20 jul 2007

RULINSTON & MECAGONAVIRGIN PRODUCTIONS PRESENTA... O RECOPILATORIO MESÓGHENO!!! webmasters


...Porque as bestadas poden ser marabillosas!!! Aquí presentamos o froito dun tremendo e incansable traballo recopilador (que ben se está de cañas, he, he), que deleitará os seutarios e que nos vai procurar o odio de tódalas mulleres do ancho mundo, dende Santurce a Bilbao (e unha racha de sequía sexual prolongadísima... que resistiremos estoicamente, acostumados como estamos). O CD 1, salsero, ranchero, rumbero e merengón, alberga pezas mestras do cancioneiro mesógheno mundial como Mi mujer y mi caballo, Mátalas, Guararey (La tierra del suku suku) ou Eres muy fea, temazo que promete ser a revelación despois do revoluconario impacto dos Carrión Brothers. Do CD 2, máis cañero e guitarrero, poderiamos destacar a Quiero una novia pechugona dos añorados Toreros Muertos, La Hija de King Kong de La Perra Que Los Parió ou a inolvidábel Paquita dos Rulin Stones da Costa da Morte, os Heredeiros da Crus. Esta é a lista por se alguén o quere baixar de interné.

CD 1.
1. ME CAGO EN EL AMOR (TONINO CAROTONE)
2. MI MUJER Y MI CABALLO (JULIO MADRID)
3. MÁTALAS (ALEJANDRO FERNÁNDEZ)
4. MARÍA CRISTINA (BUENA VISTA SOCIAL CLUB)
5. PODRÍA VOLVER (LOS PLANETAS)
6. NO ME AMENACES (JOSÉ ALFREDO JIMÉNEZ)
7. ESTO SÍ QUE TIENE GUASA (LOS CHICHOS)
8. TE COMPRO A TU NOVIA (RAMÓN ORLANDO)
9. PERO ME TIENES GANAS (RUBÉN BLADES)
10. GUARAREY (HERMANOS CARRIÓN)
11. EL CORRIDO DE LAS MUJERES (ARMANDO PALOMAS)
12. LA CELOSA (CARLOS VIVES)
13. ERES MUY FEA (B. S. O. “EL MILAGRO DE P. TINTO”)
14. MI NINFÓMANA MÁS BELLA (EL CHIVI)
15. HOMBRE DESPECHADO (RICKY LÓPEZ)
16. UN BURDO RUMOR (JAVIER KRAHE)
17. EL REY (VICENTE FERNÁNDEZ)

CD 2.
1. BAILARÉ SOBRE TU TUMBA (SINIESTRO TOTAL)
2. QUIERO UNA NOVIA PECHUGONA (LOS TOREROS MUERTOS)
3. LA HIJA DE KING KONG (LA PERRA QUE LOS PARIÓ)
4. TE TIRARÉ DEL ALTAR (FABULOSOS CADILLACS)
5. INGRATA (CAFÉ TACUBA)
6. LA MUJER DE UN AMIGO (LOS RODRÍGUEZ)
7. LA CULPA FUE DEL CHA CHA CHA (GABINETE CALIGARI)
8. HAY QUE PEGARLE A LA MUJER (LA LUPITA)
9. VINO Y MUJERES (EL TRI)
10. ERES UNA CHICA MUY BONITA (CUARTETO DE NOS)
11. LAS NIÑAS DE LA SALLE (MOJINOS ESCOZÍOS)
12. NI DE ELLOS NI DE ELLAS (TOTE KING)
13. PERRA (VIEJAS LOCAS)
14. QUÉ HACE UNA CHICA COMO TÚ EN UN SITIO COMO ESTE (LOQUILLO)
15. MIÉNTELAS (BURNING)
16. SUFRE COMO YO (ALBERT PLA)
17. PAQUITA (HERDEIROS DA CRUS)

19 jul 2007

ATERRIZA COMO PUEDAS>>Amarillo S.

