13 jun 2007

HORÓSCOPO SEUTARIO. xogador de chica


Inicio aquí co permiso de Amarillo S. e esperando a súa colaboración, OS HORÓSCOPOS DO QUE ME IMPORTA A MIN, sección que o flaquito e máis eu, astrólogos de excepción, ambicionábamos desde xa hai tempo. Colguemos a primeira a ver que pasa.

ARIES: Chegou o momento de deixarse levar pola pasión, dirache o horóscopo da competencia. Así, faralo e alégrate, vas triunfar; pero non coa morena de curvas prominentes que te puxo coma un burro o sábado pasado, ligaraste a un camión de 3 x 4 que, aínda por riba, entre polvo e polvo vaiche cargar a caixa con que Mozart era masón ou con que, pese a todo, non se pode dicir que o comunismo fracasou porque ningún dos reximes así chamados na historia respondeu xustamente ó que Marx propuña. Candiós, por que non lle tocaría a Tresillo, preguntaraste. ¿Que a culpa non foi túa? ¿Que ías borracho coma unha cuba? Xa, xa. La culpa fue del cha cha cha.

TAURO: ¿Para que carallo estudias se vas suspender? Xa sabes que levas dándolle á fotosíntesis desde terceiro da ESO e nada, non hai Cristo que a entenda, non a das asimilao. ¿Que podían preguntar a lista de bares da Rúa do Franco con sus respectivos pinchos? Ai, amigo. Os templos do coñecemento e do debate filosófico non teñen espacio nos planos de estudio. Así vai EspaÑa.

XÉMINIS: Economía boyante donde las haya, fundamentalmente por dúas razóns. 1- Hai exames e non saes. 2- tes á xente tan ben amaestrada que non fará falta o xa lexendario abuela, arrea eses billetes que logo dis que coa reúma pésache a carteira. Fai falta dicir que eres un mísero especulador, ladrón pesetero atracador?

CÁNCER: Mentres estudias na biblio, ela aparecerá, tan cañona coma sempre. Achegarase e pedirache os apuntes de Dereito Romano. Sairás todo fostiao para a casa buscalos, olvidando que non rexistrache aquel libro que pillaches no estante. Isto fará soar as alarmas e que se abalancen sobre ti o bibliotecario, os munipas, a hertzantza e máis a Guardia Civil. Co susto caerás polas escaleiras. Non te preocupes, nada grave agás rotura de tibia e peroné e un derrame cerebral na rodilla. Iso sí, ela non te irá a ver ó hospital. E os apuntes pedirallos a Christopher, que por desgracia non é tan sumamente feo coma ti.

LEO: Vida social e sexual lamentable. Igual na economía. Pero alégrate, por unha vez atoparaslle gracia a un chiste dos Tonechos e iso farache pensar: "joder, hai outro mundo ahí afóra." Tirarás do fío e descubrirás as conexións entre a cinta dos Chunguitos da fragoneta e os atentados do 11-m, e que ese Fede Jiménez é un visionario. Que grande o tipo e que cabróns os sociatas kaleborrokistas. Tratarás de contarlle o segredo ós colegas, pero son muy do PSOE de nuestro señor e acabarán por repudiarte. Refuxiaraste nos libros de autoaxuda, que che farán comprender que o importante non é gañar, senón intentalo.

VIRGO: Xa o dice a palabra, tontito. ¿Ou que esperabas? Multiplicación das calosidades das túas extremidades superiores, pero, fundamentalmente, no lado dereito. ¿Sorpresa?

LIBRA: Vida sexual cun 2% T.A.E. de interese. É dicir, que nin sequera engancharás a peli do plus esta semana, tendo que conformarte co erotismo de Localia. Pero non te aflixas; xa sabes que no fondo, o acento sudaca e as declaracións de amor pasteleras póñente cachondo.

ESCORPIO: Sobran comentarios. Non es naide.

SAXITARIO: Verás unha chorbita a hostia de guapa. Imaxinarala contigo, falando das rebaixas de Bershka no marco incomparábel dun café... apartando da cola ós cativos a puñetazos para subir xuntos á noria... comendo os spaguettis a medias, ata acabar nun chucho superromántico rebosante de salsa boloñesa... Pero entón aparecerá o malote. Sí, amigo. Puido ser un amor do montón, pero todo o montón era teu.

