31 may 2007

DÍAS DE REFLEXIÓN

HOTMAN

Xa pasaron uns días despois da victoria esperda de Alfonso Pools. Uns resultados esperados por toda a cidadanía cervense.Aínda que días antes ás elecóns algúns dábanse grandes falsas esperanzas. A política é eso, unha creación de esperanzas que despois se veñen abaixo para uns, e cúmprense para outros. Pero ó final todos gañan, e ninguén perde. Os naconalistas están contentos, porque mantiveron o concelleiro, non tan mal!!. Os socalistas tamén están contentos porque tamén mantiveron os catro concelleiros, e os popularios están polas nubes porque volven a gobernar como lles salga das bowlings. Ala... maioría absoluta, que guai, catro anos sin que ninguén nos diga nada. Buf como mola!!!!. Esto es la política.

Creo tamén que Cervo nunca tivo uns candidatos tan "fashions", (made in maderas), coma este ano, refírome claro esta ó novo alcalde, e á socalista, que quede claro eh!!!!. O concello con máis glamour da curva. E punto entedesssss!!!. Porque mirade os políticos que hai pola comarca.....Rock and Rowel por parte de Viveiro, Joselito por parte de Cervo, Laris Theroon tamén por parte do noso concello, na opo, entre outros moitos. Que guai, como mola.

Outra cousa que me chamou á atención foron os programas electorais. Todos poñían case o mesmo (centro de día para os nosos maiores (como dixeron nos mitins), escolas deportivas, melloramento do tema da auga, saneamento, alcantarillado, emprego, vivenda BUFFFFFF QUIETO, QUIETO!!!!, que concello máis wuai. Somo los mejores. E pregunto eu... ¿Dará tempo de facer todo isto e supostamente moito máis en 4 anos??? supoño que nos últimos 15 de días de lixeslatura dá tempo a todo. Pasou sempre.

PD: En fin "puedo prometer y prometo" que este artigo é polo ben dos políticos. Algún blogueiro, e repito, BLOGUEIROO por si non oen, estará pensando que tou metendo baza. Simplemente querido alcalde, que curres por e para este pobo. Por e pola xente. Non como fixo o outro. Como amigo e cervense, non te acomodes nese sillón tan grande. Porque tenta bastante. Un saúdo.

30 may 2007

LA REVOLUCOM LLEGA A LA CORU...QUE MIEDO!!! por Tresillo


Ay, ay...La Coruña, La Coruña! Quién te ha visto y quién te va ha ver!!! A "tomar polo cu" el "la, la, la...de toda la vida!". Y es que los "HOMBRES DE PACO" (I El Criminal de Grande) han salido un tanto traspuestos de las "ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2007"...pobre Conde Duque "Lousada", "vivir para contarla". Porque, "Dios Mío Quirido"...ahora tenemos que pactar con esa orda de bárbaros galaico revoluconarios; con esos patriotas idólatras de la Galiza que nos quieren imponer su decadente, molimeira, tosca y oscura lengua vernácula; con esos bolcheviques separatistas; con esos...con esos,...Ai, Dios Mío! Van a quemar las RojiQueIgualDa's, van a sodomizar la estatua de María Pita con la Torre de Hércules, van a fichar al Bosteira para el Nepotivo, adios Mozart y ahora a aguantar a Ksil Rios y Pili Panplin. ¡¡¡Donde vas Paquiño, carallo!!! ¡¡¡Te nicisitamos!!!

P.D. Por favor...INDEPENDENCIA CORUÑA YA!!!SOMOS UNA NACOM GRANDE, CRIMINAL DE LIBRE Y MOI CRISTIANA DE NUESTRO SEÑOR!!!

29 may 2007

PORQUE VEMOS MOITO HOLIVÚ. xogador de chica


Que gustirrinín dá ver o festival de Cannes, o máis chorbiguay e prestixioso do mundo do cine, polo cal pasaron algunhas das figuras máis rutilantes do universo do séutimo arte... Que categoría, que traxes, que pelassssos!!! Eiquí tamén temos as nosas estrelas, cada cual máis elegante (o letrado Doríforo, o malote Rey de Copas, o vampiro Hiper, o neosociata revoluconario Tresillo ou o neocharrero Luka Poni), pero aínda así nunca pisaremos a alfombra vermella, nin nos darán os anuteles eses a Palma de Ouro (salvo sorpresa por parte de Amarillo S.), nin tampouco escoitaremos a Pe Cruz berrando “Bosteira, Bosteiraaaaaa...” Así que pensei que non había máis remedio que elixir os nosos premios anuais da Academea (Amablita). Animo por tanto ós seutarios e seutarias a elixir ós gañadores vía comentario. Sen máis preámbulos (que clase), OS NOMINADOS SON................

MELLOR ACTOR:
-Tresillo, por... “INOCENCIA INTERRUMPIDA” (como joderlle a vida a unha preadolescente preguntándolle se iso que lle pisache era o clétores.)
-Bosteira, por... “LEYENDAS DE PASIÓN” (ou “Leyendas de Faisán”, no marco incomparábel do Painin Uan Mor...)
-Metodista, por... “EL MÉTODO” (valga a redundancia...)
-Xogador de Chica/Riojaman, por... “LAS UVAS DE LA IRA.”
-Chegouohome, por... “EL ZORRO” (cómelle os collóns, hostiaaa...)

MELLOR PELÍCULA DE FICCIÓN:
-Aquí non hai nominados, esta gáñaa o Rey de Copas sen discusión pola súa extraordinaria “BRAZIL” (que sí, joder, que mo dixeron uns amigos, que hai un 2 x 1, a 150 elorios e aforraron un mes e foron pa aló e...).

