31 dic 2008

28 dic 2008

DOUS ANOS, O QUE ME IMPORTA A MIN XA ANDA polos Webmasters




FELIZ CUMPREANOS!!!

E xa van dous. Neste 28 de decembro (día dos Santos Inocentes), o noso amadísimo, odiadísimo, pero nunca indifirente blogue, cumpre dous aniños e,...QUE ME IMPORTA A MIN!!! Seguimos aquí, unhas veces con máis intensidade, outras, tan resacosos que non atinamos nin coas teclas dos nosos ordenadores. Pero o realmente importante é estar presentes (ata nos len en L.A., México, Croacia, África, Madrid e Catalonia) e seguir expresando as nosas emocións, as nosas inquedanzas, as nosas críticas, as nosas satiras contra unha sociedade aborregada onde tal vez o primeiro rebaño sexamos nos mesmos. Pero, de novo,...QUE ME IMPORTA A MIN!!!
Foi un ano completiño, con duras polémicas, encarnizadas controversias, grandes ou pequenos análises do mundo que nos rodea (o cercano e o lonxano), celebracións diversas, con nostalxias en forma de artigo ou videos míticos, etc. e,...QUE ME IMPORTA A MIN!!!
Seguiremos...si, si, seguiremos, ao noso ritmo, unhas veces encenegados coa seriedade propia dos que miramos ao mundo con fascinación ou tristura e outras co desdén caótico da panda de bandidos que somos. Unha ventá coma esta sempre resulta, ao par que entretida, necesaria para que, de vez en cando, as neuronas teñan certa comunicación entre si, xa sexa para rir, para chorar, para amar e desprezar ou para baixar a todos os santos que reinan no ceo e, en calquera caso,...QUE ME IMPORTA A MIN!!!
Non temos proxecto ningún, nin liña editorial, somos tan libres que ata cremos na decencia de xeito que, neste 2009 o blogue discurrirá polo camiño cego da improvisación. CARPE DIEM e QUE ME IMPORTA A MIN!!!

GRACIAS A TODOS POR SEGUIR CON NOS.

24 dic 2008

TRESIPHAEL DESÉXAVOS... BO NADAL ESTERCOS E ESTERCAS!!!


Bromiña e temazo soul (segundo os criterios de Barrilete) para despedir o ano...

E, para que non quede todo moi meloso, "Amarga Navidad"... que viva Jose Alfredo!!!

XOGADOR DE CHICA.

22 dic 2008

QUE MAIS SE PODE DICIR


O PIPA convertiuse no matador do Real Madrid. O sucesor do "deus" arxentino cravou o seu 11 chicharro na Liga das estrelas(13 da tempada).E como so uns privilexiados nesto do fuchibol puidemos vaticinar, xa ta entre os mellores KILLERS da liga, con dous tantos mais ca o KUN(9), un mais ca Forlán e Messi e un menos ca o asturiano que se pudrira no equipo CHE de por vida(12), en resumen pa que lles quede claro os "inutiles" ta segundo tras o puto Camerunes(15).

Todo isto si miramos as estadisticas con so 14 partidos xogados. Menos ca os seus rivais antes citados. E como pon textualmente un famoso diario deportivo:
" Estos números dejan sin argumentos a los que, desde que aterrizó en el conjunto madridista hace dos temporadas, le han venido acusando de moverse bien pero no tener ese instinto depredador que caracteriza a los '9'."

O Pipa aportou o Madrid cos seus goles 12 dos 29 puntos.

E pa finiquitar vamos citar un fragmento mais doutro diario deportivo:

"Ronaldo, el último precedente

Hacía mucho tiempo que un jugador del Real Madrid no marcaba 11 goles o más en las 16 primeras jornadas. Concretamente desde la temporada 2003/2004, cuando Ronaldo llevaba a estas alturas de la Liga 13 dianas. Esto demuestra la explosión futbolística de Higuaín, que ya ha batido con creces su récord goleador desde que está España: ocho tantos en la campaña pasada."


O final o tempo danos a razon, porque sempre a tivemos oooooossssssssstttttiiiiiiaaaaa.


