26 jun 2007

HORÓSCOPO SEUTARIO. xogador de chica

Boas seutarios!!! Aquí vai o Horóscopo semanal.

ARIES: A calidade de vida vai tamén nos hábitos do día a día. Come sano; relativicemos a teoría revoluconaria do Rey de Copas segundo a cal “os que comen lechuga son os primeiros en ir ó pichoco.” Fai deporte. E lávate algo, pelexo. Cochomouro.

TAURO: Situación económica parecida á do Nepotivo (é dicir, “delicada pero asumible”). Bo momento para recordar que lle debes cincuenta euros ó Xogador de Chica. En amores ben; o Plus, sen problemas.

XÉMINIS: Con vitalidade e optimismo conseguirás levar a cabo os teus proxectos e máis altas ambicións. Por tanto, acabarás dunha puta vez o Imperium II –logo de sete anos de ardua investigación-, pasando por fin esa fase na que os fenicios, tendo a metade de víveres, tropas e armamento, dábanche nas cachiñas unha e outra vez.

CÁNCER: Pasarás co teu equipo a eliminatoria da gloriosa Copa Diputación Cacharro Pardo, logo dun resultado de seis a catro (dos dez goles, oito serán en propia meta). Faranche dez caños, catorce sombreiros e nove autopases, pero marcarás un gol de rebote á saída dun córner. Aparecerás no once ideal do “Retroceso”, cos argumentos de “defensivamente mal, ofensivamente bien”. A final será ante o lexendario Catro Roldas. As espádegas están no alto; come carbohidratos.

LEO: Perderaste, por culpa do exame de Historia Medieval de España, as enormes e multitudinarias festas da Venta; París de Noia, Panorama e unha magnífica “sardiñada amenizada por UNA ORQUESTA.” Candiós, hai festas que deberían ter o título de patrimonio da UNESCO. Por certo, no exame caerán o “Fecho del Imperio” de Alfonso X, o “Privilegio General” e a “Paz de Alcaçovas”. Pero, como es un inútil, a pesar de terte avisado sacarás o mesmo 4,5 de sempre. Septiembre.

VIRGO: Achégase Ortigueira, única posibilidade anual que tes de foder algo, porque alí, debido ó marabilloso cheiro mariguanero que flotará no ambiente, ninguén xuzgará as túas entradas, teu narigón ou os teus dedos dos pés que pelexan pola hexemonía podolóxica. Ahí tes opcións coas revoluconarias, podes moverte como peixe na auga; recorda para que todo saia ben que, pase o que pase, eres do Bloque e estudiaches os títulos dos discos de Nirvana. Pero, en fin, non vou ser cruel contigo e darche falsas esperanzas, meu ratiño cativo... ¿Pensabas que, por unha vez, non ías ser un odre co “Velero Añejo Superior, 5 años-5 elorios”, dando a la postre asco y verjuensa? ¿Pensabas que a noite ía dar para algo máis ca unha cojonuda borrachera cos colegas? Xa, xa, finxe alegrarte. Molimeiro...

LIBRA: Para ti vale o mesmo dito para os inútiles virgueses, exceptuando que a túa falta de éxito chingador no Mundo Celta non será provocada polos teus problemas co whiske, senón pola túa falta de pericia; si, era hora de un cambio de look... Pero optar para o festival por un chalequito de rombos como o de Barrilete e uns pantacas estilo “monton de oxido’s” coma os do Bosteira, acompañados das zapatillas de cuadritos do abuelo que leva o Home do Método... Quizáis é unha vestimenta moi atrevida. Iso sí, farás un montón de amigos que che sacarán fotos e todo.