PREMIO DE HONRA DO XURADO:
-Tamén indiscutible, vencen Gordoramix e 5ths por “COCKTAIL” (ou “Cubalibrel”, toda a puta vida tras da barra aguantando de vosoutros...)

MELLOR PELÍCULA ESTRANXEIRA:
-“Gallardón” incuestionable para Luka Poni pola inconmensurábel “LA ESFERA” (a onde vas??? esfera, esfera...)

MELLOR BANDA SONORA:
-Arroz con Pito al Escondite, por... “THE LAST DAYS OF DISCO.”
-Os de Sempre DJs, por... “AQUELLOS MARAVILLOSOS AÑOS.”
-DJ R10, por... “FIEBRE DEL SÁBADO NOCHE...” (...con Chimo Bayo.)
-DJ Allá Tú, por... “POCHOLO & BORJA MARI” .

MELLOR GUIÓN:
-Novamente, gañador o Rey de Copas por “BRAZIL” (e danche entradas pá Champions...)

MELLOR PELÍCULA
-Chori & Bosteira, por... “EASY RIDER” (Busco mi destino...)
-Illman Hotman, por... “COWBOY DE MEDIANOCHE” (vou quente...)
-Amarillo S., por... “ROUNDERS” (tío, era unha boa aposta, cincuenta por cento...)
-Barrilete Cósmico, por... “EL PADRINO” (acordaste de cando te levei á casa, que ías chea como unha cadela e non tiñas con quen volver??? Pois hoxe vasnos devolver o favor...)
-Cristóbal, por... “TAXI DRIVER” (e tiña boas pernas a negra???... premio para Sandino, por suposto, como mellor actor secundario).

Alea jacta est porque o magíster dixit... E punto!!! Voten, embusteros e embusteras.

28 may 2007

PERRA VIDA A DO LEÓN>>>Amarillo S.


Ser león xa non é o de antes, corren malos tempos na sabana, antes reinaba tranquilamente entre sestas e bostezos, pero acomodouse demasiado no trono e desatendeu o reino, agora xa non hai un respeto e nin cazar se pode, ideas democráticas afloran nas mentes dos búfalos e xa non están dispostos a soportar máis anos de absolutismo. Baixo as ordes dun cocodrilo revoluconario e un pouco cabrón, están dispostos a alzarse en armas (ou cornos) no que será o maior golpe de estado da historia de África, que non é decir pouco. Este mundo estase volvendo tolo...

22 may 2007

RESULTADOS DA ENCUESTA (máis vale tarde que nunca)>>Amarillo S.


Dixo Gandalf que un Mago nunca chega nin cedo nin tarde, chega cando ten que chegar. Así que se tardei unha semana será por mis razones, que son solo mías.
Oh sorpresa! Chegou o día! Prendede a pirotecnia! Que saia o paiaso! GANARON OS PAJEROS!!!! Si señor, a paradoxa é realidade, a maioría dos desexos quedan nos rincóns máis escuros da materia gris, vendo a luz únicamente nas onanísticas ceremonias do culto á soidade. Cuan mellor nos iría de compartir estas fantasías? Unha pregunta máis para o caixón sen fondo das "sinresposta". O que está claro é que todo un clásico como o trío non merecía menos que un segundo posto con un 29% dos votos. Habería que matizar si algunhas das respostantas son partidarias da presencia doutra fémina no susodito triángulo chingatorio, cuestión ésta verdadeiramente preocupante para os meus colegas rabocolgantes. Seña como fore, se alguén dos votantes xa catou a opción, a miña máis sincera enhoraboa, se facilita dirección enviaráselle unha cesta de froita en recoñecemento a súa azaña.
O do sexo con extraños xa me colleu máis en frío, nunca pensei que chegase á nada desdeñable cuota do 17%, ca de horas que pasei en trenes, clases universitarias, cafeterías e ascensores pensando en que marca de spray antiviolación usaría esa descoñecida de procelosos ollos e senos que cuestionarían a mismísima ley de Newton, sen saber eu que 17 de cada 100 aceptarían gustosas ver os excusados na miña compañía. Que se lle vai facer...haberá que probar máis.
Facelo en público (10%) é unha opción retorcida que me encanta, da morbo, das envexa e pode que che boten moedas en plan "teatro callejero", pero sobre todo paréceme a opción máis realizable (sen pagar) de todas. A ver, non me refiro a baixar ó verde no descanso do Madrid - Barça, pero unha plaia á última hora da tarde ou un caixeiro de marcha é moi factible, todo é falalo.
Por último temos os disfraces (10%), fantasía faciliña entre os parejiles e onírica entre os pajilleres. As mulleres soen decantarse por uniformes, (a erótica do poder é inpepinable, xa escoitei que o Veterinario ta máis potente desde que ostenta...) e nos homes tiramos máis polas xa comentadas enfermeiras, colexialas ou traxes de coiro, sen olvidar a Xena, Princesa Amidala, Arwen hija de Elrond ou Mística dos X-men. O difícil sería que se disfrazaran de algo que non nos poña.
Esto é todo por esta semana, follade ben sin mirar con quen!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

18 may 2007

O COSTE DE OPORTUNIDADE. by Doríforo-perfect body-

Existe cun concepto económico moi fundamental.Quizabeis é dos primeiros termos que che ensinan e trátase dunha pregunta fixa nos exames de microeconomía.¿Que é o coste de oportunidade de algo??Respostarémola dicindo que é aquelo ó que temos que renunciar para conseguilo.

Pois ben,o meu amor polo fútbol condúxome a ter tamén o meu coste de oportunidade.Parte do mesmo son todas esas pérdidas de momentos de alegría,tristeza,complicidade,anécdotas,risas...cunha parte fundamental da miña vida,como son os meus amigos.Levo toda a vida e non me canso de estar con eles.Nunca me cansan.Nunca os olvido e sempre os estrano,e como sei que algún non é crente pois eu afánome nas miñas visitas ó templo e prego por eles,cun desexo imfinito en que me faiga algún caso.Faigo porque o merecen e de paso dou gracias por poñelos no meu camiño.

