomar 44 coca-colas por cabeza e sin mexar. jojojojoo. E as 11 da noite na casa cantando baixiño......pero para nós eso era saír. Que recordos. E hoxe xa pasamos de ir ó cine, agora imos ó que imos e pista. De viños, de cea e de copas.

Felicidades Metodista!!!

PD: ¿Será Son Gohan o home máis forte do planeta terra?

4 dic 2007

CONCERTO NO KKUET


Moi boas queridos blogueiros/as. Para aqueles que non o saiban, este sábado dia 8 de decembro, dou un concerto acústico e en directo, no Pub KKUET de Burela; a partir das 12 da noite. Espero que me acompañedes nesta viaxe, da cal non sei como vai ser o traxecto in o final. Espero que todo saia ben, e espero contar coa vosa axuda.

É un concerto moi importante para min, xa que se trata dunha actuación en solitario, á cal non estou moi acostumado, pero espero perder ese temor o próximo sábado. Só estarei acompañado pola guitarra, e Chopy ó son, que tamén me acompañará coa percusión nun tema coñecido.

Dar as grazas a todos aqueles/as que me animaron a dar este paso,a todos aqueles/as que aturaron os meus pensamentos pesimistas, a todos aqueles que me prestaron material, como é o caso do gran baixista "Bassy". E o gran, percusionista, batería e técnico de son "Chopy". A Iceman e Rocco, por aguantar as miñas poses diante a cámara, e por sacarme ese book de fotos tan atrevidas e fermosas ó mesmo tempo. Un saúdo a todos e espérovos o sábado, á partir das 12 da noite KKUET.

HOTMAN

PD: Amarillo S., tocarei algunha coñecida. Doriforo, EN LA INMESIDAD