CAPRICORNIO: Irás á tutoría para reclamar por ese catro e medio en Pensamento Moderno. Se non é para tanto, só confundin a Descartes con Lutero, pero que carallo; os dous crían en Dios, non???. Terás a sorte de poder escoitar en rigorosa exclusiva a "Charla de Tres Horas Sobre la Decadencia del Alumnado En España y sus Exámenes Lamentables" do profesor Castellanos. O 4,5 non se move. Pa que volvas.

ACUARIO: Como bo mozo, acompañarás á churri a ese concerto ó que tanto lle apetece ir, ese do excelente tenor Federico Granados, acompañado por Ekaterina Dochenko ó piano e Gabriella Dalla Conte ó oboe, quenes nin sequera están boas. O suplicio durará cinco horas, polo que chegarás á casa ás 2 AM. ¿Pensabas foder?

PISCIS: Cagáchela tío, tas namorao; antes de botar o carro de molime tratarás de negala tres veces, pero os seus seos asomarán na túa imaxinación cual visión do paraíso, asomando o lagrimón que e recordándoche esa letra de pasión: I LOVE YOU MI VIDA, I E O. Pero non hai nada que facer; ela sigue enconadísima do pelopincho do León con subwoofer.

12 jun 2007

PARECIDOS RAZONABEIS, VOL. 2.



Aquí estamos con outra nova entrega dos PARECIDOS RAZONABEIS (por certo, seutarios, non vos cortedes á hora de propoñer ou subir parecidos).

Non, non, non é que lle dera ó Rey de Copas pola guitarra; é que simplemente é chantao a Slash, ex de Guns N Roses. Fíxense; pintas de malote, cigarrito e barriguita reveladora dunha dieta rica en proteínas, birras e torresmos... Claro está que non hai color; quen vería ó pimpín este, propagandista dunha vida de excesos, achicar nos cubalibres ó toque co noso heroe... Duraría dez minutiños, nin puta idea.

Seguimos con homes de peso e envergadura... Ahí tedes ao alter ego de Rafa Plas, o grandioso actor John Goodman. Con esos mofletes rubos polas corenta cervexas (logo de seis litros de auga) que bebeu sen conceder nin unha mexada, un imaxínao dándolle as súas sabias indicacións futbolísticas a Chegouohome; cómelle os collóns, agárrao polos huevos, castiñeiro... Monumental.

Por suposto, non poderiamos continuar con esta sección sen recalcar o enorme parecido de Amarillo S. con Juan Tamariz, máis alá do seu maravilloso don (e oficio) da baralla; ese pelasssso, ese narigón, esa sonrisita entre infantil e canalla... Igualiño.

E para rematar, ahí temos ó entrañable monigote de J. L. Moreno Macario, que ten un parecido incuestionable co home das cerveciñas frías...

HALA CHAVALES, ATA A PROXIMA SEMANA.


5 jun 2007

o conxuro


Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.

Demos, trasnos e dianhos,
espritos das nevoadas veigas.

Corvos, pintigas e meigas,
feitizos das mencinheiras.

Pobres canhotas furadas,
fogar dos vermes e alimanhas.

Lume das Santas Companhas,
mal de ollo, negros meigallos,
cheiro dos mortos, tronos e raios.
Oubeo do can, pregon da morte,
foucinho do satiro e pe do coello.
Pecadora lingua da mala muller casada
cun home vello.
Averno de Satan e Belcebu,
lume dos cadavres ardentes,
corpos mutilados dos indecentes,
peidos dos infernales cus,
muxido da mar embravescida.
Barriga inutil da muller solteira,
falar dos gatos que andan a xaneira,
guedella porra da cabra mal parida.
Con este fol levantarei as chamas
deste lume que asemella ao do inferno,
e fuxiran as bruxas acabalo das sas escobas,
indose bañar na praia das areas gordas.
¡Oide, oide!
os ruxidos que dan as que non poden
deixar de queimarse no agoardente,
quedando asi purificadas.
E cando este brebaxe baixe polas nosas gorxas,
quedaremos libres dos males da nosa ialma
e de todo embruxamento.
Forzas do ar, terra, mar e lume,
a vos fago esta chamada:
si e verdade que tendes mais poder que a humana xente,
eiqui e agora,
facede cos espritos dos amigos que estan fora,
participen con nos desta queimada.


