29 ago 2008

VERDADES COMA PUÑOS QUERIDA BONITA CON PATACAS (máis o primeiro que o segundo e viceversa)

A reirse toca. By Nº 8







Gracias o mar por darnos o ...... Calamar-o. By Nº8.

Xa que a música amansa as fieras, quero adicarlle este vídeo a toda a xente que nas últimas semanas estiveron connosco no blog, e máis os que estiveron pasando uns días de vacacións por aquí. Non son de Calamaro moito pero este tema pareceme un dos mellores que ten o rapaz. E encima o estrebillo e como o himno da selección de fútbol, (ou sease o himno nacional), LOLOLOLOLOLOLOLOLOLOLOLOLOLO ;).

28 ago 2008

SI A MINISTRA BIBIANA AÍDO LEVANTARA A...EHEMMM!!!...TIVERA CABEZA





En fin...xa sabedes...eran os 80...a min...

temaaaaaaaaazos > xogador de chica

Veño cargado cun montón de amollllllllllllllllllllllllllllll e boas vibracións, chavales!!!! Esta semana, nos Temaaazos, EXALTACIÓN DA AMISTÁ!!!! Y viva la vida y el vino y las mujeres, MECAGONCRISTO!!!!

FESTAS SARGADELOS 2009


Utilizamos o blog para convocar a todos aqueles e aquelas que queiran colaborar a unha reunión o VENRES 5 DE SETEMBRO, ás 22.30 horas no Caseto de Copa, para tratar o tema da organización das Festas de Sargadelos para o ano 2009 (hai que ir con tempo). Invitámosvos a que veñades e aportedes as vosas ideas, xa sabedes que toda axuda é pouca (pero agradecida).
Tamén BUSCAMOS FOTOS ANTIGAS que os veciños podan ter das edicións anteriores da Romería. Agradecemos a colaboración.

