31 ene 2007

Musica de culto. By arroz con pito al escondite


Moi boas amigos sectarios comstamos a levar a semana, esperemos que ben, tamán queremos mandar un saudo a esos ateos que estan fora da nosa relixion que polo que stamos a observar cada vez son máis para eles querolles dedicar a canción da sema con moito gusto e a joia clasica que temos hoxe é unha cancion de culto do que vería a ser o noso Bertín Osborne americano, ou o noso socorrista favorito o que sería o bosteira americano tamén, si adivinastelo e DAVID HASSELHOFF, me muero, e o éxito que vos traio hoxe e unha cancion de culto Crazy for you, "Im crazy for you, youre crazy for me
You and I belong together, like the sand and sea
Im crazy for you, youre crazy for me
I will be forever crazy for you
", me meo to, con esta letra tan profunda e con este sonido puro da época dos 80, poderíamolo encasillar en sonido mátame camión, eu na miña lista personal teñoi no number four, nin máis nin menos, e que decir de David, cando nos deixou abraiado coa serie de vixilantes da pia, cando ia correndo a praia de punta a chicote metendo panza e sacando cu (a que me recorda esto), e o lado a Pamela ou a carmen botandolle os seus argumentos para todolos lados como a panza de Mitch, asi que vos deixo que disfrutedes desta perla musical e que a gardedes como se mereze, efectivamente na papelera de reciclaxe, e nn esquezades darlle a vaciar, e para os mais morbosos deixovos o enlace do videoclip, (http://www.youtube.com/watch?v=7vNsDhFaKUk), simplemente ............, bueno un saudo sectario, e para a semana cedolle o posto a xogador de chica que estou ben seguro que me vai superar con creces e nn nos defraudara.

30 ene 2007

CEA DE ENTROIDO


POR HOTMAN

Estase comentando que o vindeiro sábado de entriodo, dia 17 de febreiro, cabe a posibilidade de realizar unha cea sectaria, de confraternidade, con disfraces (mellor) no "CASETO DE COPA". É de agradecer que deixedes as vosas opinións neste artigo. Haber que vos parece.

Estaría ben que veñades todos disfrazd@s (respeto ás respectivas), xa sei de que vades pero.....é igual. Espero que traigades tamén o mais impoortante, o fígado e o estómago estirado. Pode ser unha noite inesquecibel. Icemen trae a cámara!!!!!!. Polo tanto ide deixando esta semana e a que ven, as vosas opinións, temos que avisar a dona do local con 2 dias de antelación.

HABER QUEN TUMBA A QUEN, lévade todos máskara, asi cando llen entredes a unha tia (sexa quen sexa) cabe a remota posibilidade de que caea algo. Elas vanas levar fijo, porque as feas que non suelen papar vanse disfrazar de guapas e van intentar enganarnos, pero nós non podemos caer nesa trampa. Aínda que con 7 cubalibres engánanos "A VENENO", QUE TRISTE!!.

PD: Ánimo cerveciñafria!!!!, que papas unha de 93 anos, ou de 9, quen sabe??????

29 ene 2007

Azul oscuro casi negro


Onte á noite a Academia Española do Cine deu en corfirmar que a película "Azul oscuro casi negro" é un gran traballo. Levou 3 cabezas de Goya, por mellor actor de reparto(Antonio de la Torre), mellor actor revelación (Quimm Gutierrez) e mellor dirección novel(Daniel Sánchez Arévalo); realmente merecidas.
É unha película distinta dentro do panorama español, fai reflexionar sobre da vida que asimilamos. Esta especie de traxicomedia fai rir pero ó mesmo tempo reflexa moitas das miserias humanas, temores ocultos e tabúes case infranqueables.
Dende a miña opinión é unha película moi recomendable, que a pesar de non ter unha campaña de marketing enorme ás súas espaldas(tal como Volver ou Alatriste) non precisa de outra publicidade que non sexa o seu bon guión e realización.

Animádevos a vela, ainda que sexa descargada de internet. Por Sr. Blanco

TRES CHALADOS Y MUCHAS CURVAS. by xogador de chica


A cousa foi seria. Son as 7 pm e camiñas cara o Almacén, o bar de tódalas túas tardes. Case es capaz de dicir o que alí estará a pasar sen entrar, desde fóra...
Probabelmente, Quentacaldos estará tras da barra dándolle chuchos á botella de Carlos III mentres canta a "Los Pecos"; Val Elo fumará unha faria e rajará do Barça aínda que estea vendo unha peli de Van Damme; YaFrua e Rafa Plas, seguramente, situados nunha esquina, analizarán murmullo a murmullo a actualidade futbolística mariñana; na partida de tute, coma sempre, as hostias flotarán no ambiente (aínda que ó final nunca pasa nada, quizáis porque Val Elo esperta dunha sesta de dez minutos na silla e nese mesmo intre emite un xuízo indiscutíbel sobre o xogo: "tiñas que haber arrastrado...", e quen llo rebate???); tamén andarán por ahí Fashion e o Montón de Óxido, Tresillo e Hotman no billar, e Levotodaavidaescapado lendo marabillado "El País de las Tontaciones" (agora Ep3)...

Pero vaste achegando e oes ruído... Estás máis preto agora e... mecagon...!!! Soa "Carabirubí", ese clásico atemporal do Fary. Antes de que abras a porta, o cristal racha en pedazos (xa o veredes, que botará uns cantos meses así), metáfora perfecta do que se aveciña... E cando abres o poxigo...

As frases son: "Aboio", "Miña nai querida", "Pero que comedia é esta???" (excepto un benquerido veciño cervecense que dixo, "Aínda habemos de poder foder hoxe...") A imaxe é surrealista. Un carro de people criminaaaaaal, as luces semiapagadas, a música a todo meter, e unha pila de vellos (sobre todo vellas) dándolle a cacha ó compás de pasodobles de ayer, hoy y siempre (co xa habitual DJ destas ocasións, o home de fígado sen fondo)... Toda unha sesión vermú das festas de Penas Agudas no noso benquerido bar!!! Pero a cuestión non é tan sinxela, pois no medio das respectabeis señoras (que confundiron o Almacén co Centro Cívico de Cangas ou o Rosalar), había un grupo de papadores impenitentes!!! Entre eles, Cerveciñafría que a piques estaba de por en práctica o baile da pixa (consistente en (re)percutir -que diría un amigo- coa rodilla nos lugares máis recónditos da anatomía feminina) cunha señora que recorda a Fraga cando era novo; ChegouoHome, que, demostrando a súa variedade de rexistros (recordemos como se move no Oasis no medio das féminas prometedoras da night burelesa), miraba con ollos de desexo a unha cuarentona de branco que saíu viva dalí de puto milagro... (probabelmente, porque o Home da susodita andaba por alí e era demasiado grande para que o noso heroe se plantexase discutirlle o título); e Charlie, que cansado de que todomariasantísima lle negase ó seu querido Bolipo o Balón de Ouro, optou por mover as cadeiras en vista dun posible éxito cunha venerable muller que debeu criar cinco netos coa cartilla de racionamiento... As mulleres, encantadas de estar alí coa juventú, miraban de refilón os apolíneos galáns, pensando "ay, se te pillara cando non tiña reúma..." Os xogadores do Sanrro, que viñan de celebrar unha victoria épica contra o Folgueiro, aprendían as artes de seducción (destas tácticas debías escribir, Tresillo) destes tres fenómenos.


Dicía nun artigo meu ben prezado Doríforo que sen este mítico bar non seríamos ninguén... canta razón!!! e é que no Almacén... non se para!!!

SUZUKI CERVO By: Amarillo S.


Nas miñas longas noites de insomnio, á parte de traballar, tamén fago o parvo un pouco argallando en intelné, e a veces atópome con cousas curiosas. Este é o novo Suzuki Cervo, que sale ahora á venta solo para o mercado xaponés. Paradóxicamente, é un coche pequeniño pero resultón, os seus 60 cv, da versión máis potente, hai que tocarse os güevos, parecen berrar: O tamaño non importa! Expresión moi defendida no noso ben querido pobo. Hai que suxerirlle á marca nipona que a versión de luxo leve o sobrenome de "Espiñerido", e xa me imaxino ós adictos ó "Patatunnig" facendo cóla para comprar a versión "Bidueira", que sería a máis Sport. Para cando o "Nissan Ferreira do Valadouro"?



PD: Como salga no Gran Tourismo deste ano, colgámolo na parede dos Grandes Logros, entre o Total Club Manager no que sale Doríforo e os premios de poesia de Tresillo.

28 ene 2007

SOMOS UNHA SECTA? By: Amarillo S.


Nas últimas semanas, dende a creación do blog, hai unha palabra que se acomodou nas bocas de lectores e redactores. SECTA. Unh@s utilízana despectivamente e nós acuñámola con orgullo e dous collóns. Pero somos realmente unha secta? Dice en Wikipedia que é "desde el punto de vista sociológico, un grupo de personas con afinidades comunes (culturales, religiosas, políticas, esotéricas, etc). Habitualmente es un término peyorativo". Pois a verdade é que si somos un grupo de persoas con afinidades culturais e ata con rituais propios, como facer Queimada en todas as celebaracións, ir andando á Maruxaina ou ver o veneno pa estrenar o fin de semana. Pero para ser unha secta debéramos ser un grupo pechado, cando contamos con amigos pataqueiros, pixíns, orensinos e ata madrileños que acostuman saír con nós.
Ahora pregúntome porqué somos unha secta? Aquí as razóns son dignas dun estudio xenético e antropolóxico, porque, aproximadamente, o 85% da prole cervense que viu a luz entre 1975 e 1986 naceu cun pan debaixo do brazo e cun pixo debaixo do ombligo. A abundancia de varóns, o que científicamente se chama "Nabus Campis", podería ser unha explicación á falta de relaccións e ó éxito da Luma, púidose por fin a esta situación se no concello fixesen caso das múltiples demandas dun autobús cheo de suecas, que noutros pobos deu resultado. Ante a eminente falta de féminas, as chamadas "xeracións perdidas" dedicaron os seus esforzos e enerxías a outros menesteres máis productivos, fundamentalmente beber Johnnie coma si se fose acabar.
A miña conclusión, que non é definitiva, é que pódenos chamar secta, grupo ou naçón, pero nós seguiremos sendo un amplio grupo de amigos ós que lla suda o que pensen os de fóra.

Precisamos de ti


Ata os meus oídos chegou o rumor de que este ano coincidiran as romarías do Sargadelos e a do Monte Castelo. Non sei se isto é certo ou non pero por si acaso eu dende aquí propoño que este ano a organización do Sargadelos corra pola nosa conta, tratando de que haxa o maior número de asistentes, xa que esta coincidencia temporal paréceme unha falta de respeto cara a romaría por excelencia do mes de xullo. Espero que opinedes sobre esto e que saia algún proxecto interesante. Vamos facer algo no noso pobo!!!!!!

