28 feb 2007

PUTA MIERDA DE SPAM By Amarillo S.


Non sei vosoutros, pero eu estou ata a poya da merda de correos que me manda a xente, incluidos algúns lectores deste blog. ¿Que clase de gilipollas reenvía toda a merda que lle chega? ¿Ou é que sodes tan fillosdeputa que o facedes solo pa joder? Eu non reenvío nada e nin me empeorou a sorte, nin estou morto, nin se me apareceu a cativa podre esa debaixo da cama, os meus preferidos son os "si no reenvías esto a 17.548 personas tu vida sexual descenderá a cero...." No me jodas, si xa non fodía nada, si polo menos se me aparecese a cativa podre na cama.... Despois está o clásico de que vai cerrar o Messenger "Esta vez es verdad, os lo juro", e van e reenvíanmo 3 ou 4 veces, é dicir, teño 3 ou 4 amig@s retrasados. Outros apelan á solidaridade "esta niña de Baconsville, Virginia tiene una enfermedad incurable y si reenvías esto a toda tu libreta de direcciones se coseguiran fondos para investigar...." Coño, pero non era incurable? Seguro que o hospital que investiga a enfermedad (que nunca se concreta) está esperando a que chegue o mail a 10000 personas pa empezar a investigar, ademáis, que carallo me importa a min que se morra unha cativa no equivalente Yanki da Regueira, cando morren nenos en África a diario e naide reenvía nada. Tamén che mandan test "para conocer a tus amigos" que tardas como catro días en acabar, por cumplir cos colegas, que conoces desde que se cagaban pola perneira. E os putos powerpoints sin fotos, que tardan 10 min en descargar cando podían poñer todo no propio mail. Recordo un que decía que si o reenvíabas, Bill Puentes en persona che ingresaría 100.000$, e o título era "non sei si é verdade, pero por si acaso..." Home, non me jodas. Pero o meu preferido é un que lles encanta as mulleres "TE QUIERO MUCHO PORQUE ERES MI AMIGO Y UN AMIGO VALE MUCHO Y POR ESO TE QUIERO MUCHO" Vamos a ver, si tanto me quieres porque non te deixas de mariconadas de 1º de ESO, quedamos no teu piso e demostroche eu o que te quero a ti. Dúas veces, e a terceira tu encima que me canso.
Co pedazo de ferramenta que é internet é incrible que non de chegado ó límite da estupidez humana. Mandade cousas interesantes ou graciosas e non reenviedes toda esa puta merda, coño, que parecedes tontos.

27 feb 2007

XUIZO A NOVARTIS. por Sr. Blanco


Vouvos poñer en situación. Novartis, multinacional farmaceútica Suiza. Leva a xuízo ó goberno da India polas súas leis sobre patentes, polas cales o país asiático pode producir medicamentos de tipo xenérico, cos que a meirande parte do terceiro mundo é abastecido. Máis información:(http://www.elpais.com/articulo/sociedad/ONG/denuncian/desinteres/Gobierno
/indio/defender/ley/patentes/Novartis/elpepusoc/20070215elpepusoc_1/Tes).

De onde se extrae a sospeitosa pasividade do goberno indio a hora de defenderse das acusacións de Novartis (non quero ser mal pensado pero a merda de mundo onde vivimos levame a creer que aqui hai algún morenito con turbante algo untado); ademáis das declaracións de Novartis ensalzando a súa caridade, xa que os seus programas para "pobrecitos niños muertos de hambre" (onde de paso seguro que os utilizan como coellos de indias) cubren a 6.700 pacientes gratuitamente.

Neste intre asáltanme as dúbidas. É licito violar a propiedade intelectual para a curación do Terceiro Mundo? Dende o meu punto de vista, sí. Se ben é certo que o rédito económico que conleva o descubremento de novos fármacos é o que fai que as investigacións destes esten financiadas con miles de millóns de dólares e, polo tanto un progreso na curación de enfermidades; tamén creo que é unha posicón demasiado egoista por parte do capital. Sinceramente as multinacionais farmaceuticas teñen demasiados beneficios ( tanto económicos coma socias, no caso da bayern ou a basf, pasando inadvertidos os seus "deslices" de empregar ós xudeos como provetas de experimentación) como para ter que ir a mendigar a países como Nixeria ou Senegal.