Pipa

11 dic 2008

Xeometría e relixión==> Dr. en Alaska


A franquicia española do Vaticano, que ven de reelexir o seu opus portavoz nunha reñida votación, non perdeu o tempo e desplegou nos últimos días un frente de borrascas, que ven a constatar que neste tempo turbulento, eles non van ficar atrais e van aportar a súa experiencia en agit-prop.
Que creban bancos, pois ahí esta ela para falar da avaricia e iluminarnos ao respecto pasando por riba do Ecónomo de Valladolid e as turbulentas contas da séde central. Que a Lei da Memoria Histórica chegalle aos muros das igrexas, e claman as placas dos martires, pois receta un exercicio de reconciliación e olvido consistente en : terra ás cunetas e gloria os mártires canonizando en lote.
E se a repúblicana Francia pretende levar a O.N.U. a despenalización mundial da homosexualidade, lembrannos moi amablemente que de conceder dereitos os homosexúais "Unha declaración política de ese tipo crearia novas e implacables discriminaciones" segundo o arzobispo Celestino Migliore e non dubidou enengadir
que "o catecismo da igrexa é partidario de evitar toda marca de inxusta discriminación contra das persoas homosexsuais" ( tan pichi).
Nin Ruiz-Gallardón é de fiar que o listón esta moi alto,. Rouco Varela (galego coma tí) cortocircuitou as pretensións do alcalde de irlle coa ladaíña da C.O.P.E. o santo pái ( co gallo da vindeira Xornada Mundial da Xuventude que tera lugar en Madrid no 2011) que se non me queren,que se o mensaxe do amor non sáe polas ondas da cadea, que se Federiquito tal... pois nada que ficou sen audiencia como eu sen avóa.Pero para audiencias Esperanza-calcetín air-lines que colmou de concesións no espacio radioeléctrico a Los Santos, normal.
Non baixan a presión contra da asignatura de educación para a cidadanía, nin contra a ampliacón do aborto, a eutanásia nen pa Cristo, en fin, eles que saben de xeometria demostrarian a calquera ignoto de nós, que a distancia mais curta entre dous puntos non é a liña recta senón o angulo recto .

10 dic 2008

LAS OTRAS ALMAS MUERTAS, FÉLIX DE AZÚA (xogador de chica)


Un amigo que ahora vive en Bombay pasó muchos meses caminando por el sur del continente con el fin de conocer de primera mano la vida rural india, tan distinta de la urbana. Contaba luego muchas historias cautivadoras, pero la que más me chocó fue una constatación: la de que había pueblos amables y pueblos odiosos, separados por apenas una decena de kilómetros. Iguales en todo, menos en su aprecio por el prójimo.

En su peregrinaje había encontrado aldeas donde, en cuanto divisaba las primeras casas, le rodeaba una población hostil, malencarada, bravucona. Siempre acababa haciendo aparición un gurú que le gritaba agitando un garrote, aunque era perfectamente consciente de que mi amigo no entendía una sola palabra. Y acababan por expulsarle de mala manera, cuando no le robaban la mochila. Diez kilómetros más adelante, sin embargo, entraba en otro lugar donde le recibían sonrientes, los niños bailaban a su alrededor, las jovencitas curioseaban mostrando dientes blanquísimos, le ofrecían agua y se afligían si no aceptaba un cuenco de arroz.

El recio igualitarismo que soportamos los europeos hace difícil creer en una diferencia moral profunda entre vecinos. No esa falsa diferencia llamada "identidad" que es una abstracción narcisista y metafísica, sino otra más profunda que funda la verdadera diferencia entre comunidades felices y comunidades infames.

Imagino yo a los munícipes de Azpeitia, en cuyo ayuntamiento ultranacionalista ni siquiera lograron condenar el asesinato de un ciudadano nacionalista, como uno de esos lugares en los que la temperatura baja seis grados en cuanto cruzas el umbral. Terrible detalle el que remarcó Santiago González: no se interrumpió la partida de mus del asesinado (ver imaxe).

"La portada más explicativa de la tragedia bufa que se lleva desarrollando en Euskadi durante las últimas décadas. Un drama a medio camino entre las novelas de Leonardo Sciaccia, el cine italiano de los 6o y 70 y 'La vida de Brian'. Eso es todo."

La fotografía de Mitxi es atroz, tan atroz que quizás no diga toda la verdad. Pudo ser un homenaje.

Donde no se respeta la vida, sólo hay muertos vivientes. La buena gente de Azpeitia estará deseando huir de sus infames paisanos. Hay pueblos amables, acogedores y con sangre en las venas a pocos kilómetros. Pueblos que no celebran la muerte.