Por Sr. Blanco

25 ene 2007

GALEGOS OF THE WORLD... DEFINÍDEVOS!!! xogador de chica


A esas horas da noite, Farruquito excusábase na tele. Que sí, vale, que atropelei a un tipo nun paso de cebra, veña... Que conducía coma un tolo? Sí home sí, se nin sequera tiña carné e incluso me dín á fuga, jua, jua, jua... Non é gracioso? Pero é que eu, con este pelaso que gasto, creo que teño dereito a pasarme polo forro dos collóns a Pepa, a ONU, a Gómez de Liaño e o código penal enteiro... entendes??? Que fun á cárcel porque quixen eu, que se entere tododiós.

Pero este non é o caso ó que vou referirme. Resulta que, mentres vía cun ollo como Farruquito estaba a piques de explicar a nova “prepa” que lle fixo ó coche, lía co outro a edición galaica de “El País” (que naconalistas estamos todos agora que gobernamos “en Bloque”), e atopei unhas verbas realmente inspiradoras que me fixeron ve-la luz; o gurú en cuestión era Don Xosé Ramón Barreiro Fernández, presidente da Real Academia Galega. Falaba dos sinais de identidade do pobo galego, referíndose á lingua: “non é a única (diferencia), pero sí a máis importante, a máis visible; é a fronteira simbólica, porque nos permite saber os que están dentro da FORTALEZA e os que están fóra...” Tamén falaba doutros elementos que nos fan distintos ó resto; “un folclore propio, uns usos e costumes, unha forma de entende-la vida, unha forma de entende-la morte...”

En tempos de galeguismo "light", Barreiro deu coa clave; posiciónate, estás fora ou non da FORTALEZA? A partir de agora, teño claro o meu obxectivo vital; axudar a marcar as diferencias, determinar o paso ou non cara a nosa heroica e inquebrantábel muralla numantina (que non se me enfaden, é so un adxectivo)... galega (por suposto!!!). Para iso, elaborei este humilde cuestionario (que falades galego dámolo por suposto, considerámosvos intelixentes...):

FOLCLOR: Prefires as cancións dese negro fumeta que só se duchaba os días de eclipse de sol, Bob Marley, ou defendes como un home (galego) os temazos atemporais de Montse & Luís Queimada???
-Elixe un tema: 1) “A laranxa foi á fonte”, monumental cançao da nosa compañeira de blog, Uxía. Ou 2) Yesterday, balada melodrámatica dese grupo de chuliweys ingleses que tiñan por batería a un tipo con nome de can e pelo de Mazo Legs.

USOS E COSTUMES (ex. SOBREMESA): Antepós a trapallada esa da pizza margarita ó sublime e con maiúsculas Cocido De Lalín???
-Cervexa alemana ou Ribeiro (Albariño)? Non me veñades coa Estrella Galicia, estamos nunha situación dramática e non hai términos medios.
-Lava-los dentes ou escarbas co palillo como as persoas decentes???
-Café, chupito e faria ou Chester e a mariconada esa da infu relax???
-Para rematar; practicas o xogo castelán e centralista do Mus, ou o auténtico, xenuino e noso, tute????

FORMA DE ENTENDE-LA VIDA: Que figura foi historicamente máis importante, Nelson Mandela ou Xosé Manuel Beiras???
-Prefires os monólogos de Quique San Francisco ós do heroe da nacóm Carlos Blanco, que nos fai rir á par de limparnos a cabeza de parafernalia?
-Cambias a auténtica Biblia do entretemento televisivo que é “Luar” polo puto pimpín ese de “House”, que vai de guay e aínda non probou o licor café???

FORMA DE ENTENDE-LA MORTE: O enterro; 1 cura ou 7? Con plañideiras ou sen plañideiras?

En fin... Defínete porque, na FORTALEZA, non queremos galegos “a medias”; só pura raza.

HOMENAXE A BARRILETE CÓSMICO: FEO, FUERTE Y FORMAL by Doríforo e Tresillo


Así dí a canción noso ben querido amigo Barrilete Cósmico: "No vine aquí para hacer amigos// pero sabes que siempre puedes contar conmigo. //Dicen de mí que soy un tanto animal, //pero en el fondo soy un sentimental. [...]Mi fama me precederá //hasta el infinito y más allá. //Y vive Dios que escrito está: //“Si doy mi palabra, //no se romperá”.

Hoxe, logo dunha comida tipical universitaria, trais unha molladura criminal, sentados no Hall da facultade de Dereito, vendo a unha vacatroia e cen mil e unha meneando a merda (Hotman dixit cando vai coma puerto), reflexionamos sobre unha "rara avis" papadora e, indo un pouco máis alá, quedámonos coa imaxe dun ser que vai máis aló de épocas, estilos (teño barba espesa porque me sube dos pelos dos güevos) e modas (que me importa a min poñer un chaleco mil rombos laranxa, non tes puta idea!!!). Un ser ao que non lle importa se estás ou non estás ou deixas de estar, o importante é que el está e xa está, e si queres ben e si non tamén, e punto, entendesss!!! Un ser superior, un verdadeiro papador que papa cando quere e senón papa e porque sabe que te vai papar tarde ou cedo, sabe que lle tes ganas e non hai solución. Un home ao que tanto lle dá decirche que non como que si, pero ao final e que non e xa está...eu teño razón porque me sale dun collón...e mil duros,... apostas?. Que ten os santísimos de discutirlle a ese novo Joaquín Luqui da life (logo de quince cubalibres no lombo)que é o Xogador da Chica que, Calamaro é un puto pringao e que coño de Soul toca ese mamón, que donde van os negros ostia! e onde están as gordas do coro, que non tes puta idea, inorante!!! Logo, claro está, toma outros oito cubalibres (xa van vinte e tres cubalibres e que pasa, aínda estou sereno, non valedes pa nada...merda de auga de garrafón, coño!). Ese gran home, que nun apaixoante derbi, cheo de emocións e sentimentos contrapostos e capaz de xogar 15'' e 2 décimas e logo cambiar o sino do partido e ser o máis chulo do campo tras facer un amago de saída e tropezar co terrón dunha toupeira (chaval, que foi un quiebro, non o viche, non tes puta idea!). Un animal de corte que non move as caderas, nin as cexas, nin parpadea, que che mira as tetas e non te enteras, e as nenas dicen, joder, que morbo ten o cabrón!como baila!como mantén o tipo!este é un macarra criminal!como me gusta!. Efectivamente, ademais é o rei das camas, como Lorenzo Lamas!!!entendes...ante o estupefacto e incrédulo Chorizon Driver, o chaval lúcese sen fardar, porque vai sobrao (o pringao que cambia 325 veces de marcha en 200 metros pregúntase. ¿pero que ostias lle ven?). O chaval é un gran traballador; o seu lema é: "cando el pene mingua, adelante con la lingua"; é un autónomo do Sexo!!! Un ubre sesoal, que nin gimnasios, nin parrandadas de solariums,...el sabe que o queixo con membrillo e os callos de Figuerido son o maná que che fai brillar aos ollos das hembras necesitadas de corpos reais e non de molimeiros cheos de marcas na barriga e nos brazos, ademais de dúas pintas brancas no cú a onde o salarium non pode chegar!!! Que carallo é iso da depilación, unha parranda, hostia!!!
Pero ao marxe desto, e enlazando co comezo do artigo, meu querido Barrilete Cósmico, eres un dos mellores homes que conocemos. O teu misterio, que nin Friker Giménez chega a comprender, é para nós un estímulo vital...macho, de verdade, esto si que non é ironía, QUEREMOS SER COMA TI!!!!...(o Chorizon Driver tamén, máis que lle joda). Contamos sempre coa túa incodicional lealtade e sinceridade, (poñer como exemplo aquel gran día onde expresaches a proverbial oración: "Si..., esto non vai quedar así...esto vai hinchar" ou, aquela outra "vaicha papar, e tes suerte porque puido ser Amarillo S."). Sabemos que nunca, xamais, te morderas a lingua, porque eres un Loquillo, un House de la life, un Ximénez Los Saints pero con corazón, o paradigma perfecto do HOME QUE ME IMPORTA A MIN...(a túa vida de chuliwey e a merda esta de cubalibre da garrafón que estou bebendo).
Queremos decirche que te queremos, apreciamos e idolatramos. Que eres o puto boss, o home que rompe toda regra prestablecida, o home ao que non hai ovarios a cuestionar porque pode máis o desexo e a paixón que espertas nas mulleres que calquera outra cousa (nena mete as chaves no peto, que tuven que cubrir a Villagol durante 15'' e 2 décimas e non poido cos collós, ademais, teño que madrugar para serrar un cacho de madeira e facer unha "O" cun canuto pa un traballo da escuela, entendesss, nena!!!). Eres ese xenio que non ten puta idea de xogar ao tute, nin ao mus, nin ao billar,...e sen embargo, eres o mellor, porque gañar ou perder contigo é sempre unha derrota...como non quererte, macho?En fin, noso admirado Barrilete, xa nos tarda verte e disfrutar da túa sabiduría, porque aínda sen decir nada expresalo todo...ERES FEO (SOBRE TODO CON BARBA E COS CALZONCILLOS DE DELIA), FUERTE (CADA VEZ MÁIS) PERO O TIPO MÁIS FORMAL DO MUNDO...ESO PARA NÓS É O QUE CONTA.

AMARILLO SLIM by Amarillo S.



Amarillo Slim


Con su sombrero de cowboy y sus botas texanas personalizadas con su nombre y los cuatro palos de la baraja, Amarillo Slim es uno de los mejores jugadores de póquer de la historia –ganó el evento principal de las Series Mundiales de Póquer (WSOP) en 1972.


Faltaban sólo unas horas para que diera entrada el año que sacudió los cimientos financieros de todo el mundo cuando vino al mundo Thomas Austin Preston Jr. El 31 de diciembre de 1928 en Johnson, una pequeña ciudad situada en el estado de Arkansas, nació el que luego sería conocido como Amarillo Slim, la localidad texana donde ha vivido desde antes de cumplir el primer año de vida. Dicharachero, irónico, inteligente, aventurero, orgulloso y algo cínico, Amarillo fue un gran maestro del billar y de las apuestas antes de desviar su atención hacia el póquer, deporte que tardó en dominar pero que entendió a la perfección. Nada tenía sentido para “El delgado de Amarillo” si no había unos dólares en juego y no había apuesta perdida para él. Cuando aireaba un fajo de billetes lo hacía para engordarlo. Es conocido por sus apuestas personales. Apostó al ping-pong jugando con botellas de coca-cola, apostaba a que podía coger treinta personas al azar y que dos coincidieran en su cumpleaños o por el lugar donde se posaría una mosca. Su charlatanería -aplicada a dirigir la conducta emocional del que quisiera escuchar- hacía que todo el mundo quisiera apostar contra él y derrotarle, perdiendo el control. Esta habilidad la trasladó después al póquer.
Dedicado ós que se preguntaron algunha vez por que escollín o meu nick, creo que queda claro. O artigo é da revista "Póquer" e di pouquísimo, pero tranquilos, están rodando a peli con Nicolas Cage.
PRÓXIMAMENTE: Desvelaremos o nick de...........TRESILLO, con fotos e todo. jejejejejejejejeje.