27 ago 2008

COUSAS DO CORAZÓN E COUSAS DA RAZÓN por Tresillo





Como membro fundador e asiduo articulista e visitante deste noso blogue asistín con interese a esta dura controversia (na cal estou implicado de parte) que surxíu a partires da tamén máis que controvertida caricatura referida aos dous principais iconos das nosas dúas máis importantes festas e referentes culturais locais de hoxe en día, é dicir, a Maruxaina e o Castrón. Lonxe de verter unha opinión desde a víscera, quixera facer unhas sanas reflexións sobre o asunto sen ánimo de polémica e co obxectivo de conformar unha visión o máis ampla posible sobre a discusión.
Antes de nada, quixera advertir que as miñas intervencións non son precisamente o paradigma da síntese nin tampouco da sinxelez conceptual...o que de ordinario coñecemos como "ser un pedante". Logo animo a ler o artigo con paciencia, cun bo café ao lado e, para os cegatos, cun litro de "Vixpring".
En primeiro lugar quixera, de xeito breve, facer fincapé sobre unha idea xenérica acerca da liberdade e, máis concretamente, sobre a liberdade de expresión. Todos sabemos que esta última consiste no dereito de cada individuo a expresar mediante a palabra, escrita ou falada, ou por calquera outro medio, os seus pensamentos e ideas. Agora ben, a liberdade de expresión ten os seus límites. Esta non pode permitir divulgacións vexatorias contra as persoas nin tampouco facer apoloxía do terrorismo ou, pola mesma, producir agresións aos bens da personalidade, sexa a intimidade, o honor e a integridade e indemnidade sexual.
Volvendo ao plano do conreto, alguén podería considerar que a caricatura citada é un uso absolutamente excesivo da nosa liberdade de expresión. Sen embargo eu considero que esto non é así. Desde unha perspectiva racionalmente práctica, con ela non se esta agredindo a persoa concreta algunha, é decir, a alguén con nomes e apelidos. Non cabe honor nin intimidade máis alá do estrictamente persoal ou, de xeito máis extensivo pero menos liberal, familiar. Mesmo que a Maruxaina sexa un icono, un logotipo ou, mesmo, unha marca, sobre ela non se poden proxectar dereitos personalísimos que só se poden predicar da dignidade do home e da muller de forma exclusiva. Sei que se me podería argumentar que tras da mesma idea da mitolóxica serea dos Farallóns hai un colectivo social, entendido como conxunto de cidadáns, que a sinten e a queren e que representa un símbolo de unión de tal colectivo que se quere proxectar, dalgún xeito, ao mundo que o rodea para integrarse nel. Sei que todo eso é certo e, mesmo, admirable. Agora ben, non se poden sacralizar elementos símbolicos ata o punto de non poder ser obxecto de crítica, de mofa, burlao ou, a sensu contrario, de eloxio, admiración ou mesmo adhesión. Todos os días contemplamos elementos satíricos e burlescos en medios públicos como a TV, a radio ou os medios de prensa escritos. Se sacralizaramos todos os iconos, símbolos e ideas do mundo, a liberdade de expresión quedaría nun mero formalismo carente de contido, a democracia quedaría pendurada do pau do sectarismo ou a barbarie é, seguramente, o dogmatismo e a imposición disfrazada de corrección política campearía as súas anchas. É por eso que non se poden condear artículos ou creacións aparentemente ofensivas contra símbolos ou iconos relixiosos, ideolóxicos, sociais ou culturais, detrais dos cales sempre hai un menor ou maior colectivo social aos cales representa. Só certos elementos símbolicos, case sempre referidos ao Estado, son protexidos pola lei. Cabe aclarar esto para entender que non é o mesmo facer unha caricatura dunha persoa privada atentando contra o seu honor e integridade moral que sobre un icono ou símbolo. Non é o mesmo poñer unha caricatura do deus cristián en determinada pose guerreira ou dictatorial (mesmo sexual) que facelo dunha da nai dun veciño en actitude pouco decorosa ou mesmo delictiva.
Pero por outra parte tamén quixera deixar clara outra cousa. Se ben creo que a caricatura é burlesca e provocadora tamén considero que non é, de ningún xeito, ilegal, nin inmoral. Opino que, dalgún xeito, se atentou contra algo que para min cobra certa importancia e que cada vez cobra menos para a sociedade en que vivimos. Falo das emocións. Se cabe algunha desculpa non é á Maruxaina en si mesma, nin tampouco a esa idea de San Ciprián, tampouco aos mariñeiros (a súa patrona ata onde chego é a Virxe do Carme). Se cabe algunha desculpa, sen corrección do feito en si, nin perdón polo pecado orixinal e a baixada dos ceos á terra,...decía, se cabe unha desculpa sinceira é a todos e cada uns dos veciños do noso pobo veciño (parte do noso Concello común), comprendidos na súa concreta individualidade e personalidade. Cabe, si, sempre que dalgún xeito sentiran que os seus corazóns foron traspasados por unha espiña emocional ao contemplar na súa retina algo que "racionalmente" conmoveu os seus instintos máis primixenios ou profundos. Cabe unha desculpa por esa posible ou hipotética ferida que sempre é resultado deste tipo de manifestacións. Eu (e nós en xeral, creo) asumimos esa consecuencia e esa responsabilidade.
Agora ben (e para rematar) nin moito menos imos deixar de expresarnos con liberdade. Non vamos deixar de satirizar aquelo que consideremos oportuno e non agreda a persoas concretas con nome e apelido. Non consideramos sagrado nada que non sexa persoa física e privada: nin políticos e funcionarios no desempeño do seu cargo ou función (que para eso son persoas públicas), nin símbolos relixiosos, pagáns nin de calquera tipo, nin sociedades empresariais na consecución destructiva (delictiva) ou carente de ética do seu obxecto mercantil, nin películas, actores, directores e demais farándula no desempeño do seu traballo, nin libros nin os seus respectivos autores, nin futbolistas nin clubes. Se por eso temos que ser condeados a algo parecido a unha fogueira aceptámolo e asumímolo. Se por eso temos que ser desprezados e mesmo ameazados, aceptámolo e asumímolo, agora ben, non o comprendemos. Non podemos comprender a intolerancia, a soberbia e o rencor. Entendemos certa indignación fronte a algo que só subxectivamente e emocionalmente pode ser entendido como de mal gusto pero non podemos comprender respostas esaxeradas, moito menos violentas, derivados de tales sentimentos. A emoción non pode subsumir á razón aínda que a primeira nazca dunha causa absolutamente racional. Perdoen polo patético exemplo pero é moi gráfico: que o meu equipo sexa satirizado polo xornal de cabeceira do equipo rival poderá producir en min certo desdén e indignación pero, en ningún caso pode espertar en min odio, rencor ou desprezo, sei os límites e o alcance e importancia que supón tales manifestacións. Teñano claro, non é mellor amigo aquel que pensa coma ti senón aquel que te respeta tal e como ti eres a nivel persoal.
Para finalizar, apelo á palabra mesurada e ao tono satírico e humorísito(de un e do outro lado), ao diálogo e a confrontación de ideas e puntos de vista. Este é un foro aberto e libre, para todos, sen diferencias. Se alguén quere escribir un artigo ou colgar algunha imaxe, sempre que non agreda a ninguén a título persoal aquí esta o noso correo e será publicado de bo gusto: quemeimportaamin@gmail.com. Non é preciso poñer o nome no artigo. Si é preciso saber quen é con nome e apelidos aínda que nunca se desvelara a súa identidade senón se desexa. Só precisamos un seudónimo, un artigo, unha imaxe se desexa para acompañar o artigo e será publicado o máis rápido posible.