Dice algunha xente que son raros,brutos,borrachos,misoxinos,e non sei cantas cousas máis,pero eu dende a obsevación o único que atopo e que alí por donde vaian non coñecen máis que xente.Xa sexa Viveiro,Burela,San Cibrao,Lugo...É estrano que todo aquel que comparta algún tempo con eles non queira repetir.Xa sexa unha tarde de cervexas ou unha partida de mus.Unha noite de marcha ou unha simple partido de fútbol sala ou nunha pachanguiña na praia.Todos saen encantados e falando ben deles.Eu comprobeino.Un día levei a uns amigos á Queimada.Direi que do ben que falaron da xente que se atoparon ,multitude de conocidos máis xa están desexosos de vir algún día a visitarvos.

Fai algún anos definíronos coma unha secta.Eu digo que si tuvera que pagar por estar nela,non o pensaría nin un momento.Que me pasen os recibos para o que me reste de vida.

Por isto,cada vez que podo,estou con eles.Pásoo ben sempre,xa sexamos 4 ou todos.As risas están garantizadas,xa que se contará algunha anécdota nova e sinón as de tempo atráis son tan boas que ainda que repetidas fan chorar de risa.

Por iso xuntanzas coma a cea de Nadal ou a de esta semá en Santiago,reconfórtanme dun xeito especial,difícil de definir.Só que me fan sentir un tipo realmente afortunado.

Por todo o que significades para min decirvos simplemente.Moitas gracias.


Doríforo-perfecte body-

16 may 2007

A MULLER, ESA DESCOÑECIDA


A este blog fáltanlle poucas cousas. Hasta lle sobran, vaia. Pero, onde está a tan necesaria visión feminina? Quen pode axudar a sectarios e semellantes máis ca unha delas? Quen mellor ca unha experta licenciada e versada na materia dos amares e follares?

Así que non desesperedes, queridos amigos, os vosos problemas teñen solución. As vosas preguntas e dúbidas por fin teñen resposta. Porque no mundo hai moita fame e todos precisamos unha boa comida. Ou no?

Por iso, para axudar a comprender ao xénero feminino e para salvar aos posuidores dun poder de seducción limitado, para transformar as inútiles meteduras de ficha en meteduras doutras cousas e para aportar novas ideas e posibilidades, está aquí a vosa nova colaboradora, a Doutora Amor, disposta a responder a todas as vosas preguntas (dentro das súas posibilidades, pero son abondo).

Xa sabedes, se sodes dos que marcan a última resposta nas encuestas ou se tedes medo de selo algún día, se queres saber qué outras opcións hai... o buzón de comentarios queda aberto.

He dicho.


A DOUTORA AMOR

11 may 2007

RULINSTON PRODUCTIONS PRESENTA... OS CARRION BROTHERS!!!


Blogueiros, blogueiras, estou emocionado. Nunca fun un nostálxico, pero ultimamente estaba algo decepcionado coa música. Botaba de menos o descaro, a provocación. Cuan lamentable me resultou ver algúns chorbitos das novas xeracións rockeiras intentar romper a guitarra (coma fixera o líder dos Who) dunha hostia contra o amplificador... pero sen forza!!! (só así se explica que a Fendes que che dan cos cursos de CCC non rachase en mil pedazos nin ó cuarto intento). Máis nostalxia me entrou cando o vampiro de Keith Richards dixo que esnifara as cenizas de seu pai... Aínda acojonado pola noticia, pensei que os tipos de antes eran doutra pasta, e os de agora uns chuliweys sen carisma nin sustancia. Pero alguén me fixo recuperar a fe, descubríndome a nova esperanza para quenes buscan, na composición musical, uns collóns coma balóns de plaia... VAIA BESTAS!!!!!!!

Desde Ecuador presentamos, damas e cabaleiros, ós CARRIÓN BROTHERS!!! Estes elementos van dar que falar, seguro que sí!!! Ahí vai un temazo espectacular... “Guararey, Guararey, Guararey (La tierra del sucu sucu)”... (por certo, que será o sucu sucu?, he, he). Que dicir? Máis alá do vídeo (chapeau!!!), das chorbitas que saen, da vestimenta (oooooooh) e da coidada coreografía, aspectos que xa valerían por sí sós, o importante é a canción. Neste tema hai paus para todo aquel (mellor dito, toda aquela) que queira levar. Os tipos empezan por AMEAZAR ÁS SOGRAS. Sí, sí, AMEAZAR ÁS SOGRAS. Por que a eles non os chulea nin Dios, entendesssss??? “A las suegritas, que cuiden a sus hijitas... Todas las mamitas creen / que sus hijas son doncellas / cuantas veces habrán visto / boca arriba las estrellas”. Ennnndiosssss!!! (por certo, criminal a tipa abrazada a mamá mentres guiña o ollo á cámara cual perra...) A partir de ahí todo se desata: o baile, a competición de chistes misóghenos, versos de profunda sensibilidade animaliña... OH POESÍA!!! Xa non conto máis, creo que o aperitivo é suficientemente atractivo para ver o clip... Por certo señoras, coidado coa dixestión.
Y a gozar con el picarmeneo!!!

CRÉDITOS. Rulinstón dá gracias a ese enorme Rácing de Santander que é o Sr. Blanco, exquisito descubridor de novos talentos e que nos puxo ó tanto da prometedora carreira destes xenios.

quemeimportaamin ©

AGRICULTURA COPULAR, VOL. 1. EL CURRO DE LA PATATA (coa venia de Tresillo) ~xogador de chica~


Logo da prometedora introducción e en vista de que esto estanca, aquí deixo a primeira entrega da Agricultura Copular (A recollida das patacas), que levaba meses podrecendo no ordeñador, animando a Tresillo (tamén a quen se tercie) a que complete este artigo coa súa visión, xa que, igual que hai xente que xoga ó parchís comendo tripis en lugar de fichas, en cada casa hai unha recollida das patacas (e unha posta). E incítote (órdago!!!) para acabar o da matanza algún día.