A NEGACIÓN DUN DEUS POR OBRA E GRACIA DO HUMANO por Tresillo

Crer ou non crer...esa é a cuestión. Falemos do relevante. Da nosa cultura occidental e do Cristianismo. Do Deus cristián (mesmo do monoteísmo en xeral). Rexeitemos a historia un intre e indaguemos metafisicamente, pois de xeito empírico non caben demostracións. Pois logo, partamos das súas principais premisas: a Deus atribúeselle omnipotencia (pódeo todo), omnisciencia (sábeo todo), omnipresencia (abárcao todo) e omnibenevolencia (é absolutamente bo). Ben, por outra parte, neguemos todo relativismo moral desde unha perspectiva cristiá, se queren, católica. Non cabe relativismo moral porque existe a verdade, logo, ou existe o mal ou existe o ben, unha acción ou é mala ou é boa. ¿Porque? porque Deus é a verdade, a totalidade da verdade, o puro ben moral. Admitámos que exista unha definición obxectiva do bo e o malo ou, mesmo, que Deus está por riba da moralidade, ou que a determina, de xeito que é bo o que Deus queira que sexa bo.
Pois ben, desde estas premisas, non todos os seus atributos concordan, aparecendo contradiccións que fan que se poida negar a Deus se o mesmo se sustenta ou se define nesas catro premisas. Por exemplo, afírmase que si Deus é o creador omnipotente, omnisciente e o único xuíz, entón ao crear á humanidade, incluídos ateos e pagáns, sabe como será o seu comportamento e terá que envialos ao inferno. Este Deus non pode, por tanto, ser bo desde o punto de vista de todos os humanos (do mesmo xeito que algúns afirmarán que non todos os humanos son bos desde o punto de vista de Deus). Claro, que os Cristiáns prantexan outra premisa, potente por certo, "o perdón dos pecados". Se ti actuache mal en vida, "Deus, Xesús, perdoarache". Entón as preguntas que xórden son: "que sentido ten cumprir as leis mosaicas se Deus me vai perdoar?"; "que sentido ten sacrificarme polo ben moral se Deus me vai perdoar igualmente?"; "se Xesucristo redimiu os nosos pecados co seu sacrificio ata a apocalípse, que sentido ten obrar ben? pois todos iremos ao ceo". E se non é así...un Deus puramente bo non condea, non castiga,...perdoa. E se hai perdón, sempre, en todo intre, sen conlevar ningunha pena...que sentido ten a moral?...que sentido ten a xustiza?...que mais dá transgredir ou non a "lei natural" se Deus e piadoso e permitiranos entrar igualmente no Reino dos Ceos?.
Este, o problema da existencia do mal, é un dos obstáculos prantexados polos escépticos para aceptar ese concepto de Deus. Os crentes soen alegar o «libre albedrío» dos seres humanos para explicar o mal no mundo. Agora ben, non se pode considerar compatible a omnipotencia e a omnisciencia de Deus co libre albedrío, alegando que se Deus todo o pode, intervir implicaría obstaculizar a liberdade do ser humano ou, o sabelo todo implicaría tamén que non hai nada dentro da liberdade do ser humano que no estea previamente fixado e dito...logo o destino determinado pola vontade de Deus, coñecido por Deus, elimina toda posibilidade de libre albedrío...non somos libres porque Deus determina o noso camiño (determinismo)...se é así, as nosas malas accións non son libres, non se deben á nosa vontade, porque a nosa vontade deriva do mesmo Deus que nos guía coa súa omnipotencia e nos condea ao mal e se nos condea ao mal, onde cabe a súa omnibenevolencia.
Desde outra perspectiva, a omnipotencia contraponse a característica omnibenevolente de Deus, que ao podelo todo non necesariamente fai todo, senón que deixa ao ser humano actuar dacordo coa característica libre coa que o creou nun comezo e non interfire, xa sexa por apatía ou pracer (o que de novo contradiría a benevolencia de Deus, non procurando o ben, o mellor para o home...condeandoi en vida ao infermo sen retorno ao seu Reino).
O Deus que deriva da obra humana, o Deus creado polo home...descrito, narrado, debuxado, formado, etc. pola mente creativa humana tamén ten un dos rasgos comúns da natureza do humano...a súa contradicción. Agora ben, cabe preguntarse igualmente se existe Deus...mesmo que non sexa este concreto Deus ou calquera dos que o ser humano creou coma un producto cultural. Cabe preguntarse simplemente se existe verdade ou non e se esta é relevante ou non para a nosa humanidade.
Si, a tarefa é complexa, case imposible,...para moitos, os ateos de "mínimos", inacadable pola limitación do coñecemento humano. Pero sempre caben as opcións máis radicais e sinxelas, crer que a existencia de Deus demóstrase porque o instinto puro do home confirmai ou, ser ateo porque a carga da proba e dos que simplemente cren en Deus (son os crentes os que teñen que demostrar a existencia, eu só creo no real), non sendo conscentes que mesmo no saber científico (o empirismo máis puro e duro) ou nos saberes "exactos" (as matemáticas) sempre se parte de hipóteses, que non son verdades contrastadas aínda que poidan partir de experiencias previas....e mesmo ser ateos pola causalidade máis trivial: "chico, estoy rebotao con los putos curas y el Rouco de los cojones ERGO el Dios ese non existe chorbo" (e perdoen a expresión, sobre todo os curas).
Eu asumo que Deus é unha posibilidade...neso pode consistir o agnosticismo e sen embargo eu son ateo. Son un ateo excéptico, porque asumo a certeza de que non coñecemos a verdade absoluta do universo, das súas leis, da súa ultima ratio, pero non son tan obtuso como para negar que o ser humano pode chegar a coñecer a existencia ou inexistencia das mesmas. Eu son un escéptico porque non son un nihilista e nihilistas son tanto os ateos radicais coma os crentes sectarios e dogmáticos (por moi heterodoxos que sexan). Agora ben, teñano presente, o Deus que coñecemos, o que está e preside as "sagradas escrituras" reveladas ao home é a maior obra de ciencia ficción que levamos a cabo na historia da humanidade.
Para rematar, despois deste longo e, posiblemente para vostedes, aburrido e intrascendente percorrido, considero a virtude, a razón, a moral como algo inherente á propia natureza do home...mecanismos esenciais configurados para mellor logro da súa supervivencia. Rexeito que a moral, a razón ou a virtude sexan algo convencional, porque entón serían tan arbitrarios como o propio destino que nos determina ese Deus. É dicir, o home pode non comulgar cos principios e valores racionais da moral, agora ben, a súa decisión sempre conlevará consecuencias (Guerras e Terrorismos son exemplos). Pero tamén rexeito que toda lei moral, razón ou virtude veña inspirada polo hálito dun Ser Supremo creado á nosa imaxe e semellanza pero en plan puro e perfecto. Aos crentes farialles unha pregunta: ¿se polo devir do tempo se demostrara que Deus non existe, en que repousaría a lei moral que nos inspira ou debe inspirar cara o ben? ¿que motivos teriamos para caondear a alguén por ser un déspota, un violador ou mesmo un asasino?...pénseno.

