23 sept 2008

NEOCONSERVADURISMO OU NEOLIBERALISMO, CAMIÑO SEN RETORNO? Capítulo I por Tresillo


Neste primeiro capítulo tentarei, dalgún xeito, de forma moi somera, aproximar aos lectores as bases ideolóxicas da corrente Neoconservadora americana ou, mellor dito, norteamericana. Certamente as dúas correntes que describo posiblemente non sexan as únicas pero si as máis esenciais e determinantes...se ben obvio a influencia do aspecto relixioso por ser máis aparente que trascendente...considerándoa unha "utilitarista" cortina de fume.


A "Escola de Chicago" funda unha corrente de pensamento, inicialmente económico que se orixina, como non podía ser doutro xeito, na Universidade de Chicago e que tivo, e ten, grande influencia na política económica mundial.

No campo económico a citada corrente asociase a un pensamento ortodoxo. O prantexamento máis coñecido é tal vez o de Milton Friedman: "reducción da intervención do Estado e, fundamentalmente, desregulación da actividade económica". É decir un Adam Smith en plan talibán, por decilo dalgún xeito, que funda coñecida Teoría Monetarista. A proposición fundamental era e é, eliminar toda intervención estatal na economía mundial e, para materializar esta idea, evitar toda lei ou regulación que tente ordenar o sistema financieiro tanto nacional como internacional.


Ben, esto que podería ser unha síntese un tanto reduccionista sobre o que supuxo e supón as teorías da Escola de Chicago no ámbito económico, voltan de novo a estar en primeira liña da realidade económica mundial, fundamentalmente no ámbito financieiro que onde máis inciden os seus plantexamentos.


Ao aveiro destas teorías, xurde un influínte politólogo, tamén estadounidense pero de orixe xaponés chamado Francis Fukuyama. Fukuyama é coñecido pola súa obra "O fin da Historia e o último home", no que defende que a Historia humana como loita entre ideoloxías rematou e que nestes intres, tras a caída do Comunismo, comezou un novo mundo basado na política e economía neoliberal (asociando a teoría anteriormente descrita). Inspirado en Hegel e nalgún dos seus esexetas da S. XX, como Alexandre Kojéve, afirma que o motor da historia, o "desexo de recoñecemento", paralizouse na actualidade polo fracaso do marxismo o que demostraría que a única opción viable é o liberalismo democráctico, que se constitúe así no chamado pensamento único: as ideoloxías xa non son necesarías porque xa foron substituídas pola Economía. Aínda que poida parecer paradóxico e tamén contradictorio, para este autor os Estados Unidos sería así a única realización posible do soño marxista dunha sociedade sen clases. Sen embargo, non está sostendo radicalmente que non vai suceder nada na Historia, senón que a historia virá determinda pola ciencia e esta aínda non atopou os seus límites. Na actualidade sería a época da bioloxía e os descubrimentos que se fagan actualmente nesta ciencia determinarán o futuro.


Outra base da súa ideoloxía e o seu pensamento moral que quedaría prantexado do seguinte xeito: forte crencia na cultura, na ciencia e na ilustración como base moral capaz de desplazar á relixión e que, a través dos dereitos humanos universais puidera chegar a uns deberes humanos igualmente universais. Certamente, neste ámbito, non ten unha doutrina moi desenrolada quedándose simplemente na superficie dun terreo moito máis profundo e que, de ningún xeito, calou nunha sociedade norteamericana de profundas conviccións cristianas, fundamentalmente protestantes.


O fracaso do seu pensamento veuse abocado pola realidade como dalgún xeito xa insinuei. Pese a ser o impulsor do chamado "Proxecto para o Novo Século Americano", exposto durante a presidencia de Clinton, e ser considerado como un dos núncleos do pensamento dos neoconservadores, especialmente en política exterior (pois foi un dos firmantes fundacionais xunto con Cheney, Wolfowitz, Rumsfeld, entre outros), hoxe, logo do fracaso da Guerra de Irak e os erros cometidos tras o 11-S coa impulsión dunha política unilateral, examina algunhas posibles fórmulas para que esta nova política neoliberal non sexa un fracaso. Sen embargo, ninguén pode esquecer que este tipo foi un dos firmantes dunha carta ao presidente demócrata Clinton a favor dunha segunda guerra en Irak no 1998...o que sucedeu despois, todos o coñecemos.




