24 sept 2009

AÍNDA QUEDA MOITO TEEEEMMMMMPO, BORREGOS ESPANHOLISTAS!!! (jogador de txika)

(reproducción muy a grosso modo das cartas ameazantes entregadas aos comerciantes santiagueses pola Gali Porro Borroka, nas que esixían a desaparición nas tendas de souvenirs españolistas, nun prazo de dez días, o dez de setembro do 2009)

Olho que nos quen - tamos!!!

O COMITÉ UNIDO INDEPENDENTISTA DOTADO de ARMAS DESTRUTIVAS INDEPENDENTISTAS TOTAIS OUQUEMECAGONDIÓS (séase, C.U.I.D.A.D.I.T.O.), primo irmán do M. A. K. I., avisa que:

Estamos ata os colhós de tanta afrenta. Non aguantamos máis pasear pola Kapital do Reino e asistir impasíbeis a tanta parafernalia imperialista... caminhamos pola Rúa do Franco, e vemos as tendas de souvernirs; ROGHIGUALDAS, CAMISOLAS DE RULO, XITANOS DÁNDOLLE ÁS PALMAS... imos facer uns cócteles molotov de madrugada ao Vilar e danos unha embolia ao peito, encólhesenos o coraçao naconalista cada vez que vemos, en lugar de potas de caldo, debuxos de cuncas de sangría. E esas camisolas de UNA PERSONA QUE ME QUIERE MUCHO ESTUVO EN SANTIAGO Y SE ACORDÓ DE MI... cagoastaencristo, logo somos nós os radikais!!! son un puto atentado, e o xodido é que a xente mércaas!!!!

Que imaxe estamos a dar fóra? TOURADAS, PAELHA????!!! Non queremos ser vis - tos polos guiris coma un pobo de cavernícolas colonizadores (Madriz). Estamos ata o pikso!!! Acaso ninguén cre na democraza? Visto o visto, vendo que só nós reflexionamos, que só nós parecemos defende - la causa, imos ter que acometer unha reeducación (civilizacóm) das nosas costumes... ficade tranquilos, masa aborregada... isto é, máis menos, coma certos cunnilingus, en principio pesado e impopular, pero logo acabaredes colhendo - lhe o gosto. Para empezar, comezaremos polos pinchos e os vinhos, é dicir, os bares, emblema auténtico de Santiago; olhiño con pedir Rioja, non se vos vaia atrangantar a copa, porque andamos "al acecho"... non aceitamos (de aceite), donos do San Clemente, que repartan con cada canha (de Estrelha, por suposto) pinchos de tortilha; non permitiremos baixo ningún conceuto que se atiborre á becerrada con esa imperialista mestura de patacas, ovo e cebola. Gardádevos de comer banderilhas, porque as podedes inxerir con pauíño e todo... e coidádevos das partidinhas de mus, melhor deijádeas para a clandestinidade, non vaiades ter que jogar ao tute cunha man escaiolada (gagaga)... Que se coiden também os graciosos borrachos de madrugada, a quen entoe a Camaróm podemos meter - lhe unha flor de toxo polo cú...

Tampouco permitiremos que se televisen os partidos da Liga Espanhola... acabouse de chulis! a ver ó Negreira pinchar ao Santa Comba! E, pregámosvolo, non nos obliguedes e rebénta - las vosas caixas tontas; melhor optade por Galhoso e non ponhades os Alcántara porque as podemos tirar polo alcanta - rilhado, gagaga (que retranca dá ser gá - lego). A modo de resumo, banda de molimes que non tedes puta idea das gambetas de la life, a democraza esixe dunha serie de sacrificios, pero serán recompensados... POR UNHA IMAGEM DA GALIZA MÁIS ACORDE COA SÚA NATUREZA... LIMPA, ASEADA, DEMOCRÁTECA. APRETEMOS UN COLHOM CONTRA O OUTRO E SEJAMOS A ENVEJA DE EUROPA... PAGA A PENA.

(Por certo, ja sabemos que eran dez días de margem e non vinte ho, pero moita festa, macho. Venhen os caralhos dos estudantes e na quinta feira parece que tá un obrigado a irse de tascas. Non vos quentedes ho, que as ameazas habemo - las de cumprir un día destes. O NOSSO COMPROMISO É INQUEBRANTÁBEL!!! en canto tenhamos porros na reserva, acómeteremos de novo esta gran tarefa!!!!)

VIVA O VINHO E VIVA A REVOLUCÓM!!! GALIZA CÉLIBE, PODER COPULAR (ATA ESCABEZAR O PIPÍ)!!!