ESCORPIO: Si, amigo. Eu tamén boto de menos PotatoLand. Os cobalibres garrafeiros, a clase de DJ R10 na mesa de mezclas... Pero home, tampouco é como para que che entre a angustia existencial e te quedes na casa vendo a Gayoso presentar a Geal Rivers (que cantará o seu temazo “I will turn around.”). Vale, é unha gran razón para quedarse; pero hai outras moitas para ir a Foz. Non, as tías non son unha razón, segues a ser unha burra atada a un pesegueiro. Sexamos realistas. Pero haberá Cacique, e non me negues que morres por bailar o novo single de Georgie Dann, “Mecagüen el chiringuito...” Criminal!!!!!!

SAXITARIO: Insolación criminal no primeiro día de plaia. Chegarás á casa coma un cangrexo. ¿Pero que clase de comedia é esta se botei crema factor 60? (e en tanta abundancia que os cativos confundíante co muñeco de Michelin, algo no que tamén influíu a dieta rica en chourizo que seguiches nos últimos meses). Sabe dios, colega, eres un auténtico enigma para la ciencia. Debiches facer máis caso ao que propuñan os amigos, que te coñecen e saben do teu problema; gabardina, joder, gabardina.

CAPRICORNIO: O balance do San Xoán foi desolador. Quenturas de terceiro grado, dor do lado escuro... Lamentábel. En fin, sempre quedará a partidiña de mus. Entrarás no Caseto con outra cara; daránche a benvida a voz aterciopelada de Cerveciñafría berrándolle ós marcianos da máquina ("Morre fillo de putaaaaaaaaa")... Que marabilla estar na casa!!! De parella, tocaráche co Home Cansado, quen, despois da victoria do capellismo na Liga, virá con forzas renovadas para sinalarche a estratexia sen que te vaias un palmo do planeado. Hala, pelassso, a figurar!!!

ACUARIO: Ai, palé de patín, carro de esterco, monte de purín... Mellor calo, ho, mellor calo.

PISCIS: A vida sempre da segundas oportunidades... pero tarde. Aquela chorbita do insti que te puña coma un animal vaiche anunciar este venres, borracha perdida, que, como intuíches sempre (pero nunca te decidiches), estaba loquísima por ti. Joder, intiéndeme, de aquella tenías pelo y eras callado, nunca abrías la boca para dicir tontunadas como los demás y parecías un macarrón intiligente. Calla, ho; si escuchaba a los Guns ´n ´Roses y pensaba en ti... Agora está máis cañona aínda, parece que lle sentaron ben os milloncejos do cuarentón co que está arrimada. O tipo entrará na conversa invitándote a un Havana 7, que cabrón; nese intre mirarás a túa camiseta do Rei Zentolo chea de cubalibre e pensarás "non é o momento de ir de can". Mañá será outro día; pero joder, mira un pouco de non cagala...

22 jun 2007

OUTRO SÍMBOLO>>Amarillo S.


Este está sen acabar, fáltalle algo pero non sei o que, si non gusta non me rallo máis e probamos outra cousa.

O NOBRE ARTE DA TAUROMAQUÍA por Tresillo


Establecerei como premisa que a min, personalmente e de xeito xeral, o "nobre arte da tauromaquía" non me produce excesivo interese; sen embargo, hai aspectos moi particulares na mesma que si me xeneran certa inquietude. En primeiro lugar plantéxome se realmente a "tauromaquía", per se, é unha arte ou non. Eu considero que si, porque se ben calquera "arte" é unha manifestación da actividade humana mediante a cal se expresa unha visión personal e desinteresada que interpreta o real ou o imaxinado con recursos plásticos, lingüísticos ou sonoros, a materialización nunha praza de touros dunha lidia implica a realización dunha serie de movementos que traspasan o sentido do "técnico" e erixense en verdadeiros "símbolos" e "metáforas" que conforman unha obra cun comezo, cun desenrolo e cun final prestablecido, a morte. É, ao igual que a poesía, a pintura ou a música, existindo instrumentos e técnicas diversas, nunca se poden ver dúas obras iguais, máis se cabe porque dificilmente un toureiro non pode plaxiar ningunha obra anterior pola propia natureza da acción. É e que neses minutos de expresión plástica do toureiro a través do touro, a obra artística levada a cabo adquire un derradeiro senso no que tanto a vida como a morte están presentes en todo intre, pois non caben futuribles e a improvisación preséntase como resposta ao propio instinto de supervivencia, do toureiro ou do touro.