No próximo capítulo expoñerei a realidade práctica deste pensamento neocon, a súa significación no Mundo, enEuropa e en España.

22 sept 2008

ZEITGEIST>>Amarillo S.

Fai tempo que caeu nas miñas mans este video con aires de teoría conspiracional que creo podería arroxar unha luz a todo o que estamos a vivir estos días. Lonxe de creer todo o que di ó pé da letra, é interesante observar a historia dende outro punto de vista.
O video que aquí vos deixo é a terceira parte dun documental chamado "Zeitgeist" que vos recomendo que vexades.

19 sept 2008

Análise da realidade socio-económica e política do mundo II

Atopámonos posiblemente nun momento crucial para o futuro do actual sistema económico, e desde logo, iso aféctanos a todos (teñamos máis ou menos tempo libre).

Casualmente, vin as noticias de cuatro do xoves noite, nas que Gabilondo facía outra serie de reflexións que enlazan perfectamente co artigo publicado por Tresillo. Reflexións de novo moi atinadas desde o meu punto de vista. Por se vos interesa, aquí vos deixo un link no que podedes ver un fragmento dese informativo:
www.cuatro.com/videos/?xref=20080917ctoultnot_6.Ves&view=ver

Esa mesma maña o goberno estadounidense tivera que saír ó rescate de AIG, a aseguradora contratada polas maiores empresas dese país. Deste xeito, AIG xogaba o papel de rede de seguridade ante o desplome de ditas empresas, sendo polo tanto unha peza clave. Así, o derrubamento da propia aseguradora é un síntoma claro da gravidade da situación. Na nación paradigma do liberalismo económico o sistema non funciona, nin tan sequera coa revitalización da economía perseguida coa guerra de Irak. E como dicía Gabilondo, o afundimento deses xigantes empresariais ambiciosos e ineptos estanos arrastrando a todos, gobernos e cidadáns de todo o mundo.

Pero, loxicamente, ¿como vai funcionar un sistema baseado no crecemento ilimitado? ¿Como vai ser posible dito crecemento ilimitado, se dependemos absolutamente de recursos limitados (non renovables e escasos)? Debe ser unha cuestión de fe. A estas alturas, seguir confiando no crecemento económico ilimitado parece absurdo, moito máis cando é preciso compatibilizalo co constante crecemento da poboación mundial. A clave a medio prazo estará nas fontes de enerxía, xa que as actuais se están quedando completamente obsoletas, pero ese sería outro debate.

Como ben dicía algún dos analistas, privatízanse as ganancias das empresas, pero socialízanse as débedas. Resulta evidente que a situación actual é insostible. Tanto que algúns expertos e defensores do liberalismo económico declararon que era preciso facer un paréntese na economía de libre mercado.

A min o tema paréceme interesantísimo, así que me gustaría coñecer a vosa opinión ó respecto. ¿Que repercusións vai ter a actual crise económica? ¿Imos presenciar nos vindeiros anos ou décadas unha profunda transformación ou mesmo a decadencia do sistema económico liberalista?

Por Faragullas.

PD: Inicialmente ía facer simplemente un comentario ó artigo de Tresillo, pero púxenme a escribir e....

16 sept 2008

PARA A REFLEXIÓN: perfecta análise da realidade socio-económica e política do mundo por Iñaki Gabilondo



"Buenas noches. El gran globo finaciero se ha pinchado, el capitalismo salvaje, el gran superpoder triunfante ha explotado. Un poder autónomo, sin control democrático alguno, que amasó inmensas fortunas, que especuló sin freno y con riesgos insensatos y que ahora pide socorro al dinero público para salvarse.