Por outro lado a maioría dos medicamentos empregados no Terceiro Mundo non son de nova xeración( a maioría das epidemias que azoutan en África están erradicadas en Europa ou Norteamérica ) , é dicir, non precisan dun desenrolo brutal para a súa obtención, e a súa investigación está máis que amortizada. Creo que o primeiro mundo e capaz de soster, apoquinando os elorios, por suposto, a investigación da mediciña moderna, e incluso da para que algúns se faigan ricos á costa das desgracias ( non sei eu se tanta enfermidade é normal, ó mellor nos meten virus na sopa, na pasta de dentes...pequena homenaxe ó Sr. "X" dos simpsons)

Por toda esta vara que vos acabo de dar, e seguro que non leistedes pidovos que poñades unha firma nesta web: http://www.msf.org/petition_india/spain.html

Tamén me gustaría saber a vosa opinión a cerca do tema en si. Saúdos a tod@s

FREE HUGS>>>>>>>By: Amarillo S.




Supoño que xa conocedes todos este movemento mundial, comezou cun tal Juan Mann en Sidney, o tipo sentíase sólo e necesitaba un abrazo, non conocía a naide asi que, nin corto nin perezoso, agarrou unha cartulina e un rotulador e ofreceuse a regalar abrazos a quen quixera darllos. O video deuse a coñecer en todo o mundo e en todas as cidades do globo surxiron abrazadores. Coa única intención de debuxar un sorriso, de desafogogarse ou simplemente de romper as barreiras que nos separan. Porque no mundo de illamento onanístico que vivimos, no que o avance tecnolóxico é un arma de dobre fío, que nos axuda a comunicarnos a distancia pero acostumámonos a falar a distancia, a vernos a distancia e incluso a follar a distancia. A realidade vése reducida a unha pantalla de plasma que nos otorga todo o que desexemos polo mísero prezo dun "dobleclic". Olvidámonos de que non nos gusta estar solos.


Este sábado dende o mediodía, uns cantos alumnos de realización imos seguir este movemento acercando ás calles do centro da Coruña a filosofía Free Hugs, quen queira pódese unir, seguro que o vamos pasar ben (considerando que vamos empezar na Estrella, poderíase afirmar que o vamos pasar de puta madre), e ós que lles parezca unha mariconada, que se queden na casa palleándose diante do ordenador.

ANIMALUMAS


POR HOTMAN

O luns de entroido tamén foi entroido, jejeje que chispa teño. Uns 11 rapaces aproximadamente reivindicaron o clube de alterne que hai nos seus arredores, chamado A Luma, e tamén moi frecuentado, non sería menos, pola propia xente do pobo. A xuntanza era no Caseto de Cup, e ali se vestiron e maquillaron, algunha viña sen afeitar, pero outras incluso afeitaron os sobeics e as perniñas e os brazos, hai que ver como nos gusta vestirnos de muller e ir como elas.Pero non ser coma elas, SACA DAHÍ!!!!

Comezamos a cubafrees e poñéndonos nomes: xogadora de chika, amarilla slam, cando chegou a SUPERGRANDEINACABABLE animaluma. A raíña ded copas. Foi imposibel conter a risa. A talla da cami era XL, pero eu penso que lle chegaba a xxxxxxxxl. No é unha peli porno, non vos asustedes. A imaxe era para grabas. A pernas da flamante loira estaban non medio e medio do corpo. Unha anchura significante tanto para adiante como para atrais. E como non.......bebendo cubalibres. A rapaza podia medir........mmmmmmmm............50 metros á redonda, pero á redonda total. Habia otras cun tipo que podia pasar por woman, en serio.Pero que non se faga ningun ilusión que so era un disfraz. Haber se vai haber unha castástrofe no pobo.

Logo fomos ó SUPERANIMADO baile de entrio nas OLD SCHOOLS. Non se collía...........de frio, xa que as cantantes eran máis frias que as focas do polo norte, e nunca mellor dito. bailmos unha e pa Patakeirada.

Ali rompimos moldes e vasos. Seducimos a uns cantos que pareciaan seguir o rolo, pero pasamos deles, non eran o noso tipo, cantamos: dame una L, dame una A, dame una M, dame una U, dame un CUBALIBRE.....e logo deciamos todas: LUMAAAAAA.Moito mola joder ós tios. Deixalos kentes e que se vain pa casa. Claro despois fanse actos arrepentativos.jijijijijij.Como me gustaria ser unha muller quente. É broma, non o tomedes ó pe da word.Pasaron as horas ata que fomos á super ZEPPELIN BIP. Estaba mias vacio que un vaso de Johnny con cola, NO VUELVO. Ata que despois encontramos ó...........alí.

UN SAUDO, xa ,e tardaba escribir algo.