O DÍA D. O primeiro paso do ritual, obrigado, é o visionado da edición semanal de “O Agro” de Anxo Quintela, que non aporta información ningunha, pero que ten unha melodía de inicio que te cagas. Logo, hai que ver a Pemán para delimitar o día da recollida. Esto serve para ir ó tarreo o día de máis calor de toda a semana, xusto ese no que dixo o superhome do tempo que habería “temperaturas suaves en toda a franxa bosteira.” Acto seguido, a muller debe tomar o pulso da actualidade do mundo rosa; nin Tomate nin mariconadas, trátase de saber que pasou coa filla do Pancracio, que quedou preñada ós quince do cuarentón co que estaba arrimada, ou co neto de Eleuteria, que disque cambiou pola drogha os chupa chús. Isto é de vital importancia para o éxito da empresa. As mulleres teñen que ter conversa nos descansos da batalla, porque axuda a liberar tensións e garante un mellor rendemento. Os homes non necesitan disto, abóndalles co ritual skohólico e con maxinar a partida de tute. Xa só queda avisar ós veciños, desenterrar a hacha de guerra con aqueles cos que non te falas polo ferrado do Outeiro. “Pero é que me roubache o trator”, “Diso xa fai tempo ho, pataca minuta,” “oi, que carallo... hai coñá?”, “home e logo!!!”, “pois veña”. Vestimenta de ocasión e avante toda cara o tarreo.

DISPOSICIÓN TÁCTICA. Norma número 1. Nunca te poñas diante do raño. Norma número 2. Papá é o jefe e leva o tractor e o arado, por moito que conduza como o cú, por moito que lle faga cuarenta fillos a cada rego. Nin yo piloto mazo mejor, viejo, que le saqué una décima por vuelta al McCoy, nin hostias en vinagre; aínda hai clases. Polo tanto, o organigrama queda do seguinte xeito: papá no tractor, mamá no sacho, algún dos fillos e os veciños máis veteranos tamén co raño (ou sacho), e o resto (véxase, fundamentalmente, moheres y niños), a apañar cos caldeiros. Fundamental: o traedor/a de bebidas, que pode ser a patrona, ou máis ben o inútil do tarreo, ese/a primo/a da cidade que veu ás patacas agarrado por unha orella, ou o típico amigo/a da familia veraneante que también quiere ser partícipe de la cultura gallega (e que nunca volve). Tamén imprescindíbel ese veciño que, polo que fose, non puido vir a tempo de traballar, pero sí de tocar o carallo: “ese rego ten un fillo... así non é... tá mal apañao... ”
O mecanismo é simple; o proxenitor pasa o arado co tractor, mentres algúns dos presentes van detrás apañando as patacas que libera. Sempre hai un que vai colgado do arado coma se pesase 300 kilos (na maioría dos casos non é así) e poidese facer un chantón criminal; laboura inútil donde las haya, sen embargo queda quinindiola, es una especie de surfero del tarreo. Cando alguén se monte do arado, non tentes negociar con él en vista dos escasos resultados; mólalle, e non vas ser capaz de sacalo. Unha vez recollidas todas as potatos que deixou o rego aberto, veñen os artistas do sacho (os Zidanes) e os obreiros do caldeiro (os Pavones). E ó carro (ou ós sacos, grandísima putada).

A SKOL. Sexa quen sexa a parenta da casa, e a pesar de meter todo na nevera... misterio!!!, alabado sea Diós, esto es cosa del Demóneo, TODO vai estar quente coma o caldo. Así que cando apreta o Lorenzo, levas oito regos e toca descanso, as túas expectativas de beber unha boa cerveciñafría vanse esvaecer ó ver o que che espera: 1) unha caldupada, 2) que ademáis é unha Skol (putos holandeses...). Mentres as mulleres lle dán ó Kas Lemon ou á clarita, os máis veteranos aúllan “Gondiós, que ben sabe esta merda”, e ti tratas de entender o conceuto de onde esta a exquisitez (si acaso o alivio), pero non hai maneira; son xente doutra pasta, prefiren o Coto Serano ó Ribera del Duero. A segunda parte é a mellor, cando os protagonistas, cos papos rubos e os ollos brillantes, se dedican máis a discutir ou vacilarse que a traballar. (“E seica o trator anda torto”, “cala a boca, que tas agarrando o sacho polo fío”.)
Na cea-reunión (empanadas, tortillas, ensaladilla, chourizos, sardiñas, torresmos) que hai despois do tarreo -e da eterna ducha-, xa todos cheos/as coma cas/cadelas, dirímense os rumores tomatianos comentados no descanso, quen gañará a Liga, a partida de tute, e o tema favorito... OS PARENTESCOS!!!. Ahí seguirá a Skol (quente), pero xa terás Coca Cola (fría!!!), que che sentará de medo pero que servirá tamén para que os veteranos te humillen públicamente: “home, á túa edá andar aínda bebendo esas mariconadas...”

Ríndete, non podes con eles.

10 may 2007

RESULTADOS DA ENCUESTA>Amarillo S.