Ya ven, el liberalismo se hace comunista. Su ambición loca está destrozando nuestros ahorros, está disparando nuestras hipotecas y está pulverizando nuestros puestos de trabajo pero...pero ninguna representación de esas grandes corporaciones, ni de las instituciones que los agrupan se creen en la obligación de dar explicación pública alguna. De hecho, no sufren el más minimo reproche social, ni siquiera son frecuentes los comentarios periodísticos críticos o exigentes para con ellos.

Todo se detiene en un plano anterior, en el plano político nacional. Cada país dispone, como si fuesen chivos espiatorios, de sus gobiernos y ahí, en los pecados de nuestros gobernantes acaba todo. Denunciamos sus errores de previsión y ni se nos ocurre juzgar los colosales errores de cálculo de los gigantes mundiales de las finanzas que provocan nuestra ruína.

Cada día es más claro y es desalentador que la democracia es sólo la apariencia del poder, con poquísimos márgenes de maniobra, un rompeolas para que en él rebienten las iras y las frustraciones ciudadanas.

¿Y la soberanía popular? Pues un "Nintendo", un juguete que se regala a los niños para que se entretengan. Y muy por encima impune e inmune se mueve el verdadero poder, irresponsablemente"


Humildemente transcrito e suscrito por Tresillo.

SARAH BARRACUDA====> Dr. en Alaska




Ese era o nome polo que coñeciamos a Sarah Pallin no instituto, ainda que co tempo mellorou no seu aspecto e case que consige ser miss Alaska (quedou segunda), non por eso deixou de ser "barracuda". Agora ten 44 anos e vai de ticket con McCain despois de ter conseguido ser gobernadora do estado e antes alcaldesa de Wasilia city.
Moito antes de saltar a prensa internacional xa deu que falar, por presionar o comisario da seguranza pública a expulsar o ex-cuñado da Pallin xa que se divorciara da súa irman, Membro da Asociación Nacional do Rifle, anti-abortista.. ou seña o que se dice un pouco "facha.
Casou cun esquimó que ten por afición as carreiras de trineos con cáns as que son moi afeccionados os de aqui,con el tivo 5 fillos e tan só no derradeiro colleu tres dias de baixa maternal dado que o picaro tiña a sindrome de Down. Ela é unha muller capaz de todo ... agas de dar o peito e coidar os fillos, pois asemella non ter tempo para eles ( os negocios agardan e as mucamas coidan deles) .
Todos estan empalmados con ela,e un pode entendelo, pero esta muller-barracuda é un perigo, miráde a foto na que é recibida por unha das fillas no aeroporto, esas gafas que non lle permiten achegarse a filla sen o perigo de saltarlle un ollo co canto aguzado, esa mirada de Sarah que menos a pícara ve todo , a actitude da nena ,que non agarra a nai se non que lle sosten a embestida (desenfreada como vai estes dias de tanto mitin); e o peiteado,ese moño que pode agachar ata un mísil.
"Non vai ser desta sariña", deciamoslle cando o das misses, e agora, coido que tampouco, e mais nos valerá que por ela ampliaba o eixo do mal ate o vaticano ciega como vai.

12 sept 2008

Que día o de este ano. By Nº8

Cindy MacCain & Laura Bush==>Dr. en Alaska

Primeira colaboración no chamamento que este foro aberto e respetuoso fixo a compartir as vosas impresións. Gracias e dende a páxina animamos a que sigades a facelo.




Foto tomada no Xcel Center da cidade de Saint Paul- Minnesota o primeiro de setembro dentro dos actos da Convención Republicana.


