31 ene 2009

you and whose army?, radiohead (xogador de chica)



CANCIÓN DEDICADA AO SIONISMO CO MÁIS PROFUNDO AMOR DO MEU CORAZÓN.

Veña, veña... ¿pensas que nos volverás tolos? Veña, veña... ¿ti e o exército de quen? ti e os teus amigos... Veña, veña... sacro imperio romano... ven se o cres... ven se o cres... que te podes rir de nós... ¿ti e cantos máis? ti e os teus amigos... tes tan pouca memoria... esta noite cabalgamos cabalos fantasmas, esta noite cabalgamos cabalos fantasmas.

(Traducción absolutamente libre e coa lengua quente)

22 ene 2009

E ti de quen eres? By: outro máis.

Bueno blogueiros empezou a campaña para presedir esta nosa nazón, e non podís escomenzar de mellor maneira que con sentido de humor o máis estilo galego. A verdade que a campaña do BNG, deixa en calzóns a do mismisimo Obama, pasamos do "Yes, we can" a "Eu son Anxo Quintana". Só decir que esto promete e moito e aínda esta escomenzando. Eu son .....unha rumbera rumbera rumbera.

21 ene 2009

FARRADA!!!!!

Haber montos!,como todos e case todas xa sabedes esta finde celebramos o noso cumpleanos,aganchoporti.cerveciñafria e hiper,asique xa sabedes,tades todos "invitaos" e avisados pos que leen o blogue.
Ainda non se sabe certo onde se fai,somos de Cervo e a improvisacion e o que nos caractreiza,pero algo hai case concretado:VAI HABER DE COMER E DE BEBER!
Bueno pois eso para mais informacion chamade a cerveciñafria...jejejeje

20 ene 2009

I still havent found what im looking for...e quemeimportaamin!!! por Tresillo

Non puiden evitalo. Ao escoitar onte á noite esta "increíble" versión do mítico tema de U2 pensei directamente en colgala no "QUE ME IMPORTA A MIN". Porque sei que hai moito purista desto da música e sei que moitos de vós botaredes as mans á cabeza...dádelle á cacha e BIMBA e WAR. Non o dubidedes, por máis que vos foda, seguramente, o Bono, estará rompendo a cadera no "Mosquito" ou no "Guayaba" Irlandés dicindo...TEMAZOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO.

Adicado con todo o meu coraçao "tropisalsero" a Aganchoporti e ao fan number one de U2, o Chinosuke.


9 ene 2009

O SON INMORTAL

Deixovos este pedazo tango interpretado polo grupo MALEVAJE(naceron alo polo 84,coa movida madrileña).
Grupo español que leva mais de 20 anos interpretando maxistralmente tangos e dandolle o seu toque particular.

En concreto este tango chamado GARUFA


Pensabades que en arxentina so esta o pipita, pois non tamen teñen musica e moi boa.


Pipita.

P.D Maradona, pipita selecion e deixate de tocar os collos.OOOOOOStia.

7 ene 2009

AS COUSAS DO INTRANÉ (xogador de chica)

O que se atopa un buscando Quemeimportaamin no google... sempre no centro da polémica, chavales, aínda sen querer: daquí á Real Academia...

http://65.99.199.155/historia/inditex-estroselase-na-bolsa/

http://wiki.chuza.org/wiki/Chuza_Diccionario_do_fedello#E

P.D. Estrosélense no medio da lamoada, membros de Chuza. Arrebólense por un prado á baixo.

2 ene 2009

MANIFESTO DO M.A.K.I.: POR UN ESPINHERIDO LIVRE. VIVA A REVOLUCÓM


O M.A.K.I. (MOVEMENTO ARMADO KAGO INNINGUNDIOS) ARGUMENTA, SOSTÉN, CÁGASE EN LA ORDEN ESTABLECIDA, E AFIRMA QUE:



(Á hora de ontes a estas horas)

(Antes de es-co-menzar, un chupito de hérbas polo Ché, por Momede o Vello e por Xil Ríos. As cousas, ou se fan ben, ou non se fan, hostia.)
(Ah, e cuidadito con co-rrixir as fáltas, revoluconarios do mundo a-diante. Nos escrebímos o reintegrata que nos sál da polla. Fal-taría plus.)

É indiscutíbel que Espinherido é unha nacóm. Non fai falla remontarse ó noso glorioso e diferencial pasado, alá cando ruxían sincuentamil almas no Maracaná, cando o centro do tunning (daquela trucaxe) universal era o rancho do MacKi ou cando os viños de moda entre a jet set foránea eran os da Cantina... Nin sequera cremos nece-sá-rio apuntalar o argumento coas enormes potencialidades do nosso presente. Temos bar, temos gasolinera, temos fonte (para as resacas), temos unha recta criminal, temos casa de putas. O nosso carácter naconal e a nossa cultura identitátária segue vixente a pesar das inxe-réncias do asqueroso mundo globalizante (véxase Repsol): só hai que ver á chavalería encherse a viño coma babullos e volver andando e tratándose de usté, tal e como facían os tenros devanceiros; só hai que ver como nos sae do corazón -e dos huevos- a toponimia: en Espinherido, as costas arriba son caminhos chaos. Tampouco o nosso nome é casual, por suposto. Tantos anos, tanta indife-réncia, e seguimos a ser o espinho ferido asoballado, amarrado, prendido e destetado polas centralistas e sectàreas mans de Cervo, ese pobo elixido de carneiros. Máis doe aínda ver como é un dos fillos da nacóm quen manexa os fíos da institucóm que nos oprime, coal Paquito Chocolatero oprimiu a Galiza... Traidor!!! Isto non vai quedar assim!!! A vin-ganza será terríbel!!!


Ante este panorama intolerábel, no nos queda outra que dirixir-nos a vós... Fillos das sete regióms (son máis, pero ¿pasa algo?): o Caminho Chao, as Kasas Nó-vas, O Telhado, o Outéi-ro, a Poltréi-ra, o Caminho Chao, as Patosas, a Cruz, o Rego Kachón, O Veigorro, Trasdorrego, a Pena da Veiga... e irmáns do futuro estádo livre asociado, Vila de Suso... PROFANAMOS ESTE CHEIRENTO BLOG ESTRANGHERO PARA CHAMAR-VOS Á REVOLUCÓM ARMADA CON ESCOPETAS DE BALÍS!!!!


E OS PRESOS A RÚA!!!

Porque somos unha nacóm, porque temos unha economía absolutamente autosuficiente (non a imos ter, coas chicas!!!) e porque temos un pixo que non o merecemos... ESPINHERIDO ZEIVE!!! CAGONDIOS E NAS ZAPATILLAS DE SAN PEDRO!


PORQUE ESPINHERIDO NON ACABA ONDE ACABA A LUMA... QUE VA!!! QUE VA!!! HAI PASCUALÍN PA SEGUIR!!! EAAA!!!!


P.D. Se non é moito pedir (por se acaso se nos acaban os balíns), gustaría-nos que os irmáns da pátria buhrelesa nos facilitasen o número de teléfono do profesional do direito que levou o processo de ceivamento contra a crus de tódolos nosos pesares... Agrade-cidos, che.