25 may 2009

SI...QUERO. Hotman

Como moitos de vós saberedes ,este sábado día 30 de maio, hai boda. E dende este blogue, queremos darlle a noraboa ó noso amigo Iago Casas.....si si.....ese rapaz espigado, prematuro home de negocios, que de pequeno era o "Screetch" da pandilla. O primeiro da nosa xeración do 83 en pasar polo altar.
Á verdade é que cando me enterei da nova, pois quedeime totalmente abraiado, pero ó mesmo tempo dixen......bah é Iago, deste home podemos esperar calquera cousa. Pero esto non é todo, xa que tamén vai ser papá. Incrible, pero certo. E ahí si que me quedei pasmado. Noraboa amigo!!
Un rapaz que un día calquera saiu pola ventá da súa casa a voar cuns paxariños, un rapaz que era o campeón do mundo en faltas de ortografía, un rapaz que ós seus 8 anos de vida xa tiña un proxecto de negocios na súa mente, un rapaz capaz de ligar nos armarios da biblioteca do Colexio, capaz de marcarlle un gol ó todopoderoso Viveiro C.F. e na xogada seguinte facer unha cafrada tipo Spasic, capaz de vender un talonario enteiro de rifas para excursión de fin de curso en 2 horas, capaz de romper o fémur a unha altura de 60 cm do chan co seu grito de guerra...GERÓNIMOOOOO!!!!. Un rapaz que foi tomar unha hamburegesa ó McDonalds de París (que romántico filliño)..... e que cando nós estabamos botando as pachangas na praia do torno, el estaba servindo cafés e cervezas no Almacén. Cando nós nos estabamos pimplando en calquera festa universitaria, el abría un negocio, co cal aínda segue actualmente (especialista en paté de cabracho....aínda que eu non o como).
En fin noso amigo.......parabéns, e que che vaia todo ben coa tua prometida e tamén con ese penalti que marcache por toda a escadra. Unha aperta e vémonos o sábado no altar!!
PD: NOn te esquezas de dicir.......Si Quero

"The amablingua" transcrito por Tresillo


The amablingua. Daniel López Muñoz/Irimia


Xa viña sendo time de que el new presidente descubrise the magic solution to the cosa de la lengua no Galician Country.

The solution é o chamado "castrapo enriquecido", al que también chaman "eurocastrapo", "triglosia feijooooana", amablingua, "galcasinglisch" ou, na Galicia Sur, simprelemente "feixoada".

Basically consiste en ser amables. You are moi amable, in such a way que no ofendas a nobody arround. Because the cosa es no imponer, e se ti escolles one language -only one, ollo!- ti andas imponiéndote que nin a milk! So, first asunto: amabilidade, gentleness e, especially, never, never, never, mesmo nunca, fales only in the regional idioma.


The second cosa vén sendo a closing down das galescolas, que finally serán substituídas by "trilingüelas" (not "bi", but "tri"), to properly enseñar the new lengua.

This is, efectivamente, the solution to the cuadratura of the circle: combinar a "soberanía lingüística" dos pais, with the deber of promoting e facer normal o galego, sin ofender a la lengua de Rosa Díaz, and also co obxectivo de trilingüizar aos nenos and little girls.

So, a nai escolle, e choose o que que choose, sempre ficará happy, ya que a súa escolla is included in the eurocastrapo. In fact, this feixoada is the "tres in one", very inclusive and amabilisimo.

At the same time, the Xunta resolverá o "problem" educativo, sen que such a thing lle supoña un quebranto presupuestario. Efectivamente, as a matter of fact, o novo language non ten a very precise normas, and predomina a única and conocida only norma do "tanto ten, ti vai disimulando", que se complementa coa de "never rained que non escampara". Así, the teachers training is going to ser very barrato, barrato, cal carpet of magrebí.And, by the way, if non caíches na conta, este artículo is the first one written in th new idioma. Buena luck and remember o que di the song: non te warrees, be happy, tra, la, la, la, la, la, la, la...

22 may 2009

E FUNME DE BOTELHOM por Tresillo


De cantas imaxes se me quedaron retidas na memoria, nin me acordo...o negro licor café escurece a fráxil materia gris. Pero algo foi real (tan real que aínda o teño no estómago)...esa sensación de vivir un par de días de fraternidade nunha cidade tan maravillosa como Compostela. E é que pasear pola Quintana dos Mortos coa levedade na visión e na conversa ao carón de dous amigos, ao marxe das palabras vertixinosas que leva e trae o soplido da Estrella, déixache esa sensación tópica de que merece a pena vivir só sexa por disfrutar deste tipo de experiencias tan comúns, tan mundanais.

Non sei Sr. Blanco e Xogador da Chica se voltaremos a facer outra igual, pero esta foi moi xenerosa, a vósa xenerosidade. As mangadas poden ser poéticas e esta dígovos eu que me encheu o corazón de inspiración. En fin...tiña que dicilo.

18 may 2009

Si...porque Mario Benedetti...por Tresillo




¿QUE LES QUEDA A LOS JÓVENES?