Outra cuestión é si realmente este modo de expresarse artisticamente é un xeito, absolutamente anacrónico, de torturar a un ser vivo sen ningún tipo de xustificación. Neste senso, debemos plantexarnos se, ao marxe das especie humana, as outras especies animais teñen algún tipo de Dereito subxectivo, dito doutro xeito, son suxeitos de Dereito. Ao tenor do Dereito actual, en Europa en particular e no mundo en xeral, non cabe nin tan sequera intuír que un "animal" ten de xeito inherente algún tipo de Dereito fundamental (non esquezamos aquel deputado de Esquerda Unida que quería atribuirlle aos chimpances os Dereitos tipicamente humanos). Pero fóra do plantexamento puramente xurídico, ese que tanto menospreza a sociedade sobre todo por descoñecemento, dende unha perspectiva puramente ética considero que, se ben os animais sometidos a este tipo de "manifestacións" son "torturados" ata a morte, co correspondente sufrimento, o mesmo é analizado dende unha vertente "antropocéntrica". E é que cando falamos da "dor" animal, estamos asimilando que a forma de sentir e percibir a dor dos animais é igual que a nosa. Ninguén pode cuestionar que hai sufrimento por parte do touro nunha lidia, sen embargo ¿é posible pensar que o touro ten conciencia da propia dor ou simplemente sufre a dor e reacciona ante ela por puro instinto?. Trátase dunha pregunta con difícil resposta e non caben máis que razoamentos especulativos sobre a mesma. Pero é difícil imaxinar que un touro, unha formiga, unha serpe ou unha maragota teñen conciencia, mesmo da súa existencia. Non cabe dúbida de que o único ser que "só sabe que non sabe nada" é o ser humano, sendo o único animal que ten conciencia de si mesmo e das súas consecuencias. Logo, cando se afirma que o touro é "torturado", baixo o meu punto de vista deixase de observar unha importante componente da "tortura", a sicolóxica. Cando unha persoa é torturada, non só é lesionada fisicamente senón que o sufrimento síquico causado á víctima é a componente máis reprochable da acción do "torturador". Entón, sígome a preguntar, se o touro non ten conciencia, o touro carece de sique tal é como a entendemos os seres humanos, logo, dificilmente o concepto "tortura" pode ser aplicable. Si hai unha lesión, si hai un sufrimento puramente físico no touro, pero quen realmente sufre siquicamente, quen realmente ten remordementos, é o individuo "concienciado", "sensibilizado" para cos animais.
É desde esta última perspectiva onde radica a problemática. Pois a cuestión é si o ser humano debe protexer non só a esfera puramente "humana" a través do dereito, senón que o ser humano debe tender a protexer o "medio" que o rodea, partindo do feito que nese medio incardínanse os animais e que os mesmos son precisos para a nosa propia supervivencia. Eu teño claro que si, e nese senso o dereito mediombental e o dereito sobre a fauna tenden a protexer ese intereses, que non deixan de ser, claro está, intereses humanos. Pero o que si me parece cuestionable é o alcance desa protección, ata o punto de erixir elementos alleos á nosa especie en pé de igualdade que o ser humano, que a persona. Sen lugar a dúbidas, bastante difícil é materializar o dereito á igualdade e o resto de dereitos e liberdades fundamentais das persoas neste mundo cargado de inxustiza, como pretender tamén elevar a igual aquelo que non o é. Admiro profundamente á xente que ten sensibilidade para co resto das especies, porque sen a súa labor a maior parte delas extinguiríanse. Pero non olvidemos nunca que a súa protección é unha convención puramente humana, pois nun estado de natureza a "extinción" dunha especie é unha das posibles consecuencias que se pode producir no ciclo da vida. A única especie que superou a "lei do máis forte" foi a humana, e só dende o Estado de Dereito se pode cuestionar tal lei, mesmo sobre os animais.
Finalmente, logo de tanta extensión, dicir que o argumento da "tradición" como xeito de fundamentación da pervivencia da "festa", é unha pura falacia, pois desde logo existen tradicións culturais que son profundamente rexeitables desde unha perspectiva ética e, dende logo, xurídica. Só os relativistas, aqueles que estupidamente pensan que toda tradición e respetable polo xeito de selo poderían incurrir nesta lamentable falacia. Agora ben, eu si considero, digo, considero, que hai un argumento moi válido para defender o arte da tauromaquía. Neste mundo globalizado con principios exclusivamente economicistas, onde todo se reduce a unha simple variable que é a da rendabilidade, unha especie como o touro de lidia, o touro bravo das devesas, extinguiríase porque a súa "carne" non interesa no mercado. Logo, só cabe unha saída para que a mesma especie sobreviva, que a "festa" sobreviva e que nos deixemos de demagoxias plantexadas sobre criterios que confunden o ético co estético.

