26 mar 2008

QUE COMEDIA E ESTA


Como todos sabemos queridos blogeiros, o noso concello esta hermanado co CERVO italiano, ata este punto todo correctisimo.

Pero esta tarde dando unha volta pola rede, topei coa paxina web deste precioso concello, que a verdad seña dita parece ser un lugar con moito encanto. Pero a o que ia, seguindo coa miña curiosidade cheguei o apartado do hermanamento con nos. E ahi o final cando fala das festas mais representativas e cando chega a miña sorpresa.

No mes de agosto pa os Materazzis existe a maruxaina (evidentemente gran festa da que nos sempre disfrutamos e pasamolo de puta madre), a festa do turista , San Roque, e punto acabouse a troula neste noso concello en agosto.

Pero a min faltame algo. E quero pensar que os pobres Pirlos non son coñecedores desta festa porque algun representante do noso concello non lla citou por mera deficiencia mental.

Pero claro que importancia ten unha festa de interes turistico que este ano so cumple 30 aniños dende a sua primeira edicion.

Tou seguro que si os Pirlo, Gattuso, Materazzi, Buffon e compañia probaran o noso brebaxe no se ian esquecer del tan facilmente.

Con este artigo so quero poñer o berro no ceo e pedir explicacios.

QUEIMADA XA!!!!!!!!!!!!

http://www.cervo.com/main.php?lng=sp&p_id=page.php?id=1

Support Spain. By Nº8.

Esto xa é o colmo queridos sectari@s, si xa vamos pintar o rídiculo en eurovisión co chikilicuatre, ahora sumase a moda de ridiculizarnos os ingleses. Si como leedes, agarran os tipos e como Inglaterra non vai a Eurocopa había que rirse dalguén e a quen lle tocou, coma sempre os que nunca fan nada, a España. Si xa o dice o Mister que non somos favoritos pero encima de dar pena que se rían de ti e logo o publiquen na tele eso xa é para cortar as venas. En fin aquí vos deixo o video da parodia anima a España e xa que a Eurocopa non a imos gañar sempre nos quedará Eurovisión.
Saudos sectari@s.

22 mar 2008

OS VASCOS===> Sr. Blanco

De todos e sabido de que a vision dos americanos sobre espanha e mui peculiar (todos recordamos a semana santa fallera de mison imposible). Pensan que todavia vamos en carros e que non temos auga corrente. Pero esta vison vai mais ala cando se refire a esa "tribu" do norte peninsular. Si, refirome a vision que tenhen do pais Vasco. No primeiro video temos todo un clasico, Mac Gyver. Menudos cachondos estos guionistas. Retratan os vascos como unha guerilla das FARC, xente que non distingue dun "biologo dun xeologo". En fin un video subrrealista. No segundo os guionistas danlle unha volta a imaxen vasca, e proponhen a situacion de que pasaria de si en vez dos ingleses foran os vascos os que foran na conquista da america. Este gran western amosanos cal e o baile tradicional vasco e a sua forma de comunicarse, por certo, ainda que lle doa a Arzallus, os vascos falan frances, que o dice hollyvú. Tenhen tantos güevos os vascos que poden ser o que lle salga do cu. En fin, espero que vos gusten, eu quedei totalmente anonadado.

21 mar 2008

FOI BONITO...MENTRES DUROU? por Tresillo.