Ou como diria Mon:

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.

Orcos, trasnos e dianhos,
espritos das nevoadas meigas.

paxaros, pintigas e cangrexos,
feitizos das pereiras.

Pobres canhotas furadas,
fogar dos vermes e arañas.

Lume das Santas Companhas,
mal do ollo, meigos negros,
cheiro dos mortos, tronos nos faios.
Ladrido do can, perdon da morte,
foucinho doooo…..sapo e pe do coello.
Pecadora cona da mala muller empreñada
vaixo un pesegeiro.
Averno de Satan e Belcebu,
lume dos cadavres ardentes,
corpos desfeitos dos indecentes,
peidos dos infernales cus,
muxido da mar picada.
Barriga inutil da muller virxe,
piar dos gatos que andan a xeada,
guedella porra da cabra mal nacida.
Con este lume levantarei as chamas
deste fol que asemella ao do inferno,
e fuxiran os elfos acabalo das suas escobas,
indose bañar na praia de rueta.
¡Oide, oide!
os berros que dan as que non poden
deixar de queimarse no agoardente,
quedando asi purificadas.
E cando este liquido baixe polas nosas gorxas,
quedaremos libres dos males da nosa alma
e de todo meigallo.
Forzas do mar, terra, vento e luma,
a vos fago esta chamada:
si e verdade que tendes mais poder que os humanos,
aqui e aora,
facede cos espritos dos amigos que morreron,
participen con nos desta queimada.



REY DE COPAS

VENTOS DE CAMBIO>>Amarillo S.


Esta semana toca determinar a mellor festa do verán. Pa qué? se preguntará algún intrépido gilipollas, pois para saber máis ou menos pa cando hai que facer unhas chamisetas para os que escriben e leen por estes lares. Quen decidirá deseño, colores texturas e precios? a ver si entre todos e por medio das encostas chegamos a un punto en común que poida mandar á merda en canto teña unha idea mellor. Partamos da base de que serán negras cas letras blancas. Por que? Porqué son máis sufridas, combinan con todo (que mo dixo o Metodista) e son as cores do Bló. A partir daquí aceptanse suxerencias e insultos que sexan graciosos.

Máis cositas...cal foi a mellor cabeceira? A simple do principio, a da tía espatarrá, a da evolución ou a nova que por certo, é de Sin City. Estaba ben quedarse con unha fixa que se convertira no símbolo e chantala nas camisetas, pero bueno, son temas que teremos tempo de ir dirimindo. A partir da semana que ven farei unha galería de imaxes e vamos publicando posibles deseños, a la par que algunha foto de gorracheras que hai por ahí.

PD: A foto de Pemán é polo título, que non sabía que poñer...

4 jun 2007

PARECIDOS RAZONABEIS, VOL. 1.