21 jun 2007

IWO-JOHNNIE>>>Amarillo S.


Non se ve moi claro, pero é un montaxe da clásica foto de Iwo-Jima coa clásica botella de Johnnie, pódese perfecionar pero non confío moito en que vos guste, así que de momento queda así. Eu sigo sacando imaxes e xa diredes.

19 jun 2007

Texto extraído de un libro sobre Economía del Hogar, de " Sección Femenina" de la Falange Española y de las JONS - Editado en 1.958

"Ten preparada una comida deliciosa para cuando él regrese del trabajo; especialmente, su plato favorito. Ofrécete a quitarle los zapatos. Habla en tono bajo, relajado y placentero. Prepárate, retoca tu maquillaje, coloca una cinta en tu cabello; hazte un poco más interesante para él.

Su duro día de trabajo quizá necesite de un poco de ánimo, y uno de tus deberes es proporcionárselo.

Durante los días más fríos deberás preparar y encender un fuego en la chimenea para que él se relaje frente a ella; después de todo, preocuparse por su comodidad te proporcionará una satisfacción personal inmensa.

Minimiza cualquier ruido, en el momento de su llegada, elimina zumbidos de lavadora o aspirador. Salúdale con una cálida sonrisa y demuéstrale tu deseo por complacerle. Escúchale, déjale hablar primero; recuerda que sus temas de conversación son más importantes que los tuyos.

Nunca te quejes si llega tarde, o si sale a cenar o a otros lugares de diversión sin ti. Intenta, en cambio, comprender su mundo de tensión y sus necesidades reales. Haz que se sienta a gusto, que repose en un sillón cómodo, o que se recueste en la recámara. Ten preparada una bebida fría o caliente para él.

No le pidas explicaciones acerca de sus acciones o cuestiones su juicio o integridad. Recuerda que es el amo de la casa.

Anima a tu marido a poner en práctica sus aficiones e interese y sírvele de apoyo sin ser excesivamente insistente. Si tú tienes alguna afición intenta no aburrirle hablándole de esta, ya que los intereses de las mujeres son triviales comparados con los hombres.

Al final de la tarde, limpia la casa para que esté limpia de nuevo por la mañana. Prevé las necesidades que tendrá a la hora del desayuno. El desayuno es vital para tu marido si debe enfrentarse al mundo exterior con talante positivo.

Una vez que ambos os hayáis retirado a la habitación, prepárate para la cama lo antes posible, teniendo en cuenta que, aunque la higiene femenina es de máxima importancia, tu marido no quiere esperar para ir al baño. Recuerda que debes de tener un aspecto inmejorable a la hora de ir a la cama. Si debes aplicarte crema facial o rulos para el cabello, espera hasta que él esté dormido, ya que eso podría resultar chocante para un hombre a última hora de la noche.