Xoves Santo. O Faisa Anal cenou a Pascua cos seus discípulos, seguindo a tradición sectaria. Oremos en comunión. "En tempos de guerra calquera furado é trinchera". "Démonos fraternalmente a Paz". Logo virá a "War" e o "Bimba". - Irmáns, un non debe ser só guapo, debe crelo -. Desde aí, o Bosta Testamento. Todos seremos testimonio certo das súas verbas e os seus feitos.
Reparteu pan e hostias a discreción...moito judas bacilón. "Seré yo señor, seré yo?". "Cala a boca, aplástote...lévoche 5.000.000 de cubalibres". Catro martires na mesa do lado. Fala o profeta. - Vaia tetos -. Estranos movementos de mesa. Máis viño por favor. As "cara de porca" non son Dios, pero fan milagros. Miradas penetradoras. Algún xa vai polo cuarto e nin sequera a sacou. Veña churrasco.
Da Vinci saca a maquina de retratar para inmortalizar o derradeiro día. Primeiros demarraxes. San Hotman e San RumanBoy in action. As ensinanzas do "Señor" parecen non valer para nada. -Pero, pa'onde vades pinpís?-. O sangue de Cristo non nos chega a nada. -Saca aí o licor d'herbas ostia!!!-. Inicios do toqueón de San Juán (o que se senta á Dereita de Papá). Aquelo xa empeza a parecer o Frente Popular de Judea. Todos temos algo da vida de Brian. Vaia comedia.
Toca evangelizar. Pasamos logo polo Dublín cuales San Patricios en busca de salvajes. Veñen as catro mártires. Únense cinco arrianas. Veña predicar, pero alí non comulgaba nin dios. Chega San Nicolás directamente desde o inferno. O maestro faise o avión. Pilatos lávase as mans e marcha...o máis listo da clase. - Morrede con todo-. Iscariote empeza a tocar pipís, el só comulga co funky. San Pedro Cosmic empeza a fundar a súa Igrexa, dí falar en nome do Señor, pero ten máis clase.
Bebe +. O traballo acumúlase. O mundo é moi grande de nuestro señor. Reforma e Contrarreforma. A War dos Trinta Anos. A ortodoxia a tomar por sacó. War, war, war!!!. San Juán xa hai tempo que despertou. - Guau, guau, guau -. Miradas de castigador do Espírito Santo feito cuco. O Maestro dilúese. San Agustín e San Antonio empezan a levantar a barra coas mans postas no cubalibrel. Detrais desa fronteira hai tres milagros da natureza que un non pode deixar de mirar. - Mamaiña, o tren-. Os tetos seguen pululando por alí. Matrix de reglamento. -Vamonos oh!!!-.
Facemos a primeira cruzada. Moito perdeu palestina. Pilatos chega secándose as mans cunha toalla. O Maestro empeza a desesperar. A auga do Xordán é de garrafón. -Vamonos oh!!!-. Chegou Maria Magdalena toda fashion. A tomar por culo as ensinanzas. Voume con San Pedro. A relixión está en crise. Mañá será outro día. Un non perde a fe e moito menos a esperanza. FOI BONITO MENTRES DUROU.

17 mar 2008

GRANDES ESCENAS DA HISTORIA DO CINE (xogador de chica)

Gustoume a idea de Tresillo, e descojoneime, así que vou deixar aquí outras poucas escenas inolvidables. Como o meu con "EL GRAN LEBOWSKI" é unha cuestión cuase sentimental (son incapaz de vela sen chorar de risa), vou deixar tres muestrarios desta película, obra mestra entre as obras mestras da comedia.

1. Un pederasta e macarra latino de nome Jesús Quintana fai un pleno ó son dos Gipsy Kings (Hotel California!!!) e acojona ós seus seguintes rivais no torneo da bolera de Lugo (jojojo). Os guionistas fan unha exhibición, pero a Turturro, actorassso, impagable, sóbranlle 1.41 minutos para trazar un personaxe rocambolesco.
2. No segundo vídeo, retales máis de Jesús aparte, os dous protagonistas, El Nota e Walter, interrogan a un pícaro sospeitoso de terlles roubado o coche e un maletín cheo de pasta que, aínda por riba, non é seu, senón que o teñen que entregar a uns mafiosos. Imposible definir mellor a dous molimeiros que tratan de xogar a policías sen ter puta idea, imposible criticar de forma máis descacharrante a mentalidade militarista yankee: son estos tus deberes, Larry???? Estás matando a tu padre, Larry!!! (que leva un ano enteiro sen lamberse de nada con respiración asistida). Ves lo que pasa cuando das por culo a un desconocido, Larry???!!!
3. (a esta dádelle gas que se oe pouco). El Nota e Walter preparan un funeral para o seu amigo Donnie, que caeu víctima dun infarto. Mentres sosten as cenizas do seu amigo nun bote de ¿Cola Cao?, Walter, veterano de guerra torpón incapaz de olvidar Vietnam, pronuncia un discurso memorable, asociando a morte do seu amigo (¿?) á dos seus compañeiros de infantería que murieron con la cara en el barro. Criminal.




Á MIÑA AMIGA DO NORDESTE (Nova versión de "Pero te quiero". Fernándo Álvarez) por Tresillo.