Ahora que desgraciadamente está de moda "aterrizar daquela maneira", aquí tedes un video do peor aeroporto do mundo, estás na plaia tan pancho, tomando o sol e unha cañita cando...


Insane 747-400 Landing - Funny home videos are a click away

18 jul 2007

CD MESÓGHENO. webmasters

O disco Mesógheno do blog vai vento en popa a toda vela e promete ser elemento fundamental das melandras do verán. Tanta bestada hai por ahí adiante que finalmente será un CD dobre, temos unhas 30 cancións. Acéptanse suxerencias para rematar a faena, e tamén para o título do envoltorio, diseñado por Amarillo S. (polo que seguramente será de luho). A ver se algún tira de repertorio e nos recomenda algunha pouco conocida.

17 jul 2007

LIFTED>>Amarillo S.

Apetécevos ver un bon corto de animación? Os de Pixar andan moito: LIFTED

ÉRASE UNHA VEZ....>>Amarillo S.


Érase unha vez nun reino moi lonxano tres alegres elfos que no seu afán por viaxar e coñecer novos amigos víanse metidos nas máis raras e descoñecidas situacións que calquera elfo normal puidese soñar. De todos é sabido o amor que sinten os elfos polos placeres máis sinxelos da vida, tales coma o bebercio e o tomar algo, tras toda unha noite de dar renda solta a estas aficións, no lonxano reino de Trapalladonia, arranca a nosa historia nos albores dun novo día.
Marchaban os tres sen rumbo, dando eses, costume élfico tras unha noite satisfactoria, cando un doloroso llanto lles chamou a atención. Unha Princesa de inigualable beleza choraba desconsolada dende o máis alto dunha alta torre de tres escalóns. Intrigados e preocupados decidiron tentar consolar á Princesa, pero para chegar a ela deberían superar ó temible Dragón que custodiaba a torre. Os tres elfos contaban con unha intelixencia superior, ademáis de certa pedra máxica procedente dos reinos do sur con poderes hipnóticos, que aturdía con un profundo sono, amén dunha lixeira risa tonta. O codicioso Dragón non puido escapar á tentación e os elfos ascenderon con relativa facilidade os tres escalóns que os separaban das lágrimas da princesa.
O máis aposto dos elfos achegouse e facendo acopio de bravura preguntou:
-“Disculpe Milady que a moleste, mais non descansaría de non facelo, coa duda de se por un maravilloso casual, podería axudar a resolver o seu tormento”
-“Oh, aposto cabaleiro, de tan xenerosa alma como entreperna, o meu tormento non é de fácil solución e non quixera metelo en perigo, pois falar conmigo está penado.” Contestou ela.
-“Non quixera molestala, pero… a curiosidade impide as miñas pernas e a visión do seu escote afecta outras extremidades que imperan na razón. Que vil maldición é esa que a aparta do mundo e molla os máis fermosos ollos do reino?” Preguntou o elfo mentres se colocaba o paquete.
-“Arriscarías a túa vida por saber a miña historia?”
-“Morrería se marchase” O Elfo estaba crecido.
-“Un horrible Ogro tenme ameazada, é celoso a máis non poder e non permite que se me fale ou mire, agrede ós meus amigos cando non o fai conmigo mesma.”
O Elfo, sorprendido da sinceridade e do voluptuoso busto da princesa, respondeulle:
-“Non alcanzo comprender, a máis bela flor do reino ameazada polo maior fillo de puta, pero vos sodes bela e sabia, como permitistes que o máis necio entre os ineptos chegara a gobernar a vosa vida?”
Ante tan indiscutible razonamento a princesa mirou fixamente ós ollos do elfo e ardeu en desexos de bicalo mentres buscaba unha resposta que xamais atoparía.
Naquel intre apareceu o ogro conducindo un carro de aspecto infernal. A mirada que lle lanzou ó elfo desalentaría ó máis optimista, pero ainda gardaba unha peor para a pobre princesa. Non dixo unha soa palabra. A princesa, ca obedencia propia dun animal doméstico, subeu ó carro sen mirar atrais sabedora de que xa nunca volvería ser libre.