Cada semana tardo máis en publicar esta sección "semanal", pero (nunca pensei decir ecto) e que estou de traballo ata as cellas, así que espero que perdonedes o retraso, e si non súdama.
Vamos ó tema, que o hai. Como se pode explicar que a maioría (38%) prefira mirar po teito? Esto quere decir que nun polvo estándar (primeiro arriba e logo abaixo) só gozades de auténtico placer o a metade do tempo, o cal implica certa dificultade para laiar ó unísono; e manteño esto porque únicamente o 8% gustan de empuxar hacia abaixo, benditos sexades, tedes moitas posibilidades de que vos toque sudar cos do primeiro grupo, na Universidade de Michigan chámanlle a esto "Coitus Perfectus" e igual ata acabades xuntos coma nas pinículas (de ciencia ficción). Vamos, en resúmen, que está moi descompensao o tema misioneiro, e aventúrome a decir que son os homes os que acostuman a pringar facendo flexións nas relacións esporádicas, xa que ata faríamos o pinopuente se con eso vos deixades. Como sempre dixen: Elas teñen a sartén polo MANGO, e ó carallo. Das relacións serias xa non digo nada, acostuma estar pacatdo con anterioridade (ontes tocoume a min...).
Non esperaba menos da mítica postura Vinteuñas (perrito, pos non iniciados), todo un 33%, si é que é a mellor. Cansa pouco, presta moito e ten ventaxas varias como a posibilidade de comer un chuletón na espalda da interfecta ou pegarlle fotos na nuca para maior estimulación, moi recomendado no caso de mulleres Langostino Tigre (boas cachas, pero cara de Uruk Hai). Só unha advertencia para esta fermosa postura, aconséllase poñer música para evitar escoitar ese hipnótico ruido que fan os gitanales masculinos ó chocar...alí donde chocan, este leve aplauso (que non se da sempre) resulta bastante gracioso e pode arruinar o polvo.
Acerca do chamado Helicóptero, voume limitar a preguntarlle á persona que votou o seu sexo. En caso de ser muller estou interesadísimo no seu número de teléfono para informarme mellor acerca deste apasionante tema (revolucións por minuto necesarias para comletar 360º coa inercia, etc...).
E si, incluso podendo escoller postura, 7 intrépidos optaron polo onanismo, en plan Juan Palomo. Si queres que algo se faga ben...

9 may 2007

Carta aberta a Faragullas (e aos que a queiran ler) en resposta ao seu comentario sobre Ásnar. Tresillo.


Ben prezado Faragullas, como ti ben sabes tanto o heterónimo como o homónimo (tresillo e máis eu) pintamos vermello, sease, somos de esquerdas. Claro, en principio esto non di nada, só implica un factor de diferenciación detrais dunha denominación ou marca. Eu creo que moitos confunden o mundo progre coa esquerda e pouca xente sabería ben dicir que é ser ou que é a esquerda.

Cando plantexas a discusión sobre a lei do tabaco, a lei do tráfico e a lei do alcohol, falas de dous campos distintos da acción instrumental do estado, acción do goberno a través do parlamento (acción executiva a través do poder lexislativo). No caso da regulación do consumo do tabaco e no intento de regulación do alcohol, o estado está a intervir directamente sobre os dereitos dos cidadáns (sexan maioría ou minoría) entre outros dereitos. Loxicamente, este intervencionismo responde a cuestións de ética cívica, pero proxectase sobre os dereitos e liberdades individuais, o cal sempre conleva riscos. No caso do tráfico, a regulación non se proxecta sobre tales dereitos e liberdades individuais, senón sobre un dereito colectivo á seguridade; a carretera non é propiedade dos individuos e de carácter público, logo, ninguén pode exercer dereitos subxectivos sobre ela. O modo de conducir debe vir sempre determinado polo estado e non pola autonomía da vontade de cada cidadán, en pura lóxica. Volvendo sobre o primeiro caso, evidentemente non hai un dereito a beber, nin un dereito a fumar, pero si hai un dereito ao desenrolo libre da personalidade, o cal implica que cada quen fai co seu corpo o que quere, ata este punto, ningún estado pode prohibir a conducta individual de cada un. Pero toda liberdade ou dereito ten os seus límites, os cales, xeralmente son moi difusos. A cuestión é que o dereito á saúde pública (dereito colectivo) dalgún xeito debe limitar o consumo dun producto como o tabaco en espacios públicos pechados, mesmo espacios privados onde se desenrolan actividades laborais. Pero a cuestión controvertida, para min cando menos, é que o Estado non pode chegar a determinar que tipo de productos "legais" (por moi nocivos que sexan) se poden consumir nun local de ocio (sector hostelería, basicamente): primeiro, porque limitan os dereitos do empresario de exercitar libremente a súa actividade comercial e segundo, porque límita o dereito a consumir un producto aos individuos nun espacio non público onde o acceso é absolutamente voluntario (un non fumador pode elexir ir ou non ir). Creo que a lei do tabaco parte dunha boa intención, sen embargo ao final parece criminalizar a figura do fumador (non así a das multinacionais tabaqueiras), e esto non é propio dun estado democrático e social coma o noso.

Falaba antes de que a xente non sabe moi ben o que significa ser de esquerdas (bueno, igual eu tampouco); sen pretender establecer aquí ningunha tese e tentando apartarme de reduccionismos, hoxe en día, (a esquerda moderna), o significado de facto do "pensamento de esquerdas" é o intento de reducir as diferencias económicas entre clases; para tal obxectivo trátase de tomar medidas para redistribuir a riqueza; as personas de clase alta (personas que poseen máis riquezas que a media) requíreselle pagar impostos máis altos que a media das personas dese país, co fin de distribuir a riqueza na sociedade e ofrecer ou facilitar oportunidades que individuos de clase baixa non podrían ter. Dende esta perspectiva xustifícase que nun estado social e democrático de dereito exista unha seguridade social que realiza transferencias vía subsidios (xubilacións, prestacións por desemprego, por invalidez, maternidade, etc.), un sistema educativo público e unha sanidade pública. Os tres pilares que sustentan a acción da ideoloxía de esquerdas. Baixo o meu punto de vista, o intervencionismo do estado debe ter acción neste campo e non así nos dereitos e liberdades dos individuos, máis alá do estrictamente determinado polos dereitos fundamentais do home e dos dereitos colectivos dunha sociedade, que establecen límites necesarios.