8 dic 2008

PROBABLEMENTE NON HAI DEUS>>Amarillo S.


Despois de cinco meses creo que podemos dar por zanxada a encuesta para escoller a cor dos polos. Propoño un tema algo máis interesante e de actualidade. A existencia de deus. Si, é de actualidade porque non hai moito comezou unha campaña en Londres para poñer nos autobuses da cidade o lema:"Probablemente non hai deus, así que deixa de preocuparte e disfruta da vida". A campaña está financiada anónimamente e en tan só dous días recaudou dez veces máis do previsto. Parece que os ateos se están arrexuntando e veñen con ganas de vendeta, tras tantos anos escondidos debaixo da sotana que cubre occidente (e todo o mundo), os agnósticos danse conta de que non están sós, son moitos e chegou a súa hora. (Noticia completa)
Así que ésta é a miña pregunta para quen queira contestala. Din os estudios oficiais que o 10% da xuventude é católica e practicante, a ver si os datos obtidos aquí corresponden.

4 dic 2008

PARA QUÉ HABLAR, SEÑOR CARRILLO? (xogador de chica)



¡Cuidate, España, de tu propia España!
...
Cuidate de la víctima a pesar suyo,
del verdugo a pesar suyo,
y del indiferente a pesar suyo.
CÉSAR VALLEJO


¿MEMORIA HISTÓRICA? NUNCA!!!! ME FALTE DIOS!!!!
Que país de ignorantes, de estúpidos. Só quedaba que os fillos de puta de sempre agarrasen outra vez as pistolas. Que se rompa xa, que veñan os Deuses (ou Franco resucitado) a castigarnos. É o que merecemos.