Unha forte aperta a todos...

SAÚDOS por Doríforo





Vou probar sorte e mandar uns saúdos...E estou seguro que non me engano moito se digo que gracias a esta polémica, este blog é visitado polos nosos políticos.Porque do pobo e das súas necesidades non se ocuparán moito, pero destas cousas que chegan tanto ós sentimentos...seguro que sí...

Queridos Caballero Oscuro Basanta,Sargento Armada e John Wayne Balseiro.Qué decirvos...e máis..qué ofrecervos para que vos vaiades da política local.

Ó primeiro.Esto xa se lle queda pequeno...debe mirar máis alá.Tío.., teste que plantexar o teu salto á política nacional!!si Balseiro sae en "Hai Debate"... tu polo menos mereces estar en... "59 Segundos" para algo estudiarías Ciencias Políticas ou??...non para estar a este nivel,supoño??TÚ SÍ QUE VALES!!!

Sargento!!buufff...tiven buscando un sitio para ti ,pero non te vexo e ningún lado...perdoa...tu eres a política típica desta Galicia caciquil...na sombra e manexando todo ás túas anchas ehh!!parece que non estas pero non se che escapa nada...só comentarche, que eu sei que che jode ter que ir a Cervo ó Axuntamento e non telo en San Cibrao...seguro que non me engano moito se nesas tardes de tertulia cos compis comentache algunha vez que estabas levando a cabo unha conspiración para levalo para alí.Sinto decirche que te tes que conformar con mirar para a Chavola en Río Cobo xa que é o máis cercano que un Axuntamento estará en San Cibrao.Empezache por quitar de Cervo as mamografías pero de aí non pasas.Sintoo de corazón.As boas persoas coma ti merecen máis...pero é o que hai...

Pistolero perdonavidas!!!qué decir de ti machiño!!eu admírote.É verdade... de maior quero ser coma ti.Alí andas ti no teu Parlamento Galego coa túa pesca,saindo na telegaita e ó carallo.Tú eres o máximo exponente de cómo a política se pode convertir nun traballo,cómodo e ben pagado,sen necesidade de nada.E cando digo de nada é de nada..nin de estudios nin de conviccións políticas...xa me entendes,non??Fuche o precursor desta fornada nova de políticos, que ben nesta, un lugar donde vivir de puta madre!!Noraboa!!Só por ser un visionario de un Vivalavida aconsélloche que te dediques en corpo e alma á política autonómica e abandones a local,que desgasta moito home...

E deixo para o último ó teórico xefe desta tropa.ó noso Villares!!Sinceramente teño unha mestura entre lástima e profunda decepción.Pena, porque din que eres unha marioneta,un pelele nas mans dos anteriores.Que estas só e que nin pinchas nin cortas..que eres unha cuchara como se di coloquialmente.Verte tomar os viños so(taba contigo o Chatarreiro) no San Roque é canto menos sintomático...Sinceramente si é así, dame pena que te utilicen.Esta pena non é tanta cando penso no que cobras,un auténtico pastón!!! e o pouco que traballas...entras tarde,digamos que non madrugas moito... e pouco despois xa vas tomar o café...despois claro, non te enteras de nada..e a todos lle tes que dicir que sí.. que xa che chaman o Sisí!!!
Decepción porque me consta que pidiche o voto,debiaste ver apurado,dicindo que era para un de Cervo,un veciño que naceu e si criou alí e que polo tanto,o tiveran en conta.Cónstame que moitos dos que depositaron a confianza en ti están decepcionados,xa que Cervo se atopa nestes intres, seguaremente, nun dos peores momentos da historia recente.Cunha deixadez e unha desidia que non merece, e tu, Alfonso Villares eres o máximo responsable.Ver a humillación que sufreu este pobo coas festas é lamentable!!Xa me gustaría ver a min que no Carme estiveran un Duo ou un Trío??como pode existir tanta diferencia??non queremos a Panorama...queremos respeto coñoo!!!si non hai cartos será para todos ou??ou só para uns??ó mellor é... que o Do Noso Lar tirou a casa pola ventá.. non te fode...ou pensas que somos tolos cando nos pasas a man por encima do ombro??que nin Boas Festas puxestes!!!

