30 jun 2008

CANCION DO VERAN

Como todos sabedes coa chegada do bo tempo e as raiolas de sol, aparece ese fenomeno chamado "cancion del verano". Pois eu vou facer a miña particular proposta imos ver que vos parece.


28 jun 2008

Unha de pasatempos

Haber si encontrades cal é o error no video.
Solución: 2:11.

20 jun 2008

TEMAAAAAAAAAAAZOS: ORTIGÜERA FOREVER > xogador de chica

Como Amarillo xa me meteu o veneno no corpo (sen malentendidos), os Temaaaaazos van esta vez adicados ao Mundo Celta de Ortigueira. Estes son algúns dos mellores músicos que pasaron polo festival nos últimos anos. Que recordos!!!

O Leo i Arremecághona_xogador de chica





Este elemento toca este venres no Muíño. Anímovos a acercarvos, porque poden ser unhas risas; é unha especie de cantautor punk galizaceibario, un cruce verbeneiro entre Albert Plá e os Heredeiros da Crus. Para que sepades a que vides, un par de mostras: a primeira é unha versión do Should I stay or should I go ("a canción que demostra que os Clash eran galegos"), rebautizada para a ocasión como (Meniña ti hasme de disir) Si quieres que ande atrás de ti. A segunda, un himno xeneracional: a Canción do vagho.

Que se queixe Rafa Plas, que lle facemos publicidá.

19 jun 2008

ORTIGUEIRA, UN ANO MÁIS>>Amarillo S.


Xa está á volta da esquina, xa me tarda, xa publicaron o cartel e xa se me fai o cú pesicola. Este ano tampouco coñezo a ningún grupo, pero pa eso está youtube. O venres, que soe ser o noso día, tocan os galegos Sondeseu, unha banda que non me suxire moito, os finlandeses Värttin, que traen tres cantareiras rubenescas moi divertidas e por último (estes son os meus preferidos) veñen os 17 hippies, unhos alemás tolos de todo, como se non houbera dabondo hippies en Ortigueira. (+info)

Un ano máis Xogador da Chica, Sr. Blanco, Rey de Copas e un servidor (o poker de ases de anos anteriores) máis quen se apunte colleremos a senda do milenario Feve dispostos a acabar co bebercio ata andar na procura do "caldo", a bailar ata rebentar os juanetes e a buscar á única hippie-hixiénica-cega-ninfómana que leve o noso nome escrito donde acaba a espalda.


ORTIGUEIRAAAAAA!!!!!!!!!!!!!!!!