Finalmente, tras extenderme tanto (podedes voltar a facer unha crítica sobre isto) o problema da dereita disque liberal (neoconservadurismo, neoliberalismo) é que xa non é que postule cuestións retrogadas no ámbeto ético e moral, senón que o perigo é que queren baciar de contido ao propio Estado social e democrático. Dende a súa perspectiva o Estado non está nin máis nin menos que para protexer os intereses das grandes empresas, do gran capital e consideran que a sociedade e perfectamente capaz de autoregularse e repartir a riqueza que xenera. Ata diría que o neoliberalismo supera con creces ao liberalismo de finais do S.XIX e comezos do XX (o cal fracasou estrepitosamente, duas guerras mundiais e o crack do 1929 confírmano); digo que o supera, porque se daquela o estado tiña a función de protexer a propiedade privada, a seguridade interior do país e as fronteiras con outros estados, hoxe os neocon pretenden que o estado utilice os seus mecanismos de defensa externa só para defender os seus intereses económicos no exterior (vexase EE.UU e Irak ou Latino América), importándolles ben pouco a seguridade e dereitos cidadás (a policía son funcionarios, logo son gasto público, que cada quen pague a súa seguridade) e menos aínda o sistema social de garantías (impostos, carga para o capital).

8 may 2007

MIRA QUE NOS GUSTAN AS LISTAS>Amarillo S.


Teño un principio filosófico que igual naide rexistrou todavía: "O ser humano gústanlle as listas por naturaleza", refírome ós top 5, ós 10 máis destacados ou os 100 mellores calquera-cousa da historia. A min, chamádeme tolo, encántame cando atopo unha nova. A que me suxiriu esta entrada foi a lista dos 101 mellores guións da historia do cine, feita por Yankis, está claro. Hai un morbazo en ver como os chamados entendidos expoñen o seu coñecemento en algo tan impepinable como esto (ésta en cuestión ten cada animalada que tembla o misterio). Acordeime da pinícula "Alta Fidelidad" (moi recomendable) que trata dun tipo obsesionado con facer Top 5 personales. E pa máis Inri, fai unha semana boteille unha olleada ó infumable libro "100 libros que todo el mundo debería leer" ou algo así se chamaba. Tenme moita gracia a obsesión de intentar abarcar o inabarcable, pero tócame os güevos que sempre señan números redondos. Se fixera as miñas propias listas personais buscaría o número que máis me conveña para cada unha. Así podería facer as 16 e media mellores cagadas da miña vida, o ranking dos mellores 4 platos de macarróns que cociñei descalzo ou os 38 peores cabezazos que me metín contra o extractor de fumes. De que cojones me ía servir? ainda non o sei, pero fijo que as habíades leer. Así que déixovos co Top 3 "GRUPOS MUSICALES QUE ODIO PERO QUE CANTEI ALGUNHA VEZ PROBABLEMENTE BORRACHO":

#3- Las Ketchup. O peor e que por encima de odialas non sabía nin tres letras do infernal estrebillo, o que convirteu o momento en máis deplorable, si cabe.

#2- La Oreja de Van Gogh. Non me estraña que escollerán o nome dunha orella amputada, dice moito do seu estilo musical.

#1- El Canto del Loco. Diosss, que supercanalla me sentín!

7 may 2007

PORQUE YO TE "I LOVE YOU" por Tresillo




Para os enconados, dora píldoras, perritos falderos, sometidos á dictadura absurda do victimismo, para os que as entenden ou fan que as entenden, para os que sufren en silencio os seus egos falsamente humillados polo espello...para todos vós,


MERAVIGLIOSA CREATURA (Gianna Nannini): http://www.youtube.com/watch?v=d8sdphoL-8M

Molti mari e fiumi//Attraverserò//dentro la tua terra//mi ritroverai//turbini e tempeste//io cavalcheròvolerò//tra i fulmini//per averti//Meravigliosa creatura sei sola al mondo//meravigliosa paura d'averti accanto//occhi di sole mi bruciano in mezzo al cuore//amore è vita meravigliosa//Luce dei miei occhi//brilla su di me//voglio mille lune per accarezzarti//pendo dai tuoi sogni//veglio su di tenon svegliarti non svegliartinon svegliarti .... ancora//Meravigliosa creatura sei sola al mondo//meravigliosa paura d'averti accanto//occhi di sole mi tremano le parole//amore è vita meravigliosa//Meravigliosa creatura un bacio lento//meravigliosa paura d'averti accanto//all'improvviso tu scendi nel paradiso//muoio d'amore meraviglioso//Meravigliosa creatura//meravigliosa//occhi di sole mi bruciano in mezzo al cuore//amore è vita meravigliosa.

MARAVILLOSA CRIATURA (letra - traducción)

Moitos mares e rios//atravesarei//Dentro da túa terra//rencontrarasme//Remuiños e tempestades//Eu cabalgarei//Volarei entre os raios//Para terte//Maravillosa criatura estás soa no mundo//Maravilloso medo de terte cerca//Ollos de sol queimanme no medio do corazón//Amor é vida maravillosa//Luz dos meus ollos//Brilla sobre min//Quero mil luas//Para acariciarte//Pendo dos teus soños//Velo sobre ti//Non te espertes, non te espertes//Non te espertes...ainda//Maravillosa criatura estás soa no mundo,//Maravilloso medo de terte cerca//Ollos de sol témblanme as palabras//Amor é vida maravillosa//Maravillosa criatura un bico lento//Maravilloso medo de terte cerca//De repente ti baixas ao paraíso//Morro de amor maravilloso//Maravillosa criatura//Maravillosa//Ollos de sol queimanme no medio do corazón//Amor eres vida maravillosa.

