19 jul 2009

NOVA ENCUESTA>>Webmasters


Neste ano de volta á orixe preguntámonos pola esencia da romería. Que fai do Sargadelos unha festa "especial"? Que é o que se repite invariablemente ano tras ano? Será quizais as sesións vermú que non teñen nada que envidiar ás raves de Ibiza? O Lacon Day personificado na camiseta rossonera do escapado? A escaleira danzante do Bosteiras? Votade a que máis rabia vos dé, podedes escoller varias opcións, pero apurade que xa ven ahí a festa.

16 jul 2009

TODOS Á ROMERÍA SARGADELOS 09 "Volta á orixe"

Os días 24,25 e 26 de xullo, celébrase na paraxe de Sargadelos unha nova edición dunha das romerías máis emblemáticas da comarca, a ROMERÍA DE SARGADELOS 2009 "Volta á Orixe" na honra ó Santiago Apóstol. Non faltará a música, o bo xantar e a ledicia que esta festa conleva. Recuperemos a esencia e a orixe do Sargadelos.
Venres 24: I FESTIVAL SARGADELOS FUSIÓN cos grupos:
-Snatch (Santiago de Compostela)
-Leo I Arremecághona (Vigo).
-Mallory (Ribadeo)
-Bytheface (Viveiro)

Sábado 25: Sesión Vermú coa orquesta Acuarela e pola noite concerto do grupo A QUENLLA. Xusto despois QUEIMADA GRATIS a cargo de Xosé Vicente Mon, queimador cervense, e logo verbena coa orquesta Acuarela.

Domingo 26: sesión vermú co dúo Chingla e Salva e pola tarde xogos tradicionais e festa gastronómica.
MONTA O TEU CHIRINGOOO!!!

Organiza: A.C.R. FERVENZA DE SARGADELOS de Cervo

1 jul 2009

Carta ó Alcalde.

Estimado Alfonso Villares , Alcalde do Concello de Cervo.Non Non vou negar o aprecio que che teño como veciño e como persoa. Agora ben ,como Alcalde do Concello e en especial do meu pobo ,que é o mesmo que o teu, xa non sei que pensar, de verdade. Eu non sei si non sabes, ou si non queres. No caso de que non che deixaran ainda sería me parecería máis triste.

Ganache as eleccións, e en Cervo respirábase un eido de entusiasmo.Viña un do pobo.Un criado e mamado aquí, decían os que che votaron, e decías ti para que che votaran. Os que non o fixemos,ainda que decepcionados,tiñamos certa esperanza nese cambio.

Pero sinceramente.a palabra é decepción .Pero non calquera decepción. Unha decepción absoluta.

Cervo está fundido nun abandono que eu non recordo xamais .Empezou o Señor Insua e tu estalo continuando. Aquí non se limpa .Debistes vender a barredora porque por aquí…nin rastro.As cunetas, xa nin se ven…As aceras….é mellor ir pola carretera…A Lobeira da pena ir por ela….No Tablao Flamenco andan as tablas empudrecendo….
O parque da Lobeira xa nin se ve de tanta herba que ten…A fonte de San Roque non se sabe si a auga é potable,si non o é…..amén de que está tamén que da pena…dar un paseo polo Camiño Real é tarefa imposible, pero litealmente.…e ainda encima en pleno Conxunto Histótico Artístico,ainda sen limpar despois de 4 ou 5 meses, pagado por todos e cada un de nón deixaselle purular os cabalos dun privado, con curro e todo…Hai cousas que son difíciles de entender.

De inversións ou sevizos de empaque,xa nin falar.O parque en 10 anos.Ainda que para poñernos uns contenedores e estropear o Souto, facer unha rotonda….(non sei si te parache a analizala agora pero é pa mexar y no echar gota chico…) case é mellor non tocar nada.

Supoño que me queda algo, e non me quero meter en cuestión máis complicadas,como o elevado número de traballadores que hai,que o presuposto está sen aprobar dende o 2007,etc,etc,..e moito menos coa situación que percibo noutros pobos do Concello,xa que son eles mesmos os que deben de reivindicarse e si non o fan,é porque están contentos…..Eu reivindico donde vivo e porque o percivo. Estamos no peor momento en moitísimos anos. Pero con diferencia.

Esta carta vai dirixida a ti unicamente Alfonso Villares, porque considero que eres o único do goberno que pode mirar algo por Cervo,e non o estas facendo. Espero que nun futuro non te arrepintas ,e pases a historia cunha lamentable rotonda no teu haber.


Atentamente.Doríforo.