A primeira impresión cando en directo e na FOX, apareceu da cálida man de Laura, era que a muller do aspirante a presidencia dos EE.UU. pasaría o nadal con nos dentro do anúncio das " burbullas de Freixenet ". Todo brillo e oropel, reflectindo cantas luzes habia ¡ que eran moitas de dios!,

Cindy Lou Hensley, que asi e como se chama, deitouse na noite do 31 de agosto ca firme decision de EPATAR que se di agora,e marcar tendencia entre as filas dos neo-cons, e a bo fe que o consegiu. Calidamente Laura tomaa polo cobado permitindolle locir o seu reloxo Channel ceramica de 3.000 elorios,ainda que o seu tamaño desmedido e co puño-volto ,como para non apreciarse o peluco. O vestido de Oscar, Oscar de La Renta para os pouco iniciados, segundo Vanity Fair custou 2.000€ , tan so 2.000€ por unha preciosidade que lle quedaba feten ,realzaballe a figura e co toque do colo ao estilo "MORTICIA ADDAMS " e mandaba un adianto do que nos agarda para a proxima tempada outono-inverno do outro lado... De perlas quedaballe o colar de 1, 2, 3, 4, 5 ? voltas valoradas en 16.000€ . E ainda que puxenlle o turbo ao macro non cheguei a ver mais que un puto punto que ao parecer eran unhas alfaias de 186.000€ .Total maismenos 200.000€, sen contar perruqueria, manicura, pedicura, sauna, masaxe, complementos..agggg
Cindy de 54 anos paseou afablemente con Todd , que ven sendo o home comparsa da tal Sarah PALIN, moi feliz de compartir escenario con el xa que "Estou encantada porque non terei que preocuparme polo tipo de roupa que vai levar Todd, e mais non temos que comentar que vestidos imos elexir con antelacion". Ela e asi, filla de un artillero que xerou fortuna ca cervexa, e que ten ate un MASTER , pero o que mellor a retrata son dous datos: 1º cando traballaba nunha ONG sustraia aquelas pastis que tanto lle sabian, ummm dos lotes para diversos damnificados, e 2º a sua fortuna estimada e de 70 millons de dólares.

Se non fora que , sabemos quenes son e ao que andaban, non me diredes que, cun fondo menos neutro, non podería ser imaxe dalgun boudoire, O grande boudoire planetario.


11 sept 2008

LO QUE PRECISAS ES AMOLLL...DEDICATED TO PR AND CHEGOUOHOME

Non podemos asistir impasibeis ante este idilio case secular interrumpido pola sociedade...non podemos aceptar outro "..amor en los tiempos del colera". Ante isto, ante a inxustiza de ver como teñen que levar o seu amolll con mensaxes cifrados que só eles entenden...queremos que esta parella, separada por un mundo que non os entende nin os quere entender, reflexione...O FUTURO É VOSO!!!

Con todo o noso agarimo...a vosa vida en canción

NO ME CONOCES (a parte final da canción, case os derradeiros segundos é unha perfecta síntese do que o corazón de Chegouohome sinte a cada intre levantando 80 kg. de press de banca)



GAVILÁN O PALOMA (estes foron os comezos, como nos gusta o cine, facemos unha elipse...perfecta descripción narrativo documental con reflexións filosóficas sobre o que é o amolll...a primeira parte fala do fodido que é picar "aprendiz de seductor, tonto, ingenuo pobre charlatan" son conclusións dun home despeitado (non as teñas en conta amiga enamorada)...por suposto, Chegouohome neste caso sinte esto levantando 30 kg. por mancuerna facendo triceps en banco sueco)

UN GRAN DEMÓCRATA, LIBERAL E CRISTIANO (esto si que é sentido do humor) por Tresillo





SI A MINISTRA AÍDO LEVANTARA A...EJEM, TIVESE CABEZA (III)

¿QUEN HOXE EN DÍA TERÍA VALOR PARA FACER ESTE SKETCH? EN FIN...VIVA O POLITICAMENTE CORRECTO!!!

7 sept 2008

O viño non é auga. by Nº8

Primeiro foi o arbitro que traia unha mangada que non se tiña en pe e agora este saltador de altura ruso que non se lambe, o deporte xa non é o que era.

2 sept 2008

TUNEEEEEEEEEEERO > hotman & xogador de chica



Así se lle dá á cachá. Lévao na sangre.