17 jun 2008

DE LINGUAS E DIVERSIDADE por Tresillo


Un xa está un tanto farto sobre estes debates lingüísticos. Pensouse nos anos oitenta que coa Constitución e o desenrolo dos Estatutos de Autonomía, xunto coas leis de aplicación, o tema das linguas en España quedaría totalmente cerrado. Pero nin moito menos. O certo é que, co auxe do nacionalismo español, xa liberado das cadeas da vergonza de cuarenta anos de dictadura (sutilmente tapada por un velo chamado revisionismo histórico), o debate lingüístico volve estar aberto.
Non serei eu quen diga que os nacinalismos vasco, catalán e galego trataron o tema coa mesura debida, pero sen lugar a dúbidas, as forzas reaccionarias sociais embisten hoxe con máis forza que no pasado contra a realidade plurilingüística de España. Un podería establecer neste foro centos de argumentos para defender en valor o plurilingüísmo e o multiculturalismo fronte á uniformidade e a globalización económica...sen embargo, non quero aburrirvos, é evidente que en numerosas ocasións xa defendín esta postura. Agora ben, o que resulta certo para todos nós e que, o perigo do plurilingüísmo para os nacionalismos de corte centralista (sexan de esquerdas ou dereitas) deriva precisamente de que o único ámbito libre de dominio é a lingua como instrumento de comunicación humana (a máxima de "falar non ten cancelas" e predicable universalmente). Ninguén pode negar que a identidade dun colectivo social, dun pobo, se proxecta nese ámbito fundamental para o ser humano que é a comunicación e que, cando se suprime ese ámbito e se trata de impoñer outro distinto, estase aniquilando de xeito sistemático unha cultura. Non nos esquezamos, a trasmisión de valores e ideas non se realiza mediante operacións matemáticas, senón mediante a lingua, e utilizar unha determinada lingua non é unha cuestión baladí.
A utopía dunha sociedade sen diferencias fracasou en todas e cada unha das idades do home, é dicir, na historia da humanidade. Nin a dominación militar, económica, política e social puido homoxeneizar culturalmente o mundo. É moi fermoso, para moitos, vender que o mundo sería perfecto se falásemos o mesmo idioma, se todos tiveramos os mesmos valores, se todos foramos guapos e altos. Pero esa non é a realidade humana, nunca o foi, nin o será. A verdadeira realidade humana é a diversidade partindo de lugares comúns que poderiamos considerar que son os Dereitos Humanos (plasmación convencional de certos principios da razón práctica, freno necesario do relativismo cultural), acaso utópicos tamén.
Sen embargo, non se pode pecar de inxenuídade. A parte da sociedade civil española que combate con extrema vehemencia a oficialidade e, mesmo, existencia de linguas distintas nun mesmo estado non o fan en termos idealistas, nin moito menos. Non buscan un mundo sen diferencias, ao contrario, cren profundamente na existencia de clases sociais e cren, como nacionalistas que son, que a súa cultura non ten fisuras e debe ser imposta pola súa condición de superioridade ética e, desde logo, política. Desde logo resulta paradigmático e, tamén, contradictorio, que utilicen a palabra "liberdade" para falar do asunto lingüístico. É digo que resulta paradóxico porque, ademais que durante os anos de persecución e prohibición do galego (xunto co euskera e o catalán) ninguén dese colectivo social (exemplo: Galicia Bilingüe) tivo os arroxos de falar neses mesmos termos (ao contrario), o termo "liberdade" utilizase deste xeito como sinónimo de "capricho", por tanto, "imposición". Se este "capricho" respostara a unha visión neo-liberal, no senso económico, os mesmos que defenden a aniquilación ou, sendo menos valentes, a laminación das lingüas minoritarias, desde logo non terían obxección en dicir que o danés, o flamenco ou o berebere deberían desaparecer pola súa escasa relevancia no ámbito do mercado global. Pero tedeo claro, este sector, aínda que apoiado posiblemente polo gran capital e os seus intereses, cren na uniformidade polo dogma de fe da súa grande nación. Ollo, en iguales termos se podería falar dos nacionalismos ultras de corte secesionista, só que o apoio do capital é máis cuestionable, cando menos en Galicia.
Nunca nestes trinta anos de democracia en España atacaron con tanta virulencia pero, hai algo de peculiar tamén, recolleron a técnica dalgúns (non todos) nacionalismos que loitan polo soño do estado independente, o victimismo. É dicir, sen ben na dictadura e en todos os anteriores periodos de represión lingüísitica, a prepotencia do "Imperio", da "Gran Nación", arrasaba toda pretensión de legalidade, oficialidade e, sobre todo, convivencia, hoxe, neste S. XXI, toda esa arrogancia tornou en sentimento de persecución e aplastamento, evidentemente, nun sentido falaz e absolutamente hipócrita. Soster que o galego, o catalán e o euskera son os idiomas que perseguen ao castelán e tanto como dicir que o rato persegue ao gato (e perdón pola burda comparación). Ninguén o cre nin certamente o pensa. Pero resulta evidente que coñecen perfectamente que a técnica da emotividade é máis productiva que a da razón, logo, poñerse no plano da víctima oprimida sempre esperta máis compaixón na estúpida conciencia xudeo-crisitiana que aducir argumentos en pro dunha visión ideal.
Se ben a min non che me chisca un carallo facer proselitismo porque non aturo os sistemas ideolóxicos cerrados, neste caso, sen que sirva de precedente, animo a combater coa razón por diante todos estes movementos reaccionarios, porque, queridos blogueiros e blogueiras (viva a Ministra de Igual Dá), está en xogo a herdanza cultural (no senso da razón práctica) dos nosos fillos e con eso non se xoga. Se nosos pais, ignorantes tal vez do feito mesmo, conservaron e trasmitironos a través da nosa lingua os seus valores e ideais, nos non podemos ser menos e, cando menos, debemos darlles a opción de elixir e só pode elexir o que ten á man diversas opcións sempre desde o coñecemento.