26 feb 2007

SPAIN, TEN POINTS. polo xogador de chica


Estamos de noraboa blogueiros!!!
Este ano sí que gañamos Eurovisión, que temble a Waiominí! Na representación naconal van actuar o tremendo grupaso NASH, quenes, lembrándonos ós inevitabeis Platón, optan polo nome dun xenio para bautizarse (non o matemático; o base dos Phoenix Suns). O primeiro paso cara a impepinábel victoria foi a renuncia de Morrissey, ex líder dos grandes Smiths, que manifestara o seu desexo de cantar por Inglaterra. Os collóns deste, ó escoitar o título do temaso que van defender os nosos heroes, "I love you mi vida" (dun spanglish que nin Martes y Trece), cambiaron de función ata poñerse de corbata. Non é para menos!!! Esperemos que este ano o politiqueo non faga perder puntos ós superguapos Basty, Javi, Mikel (apodo de Michael Hennet Sotomayor) e Ony, quenes levarán a cabo a posta en escena da obra mestra composta por Toni Sánchez-Olsson e Rebeca Pous Del Toro (verídico, que morra ahora mismo!). Na gala "Misión Eurovisión", estes fenómenos eclipsaron incluso os peitos de Paula Vázquez coa súa soberbia interpretación; entre miradas á cámara de "jo, que fuerte es este tema y lo siento en lo más profundo de mi ser", sonrisas de "a que me parezco a Nick Carter, el de las Vacas Estreñidas de Nois?", e a súa capacidade para levar dúas sudaderas con capucha por debaixo de dúas americanas e ata muñequeras quedando todo superchachi, deixaron prendada á afición española que acabou por votalos masivamente.

Vaia canción, non podo deixar de escoitala! VEN HACIA MI COMO EL ESCORPIÓN, APURA YA QUE ME DA EL TOQUEÓN.... I LOVE YOU MI VIDA (I-E-O)!!!
VAMOS CHAVALEEEEEEEEES!!! O títolo é voso!

TOMBUCTÚ


Despois de ver varios meses o mesmo libro na sección, xa imaxino que non ten moitos "leitores", pero para min eso sera un estimulo dos moitos que gusto de ter na vida...
Hoxe para abrir o apetito habemos comenzar a falar de Paul Auster e o seu libro TOMBUCTÚ editado por Anagrama na súa sección Quinteto,libriño de apenas duascentas páxinas e doce euros, non digades que non son modesta nesta primeira aparición, ainda que non vos acostumedes,Devora amais do estimulo gusta do espectaculo...
TOMBUCTÚ é a historia dun chucho que aparece na vida dun poeta inconcluso,que perdeu o norte nos últimos coletazos do hipiismo en norteamerica,época épica se mo permitides. Unha das cualidades de Míster Bones ademáis das que ten calquer can de palleiro (que són todas e nos savemo-lo ben) é a de entender o que se lle fala, ainda que a moitas palabras non lles atopa o significado, hai outras como policia que logra interpretar perfectamente.
Este libro é o primeiro que leo do autor , e se me atrevo a aconsellalo é porque pareceme que sabe narrar e axustar os tempos. e para rematar unha sensación que me correu da punta ao pé producindome un calafrío namentras durou a sua lectura, xa me diredes. Provade a substituir a Mr. Bones por un "inmigrante ilegal" e caseque non haberia que cambiar máis de dez follas. Turbador...
ATÉ A PROSIMA...

Devora-Dora

22 feb 2007

"Hai quien maneja mi barca". By Arroz con pito al escondite


Moi boas queridos sectarios, pensaredes que polo título vouvos poñer outro temazo da nosa gran historia musical, pero non o de hoxe e mais serio. Hai uns días que anda a deriva un barquiño de bandeira holandesa polas nosas costas cargado nas suas bodegas de productos toxicos para fertilizantes de patacas. Entón a min veñenme moitas preguntas á mente se o barco xa staba así diante das costas ferrolanas e coruñesas, ¿Por qué non no meteron nos seus portos?, seguro que si estivese cargado de ouro agora ían estar dándose de ostías por metelo nos seus muelles. ¿Dónde está ahora a plataforma Nunca Máis?, que pasa os nosos actores, escritores, músicos e intelectuais senon están a grabar Tele gaita, A3, T5, etc........., nn lles interesa moverse por nada, porque este barco pode contaminar menos que o Prestige, pero queridos sectarios unha vez máis a historia volve a repetirse outro mercante a deriva polas nosas costas. E apregunta máis importante ¿Dónde están os nosos políticos?, si esos graciosos personajillos que só aparecen nun caso así facendo o pari pe, con cara de apenados (dignos aspirantes a un Oscar na maioría dos casos)e sempre e cando haxa moita prensa e se dea un mes antes unhas eleccións, lamentable, pero o máis lamentable de todo é que non vai a ser o último barco, e volveranse a falar das medidas a tomar nestes casos sen facer nada para que non volva a suceder e así sepre as nosas costas serán o vertedeiro favorito de Europa.
Saudos sectarios.
P.D: stou traballando na miña nova contribución musical en breves nos mellores blogs da rede

SOLO SEI QUE NON SEI NADA By: Amarillo S.