24 ene 2007

PAZ E UNION

Primeiro saudar os meus compañeiros Pedro Pico y Pico Vena que traballan no mesmo barrio, besos na ingle guapos e saudademe sempre.

E agora vamos o grao. Estou observando que este blogg esta creando tensios entre os dous sexos, o dominante e o femenino (guapiñas gardade as navallas que era broma).

Preciosas escoitademe un momentiño (non vos roubarei demasiado tempo na vosa loita de sexos), non vos tades dando conta da profundidade real deste experimento sociolóxico que e o blogg. Esta conseguindo algo que vosoutras nunca lograriades na vosa vida, o simple feito de que por un instante esteñades todas unidas e defendendo a misma causa. Eso e increíble!!!!.

Tades desmontando a miña teoria de que duas mulleres non poden ser amigas nunca, non por nada en especial si non que e pura xenetica.

Douvos un par de exemplos do que vos quero dicer:

1--Lembradesvos dese anuncio televisivo duna crema da cara, no que unha muller tras usar dita crema chega o choio e todos os homes lle din que esta moi mellorada e guapísima(con razon), e as fantasticas compañeiras de traballo con esa cara de falsas dinlle “....uf que te paso hoy que traes una cara horrible....” que falsedad se deixa entrever nesas verbas. Nos non temos ese estilo de atacar por detrais, somos mais simples directos e sencillos, poque non, que baixo o meu humilde punto de vista e moito mellor.

2—Os vosos grupos de amigas inseparables, ¿porque que cando sodes novas e mais numeroso e o pasar os anos van a menos? e pouco a pouco incluso deixades de falarvos, non o entendo. Nos e o reves somos como o xabarin club cada dia somos mais. Temos unha mistura de xeracios que vai dende os corenta anos ata os vintepoucos, e vamos a calquera lado xuntos e que me importa a min.

Bueno pois o punto nº2, e o exemplo do anuncio, reflexa a vosa realidade, a cal me estades desmontando tras ver a vosa union neste blogg.
Xa acabo porque tou sudando de tanto escribir, logo me parezo a tresillo pero sin frases superfeitas, palabrexos, sinónimos sacados de paxinas da real academia galega..... (TUXÉ TRESILLO), Felicidades señoritas e que vos dure.

P.D. Tresillo sabes que e dende o cariño sigue asi.

Clara de noche

CANTEMOS TODOS XUNTOS E PELILLOS A LA MAR

En una noche de luma
con el ritmo de esta cumbia
con el calor de tu cuerpo toda la dulzura.
yo siento en tus besos

Con esa brisa tan suave
de acariciar tus cabellos
siento en mi pecho golpeando
el amor que a llegado
y que grita te quiero
te quiero amor.

luma luma luma
tu sabes que la quiero
luma luma luma
Yo sin su amor me muero
luma luma luma
tu sabes que la quiero
luma luma luma
yo sin su amor me muero
me muero por ti mi amor.

Firmado: Pedro Pico y Pico Vena. (Saudos a coleguilla de curro Clara de Noche)

23 ene 2007

¿QUE TERÁN OS CHULIWEIS? por DORÍFORO

LEVO TEMPO TENTANDO ANALIZAR O COMPORTAMENTO DESTE TIPO DE RAZA E O SEU ÉXITO SOCIAL.¿QUÉ TEÑEN?¿POR QUÉ A SOCIEDADE E EN PARTICULAR O SEXO FEMININO OS VENERAN?¿DE QUÉ FALAN?A TODAS ESTAS PREGUNTAS LLE TENTEI DAR UNHA RESPOSTA.
O PRIMEIRO QUE AFRONTEI NESTA MINI-TESE FOI CONCEPTUAR O TERMO CHULIWEI QUE TENTA DAR RESPOSTA A ESTAS CUESTIÓNS....¿QUÉ É UN CHULIWEI?POIS BEN MEUS QUERIDOS AMIGOS,UN CHULIWEI É TODO AQUEL......QUE "ES MOITO TIO"!!UN GUAY EN TERMOS XERAIS,UN FUTBOLISTA MEDIOCRE DA PRIMEIRA REXIONAL,UN BECKAM DE PUEBLO,UN TIO DE ENORMES CONVERSACIOS FILOSÓFICAS,FLIPAS, O VALADOURO QUE VAI DESCENDER TIO!!UN MILEURISTA QUE VIAXA VER MUNDO A BAQUEIRA BERET,OU SEXA Ó ALTO DO CADRAMÓN CUNHA TABLA DE SNOW QUE LLE FIXO SEU ABUELO PO SEU CUMPLEANOS,UN HOME QUE LEVA AS RENDAS POLÍTICAS DO SEU POBO,ORGANIZA O FÚTBOL PLAIA PA QUE SE VEXA QUE TEN UN PELASO CRIMINAL (VALE PI......,VALE...BUUUUUUUUUUUUUUU.....),UN HOME PLURINAZONAL,UN NEJOCIANTE DA NOCTURNIDADE,UN RELACIOS PÚBICAS CAPAZ DE TER ENCANDILADO A ESAS VELLEZAS QUE EMIGRAN DA SÚA ALDEA PORQUE OS VECIÑOS SON PUROS ATAPUERQUEÑOS QUE AINDA USAN TAPARRABOS E CAGAN NO GALIÑEIRO.PERO AMIGOS UN VERDADEIRO CHULIWEI É AQUEL QUE É CAPAZ DE POÑER UN CONXUNTO CALZONCILLOS CAMISA DE TIRAS ABANDERADO(e eu ríome cando vexo poñerllos a meu pai cando se viste pa ir á misa..),SUBIRSE A UNHA BARRA DUN PUB E CANTAR Ó UNÍSONO COS SEUS COLEGAS "eres uuuuuuuunnnn canallaaaaaaa no quiero ser tu ammmmmmmmmmmiiiiiiigo pero que te has creiiiiidoooooooooooooo....."entendessssssss.
PERO QUEDAME UNHA GRAN DÚBIDA...UNHA PREGUNTA Á QUE NON LLE ATOPEI RESPOSTA...HABER SE ME AXUDADES...¿DE QUÉ FALAN OS CHULIWEIS?UMMMMMMMMMMM...¿DE QUÉ CARALLO FALARÁN OS CHULIWEIS....?...¿FALAN OS CHULIWEIS?
E INDO MÁIS ALÁ ¿OS CHULIWEIS NACEN OU FANSE?SERÁ CAPAZ MOGO ALGÚN DÍA DE SER UN CHULIWEI?¿CHEGARÁ ALGÚN DÍA OICHEEEESSSSSSS A CONTARLLE AS SÚAS INTERMINABLES VIVENZAS ÓS CHULIWEIS?¿SERÁN CAPACES AS SÚAS SUPERFÁNS(GLOBO INCLUÍDO)DE DEFENDELOS EN DOLCE VITA?EN FIN..¿CHEGARÁ ALGÚN DÍA HOTMAN A SER UN MACLAUD?SON CUESTIÓNS QUE SÓ O PASO DO TEMPO LLES DARÁ RESPOSTA...

P.D. ESTA MINI-TESE ESTÁ REFERIDA A TODOS OS CHULIWEIS DO MUNDO,CUN AMPLO TRABALLO DE CAMPO QUE ABARCA DENDE A CORUÑA ATA FREIXURFE PASANDO POR PENAS AGUDAS.NON SE REFIRE A NAIDE EN ESPECIAL ,SENÓN QUE SE TENTA FACER REFERENCIA O COLECTIVO CHULIWEI.

P.D.2UN SALUDO PELASSSSSOOO!!!ES MOITO TIO!!!!!BUUUU PI... BUUUUUU!!

Novos valores. By Arroz con pito al escondite


Moi boas queridos sectarios, hoxe vouvos deixar outra perla musical, pero desta pasei de colle-la máquina do tempo para acordarnos da canción e vamos ir coa memoria hasta este verán, eles son dous irmáns gaditanos e é o seu primeiro disco, cun tema verdadeiramente desgarrador "Puede ser", unha canción que fala do desamor con estrofas que che fan poñer a pel de galiña coma : "Que decir para que seas feliz.Fingire creer que eres asi..con tu cara de niño bueno haciendome creer que no estas mintiendo.Pienso en lo que estoy sintiendo y siento lo que estoy haciendo ...Y mañana saldras de mi cama sin haberme dicho hasta mañana....Que separe el tiempo si ese es mi castigo.Pensar que el dia amanece y que no estoy contigo... Besame,mienteme...Dame tu falso calor.....", así que non a propoño como canción da sema senon que vos quero decir que será unha canción como no seu día quedaron para o resto dos tempos temas como o Yesterday dos beatles, With or whithout you de U2 (para Chinosukebaja), Give it Away dos Red hot, (para Barrilete e Levo Escapado Toda a Vida) ou quizas tamén poderiamos incluir o sempre imcombustible Satisfaction dos jurásicos Rolling (Para xa sabedes quen) e como no incluir o tamén Mira que has hecho de mi vida de Platon (Para Xogador de Chica e Tresillo), só decirvos que sara e a primeira vez que lle da a cancion (ou ó menos intentaoi) e Kiko xa ten máis callo era a cabeza visible e voz dos Caños grupo de masas de quinceañeras do noso pais, para que vexades que tamén nos acordamos das lectoras do noso blog, cantas fustes facer cola a Mondoñedo para podelos ver en primeira fila, e poder ornear con eles esa mítica canción de "niñaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa, dulce niña............." con posta por David of Mary.
Bueno hai vos queda hasta outra.


P.D: Un sáudo sectario.

22 ene 2007

EU NON FALLO by QUENTACALDOS

Debuto nesta páxina de opinións de crónica cervense, falando sobre a paella do sábado que tiven o prcer de elaborar coa maxistral axuda de ARROZ CON PITO AO ESCONDITE, ROCHOSTONS, VISAGRAS, ESTRELLA E ALBINA duas compañeiras imprescindibles de viaxe.
Tamén é certo, que pese as dubidas surxidas ao respecto, é de recibo aclarar que a paella en cuestión estaba boa.
Polo tanto queda claro e escribo en letras grandes EU NON FALLO.
Tamen aproveito a ocasión para deixar costancia de dito manxar en forma de receta.
INGREDIENTES
Arroz, viño, cervexa, coñac, e moito cariño.
ELABORACION
Collese o arroz e botase nunha paellera cocendo afogo lento con moito cariño.
Mentres esperamos que este cocido, damos boa conta do resto dos ingredientes.
Servimos e comemos.

MULLERES INFIEIS por Tresillo


Que as mulleres son infieis cando se aburren no seu matrimonio parece ser a conclusión á que chega esta película, despois de moitas obviedades e diversificacións do guión sen moito sentido. A película quédase únicamente no lado frívolo do tema que trata . Os homes só teñen na súa cabeza os seus estúpidos intereses que non lles permiten satisfacer as necesidades das súas respectivas (realizadas via terceiros ou non). Elas só responden á ausencia ou á vinganza, logo, sempre cabe xustificar tal comportamento porque na maioría dos casos hai un sentimento de por medio, cousa da que carece a infidelidade masculina. Recoméndolla ver a todo dios aínda que é malísima...pero en fin, seguro que pode dar que debatir a natureza da infidelidade sexa masculina ou feminina e como se tratan as mesmas nesta etiquetada sociedade.