QUE DESAPAREZA O GALEGO>>Amarillo S.

Ante lecturas coma ésta, prefiro non decir nada, o texto fala só. Link: Cura galeguista

16 jun 2008

CALA A BOCA, HO (OU EN FRANCÉS) > xogador de chica

Terrible, machiño. Pensabamos que era Spain a única que se desmembraba, pero isto xa é cousa seria. Incluso os gabachos (sempre unha referencia) teñen ameazada a súa outrora inquebrantable integridade naconal... é de agradecer que a Academia Francesa puxese as cousas claras e o chocolate espeso... http://www.elpais.com/articulo/cultura/lenguas/regionales/atentan/identidad/nacional/elpepucul/20080616elpepucul_10/Tes
Un sinte envidia e pensa: oxalá aquí os defensores da existente (dende Atapuerca) nación EspaÑÑÑola fixesen o mesmo e cantasen as 40 aos separatistas (a poder ser, en bastos). Que el gallego es lengua de toscos molimeros que atenta contra la necesaria unión de nuejtro"ej que"... Que ese vasco irredutíble amenaza nuestra buena participación en la Eurocopa... Que ese catalán revoluconario es un asesino mordaz y silencioso de nuestro idioma, el EspaÑÑÑÑÑÑOl... Y que quede claro que yo soy un liberal, y que no voy diciendo por ahí que sois todas putas como las gallinas... aunque lo piense.

En fin, sempre á vangarda do pensamento político, os galos deixaron claro cal é, neste world, o papel único e básico das linguas, ou sexa, para que serven: para fomentar o pensamento nacionalista. "Después de cinco siglos, la lengua francesa ha forjado Francia. (…) Nuestra Constitución señala, en su artículo segundo, el reconocimiento de esta evidencia: la lengua de la República es el francés." Cuidao, isto dino ACADÉMICOS DA LINGUA... ¿entendes? En la France non hai que esperar a que se solten os políticos de extremadereita... Ah, país... Que envidia y que nostalghea...

13 jun 2008

DE IGUALDADE E TELÉFONOS/TELÉFONAS por Tresillo




FRAGMENTO DA ENTREVISTA DA MINISTRA DE IGUALDADE NOS "DESAYUNOS DE TVE"

"Entendemos que es absolutamente imprescindible ir a la causa del problema, ir hasta el origen. Tenemos que actuar necesariamente sobre los hombres, tenemos la obligación de promover una reflexión acerca de los nuevos roles de los hombres en el siglo XXI, atender a las nuevas formas de la masculinidad [...]".


FRAGMENTO DO DISCURSO DA MINISTRA DE IGUALDADE NO PARLAMENTO.

"Pondremos en marcha un teléfono de información para los hombres que les ayude, entre otras cosas, a resolver de forma pacífica los conflictos surgidos en las relaciones de pareja en vez de recurrir a la violencia".



E punto/punta...así as chantou Dna. Bibiana Aído, Sra. Ministra de Igualdade/Igualdada. E nos ríndonos do miembro/miembra. Esto/esta si que "tiene cojones/cojonas"...cagondios/diosa!!!