Tras un carnaval repleto de vasos vacíos, moitos cos cubitos de hielo ainda fumeantes no fondo, de cirrósis hepática e de moito amor almacenado, saco dúas conclusións: A primeira é que a cantidade de "Kuwait-libres" inxeridos é inversamente proporcional á de veces que nos levaron a Ferreira. A segunda é que o movemento rectilíneo constante é incompatible coas ordas de chupitos que acostuma solicitar o Rey de Copas.
Son poucas as conclusións (e fáciles) e moitos os interrogantes. Se lle tocas as glándulas mamarias a unha muller, con premeditación, alevosía, nocturnidade e consentemento.....pódese considerar papar? Como pode ser que teñamos a tecnoloxía pa clonar ovellas, tratar o cáncer e ata preñar mulleres sin fodelas e non exista a cura pa resaca? Cal é o número exacto de copas que se hai que tomar pa ser brillante e extrovertido coas mulleres e non dar noxo? Cantas horas se pode xogar ó mus antes de que te maten os colegas que non saben xogar? Cantos minutos se poden aguantar cunha peluca dentro dun pub? Cantos segundos sin unha copa? E a reina das preguntas: Quen é máis feo, Xogador de Chica ou Eu?
Creo que hai cousas que o home non está preparado para entender.

18 feb 2007

CRÓNICA DUNHA PREA ANUNCIADA. xogador de chica












Saturday night, menuda prea criminaaaaaaaal...!!! Tentaremos de aproximar o mellor posible a grandeza dos momentos, pero creo que a "Noite das Bestas" merece unha segunda reseña, e incito aquí ós demáis colaboradores a rematar a faena.

Por un lado, un dos atractivos da madrugada foi o combate do século mantido polos boxeadores Óscar De La Poya, mazas pero sensible, e Paco Ferradás, o home alimentado a base de faragullas, que deron un triste espectáculo alá por onde pasaron, co punto álxido da Cea de Airiños do Xunco do Almacén. Alí, o árbitro e presentador de excepción, Amarillo S., tivo os seus dez minutiños de gloria cando engaiolou á audiencia co seu don da palabra, cunha gran capacidade para transmitir toda a emoción do evento en frases antolóxicas como “Este púxil ten 80 kilos de pixo e collóns cheos de amor”. Os espectadores, como non podía ser doutro xeito, quedaron parapléghecos co bo facer do gran cronista. Entre o séquito estaban os adestradores, Chegouohome e Xogador de Chica. “O Kiko de Figueirido” ensinaba a De La Poya a súa patada a traición, mentres que o “Tigre de Espiñerido” animaba a Ferradás a optar polo diálogo habermarsiano ante a súa clara inferioridade. Cunha presenza impoñente, dirixía as apostas un inolvidabel Don King, negro chamizo, con canas afro e cunha faria de 35 cms. O evento contou tamén cunha modelo loira de excepción que se ocupaba de señalizar os asaltos, e coa presenza de dous invitados, Sr. Blanco e Luca Poni. O primeiro trataba de aplacar con cubalibrels a frustración persoal de que ninguén soubese de que carallo ía disfrazado (ía da “Naranja Mecánica” de Kubrick, pero ninguén vira a pinícola); o segundo ía vestido de chino, quizáis tratando de acomodar o “atuendo” ó idioma que emprega cando leva enriba uns cantos chupitos.