Seguimos recuperando seccións olvidadas no ordenata por los siglos de los siglos... Neste caso, inauguramos OS PARECIDOS RAZONABEIS!!! Nas próximas semanas iremos subindo novos símiles (tiemblen!!!), polo momento comezamos cun aperitivo que esperamos que vos guste. En primeiro lugar, ahí temos ese tremendo clon do Bosteira que é Christian Panucci; fíxense que pelasssso, que botamiento de cú pa atráis, e que cara de terribel dramatismo dedica á bola -rápida e cruel- coma se, xusto nese instante de carreira implacábel, o fígado reclamase o pago polos excesos da caldupada de ontes... Chantao!!! Nin sequera a indumentaria é casual, recordando os colores cos que trunfou no mundo do futebol e deu a coñecer, desde Roupar ata Sober, o extraordinario control da gaviota.
En segundo lugar, e sen deixar a familia, presentamos ó irmán xemelgo do excelso papador Cazador de Medianoite... o grandioso Hakim, todo un éxitazo da Cadena Dial que supoñemos que DJ R10 rescatará en breve para as grandes audiencias. Fixádevos que morenassso, que mirada de castigador impenitente, que perilla con falta de calcio... Igualiño!!! Poñédelle a camiseta rosa e a chaqueta blanca (no seu defecto, o chaquetón da Marina), e listo para trunfar en Potatoland!!!
Tamén atopamos ó alter ego do Xogador de Chica! Neste caso, optamos por Claudio Caniggia, o lexendario xogador da selección arxentina. A pesar de non coincidir na calidade futbolística, disputa claramente inclinada polo talento do velocísimo central cervecense, Claudio e Chica´s Player parecen compartir idénticos problemas: a alopecia e a escasa habilidade co peine...
E finalmente, ahí temos a outro pibe, o revoluconario cantautor arxentino Andrés Calamaro. Non me digan que non se parece ó enorme Amarillo S... Nariz con personalidá, orejotas & pelasso e cigarrito en boca... só lle falta botar órdago a pares, que teño un par de cincos pero vaste acojonar. Eh? Órdago abaixo??? Pero ti estás tolo, tío, como ves un órdago a pares? que tes? un trío de cochos?... Joder, é que estás zumbado, se a xoguei de puta madre... Vaite lavar, tío, vaite lavar.

3 jun 2007

OLE ESA MORENA GUAPA===>Sr. Blanco

Aquí queda unha estampa que ven podía estar grabada neses atascos que se producen diante do caseto de copa de non ser por ese acento de despeñaperros p'baixo. Para que logo digan que somos mesóghinos xudeomasónicos. Este video vai adicado a eses sectarios que estiveron ou están subidos a un andamio e profiren estas xoias da lírica mentras comen o bocata. Que vos guste.

31 may 2007

DÍAS DE REFLEXIÓN

HOTMAN

Xa pasaron uns días despois da victoria esperda de Alfonso Pools. Uns resultados esperados por toda a cidadanía cervense.Aínda que días antes ás elecóns algúns dábanse grandes falsas esperanzas. A política é eso, unha creación de esperanzas que despois se veñen abaixo para uns, e cúmprense para outros. Pero ó final todos gañan, e ninguén perde. Os naconalistas están contentos, porque mantiveron o concelleiro, non tan mal!!. Os socalistas tamén están contentos porque tamén mantiveron os catro concelleiros, e os popularios están polas nubes porque volven a gobernar como lles salga das bowlings. Ala... maioría absoluta, que guai, catro anos sin que ninguén nos diga nada. Buf como mola!!!!. Esto es la política.

Creo tamén que Cervo nunca tivo uns candidatos tan "fashions", (made in maderas), coma este ano, refírome claro esta ó novo alcalde, e á socalista, que quede claro eh!!!!. O concello con máis glamour da curva. E punto entedesssss!!!. Porque mirade os políticos que hai pola comarca.....Rock and Rowel por parte de Viveiro, Joselito por parte de Cervo, Laris Theroon tamén por parte do noso concello, na opo, entre outros moitos. Que guai, como mola.

Outra cousa que me chamou á atención foron os programas electorais. Todos poñían case o mesmo (centro de día para os nosos maiores (como dixeron nos mitins), escolas deportivas, melloramento do tema da auga, saneamento, alcantarillado, emprego, vivenda BUFFFFFF QUIETO, QUIETO!!!!, que concello máis wuai. Somo los mejores. E pregunto eu... ¿Dará tempo de facer todo isto e supostamente moito máis en 4 anos??? supoño que nos últimos 15 de días de lixeslatura dá tempo a todo. Pasou sempre.

PD: En fin "puedo prometer y prometo" que este artigo é polo ben dos políticos. Algún blogueiro, e repito, BLOGUEIROO por si non oen, estará pensando que tou metendo baza. Simplemente querido alcalde, que curres por e para este pobo. Por e pola xente. Non como fixo o outro. Como amigo e cervense, non te acomodes nese sillón tan grande. Porque tenta bastante. Un saúdo.

