27 abr 2009

I MARATÓN DE TUTE "Fervenza de Sargadelos"

O Sábado día 9 celebrarase o I MARATÓN DE TUTE "Fervenza de Sargadelos", organizado pola A.C.R. Fervenza de Sargadelos de Cervo. No caso de que houbera un elevado número de parellas, tamén se xogaría na xornada do día 10 de maio.
Será no Caseto de Copa e na Pousada O Almacén, na localidade de Cervo. O maratón comezará o sábado 9 ás 11 da mañá ata as 14:00, e de 16:00 ata rematar.
A inscrición será de 20 € parella, con data límite para apuntarse o xoves 7 de maio. O sorteo dos grupos será o venres 8 de maio ás 20:00 no Caseto de copa.
PREMIOS:
1º clasificado..........40% da racaudación
2º clasificado..........20 % da racaudación
3º clasificado..........10 % da recaudación
PARA A PUNTARSE CHAMAR O TFNO (653324047) OU NO CASETO DE COPA.

25 abr 2009

LOS FABULOSOS CUBATAS, CRIMIANALES (xogador de chica)


Como nos temíamos Barrilete Cósmico e máis a pasada noite no Muíño, LOS FABULOSOS CUBATAS DE FOCKINK BROTHERS (tocan o venres 1 no pub) prometen.


Trátase dun dúo cabareteiro (Pepe Larios e MG Hermida) que se define así: "Deudores de la inolvidable "Orchestra Valdeorras", admiradores de "Los 3 Sudamari" contaminados por los mismísimos Petersellers, reinventores del Kutre Luxe; Los fabulosos cubatas forman parte de la AUTARQUIA MUSICAL del siglo XXI. Su único objetivo es atrapar el retrato más desenfocado que pudiera obtenerse del panorama musicovocal, ya sea aldeano-globalizador, planetario-fusionante o cosmopolita-sicótico. De manera que: póngale "azúcar", "raíces" o P. Jotismo tecnológico-avanzado; la solución es siempre la misma, ríanse que si no...
... Se les acartona la cara"

Dou fe. Aí vos deixo o link dunha das súas cancións para abrir boca, unha versión quizáis composta na mesmísima Luma: ACHILIPUT. http://fabulososcubatas.com/canciones/FCFB_ACHILIPUT.mp3


Son carne de Mésogheno. Hai que ir velos!

24 abr 2009

Un xogo de interpretación "mecagonopacodavirguen" por Tresillo

O tema de moda (manda carallo) é o, ata agora descoñecido, "Paco, Paco, Paco..." dos coghones...mellor dito, de Encarnita Polo. En fin, eu non sei se vos pasou o mesmo, pero a primeira vez que a escoitei pregunteime se a lingua na que se expresaba era rumano, xaponés ou, mesmo, esperanto. É dicir, non tiña nin puta idea do que cantaba e só entendía o pesadísimo "paco, paco, paco"...joder con Paco.
Ao que ía...propoñovos un xogo, descifrar o que a letra dí, sen acudir á solución ata poñer a vosa interpretación nos comentarios...haber quen ten güevos a descifrala...senón vos apetece, que sei que vai ser así, polo menos escoitadea, despois de que vos ofreceran mil politonos con ela outra vez, polo menos poñeredesvos cachondos coa Beyoncè dándolle á cacha (ás femias chegavos con imaxinarvos a Paco que para eso sodes máis listas e imaxinativas e nos tan primates).
O vídeo...
A solución...

O CASO DO ELEFANTE>>Amarillo S.


Hai días que ler o periódico pode ser máis divertido que xogar ó futbolín co Capitán Garfio. Hoxe é un deses días. Atención á
noticia que me atopei en ElPaís.com. Ó parecer na cidade polaca de Poznan hai un zoo, nese zoo hai un elefante e ese elefante é gay. Ía poñer "homosexual", pero creo que aquí estamos a falar dun "paquidermosexual" ou "paquisexual", que sona mellor. Resulta que Niño (curioso nome lle puxeron ó elefante) pasa olímpicamente das hembras e incluso demostra un carácter agresivo e... misóxino? (ElPaís dixit)  ante as súas compañeiras. El prefire o calor dos que teñen dúas trompas. Ata aquí nada realmente extraordinario, porque vale, hai un elefante que perde aceite, que curioso, que gracioso, pero non é nada do outro mundo, hai tempo que se documentaron casos de conductas homosexuais entre animais, aínda que eu nunca oíra dun elefante (jeje, non paro de imaxinarmo con camiseta de redecilla e pantalóns de coiro). A polémica ven, como non, da man dun político conservador da cidade, Michal Grzes, que declarou "No hemos pagado para mantener aquí a un elefante gay." Alega que o elefante é un lastre xa que a súa condición lle impide procrear. Michal quere elefantitos. Os elefantes son caros de manter, algo que sabemos gracias ós Simpson e a Michal non lle cunde que non fecunde. Quere vendelo a un zoo máis progre, supoño que ó de Berlin ou Amsterdam. Menos mal que non lle deu por decir que é unha enfermidade e que hay que sacrificalo.