(Basado no viernes)

"FINDE LIBRE" NON


Moi boas montos. Estaba a pensar que xa que este fide semana e "libre" propoño que o venres nolo tomemos relajadito: ir pescar, coller un pouco de churrasco (porque si contamos coa pesca vamos pasar moita fame de nuestro señor joni wolker), ir a plaia, facer una cea no meu chiringo, emborracharnos, etc. e logo o sabado sabadete que cada un faga o que lle salga dos collos, e punto.

En caso de que algun corz@ teña alguna idea mellor que o diga ou que vaia o carallo.


REY DE COPAS

PECHADA A BATALLA DAS CAMISETAS>>Amarillo S.

Bueno chavales, as camisetas están pedidas, vamos ser unhos 60 blogueiros contentos como hermanos espero, e espero que vos queden algo de forzas despois da batalla téxtil, porque non sei si mirades de vez en cando a conta atrais da cabeceira, o Sargadelos está á volta da esquina e non armamos nada. Dios...que ben o vamos pasar discutindo toda a semana e sacando trapos sucios de anos anteriores, xa me tarda.
Para a recollida e apoquinamento (conteste primero a lo segundo) xa avisaremos vía blog, móvil, boca a boca e pregonero si fai falta. Por último quero dar as gracias ó Caseto de Copa por aguantarnos e facerse cargo da lista, é o que lles queda....

15 jul 2007

ORTIGUEIRA+CALIMOTXO+HELIO+REY DE COPAS=....>>Amarillo S.

Con esta mezcla, supoño que xa se vos cae a baba, pero ainda hai máis, o valiente deleitounos cantando a rula do peixe, Parecidos razonbles...... Acordadesvos da Crazy Frog?

JIM GARCEY>>Amarillo S.

Moito mola beber, eso parece pensar o noso Jim Garcey con esa cara de felicidad impepinable, a orquesta toca, os amigos puteano, pero a él elle igual, en estrovadolandia non hai lugar para a tristeza.

13 jul 2007

A DROJA É SALÚ>>Amarillo S.

No comments... (sólo os primeiros 5 min do video)

O JUEVES DAS EMBARCADAS>>Amarillo S.


Estas farradas que armamos os jueves están de puta madre ata que chega a temida ruleta rusa: Somos 6 e só hai un coche, estamos en Hollyfoz e non hai taxis, alguien vaino pasar mal...

Comeza a carreira pola supervivencia, o conductor convírtese nun dios adorado e as confabulacións a tres bandas florecen por doquier, non te podes fiar de naide, non podes ir ó baño nin piar cas cativas, en canto te despistes...quedache sólo. A estratexia foi simple, en canto 2 de nós falaban entre si, algo lonxe do grupo surxiu a oportunidade, esperamos ó momento perfecto, apareceu Chuchi e oportunamente cruzouse na linea de visión das inocentes victimas, cando se deron conta xa estábamos arrancando o coche. O telefonazo foi inmediato, "Donde estades?"-"No Total"- "Fillosdagranputa, si acabo de ver o coche salindo"- "Bueno vale, tocouvos". É unha perrada criminal, pero a alguien lle tiña que tocar...

12 jul 2007

CARRION BROTHERS II





Novas entregas das bestas da testosterona. Bailando eses ritmos machacóns con eses meneos de cadera, cada día son máis parecidos a Tresillo & BarriWhite. Ollo ó piollo: ahí tedes o teléfono de management (que clase). Hai que poñer escote e traelos pas Dolores!!!!

11 jul 2007

CALADE A BOCA>>Webmasters



Este é o diseño definitivo, non hai máis discusións, sale por 8 eleuros (calderilla arriba, calderilla abaixo). Si pensades que se podía facer algo mellor mandádeme as ideas que gustoso me limparei o cú con elas e punto.

PD: O da espalda que non se ve son os mandamentos.