En cuanto respecta a la posibilidad de relaciones íntimas con tu marido, es importante recordar tus obligaciones matrimoniales: si él siente la necesidad de dormir, que sea así no le presiones o estimules la intimidad. Si tu marido sugiere la unión, entonces accede humildemente, teniendo siempre en cuenta que su satisfacción es más importante que la de una mujer. Cuando alcance el momento culminante, un pequeño gemido por tu parte es suficiente para indicar cualquier goce que hayas podido experimentar. Si tu marido te pidiera prácticas sexuales inusuales, sé obediente y no te quejes.

Es probable que tu marido caiga entonces en un sueño profundo, así que acomódate la ropa, refréscate y aplícate crema facial para la noche y tus productos para el cabello. Puedes entonces ajustar el despertador para levantarte un poco antes que él por la mañana, esto te permitirá tener lista una taza de café para cuando despierte

PD: Xa sei que e longo coma o mes de maio. Pero que marabillosos anos nos perdimos!!! OU NON?


REY DE COPAS

PRIMEIRO LOGO POSIBLE>>Amarillo S.

13 jun 2007

HORÓSCOPO SEUTARIO. xogador de chica


Inicio aquí co permiso de Amarillo S. e esperando a súa colaboración, OS HORÓSCOPOS DO QUE ME IMPORTA A MIN, sección que o flaquito e máis eu, astrólogos de excepción, ambicionábamos desde xa hai tempo. Colguemos a primeira a ver que pasa.

ARIES: Chegou o momento de deixarse levar pola pasión, dirache o horóscopo da competencia. Así, faralo e alégrate, vas triunfar; pero non coa morena de curvas prominentes que te puxo coma un burro o sábado pasado, ligaraste a un camión de 3 x 4 que, aínda por riba, entre polvo e polvo vaiche cargar a caixa con que Mozart era masón ou con que, pese a todo, non se pode dicir que o comunismo fracasou porque ningún dos reximes así chamados na historia respondeu xustamente ó que Marx propuña. Candiós, por que non lle tocaría a Tresillo, preguntaraste. ¿Que a culpa non foi túa? ¿Que ías borracho coma unha cuba? Xa, xa. La culpa fue del cha cha cha.

TAURO: ¿Para que carallo estudias se vas suspender? Xa sabes que levas dándolle á fotosíntesis desde terceiro da ESO e nada, non hai Cristo que a entenda, non a das asimilao. ¿Que podían preguntar a lista de bares da Rúa do Franco con sus respectivos pinchos? Ai, amigo. Os templos do coñecemento e do debate filosófico non teñen espacio nos planos de estudio. Así vai EspaÑa.

XÉMINIS: Economía boyante donde las haya, fundamentalmente por dúas razóns. 1- Hai exames e non saes. 2- tes á xente tan ben amaestrada que non fará falta o xa lexendario abuela, arrea eses billetes que logo dis que coa reúma pésache a carteira. Fai falta dicir que eres un mísero especulador, ladrón pesetero atracador?

CÁNCER: Mentres estudias na biblio, ela aparecerá, tan cañona coma sempre. Achegarase e pedirache os apuntes de Dereito Romano. Sairás todo fostiao para a casa buscalos, olvidando que non rexistrache aquel libro que pillaches no estante. Isto fará soar as alarmas e que se abalancen sobre ti o bibliotecario, os munipas, a hertzantza e máis a Guardia Civil. Co susto caerás polas escaleiras. Non te preocupes, nada grave agás rotura de tibia e peroné e un derrame cerebral na rodilla. Iso sí, ela non te irá a ver ó hospital. E os apuntes pedirallos a Christopher, que por desgracia non é tan sumamente feo coma ti.