Para os amargados, para os pajilleros, para os idealistas, para os onanistas creadores de soños, para os que non papan nin deixan papar, para os rexeitados (unha e outra vez), para os inadaptados,...para todos nós,

NESSUN DORMA- Puccini - Fragmento da Ópera "Turandot" de Puccini: http://www.youtube.com/watch?v=VATmgtmR5o4


Il principe ignoto: Nessun dorma!... Tu pure, o Principessa,//Nella tua fredda stanza//Guardi le stelle//Che tremano d'amore e di speranza.//Ma il mio mistero è chiuso in me,//Il nome mio nessun saprà!//Solo quando la luce splenderà, (Puccini: Sulla tua bocca lo dirò) //Sulla tua bocca lo dirò fremente!... (Puccini: Quando la luce splenderà!) //Ed il mio bacio scioglierà il silenzio
Che ti fa mia!...
Voci di donne:Il nome suo nessun saprà...//E noi dovremo, ahimè, morir!...
Il principe ignoto:Dilegua, o notte!... Tramontate, stelle!...//All'alba vincerò!...

Traducción:


O príncipe ignoto: ¡Que ninguén durma! ¡Que ninguén durma! Tampouco ti, oh, Princesa,
no teu frío cuarto//miras as estrelas//que temblan de amor e de esperanza... //Pero o meu misterio está pechado en min,//o meu nome ninguén o saberá!//¡Non, non, só cando a luz brille (Puccini:sobre a túa boca direino,) //Sobre a túa boca direino tembloroso...(Puccini: cando a luz brille!) //E o meu bico romperá o silencio//que te fai miña.
Voces de mulleres:Seu nome ninguén o saberá...//E nosoutras, ai, deberemos, morrer, morrer!
O príncipe ignoto: ¡Desaparece, oh noite! ¡Póñanse, estrelas!//¡Tramontade, estrelas! ¡A alba vencerei!//¡Vencerei! Vencerei!

Para ti e para min, sectario de pro,

ME CAGO EN EL AMOR - Tonino Cartone: http://www.youtube.com/watch?v=7tkLc2npBZg

E' un mondo difficile//e vita intensa//felicita' a momenti//e futuro incerto//il fuoco e l'acqua//con certa calma//serata di vento//e nostra piccola vita//e nostro grande cuore//Porque voy a creer yo en el amor/si non me entiende no me comprenden tal como yo soy//Porque voy a creer yo en el amor//si me traiciona y me abandona cuando major estoy//No sabemos muy bien entre tu y yo//y aunque parezca no tienes la culpa la culpa es del amor//E' un mondo difficile//e vita intensa//felicita' a momentie futuro incerto//No puedo convencer a mi corazon//si yo no dudo y estoy seguro que el tiene razon//No voy a asesinar esa sensacion//si yo la quiero yo la deseo aunque me de' dolor//Yo no quiero sufrir pero aqui' estoy//y estoy sufriendo y no me arrepiento me cago en el amor//E' un mondo difficile//e vita intensa//felicita' a momentie futuro incerto//il fuoco e l'acqua//con certa calma//serata di vento//e nostra piccola vita//e nostro grande cuore//Porque voy a creer yo en el amor//si non me entiende no me comprenden tal como soy yo//Porque voy a creer yo en el amor//si me traiciona y me abandona cuando major estoy//No sabemos muy bien entre tu y yo//y aunque parezca no tienes la culpa la culpa es del amor//Yo no quiero sufrir pero aqui' estoy//y estoy sufriendo y no me arrepiento (me cago en el amor) me cago en el amor//Me cago en el amor//Me cago en el amor//Vita mia//E' un mondo difficile.
AMIGAS MIAS, PRINCESAS DE UN CUENTO SUPER MEGA INFINITO...PORQUE YO OS "I LOVE YOU"...http://www.youtube.com/watch?v=5LoLlRcLwms
by Tresillo

4 may 2007

JOSEMARI, ESE REVOLUCONARIO ·····xogador de chica·····


“A mi no me gusta que me digan ‘no puede ir usted a tal velocidad’, ‘no puede comer hamburguesas de tanto’ o ‘se le prohíbe beber vino’, déjeme que decida por mí, que eso es la libertad.” “Es como los letreros que dicen ‘No podemos conducir por ti’ (referencia á campaña da DGT). ¿Quién te ha pedido a ti que conduzcas tú por mí? Las copas de vino que me tomo, déjeme que me las tome tranquilamente; no pongo en riesgo a nadie.” (José María Aznar, na Academia do Viño de Castela e León).

E ó carallo!!! Verdadeiramente, Jose Mari tíñanos enganados. El, que parecía un fachilla da vella escuela, un paternalista da life, un nostálxico da dictadura... El, que parecía pasarse polo forro dos huevos a liberdade de expresión (véxase caso “CQC”, vetos a "El País") e a opinión pública (véxase Guerra de Irak, L.O.U., etc. etc.)... El... El... EL É UN ANTIPROHIBICIONISTA, UN REVOLUCONARIO, UN HIPPIE!!! (pronúnciese ghipié, coma miña avoa que en paz estea; eso dos jipis só o din en yankilandia).