Como era de esperar a comunidade gay de Poznan puxo o grito no ceo na defensa do pobre animal. Según eles non se pode infravalorar ó paquidermo pola súa sexualidade e están a montar unha protesta como só a comunidade gay sabe facer, un festival con música, baile, teatro e pintura en defensa da liberdade sexual que vai durar
oito días coas súas noites. Empeza o 8 de maio por se queredes ir.
Michal cheirou a que se lle viña encima, nestes días de politicamente-correctismo donde os rojos e os masóns gobernan a moral do mundo occidental e tardou menos en retractarse que en rezar un padrenuestro.
"Era broma" declarou. Xa postos a retractarse puido alegar que o elefante supoñía un gran gasto para o zoo e que non era viable mantelo se non conseguía procrear, pero que se faría un esforzo en aras da liberdade. É un político, non lle da para máis. Tamén pode ser que coa polémica Niño se fixera famoso e gays de todo o mundo esteñan facendo cola para velo mentres os administradores do zoo prenden puros con billetes de 500. Case me declino máis por esta opción.

Así acaba esta historia, con un político triste e arrepentido, con unha comunidade gay feliz e festeira e con un zoo cheo de xente. Pero que pensará o elefante? Igual prefería cambiar de aires, ir a un zoo máis tolerante e facerse amigo dunhas xirafas lesbianas. Ou igual está contento sendo o centro de atención da súa cidade. Eu creo que o que realmente quere é que o devolvan á sabana africana, donde facía o que lle daba a gana sen que o xuzgara naide e que deixen de dar tanto polo cú os políticos e os amigos do relativismo e o politicamente correcto.

15 abr 2009

A DEGRADACION DUN POBO

O bon que ten este blog e que podes escribir o que che saia das narices,pois ben, hasta as narices estou,falo por min pero seguro que hai mais xente,da degradacion do pobo de Cervo por parte das autoridades que agora gobernan.Vou ser breve,son varios exemplos:

-A fonte de San Roque,ainda non se sabe se e potable ou non.Como a xente seguro que non o sabia,anos atras,xa non falo de dias e meses,fixeronse analise da auga e non era potable.Hasta ahora,e xa vai bastante tempo,ainda non sabemos se podemos beber dela.NON PASA NADA!

-Nas Quintas,temos un recolector do alcantarillao do pobo,ben,pois despois das ultimas riadas encontrase roto,polo que as augas fecais e demais verten sen control no rio,habendo un olor insoportable.NON PASA NADA!

-No Camiño Real,agora mismo por chamarlle algo,outrora paseo que pdias facer dende Cervo ata Sargadelos,e que era a envidia de moitos turistas,pois encontrase nunha situacion de abandono total.Hai un mes ou asi andiveron talando un monte o borde do paseo,ocupando o camiño coas maquinas,deixando un trozo totalmaente intransitable.E ainda segue asi,unha lamoada.Se queredes ir velo,ta na baixada o Muiño de Pernan.Ademais de arboles tirados que cruzan o camiño no que te tes que agachar nalgun tramo.NON PASA NADA!


-De Sargadelos xa non falo,que pena me da.Que lle podemos ofrecer o turismo!

-Como residente de Cervo,non recordo a ultima vez que pasou a maquina da limpeza polas calles do pobo.A merda cheganos ata os tobillos!NON PASA NADA!

-Que podemos esperar,cando no tellado do mismo concello,ten unha parte levantada despois do ultimo temporal!NON PASA NADA


Seguro que poderia poñer mais exemplos,pero con estes son suficientes para amosarvos o fantastico labor dos gabernantes de Cervo.
Esto solo e de Cervo,imaxinade como estaran o resto de municipio,exceptuando San Cibrao claro esta.
E menos mal que e do pobo que se chega ser foraneo!Bueno algun fixoo mellor e non era nativo.

9 abr 2009

A XOGAR POLAS ALDEAS!!!!!!!!!! (xogador de chica)


Xa se sabe que, en tempos de crise, a intelixencia agudízase...

Aínda que, bueno, tampouco estou en condicións de aseguralo!


Pero divirtámonos, hostia, que a vida son dous días... Chega o reality que fará realidade (valga a redundancia) tódalas túas segredas ambicións...


Por que, ¿quen non quixo pisarlle a cabeza ó veciño da oficina?

¿Quen non soñou con poñer os pés enriba da mesa e, faria en boca, mandar a ese calado, eficiente e aburrido compañeiro de sección a xogar polas aldeas?

¿Quen é o pimpín, aaaaai inúuuuuuutil, que segue a pensar que o traballo é un dereito?


En fin, ¿tes traballo? Considérate afortunado, porque igual te botan, pero sempre che quedarán os teus quince minutos de gloria...


Aquí está SOMEONE'S GOTTA GO (Alguén Ten Que Arrear), lede e tratade de pecha-la boca... esto es mucho chico!!! http://www.elpais.com/articulo/gente/morbo/despidos/directo/llega/tele/elpepugen/20090409elpepuage_2/Tes



AI, AMÉRICA, LA TIERRA DE LAS OPORTUNIDADES...