30 may 2007

LA REVOLUCOM LLEGA A LA CORU...QUE MIEDO!!! por Tresillo


Ay, ay...La Coruña, La Coruña! Quién te ha visto y quién te va ha ver!!! A "tomar polo cu" el "la, la, la...de toda la vida!". Y es que los "HOMBRES DE PACO" (I El Criminal de Grande) han salido un tanto traspuestos de las "ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2007"...pobre Conde Duque "Lousada", "vivir para contarla". Porque, "Dios Mío Quirido"...ahora tenemos que pactar con esa orda de bárbaros galaico revoluconarios; con esos patriotas idólatras de la Galiza que nos quieren imponer su decadente, molimeira, tosca y oscura lengua vernácula; con esos bolcheviques separatistas; con esos...con esos,...Ai, Dios Mío! Van a quemar las RojiQueIgualDa's, van a sodomizar la estatua de María Pita con la Torre de Hércules, van a fichar al Bosteira para el Nepotivo, adios Mozart y ahora a aguantar a Ksil Rios y Pili Panplin. ¡¡¡Donde vas Paquiño, carallo!!! ¡¡¡Te nicisitamos!!!

P.D. Por favor...INDEPENDENCIA CORUÑA YA!!!SOMOS UNA NACOM GRANDE, CRIMINAL DE LIBRE Y MOI CRISTIANA DE NUESTRO SEÑOR!!!

29 may 2007

PORQUE VEMOS MOITO HOLIVÚ. xogador de chica


Que gustirrinín dá ver o festival de Cannes, o máis chorbiguay e prestixioso do mundo do cine, polo cal pasaron algunhas das figuras máis rutilantes do universo do séutimo arte... Que categoría, que traxes, que pelassssos!!! Eiquí tamén temos as nosas estrelas, cada cual máis elegante (o letrado Doríforo, o malote Rey de Copas, o vampiro Hiper, o neosociata revoluconario Tresillo ou o neocharrero Luka Poni), pero aínda así nunca pisaremos a alfombra vermella, nin nos darán os anuteles eses a Palma de Ouro (salvo sorpresa por parte de Amarillo S.), nin tampouco escoitaremos a Pe Cruz berrando “Bosteira, Bosteiraaaaaa...” Así que pensei que non había máis remedio que elixir os nosos premios anuais da Academea (Amablita). Animo por tanto ós seutarios e seutarias a elixir ós gañadores vía comentario. Sen máis preámbulos (que clase), OS NOMINADOS SON................

MELLOR ACTOR:
-Tresillo, por... “INOCENCIA INTERRUMPIDA” (como joderlle a vida a unha preadolescente preguntándolle se iso que lle pisache era o clétores.)
-Bosteira, por... “LEYENDAS DE PASIÓN” (ou “Leyendas de Faisán”, no marco incomparábel do Painin Uan Mor...)
-Metodista, por... “EL MÉTODO” (valga a redundancia...)
-Xogador de Chica/Riojaman, por... “LAS UVAS DE LA IRA.”
-Chegouohome, por... “EL ZORRO” (cómelle os collóns, hostiaaa...)

MELLOR PELÍCULA DE FICCIÓN:
-Aquí non hai nominados, esta gáñaa o Rey de Copas sen discusión pola súa extraordinaria “BRAZIL” (que sí, joder, que mo dixeron uns amigos, que hai un 2 x 1, a 150 elorios e aforraron un mes e foron pa aló e...).

PREMIO DE HONRA DO XURADO:
-Tamén indiscutible, vencen Gordoramix e 5ths por “COCKTAIL” (ou “Cubalibrel”, toda a puta vida tras da barra aguantando de vosoutros...)

MELLOR PELÍCULA ESTRANXEIRA:
-“Gallardón” incuestionable para Luka Poni pola inconmensurábel “LA ESFERA” (a onde vas??? esfera, esfera...)

MELLOR BANDA SONORA:
-Arroz con Pito al Escondite, por... “THE LAST DAYS OF DISCO.”
-Os de Sempre DJs, por... “AQUELLOS MARAVILLOSOS AÑOS.”
-DJ R10, por... “FIEBRE DEL SÁBADO NOCHE...” (...con Chimo Bayo.)
-DJ Allá Tú, por... “POCHOLO & BORJA MARI” .

MELLOR GUIÓN:
-Novamente, gañador o Rey de Copas por “BRAZIL” (e danche entradas pá Champions...)