MENSAXES SUBLIMINAIS. By Paco Jones Osmeus


SI SI SI. TI A MAIS EU XA O IAMOS SABENDO!!!

Creo esta entrada con fins informativos, xa que sen darnos conta, estamos rodeados de cancións que conteñen mensaxes subliminais que nos intentan comer o tarro.
Dende os derradeiros exitos recen saidos do forno ata as mais antigas melodías, sen esquencernos do tanquerido repertorio popular, intentan transmitirnos unha mensaxe.

Dende aqui iremos informando dos novos descubrimentos. Polo de agora deixovos o analise deste inquedante tema como é CATRO VELLOS MARIÑEIROS.

"catro vellos mariñeiro,catro vellos mariñeiros
todos metidos nun boteeeee............."

Ata aqui todo vai indo ben, o follon enpeza cando di...

"voga voga mariñeiro vamos pa viveiro xa se ve s. roque"

Ben, eu creo que está claro. Claramente estas verbas teñen o fin de promocionar o turismo da cidade do Landro.
Pero o mellor de esta canción incumbenos a nos os cervenses, xa que no seu grupo de ailalelooos que teñen o fin de ser o estribillo, fan unha homenaxe a unha persoa moi querida neste pobo e que todos coñecemos como é esa gran persoa que pasa as horas agarrado a un pachuzo, xa que o contido orixinal destes alaridos era o seguinte:

"ai valelo
ahi vai valelo
ai valelo
ahi vai bailar

ai valelo
ahi vai valelo
ahi vai valelo
ahi vai bailar."

Tomade a vida con humor.

21 ene 2007

NOTÁBEL DEBUT DO HOTMAN crítica do concerto polo xogador de chica


Non podemos deixar de recalcar un dos moitos e importantes acontecementos do sábado: o debut do noso benquerido Hotman como músico na Night Burelesa. O cantautor cervecense repasou no "Rincón do Ten", acompañado das súas guitarras acústica e eléutrica, éxitos de gran calado como "A rapariga dontes" de Antón Veiga, "Déixame e arrebólate por un prado abaixo" de Os Segredos, ou "Petando ás portas do ceio" de Boh Dylan, temas fortemente coreados polo público alí congregado, que hai que citar como abundante. Entre o respectable puidemos identificar ás nonseperdenunha rapazas de Cordi; unha ampla representación das mulleres cervecenses, comandadas por Nori, a Futura Muller con Tricornio, Caperu e Little Bell, co seu respectivo mozo; e tamén, por suposto, unha ampla delegación do elenco corzo, liderada por Xogador de Chica e Barrilete Cósmico, que, fartos de paella e cubalibrels, amañaban o mundo enzarzados na súa quincuaxésima discusión (véxase SanFroi 06) sobre se "Flaquita" (non a de Faragullas, a de Andrés Calamares) é unha canción de soul. Tamén entre os presentes, os proxenitores do Ismael Serrano cervio, MoitoMan (tamén coñecido como Te reviento!!! ou Animal con roupa!!!) e numerosa peña típica burelesa. A actuación colleitou unha considerábel ovación. Como crítica e por tocar os... un pouquiño, non hai repertorio que aguante a inclusión de "Sufre mamón" de Homes Gue entre os bises... cachisendiez, canto dano fixeron os oitenta...!!!


En fin, agardamos a próxima actuación... de aquí á disco de Muimenta!!!

Noraboa Hotman!!!

CARTA DO CHORI Ó BOSTEIRA


Querido piloto chorbito:

Antes de nada, quero darche as gracias, meu ben prezado Bosteira. A miña vida está dando un xiro criminal nestes últimos tempos. Quen o ía pensar á miña idade... Da vida tediosa e aburrida de enterro tras cabodano post-festas da Regueira, da etapa anterior co meu ex dono Xu, pasei a mostrar a miña aínda esbelta figura polo Campus Universitario de Lugo, cos vidros baixados e ó ritmo dese equipo musical endemoniábel que me fai ser a envexa de tódolos tractores de Muimenta. Quen ía pensar que, a estas alturas, vería tanto mundo: Santiago, Ourense, A Coruña... Quen ía pensar que sería o neno mimado das sensuais cursillistas de Sargadelos... e que tería unha vida sexual para presumir, cando contaba chegar virxe ó desguace!!!

A pesar de todo, como humilde utilitario, quixera presentarche un par de queixas.
En primeiro lugar, gustaríame que cortases ese hábito teu de cambiar 375 veces de marcha cada 200 metros. Xa sei que non é fácil para ti, pero é que desengranar e engranar a esa velocidade tras vintepico anos de servicio é muy duro de nuestro Señor. Anos de estudio de Volkswagen para desarrollar o cambio DSG sen interrupcións cando ti hai tempo que me realizas o cambio ininterrumpido...
En segundo lugar, diríache que trazar a curva de Plácido a 120 é, cando menos, un pouco optimista. Pero un fallo teno calquera, foi simplemente que estabamos empezando a coñecernos, e agora xa dominas perfectamente os espacios.

Polo demáis, meu estimado e distinguido dono, auténtico Chico Pantene, brindo con sin plomo polas aventuras que nos quedan por disfrutar, cual Sancho Panza e Quixote. Saúdos dun bólido en segunda xuventude.

REPARTIRON O CORREO: Chinosukebaja, Aganchoporti, Luca Poni e o Xogador de Chica.

Hoxe día da paelle, queridos lectores, que por certo estaba moi boa (a pesar de que o marisco estaba pouco cocido e o arroz estaba moi pasado e tamen lle faltaba algo de sal), o QUENTACALDOS fixoo ben. E despois no de Copa e no Almacén seguiu a farrada a cubalibres, pois no garaxe de CERVECIÑASSFRIIIIIIASSSSSS, CHINOSUQUE e XOGADOR DE CHICA baixaronse unha botella de herba seca, e AMARILLO S., REI DE COPAS etc, pegaronlle a crema de orujo (por el culo te la estrujo) e o resto ialle dando ao que podia. Logo chegou a queimada. (Aí xa a cagamos) Porque non había persoa humana que soportara a circunstancia. Depos arrancamos pa o de Copa e pa o Almacén. Despos alguns arrancaron para patacolandia.

Esperanos un domingo de historias e contos.


Por REI DE COPAS E PACO JONES OSMEUS.

20 ene 2007

EL DÍA ANTES


Calentando pa mañá, empínanse os vasos no de Copa, xa non sei como escribir nin como describir o etílico do momento, o quentacaldos di que non falla, hai que levalo descargar. CerveciñaFría ten que ir empalmar tuberías, ainda así vai deixar dous lorios po pufo dos máis, unhos cantos van por marisco a pixilandia (pa paella), pero non van pasar do Gran Sol. Menos mal que ta o cura pa salvarnos do pecado que seguro cometeremos en canto apague o ordeñador. Do control da benemérita, fijo que non safamos, porque han de estar na habitación do lao. O Metodista non di nada, ca cabeza na prima dalgún, o Luca-Poni, anque fala, tampouco se lle entende nada (ladrillos e masa). Así e todo mañá as 10:00 (hora zulú) empeza a farrada!!!!!!! e punto.



By ChinosukeBaja, FunkyMan, Quentacaldos, Ajanchoporti, Paco Jones Osmeus, Luca-Poni, Rey de Copas, Hiper, CerveciñaFría, Amarillo S. e o Metodista.

Análise antropolóxico By: Rey de Copas


Nun mundo cheo de racismo, terrorismo, corrupción, etc.…

Existe un pobo inmerso entre unha chea de porcallada (pixís, pataqueiros, etc…), que intenta conquistar o seu territorio, aínda que sexa imposible, pois estes corzos e corzas axúdanse do seu druida (Gordonamikx), o cal fai una poción máxica denominada QUEIMADA, que lles da una forza sobrenatural. Esta poción soena compartir co resto do mundo unha vez ó ano. Aínda que foron poucos os que empezaron, cada ano achégase máis xente de tódolos rincóns do planeta para probar a famosa QUEIMADA, e a maior parte acaban perdendo toda conexión coa civilización, pois non coñecen a forza desta.

Esta xente non só ten esta poción, senón que tamén existe o fenómeno cubalibre “a poción da longa vida”, da cal se fai moi bon uso dela os fins de semana e festivos, nos cales caen os litros de alcohol como se da Tella estívesemos a falar. Outra moi boa fecha pa este fenómeno, ven sendo aló polo 25 de julio, cando estas persoas, se así se poden denominar, perden todo sentido da orientación, nunha farra de longos anos de tradición cervense. Esta tradición que se remonta a cando a miña persoa camiñaba aínda nos collóns de meu pai, é moi famosa entre os xóvenes, e igualmente moi odiada entre os nosos maiores, pois según eles “xente nova, leña verde todo é fume”. Así e todo, os xóvenes cervenses seguen a disfrutar dela como se fose o primeiro día.
Para todos vostedes

19 ene 2007

VAI RAÑALA

dedicado a todos los Muiñeiros que lo lean

Txakurra

SALVEMOS A PAELLA

QUE PASA CHAVALES! ESTRENOME NO BLOG PA FACER UNHA CHAMADA DE AUXILIO A TODO AQUEL QUE POIDA E QUEIRA FACER ALGO PA SALVAR A CELEBRACION DO CUMPLEANOS DESES TRES BOSTAS.

NESTA FARRADA VAMOS A NIVEL DE YATE XA QUE PASAMOS DAS XA TIPICAS EMPANADAS, CHURRASCO QUEIMAO, COMIDA ENCARGADA A PRECIO DE OURO E DEMAS TRAPALLADAS, A FACER UNHA AUTENTICA PAELLA DE MARISCO. PERO ¿A QUE SE DEBE A MIÑA PREOCUPACION?
POIS VOUNO EXPLICAR E ENTENDEREDELO. ESTE ANO PA FACER ESE SUCULENTO MANXAR EVIDENTEMENTE TIÑA QUE HABER UN FICHAXE EXTRANXEIRO, POR QUE OS DE SEMPRE NON NOS ALCANZA A CAPACIDAD CULINARIA MAIS ALO DA PASTA CON BONITO. BEN, POIS ESE FICHAXE E DA CIUDAD DE VACACIONES FIONZADOR, E UN CONTRASTADO CHEF DE SUPERIOR NIVEL A ADRIA E TODA ESA TROPA DE QUENTACALDOS, PERO SO TEN UN PROBLEMA: O CENTENARIO TERRY AÑOS 50 OU CALQUEIRA BREBAXE SIMILAR.
HASTA ESTE PUNTO NON E NADA NOVO E QUE NON SE POIDA EVITAR , PERO AQUI VEN O PROBLEMA: SI A ESA AFICION LLE SUMAMOS UNHA CENA QUE TEN ESTA NOITE, VISPERA DA MAÑÁ NA QUE TEN QUE FACER A PAELLA, CON XENTE CON MOITIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIISIMO CALLO, CORRE SERIO PELIGRO A NOSA PAELLA CHAVALES.
ENTONCES, AVISO PA NAVEGANTES: MAÑA A MEDIODIA TRAEDE BOCADILLO.