Por outra banda estaba un grupo de colexialas do máis provocador e lascivo. Entre elas, estaba Chinasuke que acosou (en termos amigables) a un tipo que criamos que ía disfrazado de vasco, pero que ó final resultou selo porque botou así vestido todo o carnaval. Alí andaba a máis libidinosa do colexio, que se declarou BiSexual. Entre as raparigas puidemos distinguir tamén unha-con-cara-de-can-deitado; a súa capacidade oratoria minguou ata un punto vergonzante, proporcionalmente ó número crecente de cubalibres consumidos. Dúas das chorbitas mantiñan o eterno e xa entrañable duelo de papadoras; eran Hi-Peras e a Chica Pantene, que acabou por trunfar e dar conta da súa fazaña cos dedos apuntando á súa rival. Esta elementa e máis o Xogador de Chica botaron, cunha enorme indignación, unha bronca xeneracional ós porteiros do Painin Uan Mor por non deixarlles entrar ó local, ante un aforo totalmente desbocado; os argumentos da exposición eran incuestionables (“o teu garito de m... sostense cos nosos jubalibres e jañas.”) Tamén identificamos unhas pernas depiladas alimentadas a base de arroz con pito, a Ice-Woman, á maior das irmás Calatrava (a muller con alma negra), á Fea, Fuerte y Formal, á colexiala das cerveciñas frías, a unha taberneira do máis sensual que pasou por Cervo (non faltaron os que tiveron a ben recordarllo), a unha futura groupie dos Rulin Estouns... e un longo etc. E non queremos rematar sen mencionar a maxestuosa actuación da “Clásica Básica”, autora dalgunha das frases máis memorables da noite cando, co fígado farto de Johnnie e hamburguesa en mano, pideu desculpas a unha pre-adolescente por terlle pisado "o clétores". (Outra das grandes sentencias foi a dun Don King pletórico; “se foses un cabaleiro, deixaríasme pedir a mín antes”, díxolle unha dona ó pé da barra. “Se estiveses boa, perde coidado que o había facer”, respondeu entón o noso heroe, matando o conto, o can e a rabia cun “Oíches???”).

En fin, que espectáculo lamentábel... e que ben o pasamos!!!

P.D. Gustaríame (e penso que falo neste caso en nome de tódolos colaboradores do blog) dar as gracias á toda esa xente, familiares e amigos (que diría o ídolo do Hotman), que se levantan ás 7 ou as 8 da mañá e collen o coche con legañas para recollernos e aguantarnos no noso estado de adefesios humanos, impedindo así que se pida outra vez a penúltima e que acabemos no cuartel... por ser benévolo!!!

13 feb 2007

Comunicado by METODISTA

Antes de nada, perdón ós creadores por publicar un artículo de carácter tan privado, pero é o mellor medio do que dispoño para difundir esta mensaxe ós meus.
Queridos e despreocupados folgazáns da miña secta, como xa vos informarían a disfrace organizada para o lúns vai vento en popa, pero o fin de semana é largo e da para máis, así que hai algunhas propostas para quentar motores o sábado das que me quedei con unha como resultado dun pequeno referéndum sectario que realicei.
O disfrace en cuestión sería "ring de boxeo" e contaría non só con boxeadores dende logo, pois cada un destes levaría o seu preparador persoal, existiría un árbitro que regularía os encontros nos diferentes locais a onde leváramos a nosa loucura e dous de nós poñerían a especia afrodisíaca do conxunto vestíndose de mulleres para pasear os carteis no medio do barullo organizado.
Podemos ser cantos queiramos, pero hai disfraces que constan de prazas limitadas, tales como o de "chicas"(2) e árbitro(1). Boxeadores e preparadores coincidirán en número e haberá tantos como faga falta para dar cabida a todos.
En caso de levarse a cabo, advirto que árbitro e unha rapaza xa están asignados(amarillo s. e cazadordemedianoite respectivamente)e un servidor con chegouohome adxudícanse dous papeis de preparadores. Polo demáis para apúntarse só fai falla publicar un comentario neste artículo, poñendo a vosa preferencia á hora de elixir disfraz, que, advirto, logo poderá coincidir ou non, pois os papeis otorgaranse dacordo co orden de entrada pero atendendo ó número de prazas.
Animádevos a facer algo xunto que ten un costo económico nulo e pouca realización.

12 feb 2007

HISTORIA MUSICAL GALIZA TEMA 1

Gustariame que me permitirades o atrevimento de ofrecervos a miña humilde opinion no tema musical.Lendo os vosos artigos vexo que tades o dia da cream de la cream en HITS musicais, pero observo que deixades de lado un pouco a nosa propia revolucion musical da cal saquei estas autenticas xoias.

Pra comezar non podemos olvidar a "GENERACION 49" grande donde os haxa facendo esas versios de grupos ingleses tipo BEAT.Como pequena anecdota da rebeldia do grupo deleitovos cunha frase sacada dunha entrevista a German Peñalver batera do grupo " Chamamos a disográfica a ver como iban as vendas, contestáronnos que ainda lle debíamos cartos do adianto das catro mil” tristemente este grupo desapareceu debido as obrigacios do servizo militar, lastima.