Menos mal que sempre vos poderedes escudar no caciquil Roberto Álvarez!!ese sí que roubou!!vaia mansión ten!!en donde era??en Piedras Blancas ou por ai,non??qué cabrón!!Canto daño fixo...

Seguro que a súa conta corrente sí que se está a ver incrmentada polos pleitos que gaña xunto co seu "colega" Coto.O jodido é que non volos gaña a vosoutros...que xa ves quemeimportaría a min se pagarades vós...pero o que paga é o Concello!!manda carallo!!quixéstelo encarcelar!!e agora todo era mentira!!canto lle costou ó Axuntamento a vosa chegada ó poder por medio de mentiras??nunca o saberemos seguramente... pero vergonza vos debería de dar...pero deso adoecedes...

25 ago 2008

NADA POR AQUÍ por Tresillo




Facía ben anos que non acudía a un espectáculo de maxia...se ben recordo, a derradeira vez foi aínda no instituto. Onte na Praza do Concello sentinme de novo coma un neno e volvín a recordar a aquel raparigo de dez anos que asistíu con asombro a un gran espectáculo de maxia feito polo Mago Antón en Alumina-Aluminio (hoxe Alcoa) no ano 1990 para celebrar o X Aniversario da súa presenza en San Ciprián.
Onte, sobre as 22:30 volvín a sorrir e sorprenderme coma un neno inocente que cre que os magos teñen ocultos poderes para facer desaparecer cousas e aparecer outras. Ademais, rin, rin de verdade como non facía desde hai tempo. A participación activa do público, sobre todo dos nenos, fixéronme gozar coma un "pícaro pequeno"...sen lugar a dúbidas foi unha hora e media de pura felicidade. Ás veces móstrase de xeito evidente que as cousas pequenas poden encher de cor os ollos e de ledicia os corazóns. Nesta época de pura egolatría ver dous centos de persoas compartir xestos e complicidades baixo un mesmo espectáculo paréceme unha illa de esperanza no medio de tanto pesar e crise existencial ou de identidade.
Non cabe pois máis que felicitar e darlle grazas aos organizadores de tal evento e por suposto aos magos que, baixo a batuta do Mago Antón, nos permitiron contemplar un soño que por un momento nos iluminou a todos a alma durante un pedaciño do día de domingo.Tamén felicitar a Hotman que sempre é puro espectáculo, aínda que sexa de público. E darlle tamén as gracias a ese neno de Burela chamado Andrés...eres un xenio machiño, o teu sorriso quedará impreso na miña retina para sempre, a túa gracia e inocencia fai que os pesimistas coma min aínda poidamos pensar que ter os pés na terra ten algún sentido. Aínda que poida parecer esaxerado, por estas cousas aparentemente tan sinxelas é polo que merece a pena vivir.