FIRMA ICEMAN

QUE NOXO

MOI BOAS! VOU DAR A MIÑA SINXELA PERO SEGURO QUE MOI SECUNDADA OPINION DUN ASUNTO QUE TODOS TEMOS EN MENTE. NESTE O NOSO POBO SABEMOS QUE NON TAMOS MOI BEN MIRADOS POR DIVERSOS PERSONAXES. DE TODOS E SABIDO QUE A NOSA SECTA GUSTALLE MOITO IR DE BARES TOMAR CERVECIÑAS POLAS TARDES, ENCHERSE ALGUN FIN DE SEMANA E DE VEZ EN CANDO EN OCASIONS ESPECIAIS ESTAS ESMORGAS PODEN ALONGARSE ATA O MEDIODIA OU MAIS ALO. POR ESO, COMO SOMOS CONSCIENTES DOS NOSOS ACTOS E TAMOS ORGULLOSOS DELES, PASAMOS MOITO DESAS MIRADAS QUE NOS DESNUDAN DE ARRIBA ABAIXO CANDO TAMOS NOS BARES, E TAMEN PASAMOS DAS LINGUAS VENENOSAS DO "MIRA O FILLO DE TAL, O FILLO DE CUAL AI QUE PENA COMO VAN ......BLA BLA BLA BLA...." IMPORTANOS TRES CARALLOS. PERO O QUE SI NOS TOCA UN POUQUIÑO OS COLLOS E A HIPOCRESIA DESAS XENTES, CANDO ENTRAN EN ESCENA OS HIPERMEGAFAXION ESTRELAS MEDIATICAS DO FUTBOL LOCAL DA MARIÑA NOS SEUS COCHES COA MUSICA A TODO METER E CHEOS PERDIDOS UN DIA CALQUERA E APARCAN DIANTE UN BAR, ABREN O MALETERO, SACAN ALCOL E VEÑA FESTA E BAILE. E ESAS MESMAS LINGUAS CAMBIAN RADICALMENTE: "AI, QUE SIMPATICOS E DIVERTIDOS SODES, ESO SI E DISFRUTAR DA VIDA". ASCO Y VERGUENZA.
SAUDOS DE CLARA DE NOCHE.

18 ene 2007

Un himno, unha nova xeneración. BY: ARROZ CON PITO AL ESCONDITE.


Moi boas meus queridos e estimados colegas sectarios do circulo vicioso.
Xa que estades falando de cumpleanos e de como pasan os anos, nn se me podia escapar a ocasión de como canción da semana poñer o himno xeneracional por excelencia da nosa quinta que segun as inquisas só podia ser un tres, dos o uno, porque ti e eu sabíamolo que iba chegar o máis alto e porque "pacharan más de mil anos" e sempre o teremos nas nosas lembranzas de juergas,así que a canción é "DAME VENENO", dos nosos ben preciados Os Chunguitos, e seguro que si a cantara as irmás máis preciadas que ían ser, esta canción quedara na nosa xeración como quedaron noutras ilustres cantantes da canción lixeira española como "Mi carro", "Como una hola" ou incluso o mismo "himno da alegría" entre outros, así que con ese sonido innovador esa imaxe de vendedores de mercadillo merecen ser a canción do milenio, eu no meu top personal teños no numero 7.
Un saudo sectario.
ARROZ CON PITO AL ESCONDITE

UN SABER SUPÓN UNHA GRAN RESPONSABILIDADE


BY HOTMAN

Querido QUENTAKALDOS, sabes que te aprecio moito; e formas parte do emblema deste pobo. Que durante toda a miña vida seguín as tuas indicacións no mundo do fútbol. Ti fuches quen me ensinou o que é o fútbol, os seus valores,as miñas virtudes e os meus defectos. Un deporte que na Fionza se concebía de diferente maneira. E polo tanto non cheguei a nada. Con isto quéroche transmitir meu amigo, que no deporte nunca tiveches futuro, como poeta e orador......deixémolo ahí. Nunca se me esquecerá aquela frase dita no Almacén.........¡POR PABLO PUNTO NERUDA!!!Impresionante. Inugualabel.

Polo tanto QUENTAKALDOS,este sábado tes unha proba de fogo. Unha gran responsabilidade. Xa que tanto presumes de menúes e recetas, haber que tal che sale este finde a famosa paella. Date conta de que á comida asistirán grandes comedores e papadores, BARRILETE CÓSMICO, BOSTAS, CHINOSUKE...........E O HIPER. Querido QUENTAKALDOS ,que non che poida a presión. E recorda de botarlle viño blanco á comida, no bebas todo. Sabes que estás de vacances e iso e moi perigoso. Espero que non te cortes.........os dedos e que disfrutes ó mesmo tempo. Os cumplidores de anos merecen unha boa paella, aínda que a BOSTAS merece as sobres polo requemoroso que está.
PD: BOSTAS, estás en decadencia tio. A persoa e o teu nome estase convertido nun Tabú na marcha burelesa. CASTIÑEIRO.

17 ene 2007

AS MULLERES E O PORNO


Sempre me preguntei por qué a maioría das mulleres ven o porno como algo sucio, detestable e para pajilleros, e cabilando cheguei á conclusión de que o porno esta feito para os homes. As películas teñen un claro sentido de dominación masculina, e isto pode chocar un pouco co público femenino.

Por outra banda na maioría das peliculas os preliminares duran o xusto e o necesario, pero creo que nas peliculas orientadas a mulleres deberían durar un pouco máis e ser máis insinuantes. Como distinción de xénero, elas son moito máis sensitivas, mentres que a nós case nos entran todas as cousas polos ollos.

Tamén creo que para elas o sexo anal é un tema que as retrae un pouco(a min non me gustaría que me deran polo cú), é unha especie de sometemento, isto creo que é debido a tabues sexuais da sociedade occidental, e nas peliculas soe saír con bastante frecuencia.

Ademáis as escenas lésbicas poden ser algo incómodas(non sei por que estraña razón á maioría dos tíos ponnos moito estas cousas, imaxino que é porque é moito máis estético dúas mulleres que dous homes) pero non sei realmente o grado de rexeitamento que producen estas esceas entre as féminas, pero estrapolandoo ó plano masculino as esceas entre dous homes non se dan nas peliculas porque á maioría non gusta.

Polo tanto creo que as mulleres consumen menos porno porque case non se fai material para elas, que de algún modo seguira as pautas anteriores, de tódolos xeitos espero as vosas opinións para tratar de explicar este fenómeno(espero que non se recurra ó típico de que os homes somos uns quentes)

Un saúdo do Sr. Blanco

A PRIMEIRA DO ANO....UFFFFFFF

Como cada ano por estas fechas, chega a primeira farrada da "trivu cervense-sectacirculocerrado".O sabado(sabadete...camisa nova e pol....),tera lugar a degustacion da xa mencionada e archifamosa "PAELLA DO QUENTACALDOS",degustada as veces en pequenas racions(moi de cando en vez)no almacen cando tomas un lucero da galiza.Xa se sabe que o bon ven en dosis pequenas.
O evento en cuestion comenzara o sabado(pa alguns supoño que o venres,con veneno incluido)cedo,xa que como di o chinosuke:"foooo,fai que tofmar unhos vfinos,ou".Habera unha cata de viños e jañas no almacen ou no caseto pa logo subir,xa como cada un poida,hacia o lugar elexido por unanimidade para a ocasion,O ALTO DA FEIRA.Unha vez ali,prepararemos o comedor(a paella estara chegando o final da sua preparacion,eso esperemos,xa que non perderemos de vista as botellas de CHARLY THREE,xa se sabe que o quentacaldos e un fiel devoto),para a chegada dos comensais mais retrasados.
Claro esta que non faltaran a cita as empanadasdepilita,asiduas tamen os farradas(e que tanta fame quitan as oito da maña).
Toda farrada ten que estar amenizada por unha orquestra e esta non sera menos,contaremos coa actuacion do noso chefe(e multifuncional,como todo empleado da pousada)Quentacaldos,a compañdado por Charly Three ou Ribera del Duero(a actuacion sera breve pero esparemos que intensa).
Esperemos que a fluencia seña masiva(tamen poden vir mulleres,ainda que o dudo)e que que naide se manque.

P.D:traede pouca fame e moita sede.

FELIZ CUMPLEANOS

BY HOTMAN

Queridos HIPER, CERVECIÑAFRIAAAAA, E AGANCHOPORTI, felicidades de todo corasao. Espero que este sábado disfrutedes a tope, que tomedes moitas GALIZAS STAR, aínda que AGANCHOPORTI tomará cubalibres Cando será o día que tomarás un vinito!!!!!. Espero que Ó QUENTACALDO lle saia ben esa esperada paella. Tede coidado de que non vaia ningun resto de dedo ou unllas na pota. É broma.jijijjijji. Espero tamén que xa entrados nunha complicada idade sigades coma sempre, bueno o hiper con menos pelo aínda, cerveciñafria espero que teña o ronchón facial mais coidado e o Aganchoporti que compre unha bike nova.

Tamén que cerveciñafria pille unha muller dunha vez, que asente (encima dela),se pode ser, ou se lle deixa. Que o Hiper siga asi, tan sobrao no mundo amoroso e no físico. E Agancho..... que siga con ese humor tan particular e peculiar que el ten. E que siga cantado cancións traducidas ó seu idioma. Como por exemplo...

- ¡AGANCHO POR TIIIIII!
- ¡AHÍ ESTÁ , AHÍ ESTÁ, VENDO PASAR OS COCHES......A PONTE DE VILACHÁ!!!!
OU A CANCION DO VERÁN.

- ¡ALA, ASALAGHA SA MASÁ. SAMNA SALÁ AIESALÁMGHA!!!
Felicidades amigos!!!!

PD: A Eneida esa mete caña de carallo, joder coa tia. Xa ten callo, nonn sei onde pero teno.

16 ene 2007

ATREVINME A ABRIR A BOCA (mais non me deterei) por tresillo



I
[...]eu non son senón un insignificante madeiro abandoado pola resaca
un puñado de area e follas mortas
e confúndome coas areas e cos restos do naufraxio.
Oh! desconcertado, frustrado, humillado ata o pó
oprimido polo peso de min mesmo
POIS ATREVINME A ABRIR A BOCA
sabendo xa que no medio desa verbosidade cuxos ecos oio, afogaría.

Xamáis sospetei que o quen son
a non ser que, ante todos os meus arrogantes poemas
o meu eu real esté de pé, impasible, ileso, non revelado
señeiro, apartado, escarnecéndome con señas e reverencias burlonamente amables
con gargalladas irónicas a cada unha das verbas que escribín
indicando en silencio estos cantos e, logo, a area en que asento os meus pés.

Agora sei que nada comprendín, nin o obxeto máis pequeno
e que ningún home pode comprendelo.