Outro arzac dos cantautores da nosa terra, con temas mais arriscados que o mitico "chouza que chouza que as de chouzar", e o gran BIBIANO MORON o cal tivo que aturar os paus dos mais conservadores da epoca debido as suas arriscadas versios. Tiramos de archivo e rescatamos estas duriiiiisimas verbas "(...)Tras dous anos publiquei o meu traballo máis arriscado: 'Aluminio'. Foi toda unha declaración de intencións, un paso adiante, pero caín ó baleiro chimpándome contra a intolerancia da crítica. E todo pola versión rockeira do Negra Sombra. ¡Sacrilexio!, dicían os supostamente entendidos. Leveinas todas, ata no carné de identidade. (...)>>

Ben ata eiqui o primeiro capitulo da historia musical da nosa nazon, porque "a movida de vigo " comparado con esta epoca e unha BOSTA.

11 feb 2007

OLEGUER XXIII "EL SABIO". BREVE INTRODUCCIÓN Á SÚA OBRA POÉTICA E FILOSÓFICA. polo xogador de chica


Non fai falta recordar que o Barça é indiscutibelmente “mès que un club”, e que na fábrica da Masía preocúpanse, ademáis de pola formación futbolística dos rapaces, igualmente pola educación persoal das futuras estrelas do plantel blaugrana. Sen embargo, esta doble misión está a acadar un éxito sen precedentes coa figura de Oleguer Presas. Este individuo, ademáis de ter un pelasso espectacular que recorda a Doríforo, vale para un roto e para un descosido; capaz de “secar” a Cassano (coma calquera persoa que non teña o torresmo como alimento base da dieta), non se queda ahí, senón que é capaz tamén de formular principios filosóficos indiscutibles, e de regalarnos algúns dos pasaxes máis belos da Historia da Literatura Universal (inalcanzábeis ata para o gran Tresillo). O home que comparou a andaina dos pupilos de Rijkaard cara a Intercontinental coa peregrinación de Ulises cara Ítaca, segue a sorprendernos con novas citas autenticamente revoluconarias dentro do pensamento mundial. Por certo, lástima que o noso heroe non poidese conseguir o títolo, sendo derrotado polo poderoso Cíclope de terribel alento a caipirinha. Outra vez será. Volvendo á cuestión, quen ousa fixarse na beleza insulsa de Deivid XXIII “el Guapo” (que nestes días resurxe cual Cid ou Ave Fénix), podendo admirar o atractivo espartano e extraordinaria materia gris do defensor catalán...? Nin aguanta comparación!!! A súa evolución segue a sorprendernos; da literatura intimista dos seus inicios, o central blaugrana pasou recentemente á literatura “protesta”, "de combate", vindo máis ou menos a declarar que o etarra De Juana Chaos é un mártir da causa revoluconaria, e que o sistema xudicial espaÑol é absolutamente duro, oscuro e excesivamente rigoroso (encarcelar a alguén por matar xente, pero se só ten un cariño “criminal” pola súa nacóm... a ver, que clase de delito é ese? Fai o que faría calquer bo patriota...). Ai, cando teremos aquí algún coma el!? Tarasido??? En fin... É simplemente unha das moitas perlas que nos deixou este elemento, un fora de serie capaz das comparacións máis imaxinativas: por exemplo, comparar os goles de Etoo que deron o campionato de Liga ós barcelonistas, cos tanques dunha futura e hipotética consecución da independencia catalana (¡!!¿¿¿???); ou calificar o asasinato de Carrero Blanco como "un concurso de salto de altura". Brillante!!! Finalmente, a marca deportiva Kelme acabou por retirarlle o patrocinio ó xogador-pensador en base ás súas polémicas declaracións sobre o problema vasco; pobres ilusos!!! Non saben que Oleguer é un home de esquerdas e os millóns tíranlle do pipí??? É un tipo totalmente á marxe do noso vomitivo mundo consumista!!! Simplemente, seguen dando pé para que o noso gurú espiritual siga alumbrándonos acerca da imbecilidade humana.

Dende aquí propoño unha candidatura ó Nobel deste xenio polas súas “Obras Completas: Como mear fuera de tiesto y otros cuentos” (en catalán, claro). (Por certo, outra posible candidatura é a de Lilian Thuram pola súa obra “Hay que cambiar el mundo pero sin tocar mis 400 millones de nómina.” Ou tamén emerxe con forza a do madridista Guti. H, autor da inolvidabel “Estamos con los parados gallegos a los que les ha afectado... la movida esta” –referíndose ó Prestige; xa está a punto de chegar a súa continuación, “No sé leer ni un comunicado”).

En todo caso, que sepades que o "Camí d´ Ítaca" do gran Oleguer está xa á venda! Todos ó asalto das librerías!!!

10 feb 2007

JOSEPH MARY by Doríforo-perfect body-


Señores e señoras,amigos e amigas,seres deste entolecido mundo ,compañeiros de viaxe por esas oscuras e estreitas congostras ,téñovos que confesar un segredo...Tou acoxonado,petrificado,estupefacto, en fin ,que teño os huevecillos e o pipi como se acabara de sair de darme un baño en Cubelas.O POR QUÉ!?a actitude dos meus amigos do PP,dos seus ultras e dos seus medios de difusión plurais e de centro.