GRANDES ESCEAS DO CINE por Tresillo

"PAPIRUS PARA EL PORRUS". La loca historia del Mundo. Mel Brooks.



"PIJUS MAGNIFICUS". La vida de Brian. Monty Pyton.



"LAPIDACIÓN". La vida de Brian. Monty Pyton.

16 mar 2008

ELECCIÓNS 2008. COMÉNTANSE POR SI SOAS por Tresillo.



Esta era a tropa dos comentarios...



VIVA A GUVENTÚ E "AS NOVAS GUENERACIONES"!!!

EUROVISIÓN COMO A VIDA MESMA por Tresillo




Eurovisión?...home, vadevos deitar. A televisión (valga o topicazo) é o reflexo, nunca mellor dito, do que somos. Aí vos deixo dous videos do que foi (en branco e negro) o certame musical e o que é (o mundo en color aos ollos dos cegos). Do que foi, a emoción dos “collós” e da “pataca” que rebenta por momentos dicindo...”cagondios, ámote tanto que a vida é unha puta miseria porque non ten máis palabras para expresarcho”. Do que é...”i love you to me bida soi 1 superchuliwey q ya sab lqs el amolll dsd qt pus a las beint uñas i m dijist...q larga la tiens”. Do que foi, “nena, a miña pel é unha jodida fronteira para chegar a ti”. Do que é...”congnr de la igualdad putativa mi pasión es como la d scorpión i en mi casa me llaman el prcb”.
Chiquilicuatre é un Max Estrella que percorre o país de norte a sur, do oeste ao este, escupíndolle á cara a tanto mindundi sentimentaloide soplapollas “perrea, perrea!!!”. (Joder, como esta el mundo...gobierna ZP y el Chikilikatre va a la mobida esa de la Eurosvisión...es que no pueden ir grandes artistas como Pereza o Bisbi...Estralla Polar y Silencio...esos temazos).
Do que fumos, xa non queda nada. Do que somos, nada quedará...nin tan sequera o pesimismo.

15 mar 2008

DUFFY_xogador de chica

Ten nome dun deses cans que visten as señoras de alta sociedade.
Baila coma se Franco non tivese morto nunca. Coma se a sexualidade tivese aínda que ir escondida entre movementos naif moi mal intencionados. Encima, é torpona. Tullida.
Din que é unha copia barata de Amy Winehouse.
Viste coma se viñese do Centro Cívico de Cangas, de ver aos Senadores. E lle gustasen.
Non sei se ten cara de cocha. Ten boca de budión.
É unha enana, diske.
Pero que me importa a min o nepotivo.
Duffy ponme cerdito.
GUAU GUAU. GUAU.

QUIENES SOMOS, DE DÓNDE VENIMOS, A DÓNDE VAMOS... (xogador de chica)

Porque o Chiquilicuatre non é nada novo. Sempre nos gustou pintar comedia en Eurovisión. Pero houbo épocas en que o faciamos sen coñecemento de causa. Como aquel ano que levamos a Alejandro Abad, quente perdido como se viñese do Raio con doce cubalibres, facéndose un cacao mental con que ELLA NO ES ELLA... ELLA ES LA OTRA, LA QUE ME EXXXXXXXCITAAAAAAAAAAA... Y QUEMA MI ROPA... Ou aquel outro que levamos a Eva Santamaría a cantar, ante unha audiencia maioritariamente masculina, que todos los HOMBRES son UNHA BANDA DE PAIASOS... Con dos ovarios!!! Levando un manifesto feminista a ese gran Festival (presuntamente) apolítico (xa se sabe despois que, de portarse ben, a nosa política exterior gañaba ou deixaba de gañar ten points). Ultimamente apostamos por Nash para que deixasen o pabellón ben alto e, con dos cojones e tres americanas por riba de sete sudaderas, cantasen en spanglish unha sensualísima danza de amolllll na que rimaban PASIÓN con ESCORPIÓN... Que grande é ESPAÑÑÑÑÑA, MECAGHONOMUNDO!!! E mira que non me deu por poñer ás Ketchup!!! Esta semana os temaaaaazos intentarán refrescarvos a memoria... ESPECIAL CAGADAS EN EUROVISIÓN.