A naturaleza está aquí á vista do mar
aproveitándose de min para golpearme e para ferirme
PORQUE ATREVINME A ABRILA BOCA PARA CANTAR.

[...]Existo como son, con eso basta,
E se ninguén o sabe doume por satisfeito,
O mesmo que si todos e un a un o saben.
Hai un mundo ao que teño polo maior de todos, que son eu e que o sabe.
[...]
A base onde poño os meus pés é de granito.
Riome cando din que pode disolverse,
porque conozo o que dura o tempo.

Fragmento de "Co refluxo do océano da vida", de Walt Whitman.

II
Non deixes que remate o día sen medrar un pouco,
sen ter sido feliz, sen ter aumentado os teus soños.
Non te deixes vencer polo desalento.
NON PERMITAS QUE NINGUÉN CHE QUITE O DEREITO A EXPRESARTE,
PORQUE CASI É UN DEBER
.
Non abandoes as ansias de facer da túa vida algo extraordinario.
Non deixes de crer que as palabras e as poesías
si poden cambiar o mundo.
[...]
Non caias no peor dos errores:
o silencio.
A maioría vive nun silencio espantoso.
Non te resignes.
Fuxe.
"EMITO OS MEUS ALARIDOS POLOS TEITOS DESTE MUNDO".

Fragmento de "Non te deteñas", de Walt Whitman

15 ene 2007

REMOVENDO NA MERDA


Buscando un pouco entre a merda de anuncios que nos bombardean a todas horas, levantando en nos un espiritu consumista que ata ese momento estaba agochado. Quen non tivo nunca a tentación de comprar o Cillit Bang para ver se se consiguen limpar as moedas de 5 centimos(persoalmente penso que é imposible porque o seu color real é o da ferruxe, creo que nunca vin unha limpa).

Pero entre tanta merda sempre se pode rescatar autenticas obras de arte que non intentan meterche o producto polo cú a presión, se non que fan que a idea madure no teu cerebro e que sexan dignas de recordar. Neste tema os que son uns maestros son os arxentinos, pode que seña pola súa facilidade para falar sen decir nada; pero realmente a súa publicidade é xenial. Bueno aquí vos deixo uns cantos exemplos, e se teño tempo e ganas seguirei mergullándome entre tanta bosta pa sacar pezas de ouro.

http://www.youtube.com/watch?v=hkvIbKV_pyE ===>anuncio de Aerolineas Argentinas
http://www.youtube.com/watch?v=PdMfshSTYgE ===>outro anuncio de cerveza Arxentina
http://www.youtube.com/watch?v=bdc8kkwQWIA ===>gran anuncio de mercedes
http://www.youtube.com/watch?v=_8kgpeTGlgU ===> non é o típico anuncio de deterxente
http://www.youtube.com/watch?v=oySU7_DxCZg ===>boisimo anuncio de adidas(ainda que seña para lavar un pouco a imaxe)
http://www.youtube.com/watch?v=Fexd5_5nYSU ===>anuncio curradisimo de cerveza
http://www.youtube.com/watch?v=ErdPRJZUj0I ===>non sei se é auténtico pero esta mui ben, é do seat panda
http://www.youtube.com/watch?v=YPQYXBKXKTQ ==>o mellro de todos, as cousas como son


Que vos aproveite, un saúdo do Sr. Blanco (non se se crea os hipervínculos, de todos xeitos copiade a dirección e pegadea na barra de direccións do navegador)

CANDO O CHAN NON MANCHA

Cando o chan non mancha non pasa nada, podes arrastrarte por el todo canto queiras. Todo e cuestion de que cando chegues a casa laves ben a roupa, e con ese lavado limpies todos eses remordimentos que che veñen a cabeza: "como puiden papar eso eu esta noite, amin que me importa e fodin e o pixo". Sempre podes autoconvencerte de que foi o juanito caminante e intentar convencer os demais que che tan tocando os juevos constantemente:"oi 0.1_iño levoche mil cubalibres".

Pero claro a vista dos demais non vale porque as manchas da roupa de arrastrase con unha(nada), con outra(nada), con outra(nada), con outra(nada) e logo ver que che van papando o teu haren particular sin esforzarse non as lipia nin o novo dixiclin, hace feliz a tu nariz, requiere un cambio de estratexia: "votarse o verde", gran frase de cerveciñafria (creo recordar).

Bueno escrito este BOSTA de articulo mando saudos os aludidos de parte de CLARA DE NOCHE.

A todoesto a miña opinion persoal ten que ser positiva sobre este comportamento porque....

DISCO DA SEMANA


MANOLO ESCOBAR... Y VIVA ESPAÑA
Gracias Manolo... Es muy grande de nuestro señor!!!

Cando comezou esta sección, prometín ser un crítico neutral e obxetivo, seguindo o modelo de Alfredo Urdaci... pero abandono. Volvín a escoitar este disco e, candios, emocioneime. Esta non é unha reseña, é unha carta de amor!!!
Esta música sublime lembroume tempos mellores...

-Tempos nos que Sara Mago era unha escritora liberalista e non Saramago, un portuxolo piolloso premio Nobel gracias á súa prosa de intelectualoide radical.
-Tempos nos que Honduras era El Salvador porque nos saía do pipí... e punto!!!
-Tempos nos que o magnificentísimo JoseMari daba leccións de diplomacia cagándose na nai dos cheirentos moros e gañándose ó pobo mexicano con aquel acento de Speedy González...
-Tempos nos que había respecto (respecto!!!) pola fondura de pensamento do noso gran gurú don Ángel e polo morenaso de solarium porqueyolovalgo de Tarifaplana... que conforman, xunto con SéManué Bolseiro e a súa filosofía paraplégheca, a nosa Santísima Trinidade.
-Tempos nos que España era unha, e non a desmembraban catro sociatas, cinco naconalistas (habermarsianos ou do CDS, que me importa a min!) e unha recua de viciosos e ninfómanas de merda!!!! (e os masóns, que non se me olvide.)

Este disco apórtanos esperanza, coma as sabias palabras de Fede Jiménez LosSaints, un oasis nesta nosa travesía polo deserto... E inspíranos a seguir loitando para que a nosa querida Spain volva a ser o que foi... porque, como lle dixo Paca de Carmona a Lauren Castigo naquela antolóxica entrevista, “EspaÑa no se acaba donde acaba el mar... que va! Que va!! Hay barca pa seguir!!!”

Oleeeeeee!!!!!

XOGADOR DE CHICA (fan confeso).

VAMOS LEVARNOS BEN....QUE SI NON...

Visto o visto ata o de agora neste magnífico blogg(fíxose coa intención de pasalo ben,comentar borracheras,papadas,e temas en xeral),non me queda máis remedio que facer un comentario ó respecto:
A xente que formamos a "TRIVU CERVENSE",non podemos caer ben a todo o mundo,como se reflicte nalgun comentario que lein por hai,pero que sepa certa xente que nos rimos diso;non o tomamos a mal nin moito menos,solo rimos e tentamos corresponder con máis"caña"para así dar que falar.A nosa intención,cando nunha tarde de nadal sentados no caseto decidimos facer este blogg,foi para facer todo tipo de comentarios e tamén rajadas,sen ataques persoais(como parece que fai alguha o darse por aludida),e tamén humorística(aínda que hai xente que non acepta certos comentarios,pois non sabemos se son polos mismos ou porque non cae ben a persoa que os fai).Con isto quero recalcar que aceptamos todo,malo ou bon,pois os cabreos e enfados non existen na nosa "trivu",xa que pa catro días que estmos aquí,hai que pasalo ben,e as rajadas,os vaciles e demáis forman parte da "nosa cultura".Por iso o blogg esta para decir o que che pete;sempre e cando non te pases,porque senon levas tres hostias,e pasar un rato ríndo e tentando respostar se falan de ti.
Asi que amigos e amigas,deixémonos de paxareadas e todo o que aquí se fala non debe influir nas nosas vidas reais.

P.D.Tresillo por favor,a ver se podes escribir un artigo de menos de 3500 palabras,GRACIAS.

UN SAUDO DENDE O XIMNASIO...O HIPER

14 ene 2007

Quechua Forever. By: Arroz con pito al escondite

Xa que vai ser a miña primeira colaboración neste fantastico blog, e polo visto que naide fixo referencia ó sucedido a nosa ben querida e estimada Quechua (a muller que todo home quixera ter), desde aquí queremosche mandar animos e forza para q superes o bache que acabas de sufrir e te nos animes, que aínda nos quedan moitas juergas que pasar, e como xa che dixen polo movil en canto t poñas ben xa temos a primeira pendiente, así que un beso desde aqui e ánimo, porque tu lo vales.

13 ene 2007

307 FRASES PARA O REFRANEIRO... (BY RAFA PLAS)... HOSTIAAA!!!


Esta é unha homenaxe a ese “místerpresidenteprofesorcamarero” Rafa Plas, un home que nos aportou un refraneiro copular enteiro, difícil de acadar por calquer filosófo do “quemeimportaamin”.
Sempre recordaremos como dixo estas perlas de sabiduría, mirando cara atráis coma se alguén o perseguise (xa fora no Almacén, na Chá ou na Bidueira), con esa mítica voz coma se estivese colgado polos collóns e con resaca, invariablemente coa camisa de manga corta aínda que estivesemos a 50 grados baixo cero cunha xeada criminal. ATENDEDE:

-“SE GANAMOS, ESTAMOS NA LOITA POR ASCENDER; SENÓN METÉMONOS NO POZO” (primeiro partido de Liga).

-“ALADINO, ESTÁ O CAMPO PA TI, É O TEU PARTIDO” (co campo enlamado e impracticable)

-"IVO....CASTIÑEIRO HOSTIAAAAAAAAAA!!!!" (gran aposta polo tiki-taka)

-“VOUCHE POLO DODOTIS?” (sempre foi un gran motivador)

-“PERDIMOS 0-8 E MERECIMOS GANAR” (oleeeeeee, hai que telos muy grandes)

-“ÁRBITRO, FILLO DE PUTA!!!” (o árbitro escoita e sácalle o cartón vermello). “ME CAGO NA MAI QUE TE PAREU, SE NON CHE DIXEN NADA, JODER...!!!” (e logo na grada: “É PA ZUMBARLLE UNHAS HOSTIAS...”)

-(cena do San Román) “É QUE LEVO VINTE CHUPITOS E NON ME DAN FEITO...”

-(análise dun partido que acabou a ceros) “PUIDEMOS GAÑAR PORQUE RAMÓN TIVO SETE OCASIÓNS... KALLÓN VINTECATRO... IVO CINCO... CARLOS DAZAOITO... EEEEEE TESO CINCUENTA E CINCO, ENTRE OS CALES TRINTE E CATRO TIROS Ó POSTE...” (sacade a calculadora...)

-"ESTE ANO HOUBO VINTE MIL PERSOAS NA QUEIMADA E REPARTÍRONSE QUINCE MIL LITROS..." (damos fe)

Gracias Rafa Plas, esperemos que sigas aportando eses comentarios tan valiosos para o noso refraneiro. SEGUIRÁS NO CORAZÓN DOS MEMBROS DE ESTE BLOG...