¿Qué les queda por probar a los jóvenes
en este mundo de paciencia y asco?
¿sólo grafitti? ¿rock? ¿escepticismo?
también les queda no decir amén
no dejar que les maten el amor
recuperar el habla y la utopía
ser jóvenes sin prisa y con memoria
situarse en una historia que es la suya
no convertirse en viejos prematuros

¿qué les queda por probar a los jóvenes
en este mundo de rutina y ruina?
¿cocaína? ¿cerveza? ¿barras bravas?
les queda respirar / abrir los ojos
descubrir las raíces del horror
inventar paz así sea a ponchazos
entenderse con la naturaleza
y con la lluvia y los relámpagos
y con el sentimiento y con la muerte
esa loca de atar y desatar

¿qué les queda por probar a los jóvenes
en este mundo de consumo y humo?
¿vértigo? ¿asaltos? ¿discotecas?
también les queda discutir con dios
tanto si existe como si no existe
tender manos que ayudan / abrir puertas
entre el corazón propio y el ajeno /
sobre todo les queda hacer futuro
a pesar de los ruines de pasado
y los sabios granujas del presente.


Recordo unha fraternal cea entre amigos. Unha noite afable entre conversas cheas de ironía, fina e grosa, viño e mellores viandas. Entre tanto cruce dialéctico de repente xurdíu un monólogo de alguén que posue a extraordinaria capacidade de mimetizar todas e cada unha das peculiaridades da personalidade dos propios e dos extraños. As súas víctimas neste caso foron o que lles está a escribir e o prezado Xogador de Chica. E é que aos dous entre eructos, oprobios, lascivas miradas ás caderas contoneantes da "Muller en la Ventana" de Dalí feita carne e os correspondentes bramidos dunhas bestas pardas en celo, de vez en cando tamén nos dá por falar de o Pacto Social de Rousseau, o Turandot ou a Tosca de Puccini, o soul de Calamaro ou, mesmo os Poemas del Alma de Benedetti. Non é de extrañar que o noso amigo se burlara das nosas aparentes ou non tan aparentes pedantes discusións, cada quen ten o seu (uns co fútbol, outros co tunning ou os bugas en xeral e outros coas rubias de pelo en peito). Sen dúbida foi un exercicio (por certo desternillante) deses que che permiten verte nese valleinclanesco espello para mellor coñocemento dun.
A cuestión foi que, ao marxe dos xestos, a frase que máis repitíu era (imitando ao menda): "
Si...porque Mario Benedetti...". Creo que o chaval non tiña nin puta idea de quen era o tal Benedetti pero quedáralle o nome do mesmo na súa inmensa memoria como reflexo do noso gusto por un concreto autor que nomeabamos bastantes veces.
Pouco despois, no meu blogue persoal, peguei uns poemazos do autor e mostreillos ao mesmo que con entusiasmo se mofaba sanamente das nosas "tertulias literarias". O certo é que penso que quedou impactado pola súa beleza feita simplicidade e por esa linguaxe sútil dunha vida feita de experiencia e pel. Aínda hoxe penso que tén ese poema ou parte titulado "Viceversa" na súa cabeceira do Messenger (algo, neste postmoderno mundo, que trata de sintetizar o teu pensamento ou sentimento ou, por outra parte, se utiliza de cebo para chingar) que dí así
: "Tengo miedo de verte//necesidad de verte//esperanza de verte//desazones de verte.//Tengo ganas de hallarte//preocupación de hallarte//certidumbre de hallarte pobres dudas de hallarte.//Tengo urgencia de oírte//alegría de oírte//buena suerte de oírte//y temores de oírte.//o sea, resumiendo//estoy jodido//y radiante//quizá más lo primero//que lo segundo//y también//viceversa." . Grande este poema como xa dixen, que vale para identificarte con tan fermosa trascripción de emocións contradictorias ou, tamén, para quedar como tipo sensíbel que quere penetrar "emocionalmente" a interlocutora internáutica.

Morreu Benedetti, pero aquí deixa o seu nome para a posteridade, o seu inmenso patrimonio literario feito herdanza universal. Con el van as súas grandes historias de amor e exilio e con el tamén van estas pequenas historias dos seus humildes seguidores que se adhiren á súa obra coa forza irrefrenable das súas brillantes verbas.
Nos hai moito que homenaxeamos a Benedetti sen querer...creo que ningún dos contertulios se esquecerá nunca desta historia e moito menos do autor citado. Hoxe Benedetti xa forma parte dese panteón de grandes escritores universais e a nosa pequena historia forma parte da nosa memoria e da nosa vida como xóvenes que seguramente nos identificamos tanto co poema que dá pé a este artigo.
En fin, von voyage
Benedetti...


CURRÍCULUM



El cuento es muy sencillo
usted nace
contempla atribulado
el rojo azul del cielo
el pájaro que emigra
el torpe escarabajo
que su zapato aplastará
valiente

usted sufre
reclama por comida
y por costumbre
por obligación
llora limpio de culpas
extenuado
hasta que el sueño lo descalifica

usted ama
se transfigura y ama
por una eternidad tan provisoria
que hasta el orgullo se le vuelve tierno
y el corazón profético
se convierte en escombros

usted aprende
y usa lo aprendido
para volverse lentamente sabio
para saber que al fin el mundo es esto
en su mejor momento una nostalgia
en su peor momento un desamparo
y siempre siempre
un lío

entonces
usted muere.