13 mar 2008

SERENDIPIAS

Queridos blogeiros quero incluirvos unha nova palabra o voso culto e prolifero falar, pero dadelle as gracias a ese mistico personaje chamado Friker Jimenez. E por suposto o Grande entre os Grandes o "GRAN WYOMING"




Xoves noite...NA CASA...





22:05--> Estou metida no piso...diante da TV cunha das miñas compañeiras de piso. Plan chafado. Ela non sae hoxe e a min arrebatáronme toda remota ilusión que tivese de saír...NIN DE CAÑAS QUIXERON VIR CONMIGO...XENTE DE MEDICINA...que lles imos pedir???

Preguntei por activa e por pasiva:

..."Vindes tomar unha caña?" E Sara contestou: "NON"
..."Pero e que mañana xa nos vamos para Casa e ata depois de semana santa non nos vemos" (argumento de MOITO peso!) e Victor: "Non Re (asi me chama...), teño ganas de ir para a casa que necesito descansar", "Pero descansar de que?? tes 21 ANOS...a vida so se vive unha vez...", "Hai Re, que loca estás"(osea de verdá...XD) (porque calquer cousa lóxica que digo ma atribúen á locura???)...

..."Vaia noite que se está quedando (mirando ó ceo)...Marta, non te apetece saír un pouco?", ...(silencio)..."Veña oh, que é xoves antes de ssanta, hai moita xente, sae todo o mundo" e Marta: "Non Rebe, que estou cansada que aínda vin ontes dunha viaxe, e non poido co cú"(Outra "agotada"...)

..."Ei, agora unha caña antes de subir pa casa non Dani?"e contesta "Non poido, que vou coa moza" (oh-oh...no disponible)

...Case o teño todo perdido...aínda así sigo lanzando ó aire as miñas "atractivas" propostas...

..."Enga oh...que vimos pronto, 'eña, ás dúas estamos na casa...veña...(insistencia que xa roza a infantilada total), que logo sempre o pasamos ben..." (...o que non fai mutis pola esquerda, fai como que non me oe...)

...Síntome un ente abstracto...De repente son "Dios":...non me ve ninguén...pero todos saben que estou ahí...

...Último ataque (nun grupo como de 8 persoas): "Pero hoxe non sae ninguén???" e todos "NON (+mil excusas, para min absurdas, de pouco peso...que xa nin oigo: teño unha "escoita selectiva" alucinante...)"...

...Desesperada (no mesmo entorno):
"E mañá queda alguén para saír a morir despois de cenar por ahí e ir de viños???" E todos con cara de sorpresa: "Eu?, ti estás loca, ...vou para casa..." MANDA CARALLO, SE AÍNDA ESTIVECHES FAI 5 DÍAS NA CASA...TANTO BOTAS DE MENOS A MAMÁ, porque encima tpc van saír alá (tócate os wevos)...NON O ENTENDO. Prefiren quedar en casa que ir tomar unhas cañas ou algo cos amigos??? NON SON SERES SOCIALES COMO O RESTO DOS SERES HUMANOS???

Chego a casa cabreada, despois de ir a por unha rodillera ó Decathlon, porque aínda por riba, ando tullida por animal...por correr coma unha tola (puta xenética que me deu todo o menos "fisno" que pode ter unha fémina, e puto entorno coa pandilla de homes que me fixeron explotar esa base xenética con creces...Son un "mougly" pero en vez de na selva, estou perdida "entre os machos de Lieiro")...agora nin eso...acabóuseme por agora a vía de escape do meu cú inquieto (e non quero propostas de outras vías de escape..MENTES SUCIAS...XD).

Panorama no piso: Chus tampouco ten plan...pero non está enfadada coma min (é super tranquila, ten sempre unha "paz interior" que moitas veces envidio). Aida sae, e non ten ganas. Eu estou indignada, teño ganas de saír e non teño "aliados"...Carezo do que a primeira lle sobra (conformismo e tranquilidade), e teño o que á segunda lle falta (GANAS!!!)...QUE MAL REPARTIDO ESTÁ O MUNDO...

Hipótesis resolutivas do meu problema...

1.-Móvome nun entorno estudiantil raro de "coghones"...Todo un Poltergeist da noite compostelana: Medicina.
2.-Estou equivocada, a rara son eu que sempre parezo ter ganas de festa...HAI QUE SER MÁIS RESPONSABLE,...eu non son un bó exemplo.
3.-Tampouco é para tanto, haberá que deixalo para outro día que se "inspiren"...Hai que comprendelos, outro día non terei ganas de saír eu (UN XOVES???SERÍA INÉDITO PERO BUENO...NUNCA SE SABE...).