MECAGONDIOS.....JODER!!!

por HOTMAN E XOGADOR DE CHICA

12 ene 2007

O LEGADO DO BOSTEIRA


O Bosteira foi (é!!!) un central implacable... Un home comprometido co equipo (lembremos aquel estiramento do “chalano”, retorcéndose cual serpiente pitón), e tamén un home comprometido co espectáculo (evoquemos o maxistral “control da gaviota”...). Eterno capitán das noites de Arsenal (aínda que ás veces levase o 14 ó día seguinte), foi un xogador emblemático para as xóvenes promesas cervecenses... Nunca olvidaremos como miraba emocionado a Bidueira na previa de cada partido, pensando “vaia prado... e vaia resaca da caldupada de ontes”. Nunca olvidaremos o seu sublime marcaxe a Guerreiro (de manual!!!). Nunca olvidaremos aquela frase que nos adicaba ós debutantes, con voz de Clint Eastwood nas vaqueradas, logo de botar un eructo de brontosauro; unha sentencia ritual que era un coma un bautizo para nós...

“CANDO TI ESTABAS NOS COLLÓNS DE TEU PAI, EU XA XOGABA NA PRIMEIRA REXIONAL”

Cos pelos de punta e fonda admiración, O Xogador de Chica.
Xa que o meu ben aprezado HOTMEN inagurou o refraneiro cervense, ahi vai un:
Vouche botar un polvo, e cun orgasmo que vas ter 15 dias as bragas molladas!
ROCHOSTONES DIXIT.

11 ene 2007

O ARTE DA SEDUCCIÓN por tresillo


Podería comezar este artigo largando o tópico..."como cambian os tempos". Pero a cuestión máis ben é máis ben como dí a canción..."malos tiempos para la lirica". Onte cando ía no bus universitario presentín que en vez de chegar ao piso ía chegar antes ao "Juan Canalejo" nunha ambulancia. Aos mandos do carro ía un tipo que, máis que un chofer, parecía un dese chorbitos tuneros que van co regueton tan a tope coma o propio pedal do acelerador. E preguntarédesvos, ¿que coño ten que ver eso co arte da seducción?...prosigo. Inmediatamente pensei que o chorbiway ese tiña que ter moza e imaxeneime seducíndoa, facéndolle as beiras...entrándolle, vamos. A cuestión á que ía; automaticamente a memoria levoume a dous tempos pasados, un vivido e outro non, e logo compareino co actual.
Primeiro imaxinei a ese empedernido romántico decimonónico, estudiante de universidade, ir coa tuna a cantarlle debaixo da ventá, cunha rosa vermella na boca, a súa particular namorada. Imaxenei tamén, a ese cursi abocado ao suicidio, escribirlle poemas de amor e deixarllos entre as paxinas dos libros de "Historia Medieval Española" (que contraste) ou, tal vez, recitándollos baixo a lúa tendidos os dous no verde chan dunha campiña, brindando con dúas copas de viño tinto. Imaxinei, finalmente, a esa rapaza envelesada deixarse levar por ese sono de paixón...e logo, tras tres ou catro anos de relación, irse casar co gordo fillo herdeiro dun burgués que lle chama preciosa (nome de cadela, por certo) e a pon a traballar como unha negra mentres el se vai de putas. En fin, cambiemos de escenario.
En segundo lugar, acordeime da xente da xeración do meu irmán...desa época que identificamos co fantástico grupo coñecido co nome de "Hombres Gue" e a súa archifamosa canción "Sufre Mamón". A sociedade aquí tuvo unha clara evolución. Tal vez o proceso de seducción foi similar, aínda que situado noutro contexto. O tío que se encona pola pavita, que vai todos os días a clases particulares de "inglés y matemáticas" no seu "Vespino GL" herdado do avó ou, con máis nivel, na súa "Derbi Variant"; de súpeto ten un día de valor e dille a coleguita - que tía, ¿anímaste a vir ao Cine Mon conmigo? -. De ahí a pedirlle para salir e seis ou sete meses de mozos. Claro, pero chegou o típico "Jony" de chupa de cuero e vaqueros apretados cunha TZR de 80 que o flipas...o tipo é moi duro, estudia electrónica en FP. A todas as tipas do insti lle caen as bragas por el, pero o moi fillo de p... fixouse na moza do pringadillo que quitou seis notables, tres bienes e un aprobado en ximnasia. A rapaza que lle dá por chorar e dille ao "tonto a las tres" que "necesita pensar"...que gilipollas!!!. Ás dúas horas xa está montada na TZR e coa lengua do outro rozándolle a campanilla. Menos mal que este pringao xa non é un suicida coma o ramanticón decimonónico, non; este, agora, logo de escoitar cinco mil veces "Nada cambiará mi amor por ti" de "Glen Medeiros", monta un grupo supermegagüay en plan vinganza e fai versións de "Bon Jovy" e "Hombres Gue" - agora que tome polo cu a zo... esa e se poña a cola -. Que pedazo conciertos no patio do insti.
Deixei de imaxinar e comecei a texer unha tese cuasi sociolóxica. Se a sociedade foi progresando, evolucionando, a idea do "tunerismo" está plenamente xustificada. Agora o burgués de turno e o macarra dos '80, son parte do pasado, o presente presenta (valga a redundancia) a un novo especimen evolucionado; xa non é preciso tirarse dunha ponte ou escoitar as cintas que regala a Super Pop para sacar a espiña da dor de amor do corazón, non. Por fin as feminas aprenderon a amar sempre a un mismo tipo de home e non deixarse levar pola corrente, nin pola primeira mirada. Agora xa se aforra facerlle sufrir ao pardillán de sempre. Fixádevos, agora un tipo cos pantalóns na punta do cú, vintecinco pirsins nas orellas, dous no fuciño e un no pi.., cun super Onda Civic mega tuneado, cun Alpine que te cagas e trinta subwoofer's e sesenta etapas de potencia chega ao portal do piso da "nena" escoitando a Don Omar a todo o que dá o parato. A tipa, que xa non precisa que lle canten na ventá, nin que lle timbren no portal, baixa toda emocionada porque xa "está preparada" (que fuerte)...a Manoli de turno escoitou nos cuarenta que o semén non engorda, menos mal. É unha tipa moderna, leva catro anos estudiando Ciclo Medio de peluquería e esteticién e xa leu cinco veces o manual de instrucción do DVD que lle regalou o tal "Cheta", a sexta vai a vencida. ¿Como non enamorarse dun tío que lle bota cinco euros de gasofa ao coche e a pasea por todo o pobo?. Ela sabe que esa relación ten futuro. Ten claro que el vai entrar a traballar con seu pai poñendo na plaqueta (hai moita obra de nuestro señor), eso sí cunha funda sete tallas máis grandes e sen quitar os pirsins nin a gorra de "Bad Boy". Xamais renunciará a ese amor que lle dixo un día - nena, queres ver como peta agora o coche co novo chip de potencia que lle metín -...joder, aquel día foi inolvidable

9 ene 2007

DISCO DA SEMANA












A calidade criminaaaaal da música actual fai que de novo optemos por recomendar dous discos, verdadeiramente foras de serie! Comenzamos con JOSÉ ANGEL e o seu absolutamente revoluconario MADRE SOY CRISTIANO HOMOSEXUAL. Non hai palabras. E non quixeramos deixar no olvido a EL PELOS Y LOS MARUS e o seu fántastico EN CUERPO Y ALMA... que actitude, que pret a porter, que pelasos!!!

por Xogador de Chica

8 ene 2007

A PIXA

POR HOTMAN

Como ni dios toma iniciativa de botar para diante esta sección ahí van dous comentarios facendo referencia a "ese lugar que tiene cielinto lindo entre as pernaaaaassssss"

Frases do gran erótico-filosofo "CERVECIÑAFRÍAAAAA"

-"¡Levántome e penso na pixa, como e penso na pixa, tomo as cervezas pensando na pixa, durmo pensando na pixa e amaño un grifo pensando na pixa."
Stuación: partida de Scruble, turno de CERVICIÑAFRIAAAA, -¡Vagina con "B"!, ¡Joder eu sempre lle chamei Pixa!

DA MÚSICA, ÓS GUSTOS TAURINOS

POR HOTMAN.

Como é xa de costume, aquela persoa que papa é víctima humorística deste maravilloso blog. Neste nadal pasaron infinidades de acontecementos. Papou tododios, incluso houbo derbis amororsos (Bosteira VS. Hiper), gañou Hiper, xa que estaba moito mellor fisicamente e aguantou o tirón. Bueno e...........O xogador de chica ainda segue nese deserto infinito, espero que encontre en breve un oasis, aínda que sexa pequeno, e molle o pixo dunha vez. Tamén vai por Tresillo. Pero agora non é o caso. Xa che tocará. Xa que todo o blog está pendente de que papes algo dunha vez. "Faragullas" coa "Flaquita", O home de "el método" con......xa sabedes.Etc.

AI!!!, Lolailo, lolailo. Naquel tempo que che dicían..."Te Necesito", ou "Sin ti no soy nada", ou mesmo "Toda la noche en la calle". Jo que tempos aqueles.Que bonito é todo, cando unha fémina está por ti. Bonito, todo me parece bonito. Que guai. Pero eses cambios tan radicais de Amaral, ós gustos taurinos, xa que a tipa que papaches este finde, ten nome dun pase taurino, (Pa que entendas).E ahí queda a cousa. Vaille dando que son dous dias. Haber con que nos sorprendes nun futuro. Á verdade é que a tipa está boa. Pero Amaraligueis tamén, todo hai que dicilo. Lolailo.......un biko taurino. OLEEEEEEE

UN CORDIAL SAÚDO, DE Hotman.

5 ene 2007

PA QUE APRENDA O HOTMAN... O DISCO DA SEMANA



Neste novo apartado dentro da RulinStón imos recomendar un disco cada semana de entre o mellor que atopemos no panorama musical, auténticos números 1 que ben poderían formar parte dun antolóxico SESIÓN VERMÚ GREATEST GHITS EVER. Todo co fin de descubrirvos artistas únicos e para que o Hotman amplíe a súa cultura musical e o seu punteo guitarrístico, deleitándonos con novas xoias do seu repertorio. Esta semana, por comezar, ración doble; ahí van dous discos dos que sobran comentarios, pura xenialidade xa desde o título!

