2 ene 2009

MANIFESTO DO M.A.K.I.: POR UN ESPINHERIDO LIVRE. VIVA A REVOLUCÓM


O M.A.K.I. (MOVEMENTO ARMADO KAGO INNINGUNDIOS) ARGUMENTA, SOSTÉN, CÁGASE EN LA ORDEN ESTABLECIDA, E AFIRMA QUE:



(Á hora de ontes a estas horas)

(Antes de es-co-menzar, un chupito de hérbas polo Ché, por Momede o Vello e por Xil Ríos. As cousas, ou se fan ben, ou non se fan, hostia.)
(Ah, e cuidadito con co-rrixir as fáltas, revoluconarios do mundo a-diante. Nos escrebímos o reintegrata que nos sál da polla. Fal-taría plus.)

É indiscutíbel que Espinherido é unha nacóm. Non fai falla remontarse ó noso glorioso e diferencial pasado, alá cando ruxían sincuentamil almas no Maracaná, cando o centro do tunning (daquela trucaxe) universal era o rancho do MacKi ou cando os viños de moda entre a jet set foránea eran os da Cantina... Nin sequera cremos nece-sá-rio apuntalar o argumento coas enormes potencialidades do nosso presente. Temos bar, temos gasolinera, temos fonte (para as resacas), temos unha recta criminal, temos casa de putas. O nosso carácter naconal e a nossa cultura identitátária segue vixente a pesar das inxe-réncias do asqueroso mundo globalizante (véxase Repsol): só hai que ver á chavalería encherse a viño coma babullos e volver andando e tratándose de usté, tal e como facían os tenros devanceiros; só hai que ver como nos sae do corazón -e dos huevos- a toponimia: en Espinherido, as costas arriba son caminhos chaos. Tampouco o nosso nome é casual, por suposto. Tantos anos, tanta indife-réncia, e seguimos a ser o espinho ferido asoballado, amarrado, prendido e destetado polas centralistas e sectàreas mans de Cervo, ese pobo elixido de carneiros. Máis doe aínda ver como é un dos fillos da nacóm quen manexa os fíos da institucóm que nos oprime, coal Paquito Chocolatero oprimiu a Galiza... Traidor!!! Isto non vai quedar assim!!! A vin-ganza será terríbel!!!


Ante este panorama intolerábel, no nos queda outra que dirixir-nos a vós... Fillos das sete regióms (son máis, pero ¿pasa algo?): o Caminho Chao, as Kasas Nó-vas, O Telhado, o Outéi-ro, a Poltréi-ra, o Caminho Chao, as Patosas, a Cruz, o Rego Kachón, O Veigorro, Trasdorrego, a Pena da Veiga... e irmáns do futuro estádo livre asociado, Vila de Suso... PROFANAMOS ESTE CHEIRENTO BLOG ESTRANGHERO PARA CHAMAR-VOS Á REVOLUCÓM ARMADA CON ESCOPETAS DE BALÍS!!!!


E OS PRESOS A RÚA!!!

Porque somos unha nacóm, porque temos unha economía absolutamente autosuficiente (non a imos ter, coas chicas!!!) e porque temos un pixo que non o merecemos... ESPINHERIDO ZEIVE!!! CAGONDIOS E NAS ZAPATILLAS DE SAN PEDRO!


PORQUE ESPINHERIDO NON ACABA ONDE ACABA A LUMA... QUE VA!!! QUE VA!!! HAI PASCUALÍN PA SEGUIR!!! EAAA!!!!


P.D. Se non é moito pedir (por se acaso se nos acaban os balíns), gustaría-nos que os irmáns da pátria buhrelesa nos facilitasen o número de teléfono do profesional do direito que levou o processo de ceivamento contra a crus de tódolos nosos pesares... Agrade-cidos, che.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Hohohohohoho!

Desde a pátria vizinha, Burela, ofrecemos a nossa ajuda incondicional!

NOM Á OPRESSOM CERVENSE!
AVANTE COM UM ESPINHERIDO LIVRE!

Um beijinho revoluçonário!

Bonita com patacas.

Anónimo dijo...

Eu, coma filho da terra asobalhada, convoco ao M.A.K.I para desviar as liñas do trasformador e taponar as boquillas das mangueiras da petroleira, fontes de enerxía da naçom opressora, ate que a CAS'BRAIS sexa Casa Consistorial.
Esixo aos opressores do Cervo Imperial(recordo que o Xeral en Xefe e o Xuís Supremo do Imperio son filhos do Espinho Ferido, máis que lles pese) o Direito a elixir...porque as xeadas na recta só as aguantamos nos.
PAPELES PARA TODAS!!!E POLILLA É DA NAÇOM!!!VIVA A MULTICULTURALIDADE SECTA DO CARALHO!!!BRASIL, COLOMBIA E RUMANIA, PATRIAS QUERIDAS!!!
ESPINHERIDO INDEPENDEZA JA,JA,JA!!!

Anónimo dijo...

A primeira cousa a fazer devería estar asinada na formaliçaçon de embaixadas e legaçons diplomáticas ante os estados vizinhos. E establecer fronteiras e alfándegas nos caminhos de chegada...proponho que sexa aló polo río Covo a jeito de rio Bravo. Como van a estar recoñecidos os direitos da populaçom? cal vai a ser o status da naçom ante a ONU e a Santa Sede (a dos curas, nom a de beber). Pregolhes aclaraçoms.