22 ago 2008

AMANTES DA MARUXAINA, AMANTES DA QUEIMADA...AMANTES by Wemasters




Gracias aos novos visitantes deste blogue que, de seguro, ata este intre, ata esta nova polémica non o coñecían. Con descalificacións, con argumentos, sen eles, con ameazas veladas e con marcas na cara...gracias por participar neste foro libre e, sen lugar a dúbidas, absolutamente provocador, pois con esa finalidade se creou.
En fin, ao asunto, non vamos pedir desculpas, nin suplicar que nos rediman de tan terrible atentado como o de facer unha caritura radicalmente satírica das dúas máis importantes festas do noso fantástico concello. Evidentemente que é unha provación, ninguén o pode negar. Agora ben, cabenos unha pregunta (máis alá de que as reaccións observadas nos comentarios eran as previsibles)...decía, cabenos unha pregunta, ¿este é o xeito intelixente de respostar a este xogo absolutamente caricaturesco, burlesco, satírico? Nos non o creemos. Nos non propoñemos aquí rebentar as dúas festas...dúas festas que polo demais nos encantan. Senón máis ben elevar o tono entre dous pobos para que, con retranca, se contesten uns a outros entre o tempo que vai dunha a outra e logo unirnos en sagrada borracheira como foi sempre e será.
Ao ler as respostas aos comentarios recordamos as respostas do islamismo radical ás caricaturas de Alá, ou ás da Casa Real e os fachas deste país respecto do "Jueves"...é dicir, recordamos que neste mundo hai demasiado dogmático intolerante e con dobre moral que carece absolutamente de sentido do humor. Seguramente se puxeramos un Cristo na forca ou a Benedicto XVI dandolle polo cú ao Dalai Lama, non teríamos esta enorme presencia de certos veciños energúmenos. En calquera caso, esperamos que sigades, todos e cada un, a visitar o noso lamentable espacio que sempre dí algunha que outra cousa interesante.
Gracias a Deus, Alá, Buda e Jesucristo SuperStar creemos, temos a convicción de que a maioría dos veciños de San Ciprián reiranse desta anégdota e estarán xa ideando unha resposta de igual ou mellor calibre...sexa unha caricatura ou calquera outra cousa que non incite á violencía nin ao mal rollo senón, por exemplo, á conversa retranqueira nun bar, espacio amado do noso pobo. Non sabemos se está vai ser a idea final ou non da camiseta do ano 2009, neste espacio toda decisión e acordada (ás veces)...seguramente non todos os amantes deste espacio están dacordo coa caricatura...pero, como xa dixemos, este espacio é libre ata para chamarnos fillos de puta (sempre con sentido do humor, por suposto)...o que si temos claro é que ninguén nos vai atemorizar, nin coartar...facemos o que facemos conscentemente, sabendo que este é un país libre e democrático. Gustamos de xente intelixente pero tamén teñen cabida os energúmenos...porque este blog sempre pretendeu ser un pequeno reflexo da sociedade na que vivimos.
Finalmente quixeramos que quedara clara unha cousa NESTE XOGO NADA, E REPETIMOS, NADA TEÑEN QUE VER OS VECIÑOS DE CERVO EN XERAL E MOITO MENOS OS ORGANIZADRES DA NOSA E VOSA QUEIMADA POPULAR DE CERVO. Pensar iso sería tanto como pensar que todos os musulmáns son terroristas ou que todos os cristiáns van virxes ao matrimonio. Así que, seguimos a decirvos, espero que esto só se convirta nunha sá disputa dialéctica chea de retranca e sarcasmo sen máis fin que rirnos un cacho de nós mesmos.

P.D. Estamos esperando unha resposta tan orixinal como podería ser á Maruxaina vestida de "DOMINA" largándolle unhas hostias coa fusta ao "Castrón Sumiso"...pero eso igual para os que contestarón de xeito tan visceral e sectario é demasiado. O SENTIDO DO HUMOR É A SA VIRTUDE DA INTELIXENCIA...CONFIEMOS NESO.

Unha saudo blogueiro...

19 ago 2008

Proposta camisetas queimada 2009





PAZ IRMÁNS, BASTANTE TEMOS COAS HIPOTECAS!!!

17 ago 2008

Piscineros unha raza doutra especie. By Nº8

Bueno chavales si creiades que o bostas era o ultimo especimen da denominada raza piscineros de ..........., aqui tedes á sua dura competidora coma el tamen e piscinera e pola cara tamen lle debe ir a festa de carallo, o sea pode que seña a sua media naranxa.

11 ago 2008

DISEÑO E ENTREGA DOS POLOS "QUEMEIMPORTAAMIN" by Webmasters


Aquí tedes o diseño do polo do blogue. Este xoves seguramente xa poderán ir retirando os polos no punto de encontro habitual, é dicir, o "CASETO DE COPA" ao cal lle agredecemos enormemente a súa sempre desinteresada colaboración. Pregamos que aqueles que o vaian recoller e aínda non realizaran o pago do mesmo o fagan, a ser posible, canto antes. Nada máis, esperemos que sexa do voso gusto.

6 ago 2008

CAMISETAS===>Webmasters

Xa está dispoñible a lista para adquirir a vosa camiseta de sectario. So tedes que apuntarvos no Caseto de Copa. Canto antes mellor (o cal quere decir que vos deades presa porque aqui non esperamos por naide). O diseño xa esta decidido, asi que sin protestar.