LOS DOS ESPAÑOLES "MONUMENTO AL CAMIONERO"
TONI EL GITANO "ME FUMAO UN CANUTO"

Por Hiper & Xogador de Chica

A TRANSCANTRABECA por tresillo



Cando volto, unha e outra vez, a esta Mariña ben querida dende a nacon da República Independente de Nova Artabria de Don Paquiño La, La, La el Grande (máis coñecida como el Excelentísimo Concejo de La Coru) teño o placer de pasar pola fermosa e fría Terra Chá. Dende hai un tempo as imaxes que se proxectan na miña retina son certamente sorprendentes. Xa pasando a doce Vila da Alba poido ver, ao lonxe, o porto de Burela, o de San Cibrao e de fondo, observo a saudenta presenza dos Farallóns (ás veces, case que parece que escoito o son dos bígaros a chamar pola Maruksaina).
Pecho os ollos, refregos e volvos a abrir...e sigo a ver esa imaxe!!!Pregúntome a min mesmo - tan arraigada teño no meu subconscente a imaxe da miña terra matria? - Entón, xa en Martiñán, atrévome a preguntarlle a miña compañeira de viaxe - ti podes ver o teu amado Lago dende aquí?, ela respostame cun sorriso. Nos seus ollos só poido ver a "verde" imaxe da Serra do Xistral. Pero é que eu non estou esquizofrénico!!!
Por fin son conscente do sucedido...o problema deriva desa nova AUTOVÍA coñecida coma a TRANSCANTABRECA. Sempre souben da miña agudeza "visionaria", o futuro sempre apareceu na miña mente de forma intuitiva. E é que tampouco contaba que os políticos (sexan españois, galegos ou frexulferos) teñen este mesmo "sesto" sentido. Rememorei un documental que vira do "presi tongado" All Gore (titulado coma UNHA VERDADE INCÓMODA) que o cambio climático está próximo. Se como sosteñen un alto porcentaxe dos científicos, o mar vai cubrir as zonas costeiras europeas...o MINISTERIO DE FOMENTO, A KSUNTA E AS INSTITUCIÓNS LOCAIS DE LUGO deben ter en conta este feito para pasar a citada TRANSCANTABRECA preto da Vila da Alba. Que será de nós cando teñamos que ir tomar o sol ás praias de Abadín!!!

P.D. Mazo Leggs dille a Fatal que lea este gran artigo e dille que non se quede paraplégica...perpleja non...paraplégica!!!

CONCERTO NO RINCON DO......



POR HOTMAN
Simplemente dicirvos que o próximo sábado, día 20 de xaneiro, dou un concerto acústico no RINCÓN DO.......e déixooooo asi, para que opinedes bosteiras. O concerto é a partir da 1 da noite. Espero a vosa presenza. Permítovos que levedes tomates, patacas e todo que me poidades tirar. Tolerareino.

Permito peticións, pero non dedicatorias. Ahí vai esa sobradaaaaaaaaa!!!!!buf toca pitu buf, buf.blllllrrrrrrrrrr

Amarillo S., tocarei todas coñecidas, excepto as propias.jejej. A mamar.

O VENENO



por HOTMAN

Como cada venres a Pousada "O Almacén", vístese de gala. A partir da medianoite o personal revolucónase totalmente. Parece o día da Queimada cando as meigas botan aqueles berros eróticos cando están morrendo. Pois no Almacén ocorre o mesmo, pero neste caso non son meigas; senón nabos. E son berros tamén eróticos pero doutro estilo, tales como...¡¡Pon a de putaaas, Poli!!!, ou..¡¡PON o puto veneno!!!!!, pero o momento estelar é cando se xuntan as trivoces míticas deste evento sobrenatural: Mr. CARACAL (a mellor raqueta do world), CERVECIÑAFRIAAA e TODAAVIDAESCAPADO e corean: BÓTALLE O VENENO!!!!. Incrible damas e cabaleiros, deus me libre (e iso que non son crente, pero son quente, jejeje "colega del humor"), que alguén descoñecido entrase no bar nese momento. Somos unha raza diferente. É o que hai.

Pero a historia non remata aquí. Hai xente que paga as consumicións con billetes de 50 ou 100€, e din...¡¡¡POLI, CÓBRAME AQUÍ, QUE SENÓN ESTES BILLETES PELIGRAN!!!

Impresionante; comenterios como...¡Vaia pixa de tres cuartos! ou ¡Este non lubrica ben!, e claro despois de ver un espectáculo televisivo coma este, o personal alporízase ata acadar temperaturas corpóreas máis que quentes, e claro onde se acaba?????????pregunta por 50€. CONTESTE!!!jijiji

Recomendo a unha muller presenzar este evento porno-deportivo.

PD: botalle o venenoooooooooooooooooooo (voz de sabina)

3 ene 2007

POR UN PUÑADO DE DÓLARES...


POR XOGADOR DE CHICA

Sempre soubemos que o noso estimado amigo Doríforo tiña unhas excelentes cualidades para a práctica do fútbol, pero nunca chegamos a pensar que fose a ter unha carreira tan prolífica coma a da gran Massiel; chegar ó cumio de Eurovisión para logo arrastrar a súa apolínea figura polas aldeas. Na última entrevista no “Retroceso”, Doríforo defendeu a capa e espada a súa fichaxe polo Molimeiros, equipazo de Rexional Preferente que lle permite probarse en novos retos ó enfrontarse a institucións tan poderosas coma o Ferreira de Valdemouro. Incluso o impoñente heredeiro do English claudicou ante o novo Valerón, pero nin na derrota os grandes perden a súa categoría e acabou por exclamar: “fai de nós un pandeiro!!!”. Volvendo á entrevista, o futbolista cervio incidiu no contento que está de ter cambiado a filosofía “arriba villalba” do Larazza polo tiki-taka para sibaritas do seu novo clube. Sen embargo, olvidou comentar (sempre foi un home discreto), a infinidade de cartos que perde na procura de dar un definitivo pulo á súa carreira, que ten como obxectivo final levar ó Candelorios a Segunda Rexional. Seguiremos ó tanto das novas que nos cheguen deste xogador, e da súa prometedora traxectoria!!!

AS GRANDES VOCES DO KARAOKE

POR HOTMAN

Como non podía faltar neste nadal, o karaoke foi fundamental para a diversión do pobo cervense. Durante uns cantos días poidemos apreciar a cantidade de talento que temos nesta vila. Un talento que tiñamos escondido non sabemos ben onde. Pero que sacamos a relucir cando se levan 6 johnnis con cola (ou máis).

Homes da talla de "cerveciñafriaaaaa", con esa voz que engancha a calquera que pasa ó seu carón e o seu típico baile de meter a perna pola pixa arriba. Ou "aganchoporti", un home que se desmelena con cubafrees encima e que traduce todas as cancións ó seu idioma, aínda pouco coñecido no panorama social. E tamén "levotodaavidaescapado", que se mete detrais dos outros para facer bulto. Pero haber cando é posibel ver cantar a "Hiper", creo que ese home ainda que leve 60 cubalibres vai ser imposible velo detrais dun micro, ainda que ultimamente vémolo detrais de.....ejem ejem, deixémolo ahi.Ou ó "bosteira", que ten unha conta pendente cos seus admiradores. Estamos agardando escoitalo cantar as suas cancións de misa, tales como "NO ES CON LA FUERZA" ou "JUNTOS COMO BROTHERS".

O karaoke xa forma parte de nosa vida. QUE SIGA!!!!!

PD: "Cerveciñafriaaaaa", porque era tua prima, que si non.........

O INDIGNAMENTO DOS CALATRAVA

VIVA "EL MÉTODO"

Na noite de fin de ano poden pasar moitas cousas.E de feito pasaron. Despois de numerosos litros de alcohol (a algúns cundiulles o bote máis que a outros)e xa rematando a noite, sucedérose numerosos comentarios e acontecementos cómicos.
Os irmáns calatrava, neste caso, Doriforo e 0.1, presenciaron unha situazón que os traumatizou para o resto da noite. Levabamos tempo advertíndollelo, pero eles non querían aceptalo. Non hai nada que facer cando o Sr. de "El Método" está polo medio. Como resistirse ó home mazas e sensibel ó mesmo tempo.
A partir daquí, os presentes contribuiron á indignazón dos protagonistas. Destacamos frases como...
"Son máis putas que as galiñas"- Tresillo-
"Arriba tio!!ánimo que non pasou nada, si levantamos ó Robot, tamén te imos levantar a ti"- Chegou_o_home e cia. " o fodido é que puido ser vaeachaketa"- o propio Doriforo
" Tranquilo home!!, que pode pasar???, estaraa fodendo??????....pois si, pero seguro que só lle está metendo a puntiña"- Varios

EN DEFINITIVA.....¡¡¡VIVA "EL MÉTODO"!!!

PD: Non podiamos deixar de comentar a recaída do Bosteira

ÁNIMO A DORÍFORO, O.1 E BOSTEIRA.

Por HOTMAN e FARAGULLAS

MECAGO EN LA GLOBALIZACION!!! (1ª parte) por tresillo



Vivimos nunha sociedade disque “globalizada” onde a “corrección” política se proxecta en todos e cada un dos seus ámbitos. Pódese concluír que vivimos na “cultura do politicamente correcto”. A máxima paradigmática da citada cultura é ese terrible sofisma do “respeto” en termos absolutos que se predica dos seguintes modos: “eu respeto a túa opinión, pero non a comparto” ou doutro xeito, “todas as ideoloxías son respetabeis” ou mesmo, “todas as culturas son igual de respetabeis” (postulado súper progre do relativismo cultural). A cuestión que prantexo é, ¿o respeto, en senso absoluto, é esencial para a convivencia ou, sen embargo, debe ser considerado en senso restrinxido para fuxir do relativismo cultural?. Non respostarei a esta cuestión de xeito directo senón que tratarei de inducirvos a resposta pero aclararei, inicialmente, que, o relativismo cultural superpón a dignidade de calquera cultura e pobo (sexan cales sexan as súas tradicións, usos, costumes e leis) á dignidade da persoa humana, tal é como se predica esta última da DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS.
Para inducir a vosa resposta, sexa crítica ou analítica, plantexarei cinco situacións derivadas da realidade que nos rodea:

1ª.- A “hablación do clítorix” é unha tradición moi extendida en moitas partes de África.
2ª.- En certos estados dos EE.UU a “teoría darwiniana da evolución das especies” é rexeitada nas escolas polos mestres, ensinando a ortodoxa visión revelada cristiá da “creación”.
3ª.- Aínda que na India se aboliu a “estructura social de castas” de xeito formal, de feito, este sistema segue a predominar na maior parte do seu territorio.
4ª.- Na América latina certas correntes políticas indixenistas están emerxendo con enorme forza reivindicando o factor “étnico” como fundamento esencial de identificación dos pobos ou nacións.
5ª.- O dereito nas teocracias islámicas non é de carácter convencional senón que deriva da literalidade ou interpretación do seu credo cuxa fonte revelada é o Corán, así como tamén a Sunnah ou o Hadit.

P.D¹ Admítise calquera “opinión”, incluso persoal, porque dalgún xeito rompo co espírito frívolo e anticultureta do blogue...pero son membro fundador é como di o noso lema: que me importa a min.
P.D² Resérvome o dereito a “rajar” de arriba a baixo calquera argumento “ad personam” porque non tedes puta idea. En calquera caso, dubido que leades o artigo porque son moitas letras xuntas e non teñen puta gracia.
P.D³ Valorarei positivamente calquera “rajada” constructiva e procurarei darlle cumprida resposta (aínda que a miña valoración positiva ou negativa debería importarvos ben pouco).