LEO: Vida social e sexual lamentable. Igual na economía. Pero alégrate, por unha vez atoparaslle gracia a un chiste dos Tonechos e iso farache pensar: "joder, hai outro mundo ahí afóra." Tirarás do fío e descubrirás as conexións entre a cinta dos Chunguitos da fragoneta e os atentados do 11-m, e que ese Fede Jiménez é un visionario. Que grande o tipo e que cabróns os sociatas kaleborrokistas. Tratarás de contarlle o segredo ós colegas, pero son muy do PSOE de nuestro señor e acabarán por repudiarte. Refuxiaraste nos libros de autoaxuda, que che farán comprender que o importante non é gañar, senón intentalo.

VIRGO: Xa o dice a palabra, tontito. ¿Ou que esperabas? Multiplicación das calosidades das túas extremidades superiores, pero, fundamentalmente, no lado dereito. ¿Sorpresa?

LIBRA: Vida sexual cun 2% T.A.E. de interese. É dicir, que nin sequera engancharás a peli do plus esta semana, tendo que conformarte co erotismo de Localia. Pero non te aflixas; xa sabes que no fondo, o acento sudaca e as declaracións de amor pasteleras póñente cachondo.

ESCORPIO: Sobran comentarios. Non es naide.

SAXITARIO: Verás unha chorbita a hostia de guapa. Imaxinarala contigo, falando das rebaixas de Bershka no marco incomparábel dun café... apartando da cola ós cativos a puñetazos para subir xuntos á noria... comendo os spaguettis a medias, ata acabar nun chucho superromántico rebosante de salsa boloñesa... Pero entón aparecerá o malote. Sí, amigo. Puido ser un amor do montón, pero todo o montón era teu.

CAPRICORNIO: Irás á tutoría para reclamar por ese catro e medio en Pensamento Moderno. Se non é para tanto, só confundin a Descartes con Lutero, pero que carallo; os dous crían en Dios, non???. Terás a sorte de poder escoitar en rigorosa exclusiva a "Charla de Tres Horas Sobre la Decadencia del Alumnado En España y sus Exámenes Lamentables" do profesor Castellanos. O 4,5 non se move. Pa que volvas.

ACUARIO: Como bo mozo, acompañarás á churri a ese concerto ó que tanto lle apetece ir, ese do excelente tenor Federico Granados, acompañado por Ekaterina Dochenko ó piano e Gabriella Dalla Conte ó oboe, quenes nin sequera están boas. O suplicio durará cinco horas, polo que chegarás á casa ás 2 AM. ¿Pensabas foder?

PISCIS: Cagáchela tío, tas namorao; antes de botar o carro de molime tratarás de negala tres veces, pero os seus seos asomarán na túa imaxinación cual visión do paraíso, asomando o lagrimón que e recordándoche esa letra de pasión: I LOVE YOU MI VIDA, I E O. Pero non hai nada que facer; ela sigue enconadísima do pelopincho do León con subwoofer.

12 jun 2007

PARECIDOS RAZONABEIS, VOL. 2.



Aquí estamos con outra nova entrega dos PARECIDOS RAZONABEIS (por certo, seutarios, non vos cortedes á hora de propoñer ou subir parecidos).

Non, non, non é que lle dera ó Rey de Copas pola guitarra; é que simplemente é chantao a Slash, ex de Guns N Roses. Fíxense; pintas de malote, cigarrito e barriguita reveladora dunha dieta rica en proteínas, birras e torresmos... Claro está que non hai color; quen vería ó pimpín este, propagandista dunha vida de excesos, achicar nos cubalibres ó toque co noso heroe... Duraría dez minutiños, nin puta idea.

Seguimos con homes de peso e envergadura... Ahí tedes ao alter ego de Rafa Plas, o grandioso actor John Goodman. Con esos mofletes rubos polas corenta cervexas (logo de seis litros de auga) que bebeu sen conceder nin unha mexada, un imaxínao dándolle as súas sabias indicacións futbolísticas a Chegouohome; cómelle os collóns, agárrao polos huevos, castiñeiro... Monumental.