12 may 2009

RECORDOS DE ANTONIO VEGA (xogador de chica)

Na memoria de Antonio Vega (1957-2009), grandísimo músico, grandísimo artista.

Recordo cando merquei con 17 anos o seu disco El sitio de mi recreo, creo que foi a primeira cousa, ou unha das primeiras cousas, que comprei cando cheguei a Santiago. Animáranme seguramente as recomendacións que lera nalgunha revista e o seu prezo porque, para que negalo, estaba case regalado (el nunca tivo, seguramente, o recoñecemento que merecía e que teñen outros músicos, quizáis non sabía -ou non lle interesaba- publicitarse). Cando un ten esa idade, a súa paciencia cos discos (e con case todo na vida) é limitada, ou mellor, nula, e logo de escoitar algunhas cancións das que non entendía nin papa (Se dejaba llevar ou Una décima de segundo), entráronme ganas de tirar con todo. Máis aínda cando escoitei a versión do bolero Ansiedad, porque, supostamente, un adolescente que se precie debía despreciar e repudiar todo aquelo que lles gusta (ou representa) aos seus pais. Menos mal que apareceron Esperando nada, Lucha de gigantes e sobre todo, El sitio de mi recreo, o tema que daba título á colección. Para un chaval tan impaciente e nervioso coma mín, escoitar unha canción tan plena, tan sinxela, tan grande, foi algo distinto. A partir de aí, neses días, fun poñendo o disco case obsesivamente e, pouco a pouco, buscando, preocupándome, aprendín tamén a apreciar a grandeza daquelas outras cancións que ó principio non me agradaban, simplemente porque quen escoitaba non estaba á altura, porque non as entendía. Seguramente, El sitio de mi recreo foi un dos catro ou cinco discos que consolidaron a miña veneración pola música, un arte sen o que non entendería a miña vida, algo que me axuda e dá satisfaccións tódolos días.

Hoxe quixera abrazar e darlle as gracias a Antonio Vega por isto, por tantas enormes cancións, e polas incontables noites nas que durmín amantado por El sitio de mi recreo; as dúbidas e o insomnio quedaban sempre a un lado, deixándolle paso á voz de Antonio, deixándolle paso á calma.

9 may 2009

O LEO i ARREMECÁGHONA, RIGOROSA CRÍTICA DEL CONSIERTO (xaquín luque)

En apenas dúas horas que durou a presentación do "Todos Metidos nun Bote Tour 2009" no Malas Pécoras de Santiago, o cantautor punk Leo i Arremecághona cometeu os seguintes delitos:

1. Xuntou, cual se fose un Pessoa do rock galego, catro personaxes distintos (da familia, iso sí), co único nexo da ironía como vehículo de expresión.

2. Desgranou a política (e a persoa) de Corina Porro levándoa polo camiño da amargura e da ranchera ("Ponme la mano aquí, Macorina, ponme la mano aquí"). A cousa iba ben levada pero o home acabou por quentarse, e optou polo producto nacional para rematar a canción cun estribillo irresistible: "Como baila Corina, cómo se menea."

3. Posteriormente, violou "Te recuerdo Amanda" de Víctor Jara, que pasou de ser unha oda aos obreiros caídos do Chile dictatorial, a "Te recuerdo Borja", un axuste de contas con tódolos chulis que, sen dar palo al agua, levan a churri no M3 que lles regalou papá (los ricos también lloran).
4. Analizou a importante cuestión das infraestructuras galaicas, facendo fincapé na era Cacharro Pardo ("atrapado nunha rotonda estou, e só hai dirección Madrid").

5. Autoversionouse, pasando unha preciosa (por sucia) balada de amor polo filtro de El Sueño de Morfeo ("Y si fuera para toda la vida, y si fuera para toda la vida...").

6. Realizou unha perfecta canción pop sen dicir nada, como era a súa intención, para respectar a tradición do xénero. O estribillo, cómo non, a hostia de pegadizo peeeeero matizado: "lalalalala, lalalalalala, lalalalalala..."

7. Cantou un reaggetón (ño!).

8. E finalmente enarbolou, partindo da base dos Clash, a emotiva bandeira do bilingüismo armónico que tanto gustaba a Fraga e tanto gusta a Rosa Díez. Should I stay or should I go, séase, Meniña ti hasme de disir si quieres que te ande atrás del rabo. Viva Galicia cunilingüe, que dicía o outro!!!

Non sei se alguén dá máis...

Uns minutos antes do concerto lía eu que Pollella vai deixar o pabellón alto a Eurovisión... En fin, chavales, botando peito pa fóra (que non se diga que hai crisis): se queredes cultura, vídevos a Sargadelos.
Ai, que me olvidaba. Se queredes ver un bon par de cazolos, sempre vos quedará a Primeira.