CAMISETAS>>Webmasters

Atendede todos, quen queira unha camiseta do bló, que se apunte no de Copa ou que mande un correo a esta dirección quemeimportaamin@gmail.com antes do domingo, o precio rondará os 5 avalorios, o diseño será o que nos salga do pixo e indicade a talla, e punto.

NON NO-LAS MERECEMOS... xogador de chica

10 jul 2007

LA MUERTE ESTABA CAMINO DEL MATADERO... xogador de chica


Non, non, non é o título dunha película de vaqueros. Simplesmente, no Retroceso son moito!!! Así titularon o martes a noticia que falaba dos sucesos de Brollón, onde "veinticuatro de 48 reses que transportaba un camión para el matadero de Monforte perdieron la vida antes de llegar a sudestino. El camión se salió de la calzada en A Pobra de Brollón, dos novillos murieron aplastados tras salir despedidos y cuatro perecieron en el interior. Para dar captura a las otras reses hubo un operativo especial de la Guardia Civil." Como non podía ser doutro xeito, isto foi carne de portada: poesía, sangre, acción, ironía... Criminal!!! Por se vos reina, esta é a páxina para poder descargalo en PDF.


8 jul 2007

CANDO O FIN DE SEMANA DURA 5 DÍAS...>>Amarillo S.


Encántame esa sensación medio resacosa e divertida que tes cando levas días salindo e sabes que ainda che queda máis, se o corpo se queixa hai que darlle duro, o que non quere unha taza...


Todo empezou un xoves musero no de Copa que resultou na cata do Cutty Shark garrafoniano do Chiringo de Pablo, ou de Toni, ou da puta que os pareu ós dous, tras os problemas para atopar Barreiros debido á notoria orientación do Cazadordemedianoite, parexa á dunha galiña sin cabeza, pasando por camiños de cabras donde cristo perdeu as sandalias. Cabe destacar o aporte que fixemos ó calentamiento global desnudando ca mirada á diosa terrenal que canta na Costa Oeste, xa te chingarei na casa, voume deitar que mañá é día de carabullos: Ortigueira.

Nada vou dicir do venres no Mundo Celta, xa contou bastante o Xogador, así que retomando onde el o deixou, tras hibernar a tarde do sábado arreamos pa Hollyfoz, que con sus toristas y sus grúas ofreceunos unha noite cojonuda con proporción de 4 a 1 mulleres-homes e 40 a 1 cubalibres-fígados, tampouco vale pa contar nada do que pasou, ergo pasamos á noite do domingo, donde 3 valientes fixemos honor ós mandamentos do bló e fumos santificar as festas, moi ben a Panorama e mellor a morena que canta con eles, pero os precios de Chelo e o frío contribuiron a unha retirada táctica, para voltar o luns, como non, á sardiñada, comida gratis e piksinas cachondas, mellor?...nada. Cando morra quero donar o meu fígado a Jonnhie Walker, que como di Quique San Francisco, "Mecagondios, bien lo tienen merecido".

7 jul 2007

DA NADA Á PRESIDENZA DO GOBERNO


Hotman

É incribel, no día de onte saiu no diario El Retroceso, unha espeluznante noticia, o nomeamento do novo Secretario Xeral Provincial do PP. Con todos vós......¡ O señor Balseiroooo!!!!. Impresionante. Este magnífico xornal retrata a noticia como un novo impulso político para un notabel “batallador”. É dicir un sachador e bregador da política. Non estamos a falar dunha persoa calquera, senón do inigualabel, carismático, e valedor señor Balseiro. O cal ostenta os seguintes cargos: 1er Tenente Alcalde do EXCMO. Concello de Cervo, coordinador comarcal do PP na Mariña Occidental, Parlamentario Autonómico, onde exerce como “portavoz” da Comisión de Pesca, e finalmente, nomeado Secretario Provincial do PP de Lugo. Para que digan que o poder non é un vicio. Como dicia Amarillo S, vaea chaketa que nos está facendo o Balseiro.