Dende que perderan as eleccións lexítimamente (esas que non acaban de aceptar como tal, e si, coma un golpe de Estado levado a cabo polo PSOE e os etarras)non fan máis que levar unha artimaña política sucia ,de verdades a medias,de mentiras absolutas, de crispación continua,co único fin de recuperar o poder.De recuperar ese trono que deslexitimamente lles foi arrebatado polos rojos e independentistas...lamentábel.

Convencidos desa estratexia politica, de descalificacións continuas,maniféstanse continuamente afirmando cousas como... ,que si se está traicionanando ás víctimas de E.T.A ,que si o Estatut é anticonstitucional e divide a esta a nosa ESPAÑA;UNA,GRANDE Y LIBRE!!!COOOÑOOO!!(Cando non tiveron problema en aprobar outros Estatutos similares...véxase Andalucía),que si Zapatero non fai nada pa que non entren unhos negriños que prefiren perder a vida a vivir no seu pais...etcétera,etcétera..Supoño que xa sabedes a que tipo de manifestacións me refiro.

Pero,sen dúbida o que máis me indigna,máis que Acebes,o home das duas líneas de investigación,ou que SOLARIUM MAN,salgan día tras día esbardalla que te esbardalla,foron as últimas declaracios do home que queda con Bush pa falar con Deus.

Este elemento,nos últimos días declarou un par de cousas que me encabronaron tremendamente.
1ª-Este home co seu pelassso,comentou que nos tiñamos todos que manifestar na calle contra aqueles que sucumben ante os terroristas e se poñen a negociar con eles, en clara alusión ó goberno actual.Eu aboio!!!pero si era este mesmo home ,cun pelasso máis recatado, eso si,,o que dicia que autorizara os contactos co..MOVEMENTO VASCO DE LIBERACIÓN...que xeta....

2ª-Fai uns días nunha reunión cos seus fanáticos ultras,en Pozuelo,chegou a dicir,cun movemento de gafas e pelassso,propio dun artista,que resulta que el tiña a desgracia de non ser tan listo pa saber que Irak non tiña armas de destrucción masiva.Que caradura!!!.
Non vou facer ningún comentario,porque pouco hai que dicir,só me vou apropiar das palabras do coordinador de I.U. ,o señor LLamazares ;"Dios nos libre de estes gobernantes".

6 feb 2007

YO, GUAPA por Tresillo


Onte estiven vendo un interesante programa na Sexta (si, si, na Sexta!). O dito programa denomínase "El Sexto Sentido", presentado por tres extraordinarias periodistas: Mamen Mendizábal, Cristina Villanueva e Helena Resano...(certo, tres mulleres superlativas en todos os sensos, con "ns"). Trátase dun programa de debate e onte un dos debates refería o tema da "Cirurxía Estética". Como sempre que se prantexa este tema na televisión, esgrimíronse tres posturas:

1ª)TITULAR: Unha postura que rechaza de cheo esta opción como posibilidade de alteración das cualidades físicas dunha persona sen máis fundamento que unha "teórica" necesidade estética.
COMENTARIO: En fin, as mulleres sempre están sometidas aos cánones estéticos impostos por unha sociedade machista, misóxina e patriarcal. Esto é culpa da globalización e do teu marido que che impón ter unhas tetas coma unhas carretas. Mecago en todos os homes do mundo por fillos de p...!!! Ah!por certo, o outro día fun á Pasarela Cibeles, que modelos tan monas, que bonitos os Lorenzo Caprile e ¿que che parece o meu novo conxunto de Versace?...NON Á ANOREXIA, VIVAN AS TALLAS 46, ARRIBA OS FRUTARIANOS!!!.

2ª)TITULAR: Unha postura intermedia, onde se ve innecesario tales operacións, pero respetables en calquera caso porque o valor estético nesta sociedade é cuasi esencial.
COMENTARIO: Que me importa se me chaman tonta ou inculta...mira que ben me queda a mini saia e o top mostra perolas babea perritos falderos. Joder, cambia a Dolce Vita...mira, mira, que gorda está ultimamente Paz Verga...ui, ui, ui!!!mira esta que pedazo de cartucheras!!!...ala, ala, ala!!!mira ese "put ON" con ese escote...