Segundo unha estimación do INE neste ano 2008 seremos aproximadamente 22.356.882 varóns en España. Se do total restamos os inocentes 1.216.929 de meniños que van dos 0 aos 4 anos, os maleables 1.115.136 de nenos entre 4 e 9 e, mesmo, os reeducables 1.069.789 de raparigos entre 10 e 14, quédanos 18.955.028 de bestas pardas con gaita e dous foles que están dispostos a darlle unha malleira de paus á súa parella por non traerlle o Marca pola mañá ou, o que é peor, por pasar por diante da TV mentres un vé tranquilamente por trixésimo sexta vez o España-Malta en DVD. Gracias a esta lúcida ministra, agora, cada vez que collamos o noso Winchester para meterlle un balazo entre peito e espalda á parella, vamos chamar por teléfono a unha teleoperadora/teleoperadoro haber se nos dá unha idea "chachi güay" para que non a metamos no pichoco (dixo tamén que o teléfono estaba para darlle aire ao aparato cando nos pasaramos co güiski ou chegaramos á pitopausia).
Chamarédesme demagogo e, mesmo, frívolo...eu? Demagoga é esta imbécil que se cre máis lista que a humanidade enteira e que cre, inxenua, que cun puto teléfono e chamándanos indiscriminadamente a todos os homes do mundo "violentos patóxenos" que desenrolan a enfermidade do maltrato vai romper coas duras e humillantes cadeas do machismo e os lobbys político-económicos patriarcais.
A falsa revolución feminina está dominada, de novo, polos intereses do home, non o dudo nin un intre. Se a panda de mamóns que dominan este planeta lles interesa levantar a pancarta do feminismo, farano mentra lles reporte algún beneficio, pero só en Occidente que é onde está a pasta...o resto do mundo, en fin, quemeimportaamin se levan Burca, Xador ou lles estirpan o clítorix en África senón teñen VISA ELEUTRÓN?...denunciareino desde Madril, Roma ou Parí, pero que as jodan alí.
Pero non vos equivoquedes, o pé vadelo seguir tendo encima se a vósa loita se limita a quedar na superficie do eslogan. A igualdade non é mexar de pé e escupir na rúa coma os homes, nin tampouco sentirse liberada e máis digna por levar o ultimo modelo de ESCADA ou DOLCE & GABANA previa limpeza de cutis en LOEWE e, posiblemente, tampouco esté na escalada nos postos laborais. Esa é a igualdade que vos venden...Mesmo vos venden como tedes que querer a un home, como fodelo ben fodido (literal e metaforicamente), a estética física que debe ter, que debedes ter, como debe falarvos e amarvos, como debedes falar e amar. O feminismo é un negocio que reporta moitos beneficios e que se vasa en demagoxias barateiras para gañar votos ou euros.
Porque si, temos que adaptarnos,...adaptarnos a que cada día existan máis gilipollas soplapollas que nos veñan contando as verdades que ata agora ninguén veu e que a solución é unha chamada ao 905PORELCULOTELAINCO. O novo rol do home no S XXI é autoflaxelarse por selo, renunciar á súa sensibilidade, a súa percepción do mundo, renunciar a rirse, a chorar, a fuxir e encontrarse como home...si, si, escoitade, como home, que somos homes...e látenos o corazón señora Ministra. Que somos malos, bons, grises coma vostedes mesmas...que temos medo e arrebatos de valentía...coma vostedes mesmas...que nos escondemos da dor e abrazamos a felicidade...coma vostedes mesmas...que nos seguimos a buscar...e...e...e...uhmmmm!!!
E neste punto, calo, sabedes porque?...porque coas palabras desta tipa quedoume a dúbida de que se nos van ensinar cal é a "neo-masculinidade", onde está a solución de todos os problemas deste mundo, que parecen reducirse ao dominio do home, o certo é que as mulleres, en pura deducción lóxica,...dicía, as mulleres, todas as que viven neste planeta tan cabrón, inmoral e inxusto, deberon atopar xa a pedra filosofal que lles convirte o mal en ouro e acaba coa merda da desigualdade en xeral. Pero, hostia, eu non vin a ningunha agacharse e convertir un zurullo de can en 1000 €uros. O que queira entender que entenda e o que non que se vaia ao carallo.