Parece ser que isto de non ter ningún tipo de previa praparación política está de moda. E parece ser que o que o que hai que facer, é botarlle dous pares de collós e pista. Se cola colou, e parece que foi así. Xa que de ser un corriente camareiro a codearse cos altos cargos do PP, creo que lle hai que botar máis de dous pares e punto. E sendo anos atrais militante do PSOE. Hai que joderse. Pero bueno, isto é o que hai.

Outro aspecto que me me impactou bastante foi que unha vez nomeado con dito cargo, todos os compañeiros de partido, incluíndo a super Nuñez Feijoo, dixeron unhas verbas de apoio e agradezemento ó señor Balseiro. E éste tan cordial coma sempre e coa “facilidade de palabara que el posee”, non tivo a consideración de argumentar ningún tipo de declaración ó respeto. Eu en parte o comprendo. Xa me imaxino a toda a cámara copular totalmente “parapléghica”. En fin, isto da política é un choeo

PD: despois de tantos cargos ó seu lombo, eu pregunto...¿Canto se levantará o señor Balseiro mensualmente? (incluíno dietas e kilometraxe).PD. ¿Presentarase ás próximas eleccións da Xunta? ¿e do Goberno? (será moito)

VIVA A REVOLUCOM: ORTIGUEIRA 07. xogador de chica.

15.00. Ahí estamos na parada do tren, coas camisetas do Lacós, escoitando a Jimi Hendrix q ten Amarillo no taléfono e tratando de dirimir cómo vai ser a borrachera (iso é o único que temos claro), se a base de cervexa, viño ou cubalibrels... De repente, chega él. SLAYER.

16.30. Logo dun viaxe amenizado polas múltiples batallas do Rey de Copas, Chegamos a Ortigüera e comezamos a buscar o visio, facendo garrafóns de motxo co tremendo invento duns tubos de plástico de 2m da ferretería, que permiten beber sen ter que aguantar da trapallada. Éxito criminal. Chóvennos as fotos; periódicos, guiris, a abuela que sacou a pasear o palleirán... Obrigado mencionar o sombreiro de vaquero negro que mercou Amarillo S.; tenemos un Bunbury entre nosotros.

17.30. Inolvidable. O Rey de Copas baila con inigualable estilo e plasticidade ó son de Flook, que proban son. A felicidade débese parecer bastante a isto. Hai vídeos, hai vídeos!!!

18.00. Diante do escenario coñecemos uns arzaquiyoariquitaun que se achegan impresionados pola sinxeleza e efectividade dos tubitos. Botámonos unhas risas, son moito. Debatimos sobre as cualidades achicadoras do Rey de Copas, cagámonos mil veces na Cruzcampo ensalzando a Estrella. Logo dunha media hora chega o último deles, rezagao porque se quedou sacando unhas fotos co guitarrista de Flook. Resulta ser un grande coñecedor do folk celta. Ademáis, danos una lección de inglés en toda regla cando pronuncia Fluk e non Flok, como levabamos tres horas facendo. O motxo comeza a facer efecto e penso en introducilo no marabilloso universo de Xistra, idea que descarto no último momento.

19.00. O señor Blanco e máis eu damos unha volta polos postos do pé do escenario. Non só os hai de hippies, tamén os hai de Sanidá promovendo o sexo seguro ou de promoción dun festival cántabro ó que acudirá, qué fuerte, Susana Seivane. Facemos gracia, desenvolvémonos, piamos (quen atende son todo mulleres). Cargamos a caixa con clase e estilo. Á volta parecemos vendedores ambulantes, pois o paseo saldouse con dúas camisetas gratis (Quérote -con condón-, que poñemos ó instante, e Fala Galego), un par de profiláuticos ROMEO que nos regala a cañonísima que atende e un chaveiro coa bandeira da República. Ole.

