23 jun 2010

O REGALO DE MEU PAI, NICHOLAS KRISTOF (xogador de chica)

"Cando tiña doce anos, meu pai veu ó colexio e falou na miña clase de séptimo curso. Recordo a sensación de orgullo, a miña escola pequena e situada no rural estaba impresionada pola visita dun profesor universitario. Pero tamén recordo sentirme un pouco avergonzado polo tremendo acento eslavo de meu pai, polas súas orixes de refuxiado, por ser "diferente." Volvo á miña nenez e comento isto porque finalmente me atopo sen pai no Día do Pai. El morreu hai poucos días á idade de 91 anos, logo dunha vida de novela - de devoción cara o seu único fillo.

Os informes sobre a pobreza e os pais ausentes ensináronme que clase de regalo é a paternidade; sei que gañei a lotería da vida por ter uns pais preocupados e cariñosos. Hai outra razón pola cal me sentín en débeda con meu pai, e ten que ver con aqueles embarazosos rasgos foráneos: a súa capacidade para deixar calquera cousa en favor do obxectivo dun mundo novo que dese oportunidades incluso ó fillo dun refuxiado.

Meu pai, armenio, naceu nun país que xa non existe, Austria-Hungría, nun modo de vida que xa non existe. A familia era noble, vivía nunha estancia de miles de acres -e entón chegou a Segunda Guerra Mundial. Meu pai foi apresado polos nazis por exercer de espía para Polonia. Sobornou a súa saída de prisión, pero outros familiares morreron en Auschwitz pola mesma razón. Entón, a Unión Soviética tomou a rexión e absorbeuna a Ucrania, e outros parentes morreron en campos de concentración de Siberia.

Sen un peso, meu pai fuxiu a cabalo a Rumanía pero viu que vivir nun país comunista non supuña futuro nin para el nin para a súa descendencia. Así que foi ó Oeste, nadando a través do Danubio nunha noite sen lúa. Na parte do río iugoslava, foi capturado e enviado a un campo de concentración e logo a unha mina de amianto, e logo a un campamento madereiro. Despois duns anos, puido fuxir a Italia, logo a Francia.

Meu pai deuse conta de que, a pesar do seu fluído francés e a súa formación universitaria, Francia non era lugar para os refuxiados. Incluso os seus fillos non eran considerados franceses de plena condición. Así que subiu un barco e marchou no 1952 cara os EE UU, a que dicían que era a terra das oportunidades - incluso a pesar de que o inglés non estaba entre os 7 idiomas que falaba. O primeiro que fixo foi mercar unha edición do New York Times do domingo, co que empezou a ensinarse unha oitava lingua. Chegou como Vladislav Krzysztofowicz, pero non hai americano no mundo que poda pronunciar iso, así que acortouno a Ladis Kristof.

Logo de traballar en Oregon nun campo madereiro para gañar diñeiro e aprender inglés, empezou a universidade de novo á idade de 34 anos, no Reed College. Conseguiu o doutorado na Universidade de Chicago, onde coñeceu a miña nai Jane, e ós 40 anos comezou unha carreira de profesor de ciencias políticas.

Debido a que nunca olvidou ó que é estar necesitado, meu pai era atento cos problemas da xente. De forma ás veces exasperante. Recolleu a tódolos autoestopistas que lembro cruzarnos no camiño; se necesitaban un lugar onde durmir, ofrecía a nosa casa.

Buscando un eco da súa antiga estancia, meu pai levounos a unha granxa, que equipou con tractores e unha biblioteca impresionante de case 30.000 volumes. A nosa granxa teno todo. Con 80 anos, meu pai cortaba leña tan rápido coma mín. Con oitenta e moitos anos, subía ó árbol máis alto da granxa para fotografiar dende alí os cerezos en flor. Con 90, aínda ía de caza.

Sei que unha vida así de rica é para celebrala, non para chorala. Sei que os seus valores e as súas esperanzas de sobrevivir están no meu tecido. Pero o meu corazón dóese tremendamente. A medida que fun medrando, empecei a admirar e sentirme orgulloso das costumes e rasgos foráneos de meu pai, do seu regalo de inmigrante ó seu fillo. Cando estaba na Universidade, colguei un texto seu na miña habitación:

"A Guerra e os campos de concentración, o exilio, fixéronme odiar as loitas entre os homes, pero aínda non me fixeron perde-la fe na humanidade. Se o home foi capaz de crea-las artes, as ciencias e a civilización que coñecemos, ¿por que se lle debe xulgar incapaz para acada-la xustiza, fraternidade e a paz?"

Nunca lle dixen que colgara aquel párrafo na miña porta. Sentíame incómodo. Agora é tarde, incluso este artículo chega tarde. Así que o meu mensaxe para o Día do Pai é simple: celébrao de forma máis sinxela, profunda e verdadeira que cunha tarxeta. Fala co corazón, abraza coa túa alma. Agora que hai tempo."

13 jun 2010

a disfrutar! (xogador de chica)


El fútbol es grande. Cada vez lo encuentro más grande. Un deporte majestuoso extendido por los cinco continentes que no para de crecer social y económicamente. Una especie de rascacielos o urbanización interminable que adquiere su máxima expresión en el Campeonato del Mundo. El futuro está en su origen, que se renueva cada día sin alterar sus esencias. El fútbol nace de la calle, del colegio, de la playa o del descampado. Eso no ha variado. Una pelota y un par de jerséis a modo de postes de portería bastan para que se desate la imaginación que todo niño lleva dentro. Todo empezó así y todo sigue así. La versión original del fútbol sigue intacta, sin necesidad de subtítulos que la expliquen. Lo único que va variando es la altura del rascacielos, la longitud de la autopista que conduce al éxito, la grandeza de los más grandes. De la calle a los ídolos, el trayecto es siempre el mismo, solo alterado por las condiciones sociales de cada país, de cada continente. Pero la esencia permanece invariable. Primero es el juego, luego el sueño y en algunos casos, muy reducidos, la realidad, es decir, la profesión. Una máxima del fútbol dice que se juega como se entrena y se entrena como se vive. Ese es el aprendizaje, el bachillerato futbolístico. Pero en la EGB del balón prevalece la emoción, la ilusión. En el descampado se aplica el juego largo, en la acera del barrio, el rondo; en la playa, el dolor de tobillos y gemelos, en la portería dibujada en el frontón, los reflejos para detener los zigzagueantes pelotazos. Un aprendizaje natural, inconsciente, que se va uniendo a las condiciones innatas, esas que se tienen o no se tienen y jamás se pueden aprender. Para el fútbol, como la montaña, lo importante es el camino y el punto de partida. Los más grandes empezaron a regatear, a tirar paredes imaginarias, a marcar o evitar goles decisivos en el campo de al lado, en la acera de barrio, en aquel descampado que ahora ocupa un centro comercial o en la playa sorteando lluvia o bañistas. Siempre hay un sitio para un taconazo de lujo o para una costalada contra el cemento. Ahí sigue residiendo su razón de existir.


ERNESTO VALVERDE, ex xogador e adestrador de fútbol.