Recoñezo que pensaba que a esquerda estaba falta de referentes, pero agora... Joder, que alivio!!! Ahí temos un novo Lennon, o Bob Marley do século XXI, o relevo do Che, Sartre, Nelson Mandela e demáis axitadores das mentes adormecidas! Se queres a legalización dos petardos, VOTA JOSEMARI!!! (por certo, en que Partido te alineas agora, tío?). Se queres que o Estado impulse o botellón con chupito de anís e faria, VOTA JOSEMARI!!! Se queres que che den un premio por conducir en plan "esta noche no me acuesto que vengo de borrachera" (e que me importa a min se a curva é pa esquerda ou pa dereita)... VOTA JOSEMARI!!! (e cóntalle "ós do Betis", con acento de Paco Vázquez -non che vai saír outro-, iso de "usté déheme que me tome mis jopas de vino trancjilamente, je yo no hago mal a nadie"). Porque (agora) a liberdade é elixir por un mesmo!!! Xa o anticipou Juan José Millás: "igual que los no fumadores son los mejores activos en la lucha para erradicar la lacra del tabaco, aquellos que recelaban de la Constitución son los que nos salvarán de la caída de la democracia." Tamén me ven á mente, sabe Dios por que, unha frase de Groucho Marx: "estes son mis principios; si no le gustan, tengo otros." Recoñezo que estou ansioso: para cando unha entrevista con Quintero narrando a experiencia co L.S.D.? Faría orgías con Zaplana, Acebes, a Botella... e dona Espeeeeee????

En fin, respirade tranquilos, blogueiras e blogueiros. Porque Chema, alma inquieta, é o líder que nos ha de salvar deste mundo retrógrado e castrador... das liberdades. ESTÁ PROHIBIDO PROHIBIR!!!

P.D. Necesita ou non necesita sección para el soíño?

O ORÁCULO>Amarillo S.


Vou aforrar o traballo do domingo de facer a crónica a unha noite anunciada, así que cual Mario Picazzo estas son as miñas previsións para o sábado:

16:15- Xuntanza no Caseto, unhos café e outros cañita.

16:45- Empeza o mus, os que non saben queixanse, séntanse arredor da mesa con cara de aprender algo pero ás catro mans: "Puto mus, sempre mus, ohh"

18:00- Comezan os proxectos para o Tour de viños, alguén solta o clásico: "Vamos ver a Iago, que nunca vamos"

Aquí hai ramificacións impredecibles pero inevitablemente pasamos a...

21:00- Duchita e camisa.

21:45- Xuntanza no Caseto, unhos cañita e outros viño.

22:00- Misiva ó Almacén.

22:30- A música atronadora de Dj Yáñez complica a plática. Voltamos ó Caseto.

23:00- Sentados á mesa esperamos cual jauría de cans de palleiro unhas croquetas que derretirían o titanio, pero que comemos raudos e vixíantes da conta rival.

24:00- Saciada a fame toca atender á sede.

24:15- Terceira ola. Faragullas, con auga non vale!

24:45- Cambios estratéxicos de silla para compartir chupitos e anécdotas do Cervo cadetes.

01:00- A posesión pataqueira apodérase dos fervorosos adeptos do Oasis.

01:20- Anarkía. Entre Karaoke, Muiño, e taxis hai compañeiros que non voltarán a verse ata o domingo.

---Lapso de tempo incognoscible.

05:00- Vámonos do Painin, que o aguante seu pai que eu vou po Arsenal.

---Lapso de tempo extremadamente grande para andar os escasos 200m que separan ambos pubs.

06:00- Xa temos baixas irreparables, pero non nos resignamos a irnos pa casa porque aquela estame mirando e quéreme algo.

06:05- "Que che dixo?"- "Buahh, de cerca é máis ben tirando a fea"

---Lapso do espacio-tempo. Que fago eu na cama se o último recordo que teño é do Rincón?

14:30- Boca de toxo, piscinas olímpicas de auga e frases paternales tipo: "Moita sede tes hoxe po que bebiche ontes"

16:15- Xuntanza no de Copa, unhos café e outros cañita.

2 may 2007

RESULTADOS DA ENCUESTA>Amarillo S.


Esta semana chego con retraso, pero é que ontes era o meu día (do traballador) e tomeime a licencia.
Outra vez me sorprenderon os resultados, sólo a 3 personas lles parece que o peor que pode pasar é que a parella acabe antes do "normal", intúese que son mulleres, porque a min súdama que unha tía chegue a Villa Orgasmo antes ca min, mellor pa ela que igual repite. Despois temos un triple empate a 22% entre deixar os calcetíns postos, circunstancia que todos fixemos e sufrimos algunha vez, pero vamos matizar, aquí seguro que hai división de opinións, eu manteño que para o arte de chingar o home ten que estar totalmente desnudo, faga o frío que faga, en casos extremos aceptarase unhas gafas ou un condón como única vestimenta, pero sólo si é estrictamente necesario. Na muller é factible lencería ou disfraces de colexiala, enfermera ou Catwoman, pero nunca acompañados de bragas, tanga ou calquer impedimento físico que complique a penetración por sorpresa.
Quedarse durmido non me parece tan deleznable, pero hai que ter cuidado de que non seña simultáneo, corres o riesgo de....sabedes cando te quedas moito rato na bañera e che quedan os dedos coma garbanzos cocidos....imaxinade eso no dedo 21. Así que si vedes que a vosa parella empeza a toquear, un par de cachetazos (que sonen, eh) poden salvar a situación.
E por último, neste triple empate temos ó clan da 5ª opción, para este sector escollín mal a pregunta, quizais o peor que che pode pasar facendo manualidades é a intromisión dun familiar, "Coño abuela, podías petar na porta", xa me entendedes.
Ós vencedores, por escasa ventaxa (27%), parécelles mal que te equivoques de nome, señamos realistas, todo dios pensou algunha vez en outra persona, quen diga que non minte como unha puta. Decir o nome solo é a consecuencia de deixarse levar demasiado pola fantasía. Ou tamén pode ser que esteñas comparando mentalmente con anteriores cópulas e se che escape. Claro que non é agradable, peo tampouco vamos deixar de follar por eso, ou?