20.00. Xa cheos coma cas, acabamos nos bares do pobo conseguindo o imposible: que uns bunenobus declarados como blues acaben por cantar a Rianxeira ou Gustavo López, lo lo lo lo lo lo. Todo é aludir ó indiscutíbel carácter de nacóm da Galiza, que nos enche de orgullo a todos, incluindo a un inglés que di ser o meu xemelgo (que feo é o cabrón) e que fala castelán coma se nacese en Torremolinos. A partir de ahí sucéndense os cánticos. Galicia é un puntiño que non se ve no mapa, pero bebendo viño conócenos o Papa. Vivir en la Coru que bonito es (nós cantamos en Cervo, por supuesto), andar de parranda y dormir de pié, y dormir de pié y dormir de pié, vivir en la Coru que bonito es. Churras churras churras, que jallu é. E Güerve a mi lao, sorra.


21.00. Recargamos pilas comprando, ante a terríbel e cruel ausencia de Velero Añejo Superior, Cacique. Acto seguido ceamos no peor bar entre tódolos da vila, que escollemos especialmente para a ocasión. Ración infame de ensaladilla e bocata de pan rancio. Delicatessen.

22.30. Xa tamos nos conciertos. Banda de Gaitas de Ortigüera. Ritmo de drinkamiento infernal no medio dos papás e mamás ortigueirenses con sus respectivos retoños. Non, non hai ningún outro grupo de borrachos noxíbeles coma nós. En todo caso, os tubitos procúrannos outra vez a simpatía do respectable. Ande yo caliente y ríase la gente. Ay, esta juventú.

00.30. Isto xa é outra cousa. A molimeirada toma a praza. Os escoceses, que non sabemos como se chaman, dan caña. Hay empuxóns, abrazos, presentacións, aturuxos, chuchos, berros galizaceibarios. Bebemos. Piamos. Comezamos por unha holandesa criminalísima que vive en Santiago. Falamos da capital revoluconaria. Está cañona. Brindamos. Ten un fillo. Glups. Amarillo comprou unha bandeira da revolucóm que poñerá unha vez alomenos a metade dos asistentes ao festival. Subímonos uns enriba outros, con dos cojones, sen importarnos o lamentábel tordeamiento do pilar. Aplaudimos. Vamos, chavaleeeeeeees. Un cacho máis tarde, coñecemos a unhas riojanas que nos dan de beber da bota (perdición!!!). Magníficos anfitriones, dámoslles a probar do tubito. Achégome a unha delas. Píolle.

01.30. Sigo a piarlle, mentres Amarillo e Mr. White gradan o campo. Rise. Ríome. Bebemos. Facémonos fotos. Ponme coma un burro. Unha desas piquiniñas con algo. Píolle. Rise. Ríome. Dime que nos temos que quedar ata domingo. Fua, fuaaaaaaaa. Isto marcha.

02.00. Aparece en escena un francés que parece unha estrela de cine. Vennos falar. Non se lle entende un carallo, cousa que a riojana corrobora. Vaise (pero sen irse de todo). A tía dime que o tipo está tremendísimo. Noto que a conversación perde interese (para ela). En van intento reactivala. Lercha. Lurpia. Cabrón.

03.30. Seguimos multiplicándonos, sen perder de vista ás riojanas e probando da bota, pero los mejores años de nuestra vida xa pasaron por culpa do montón de xurro do francés, que vuelve a la carga (muerte al invasor!!!!!!!!!). Éntrame a nostalxia, que finaliza no preciso instante de visualizar unha morena que mete miedo.

05.00. Acaban os concertos e toman a rúa os gaiteiros espontáneos, moitos dos cales son piksis. Exercitamos o arte do baile revoluconario, cun marabilloso e extenso repertorio de picados (no caso de algún, patadas ao aire). Un pouco máis tarde, Mr. White e máis eu, odres de excepción, imos por unha hamburguesa, desbotando comer os míticos bocatas de criollos rebentóns con sustancia, feitos polas mans de quen acaba de botar unha mexada. Toqueón criminal e insoportable para os merdáns: Amarillo S. vai de pasarrúas cos tipos dos bongós.