3ª)NIN TITULAR NIN COMENTARIO: esta foi a reflexión definitiva onte no programa, plantexareina de forma máis ou menos literal: "mira, osea, la operación de pechos, mermelos, fociño, orejas, párpados, boias, cachas, soa, etc... (parecía un cocido galego) lleva a la mujer a tal grado de felicidad porque por fin podrá salir a la calle, le sentará bien un pantalón o una camiseta, las gafas Gucci estarán sujetas por unas orejas y un fociño perfeutos y los mermelos succionaran mejor un Calippo lima-limón [...] de hecho, yo, con mis pedazo de boias recién puestas me dirijí inmediatamente al Bershka a comprar como una loca...por un instante sabía que ya estaba totalmente realizada...como?quién es ese tal Darwin?trabaja en el Tomate?".

En fin, non cabe dicir moito máis...o "home" xamais será libre; por moi democrático, social e desenrolado que sexa o país no que un vive, o materialismo, a frivolidade e a superficialidade deste S.XXI fainos cada día máis escravos do "deber ser", renunciando absolutamente a que un "é"...logo a propia identidade.

5 feb 2007

PORQUE FORON SUPERFUERTES. xogador de chica


Gracias polo turno de réplica, meu ben prezado Arroz con Pito. Como se quera igualar a túa categoría é complicado (que temazo de David Hasselhoff, canta erudición musical!!!), decidín que debía recurrir ós máis grandes... Porque que non se recoñeza a este pilar imprescindible da música espaÑola dos 80-90 que foi Platón... é sintomático do estado das cousas no panorama artístico actual do Estado rancio e centralista!!!

Como non darse conta da súa excelencia; dos seus marabillosos pelasos (rubio e moreno, como vedes, tódolos cabos ben atados, nada improvisado), dos seus nomes especialmente elixidos para a gloria (Michelle e Chuxxxxs)... Como non apreciar o inalcanzable son, a extraordinaria posta en escena (tocar a guitarra, cantar e peinarse ó mesmo tempo), a calidade das letras superprofundas (claras implicacións filosóficas dende o nome...)
Como este é o país no que os xenios son reconocidos só cando morren, os nosos heroes decidiron logo de apagarse a chama do seu éxito “Mira que has hecho de mi vida”, marchar a México buscando o calor e aplausos que sen dúbida merecían. E ahí optaron (coma outros artistazos indiscutibles, como Viceversa ou Locomía)... por reinventarse!!! E, como se nada, pasaron do pop para quinceañeras ó chunda chunda para a discoteca “Casting Araguaney”!!! Só os músicos dun calibre fora de serie poden presumir de tal variedade de recursos. E desta nova etapa de dance exquisito saquei este pedazo de single, que se titula “Siempre serás tú.” O fácil sería presentar ese temazo que é “Mira que has hecho de mi vida” (do seu disco “Locura sin partitura”), pero como son fan total e coñezo o seu inigualable repertorio, optei por esta canción.

Que dicir do vídeo... literalmente, mete medo. Para non perderse nin un segundo da súa calidade suprema, revelo algunhas claves para disfrutar mellor desta obra de arte:

00:56. Impagable Chuxxxs peinándose mentres toca a guitarra (isto é un dicir), e Michelle atrona coa súa voz e señálate... a ti!!!
00:58. Marabilloso xogo de voces dos nosos superguapísimos co verso inesquecíbel de “Tú, distinta, tú...”.
01:20. Aiiiiiiiii... Que sonrisas!!! Es que me da un yuyu.
01:52. Primeiro plano extraordinario dos nosos chicos favoritos.
01:59. Que voces, que interpretación, que miradas penetrantes...
02:18. Emocionante persecución de Chuxxxs e Michelle a unha chorbi tremebunda a bordo dunhas poderosas motazas.
02:52. O Dúo desátase e empeza a darlle á cacha... O que faltaba, encima bailan ben.
03:24. Inolvidábel falsete de Chuxxxs.
04:11. Un final estremecedor, criminaaaal; péinanse de novo, volven a señalarte... Im-presionante.


http://www.youtube.com/watch?v=vIeZrYNTMLM


Bueno, ahí o deixo; espero que disfrutedes de tan magno talento... un saúdo, melómanos e melómanas do “A mí que me importa, membrillo!!!”

2 feb 2007

ANUNCIOS POR PALABRAS


No podemos más con nuestras vidas. Estamos fartos de chorar coas cancións de Alejandro Magno e Antonio Orozco. Precisamos mulleres para acompañamiento sentimental. De boa aparencia, peitos prominentes, simpáticas (ou que non den moito a lata), e que resulten un bo partido (ferrados en Reigosa, leiras en Abadín...). Recompensa: Solterones de Oro. Últimas oportunidades (que se nos pasa o arroz).

AGANCHOPORTI & XOGADOR DE CHICA.