MELLOR PELÍCULA
-Chori & Bosteira, por... “EASY RIDER” (Busco mi destino...)
-Illman Hotman, por... “COWBOY DE MEDIANOCHE” (vou quente...)
-Amarillo S., por... “ROUNDERS” (tío, era unha boa aposta, cincuenta por cento...)
-Barrilete Cósmico, por... “EL PADRINO” (acordaste de cando te levei á casa, que ías chea como unha cadela e non tiñas con quen volver??? Pois hoxe vasnos devolver o favor...)
-Cristóbal, por... “TAXI DRIVER” (e tiña boas pernas a negra???... premio para Sandino, por suposto, como mellor actor secundario).

Alea jacta est porque o magíster dixit... E punto!!! Voten, embusteros e embusteras.

28 may 2007

PERRA VIDA A DO LEÓN>>>Amarillo S.


Ser león xa non é o de antes, corren malos tempos na sabana, antes reinaba tranquilamente entre sestas e bostezos, pero acomodouse demasiado no trono e desatendeu o reino, agora xa non hai un respeto e nin cazar se pode, ideas democráticas afloran nas mentes dos búfalos e xa non están dispostos a soportar máis anos de absolutismo. Baixo as ordes dun cocodrilo revoluconario e un pouco cabrón, están dispostos a alzarse en armas (ou cornos) no que será o maior golpe de estado da historia de África, que non é decir pouco. Este mundo estase volvendo tolo...

22 may 2007

RESULTADOS DA ENCUESTA (máis vale tarde que nunca)>>Amarillo S.


Dixo Gandalf que un Mago nunca chega nin cedo nin tarde, chega cando ten que chegar. Así que se tardei unha semana será por mis razones, que son solo mías.
Oh sorpresa! Chegou o día! Prendede a pirotecnia! Que saia o paiaso! GANARON OS PAJEROS!!!! Si señor, a paradoxa é realidade, a maioría dos desexos quedan nos rincóns máis escuros da materia gris, vendo a luz únicamente nas onanísticas ceremonias do culto á soidade. Cuan mellor nos iría de compartir estas fantasías? Unha pregunta máis para o caixón sen fondo das "sinresposta". O que está claro é que todo un clásico como o trío non merecía menos que un segundo posto con un 29% dos votos. Habería que matizar si algunhas das respostantas son partidarias da presencia doutra fémina no susodito triángulo chingatorio, cuestión ésta verdadeiramente preocupante para os meus colegas rabocolgantes. Seña como fore, se alguén dos votantes xa catou a opción, a miña máis sincera enhoraboa, se facilita dirección enviaráselle unha cesta de froita en recoñecemento a súa azaña.
O do sexo con extraños xa me colleu máis en frío, nunca pensei que chegase á nada desdeñable cuota do 17%, ca de horas que pasei en trenes, clases universitarias, cafeterías e ascensores pensando en que marca de spray antiviolación usaría esa descoñecida de procelosos ollos e senos que cuestionarían a mismísima ley de Newton, sen saber eu que 17 de cada 100 aceptarían gustosas ver os excusados na miña compañía. Que se lle vai facer...haberá que probar máis.
Facelo en público (10%) é unha opción retorcida que me encanta, da morbo, das envexa e pode que che boten moedas en plan "teatro callejero", pero sobre todo paréceme a opción máis realizable (sen pagar) de todas. A ver, non me refiro a baixar ó verde no descanso do Madrid - Barça, pero unha plaia á última hora da tarde ou un caixeiro de marcha é moi factible, todo é falalo.
Por último temos os disfraces (10%), fantasía faciliña entre os parejiles e onírica entre os pajilleres. As mulleres soen decantarse por uniformes, (a erótica do poder é inpepinable, xa escoitei que o Veterinario ta máis potente desde que ostenta...) e nos homes tiramos máis polas xa comentadas enfermeiras, colexialas ou traxes de coiro, sen olvidar a Xena, Princesa Amidala, Arwen hija de Elrond ou Mística dos X-men. O difícil sería que se disfrazaran de algo que non nos poña.
Esto é todo por esta semana, follade ben sin mirar con quen!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!