06.30 Chegamos á estación de tren. Que facedes aquí esperando se Sandino non traballa esta zona, etc. etc. Toqueón.

08.00. Aparece Amarillo. Disque papou unha eslovaca cañona (creerémosllo???, he, he), pero ven de Crying Freeman cual tras derrota musera, porque non puido rematar a fechoría. Os intentos do flaco ("Tienda?") foron respondidos con negativas pola demónea ("Fiesta"). A tristeza dura pouco, porque aparece en breves instantes un clon yonki do pai do Sr. Blanco, co mesmo corte de pelo e as mesmas gafas, pero flaquísimo, con barba de Barrabás, camiseta militar e pantalóns de campana que lle quedan cortos (!!!!!!). Aproveita e divírtete, tío, dille Amarillo. O tipo sonríe, balbucea non sei qué e chócalle a man. Acórdate ben do que che digo, maña é outro día... E pó que che queda... Como resposta demoledora ó vacile, o yonki volve a sorrir e saca un curioso instrumento que parece inofensivo pero que acabará sacando el sonido del infierno. Que mal toca o cabrón.

09.25. Entramos no tren. Amarillo S. comeza a ristra de chistes mesóghenos ante a admiración e desprecio do público (a partes iguais). E vamos tirando. Ata o ano que ven.

6 jul 2007

LA TIERRA PROMETIDA. xogador de chica


En breves instantes partiremos hacia Ortigüera!!! O tren cheo de piksis chámandose puto hijo de puta e de vivarienses dicíndose que hai que espabilar la trucha, mazaroco, será o primeiro e glorioso tramo da aventura. Trateremos de deixar o listón seutario ben alto. Para iso contamos coas bazas do novo pelasssssssso de Amarillo S. que, logo de cortar as melenas estilo malo de Harry Potter, causará sensación; a facilidade de Mr. White para desenvolverse en conversacións absurdas (tales como a preferencia do poxigo de corredera frente ao xiratorio); ou a tez morena do Xogador de Chica, que fará que o confundan outras setenta e catro veces cun irlandés. Tamén, e por suposto, a cervexa, o whiske, o ron ou o motxo en cantidades industriais axudarán a este propósito, ós que esperemos que invite o alcalde, home tremendamente xeneroso cando se fala de cheas. Pero volveremos. E volveremos vivos. Pas Festas da Venta. Hobe!!!!!! Faltaría plus.

4 jul 2007

OS CASADEIROS>>Amarillo S.


Xa que en breves choverá arroz por Sargadelos, preguntome eu...Quen será o próximo en abandonar o maravilloso e onanístico clan dos solteiróns? Non hai moito onde escoller, pero a algún lle tocará, seguro. Así en resposta da petición de Chinosuke de renovar a encosta "semanal", vamos ser un pouco fillosdeputa a ver que sale daquí...

VERANITO>>Amarillo S.


Como mola o verán, cañitas toda a tarde, partidas de mus toda a noite, plaia, bikinis e menifaldas, festivales, acampadas e resacas na pía. Con tanto tempo libre ponse un a pensar e solo chega a preguntas sin resposta:

Porqué ás mulleres lles da vergonza que as vexamos en roupa interior cando tapa máis que os bikinis?

Cantos litros de mexada pode chegar a haber no Torno en hora punta?

Porqué recorremos Km pa sair de marcha, baixo a bandeira de: "Vamos a _____ que alí papamos fijo" cando sabemos que o resultado é sempre o mismo?

A que hora se debe parar de beber para ser simpático sin caer deitado polas escaleiras dun pub?

Cantas cañas tomaremos entre todos o mes de agosto?

Canto tardaremos este ano en chegar andando á Maruksaina?

Que cojones quere decir o cartel das festas de Lieiro con que o lunes tocará "unha orquesta"?

Porqué, dios...porqué taparían o furado da pía?

Hasta que punto vai ser verán sin cursillistas nin o Gordo?

Bueno, que me importa a min, a disfrutar que son dous meses e pasan rápido de carallo.