18 dic 2009

TALLERES by Metodista


Dado que moitos tendes automóvil e somos bastantes ós que nos encanta o mundo do motor, déixovos aquí o link para unha investigación realizada por km77.com; por certo, e imaxinando que algúns non saberedes dela, quizais a web de probas máis obxetiva e intensiva da rede.
Dedicádelle un minuto para ficar pasmados, algúns pode que non por primeira vez, vendo un exemplo de estafa vergonzosa á que nos someten os concesionarios oficiales do automóvil.
http://www.km77.com/00/volkswagen/golf/100000km/2009/t09.asp

14 dic 2009

II NOITEBOA INFANTIL

O xoves 24 de decembro a partires das 16:00, a Asociación Fervenza de Sargadelos organiza a II Noiteboa Infantil. Animamos a peques (e non tan peques) a achegarse e disfrutar da programación, que é a seguinte:

-BENVIDA
-XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS (carreira de sacos, púcaros con globos, carreira de ovos con bicicleta e andando, xogo das mazás e xogo do limón mollado)
-CHOCOLATADA GRATUITA.
-CONTACONTOS INFANTIL a cargo de Felipe "O Caxoto Cativo".
-SORTEO DE 5-6 KG DE CENTOLOS.

Haberá música de nadal durante toda a tarde. Animádevos e traede ós máis pequenos da casa. Haberá moitas sorpresas!!!!.
Será na Praza do Souto, polo contrario se chove, será no Pavillón de Cervo.

ORGANIZA: A.C.R. Fervenza de Sargadelos.
COLABORA: EXCMO Concello de Cervo
PATROCINA: Mesón-Restaurante "Os Arcos", Covas (Viveiro)