9 jun 2008

Nin contigo nin sen ti. By Nº 8

Vendo o video do incompleto (que grande) eu tamén me quero sumar a dedicatoria po Hotman asi que che mando este video con traduccion tamén e que creo que che pega máis xa que ajora tes esa parte do teu corpo ocupada, espero que o disfrutedes e que colguedes máis videos así.
Por certo era boa idea de que forades deixando no piadeiro posibles datas para a primeira farrada en Sargadelos cando esteñemos todos.

QUE QUEDA DE ESSSPAAAÑA, COÑO!!! (De como os paxaros se volven ás escopetas) por Tresillo


"Una riña entre un grupo de chicas en un bar de vinos en la Alameda de Chantada motivo a última hora de la tarde del viernes el despliegue de dos ambulancias a la zona, aunque la disputa se saldó únicamente con un esguince de tobillo de una de las involucradas en ella. Un guardia civil de paisano, que se encontraba en ese momento en el local con un grupo de amigos y que intentó mediar entre las jóvenes, sufrió un bofetón en el medio del tumulto."

La Voz de Galicia. Edición Dixital. Luns 9 de xuño de 2008.

E é que coa lei da igualdade "esta cacha che cae tío"...puto ZP. Agora as envalentonadas hembras xa non respetan nin o máis sagrado desta Gran Nación chamada Essspaaañaa Coño. A GHUARDIA ÇIVÍ!!!. Xa non hai valores, nin moral nacional católica,...ROUCO OSTIA!!!.
Desde que poden cobrar cheques sen que lle firmen os maridos ou pais esto comezou a afundirse. ¿Que vai ser de nós? ¿Voltaremos ás covas ou a Atapuerca? ¿Matarémonos a pallas para vender o semen e poder ir tirando? ¿Entraremos todos en Alcalá Meco por soplarlles na orella que "cachonda estás ostia" ou faremos obras sociais como condena por tocarlles o cabelo?
Mentras, elas, lideresas do mundo/munda, viviran na autosuficiencia das bolas chinas e os dildos marca Roco ou Nacho Pa'levantarmateñoquechamaraGrúasVidal.
E é que, meus queridísimos blogueiros, AGORA XA NON TEMOS NIN A EXCLUSIVIDADE DE LIARNOS A PAUS NOS BARES E ANTROS DE MALA MORTE...ESTO É O COLMO DA IGUALDADE JODER!!!...QUE SE QUEDEN COAS UNIVERSIDADES!!!


P.D. Ollo, Tío Rubén, estás en perigo, ti estas no punto de mira, no primeiro lugar da lista destas destrutoras do mundo mundial...

8 jun 2008

HOTMAN IN LOVE.Doriforo ex-perfect body




[ Enlace coa versión extendida e traducida ao castelán: http://es.youtube.com/watch?v=EYhVPUzUeb0 ]

Meu ben querido amigo Hotman,aquí che deixo un tema do "Xefe",desexando que ela veña para quedarse e ocupar ese corzón...porque ,aínda que dende a ignorancia absoluta,penso que poucas cousas deben congratular tanto coma compartir a túa vida con alguén especial.

P.D.Entre o documental,a pila de mulleres que vin durante este fin de semana na biblioteca...saiume a vena sentimental ou sexual....

P.D.Chegaron rumores de que anda a "Flaquita" libre....jijijijijjijijijijij!!!!

VIVA A AMISTADE!!!

Amigos:empezan as festas do verán ! Espero que o celebremos todos xuntos coma sempre ."Viva a amistade e a festa "

7 jun 2008

COMO ME GUSTAN AS REPORTAXES DA 2...by Dori Perfect Body, Hiper e Tresillo

Bueno queridas e, sobre todo, queridos blogueiros, cremos convinte neste intre invertir todos os nosos esforzos en instruír ás novas e non tan novas xeracións no mundo da ciencia. Para iso escomezamos cunha mini reportaxe científico-didáctica que nos explicará de xeito "ameno" (para algúns "a mano") o máis esencial da natureza humana.
Aproveitade esta ocasión para saber todas as gambetas da bioloxía desde o máis profundo.

P.D. Xogador, atende é aprende. Non perdas detalle de como é a cousa.