Non me gusta ningunha destas opcións...AGORA VEN A "DEFORMACIÓN PROFESIONAL" (=PALLA MENTAL SERÍA UN BON SINÓNIMO???VOS DIREDES...)

HIPÓTESIS Diagnóstica: ESTE SÍNDROME "ANTIEMPATÍANOCTURNA" NON OCURRE EN SANCI...(NIN "NO INTERIOR"XD). A prevalencia na zona Mariñana e arredores é moi baixa, por non dicir que está erradicada. Nesta área, ocorre un SÍNDROME OPOSTO: "LÍOTEPARASAÍRSEMPRE", de elevada prevalencia, no que uns individuos conseguen (por contaxio a través das fonación)que todo o mundo desenfrenadamente baixe de cañas en todo momento, sexa o día que seña, e monte festas inconmensurables, a pesar da afluencia escasa ás mesmas (si...xa sei que en sanci non hai nin dios...solo no verán...XD)...
A Etioloxía (Causas) destes dous síndromes é idiopática (=en cristián: nin puta idea). O que sabemos é que o primeiro sd. parece afectar só á poboación de estudiantes excesivamente aplicados (oseasé: amargados...), e a segunda afecta "ós amigos da PR" (os orixinais, os auténticos...AS MIÑAS RAÍCES...XD). Aínda de que non coñecemos a causa, parece ser que no síndrome "LÍOTEPARASAÍRSEMPRE" hai unha lixeira influencia do Nordés, a pesar de non estar claro a fisiopatoloxía deste factor de risco.

TRATAMENTO: O Sd. "Antiempatíanocturna" non require ciruxía, tan solo un tratamento empírico basado no desplazamento do paciente afectado (EU) a unha zona co Sd. "Lioteparasaírsempre", xa que este segundo síndrome, está comprobado que non é perxudicial, senón totalmente benigno, xa que, sendo episódico, cada episodio favorece a euforia psicológica, útil para aumentar o rendemento tanto laboral como académico e incluso social. Tan sólo debería tratarse no caso de que se volvera crónico e o individuo non fose capaz de saír do episodio, e vivira continuamente nun estado eufórico descontrolado que dificulta o desenvolvemento da vida normal. Sabemos esto último, porque hay artículos na revista "Science" acerca de unha veintena de casos que foron descritos na Mariña de cronificación do síndrome. Neste caso, debe recurrirse a meter ó individuo no ambiente do Sd. contrario (igual que no caso anterior), para que saia do estado crónico, con extremo coidado, xa que pode caer nunha profunda depresión (por pasar a un entorno "de amargue".

Por tanto: NECESITO VOLVER A CASA. Necesito ese Nordés canto antes...

Fdo: Unha trastornada da Mariña.




Bikos da PR (perdón pola desvariada...)

11 mar 2008

Chikilicuatre que grande eres. By Nº8.

Aquí vos deixo como lle foi o Chikilicuatre nos previos da gala e despois, hai que recoñecer que esto si que é reirse na cara dun, neste caso de Eurovisión, animo Chililicuatre desde quemeimportaamin apoiamoste.







9 mar 2008

Eurovision08, vaia bostada. By Nº8.

Pero que foi daquel concurso de onde sairon artista como ABBA, Sergio Dalma, Mick Jagger, ect..... O outro tomando uns cnatos cubalibres no lostrego, staban poñendo o final do concurso de a quen iban manda para a eurovision, e cando vin o gañador (un humorista coma a copa dun pino) e a canción cheguei a conclusion de que en España somos unhos putos frikis e que eurovision xa sobra como certamen musical, e xa me rematu cando me salta o dueño e me di este ano ganamos o certamen fixo porque e unha cancion feita a medida para eurovision hai xa me dixen a min mesmo que cañita brava o lado dalgun e un gentelman. Asi que para que xuzguedes vos mesmos hai vos deixo o video de Rodolfo Chikilikuatre, o que nos vai a representar este ano en eurovision, e 1:20 de tempo se sodes capaz de aguantalo ole os vosos huevos quen os teña e sinon os vosos ovarios.