Por suposto, non poderiamos continuar con esta sección sen recalcar o enorme parecido de Amarillo S. con Juan Tamariz, máis alá do seu maravilloso don (e oficio) da baralla; ese pelasssso, ese narigón, esa sonrisita entre infantil e canalla... Igualiño.

E para rematar, ahí temos ó entrañable monigote de J. L. Moreno Macario, que ten un parecido incuestionable co home das cerveciñas frías...

HALA CHAVALES, ATA A PROXIMA SEMANA.


5 jun 2007

o conxuro


Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.

Demos, trasnos e dianhos,
espritos das nevoadas veigas.

Corvos, pintigas e meigas,
feitizos das mencinheiras.

Pobres canhotas furadas,
fogar dos vermes e alimanhas.

Lume das Santas Companhas,
mal de ollo, negros meigallos,
cheiro dos mortos, tronos e raios.
Oubeo do can, pregon da morte,
foucinho do satiro e pe do coello.
Pecadora lingua da mala muller casada
cun home vello.
Averno de Satan e Belcebu,
lume dos cadavres ardentes,
corpos mutilados dos indecentes,
peidos dos infernales cus,
muxido da mar embravescida.
Barriga inutil da muller solteira,
falar dos gatos que andan a xaneira,
guedella porra da cabra mal parida.
Con este fol levantarei as chamas
deste lume que asemella ao do inferno,
e fuxiran as bruxas acabalo das sas escobas,
indose bañar na praia das areas gordas.
¡Oide, oide!
os ruxidos que dan as que non poden
deixar de queimarse no agoardente,
quedando asi purificadas.
E cando este brebaxe baixe polas nosas gorxas,
quedaremos libres dos males da nosa ialma
e de todo embruxamento.
Forzas do ar, terra, mar e lume,
a vos fago esta chamada:
si e verdade que tendes mais poder que a humana xente,
eiqui e agora,
facede cos espritos dos amigos que estan fora,
participen con nos desta queimada.


Ou como diria Mon:

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.

Orcos, trasnos e dianhos,
espritos das nevoadas meigas.

paxaros, pintigas e cangrexos,
feitizos das pereiras.

Pobres canhotas furadas,
fogar dos vermes e arañas.

Lume das Santas Companhas,
mal do ollo, meigos negros,
cheiro dos mortos, tronos nos faios.
Ladrido do can, perdon da morte,
foucinho doooo…..sapo e pe do coello.
Pecadora cona da mala muller empreñada
vaixo un pesegeiro.
Averno de Satan e Belcebu,
lume dos cadavres ardentes,
corpos desfeitos dos indecentes,
peidos dos infernales cus,
muxido da mar picada.
Barriga inutil da muller virxe,
piar dos gatos que andan a xeada,
guedella porra da cabra mal nacida.
Con este lume levantarei as chamas
deste fol que asemella ao do inferno,
e fuxiran os elfos acabalo das suas escobas,
indose bañar na praia de rueta.
¡Oide, oide!
os berros que dan as que non poden
deixar de queimarse no agoardente,
quedando asi purificadas.
E cando este liquido baixe polas nosas gorxas,
quedaremos libres dos males da nosa alma
e de todo meigallo.
Forzas do mar, terra, vento e luma,
a vos fago esta chamada:
si e verdade que tendes mais poder que os humanos,
aqui e aora,
facede cos espritos dos amigos que morreron,
participen con nos desta queimada.



REY DE COPAS

VENTOS DE CAMBIO>>Amarillo S.


Esta semana toca determinar a mellor festa do verán. Pa qué? se preguntará algún intrépido gilipollas, pois para saber máis ou menos pa cando hai que facer unhas chamisetas para os que escriben e leen por estes lares. Quen decidirá deseño, colores texturas e precios? a ver si entre todos e por medio das encostas chegamos a un punto en común que poida mandar á merda en canto teña unha idea mellor. Partamos da base de que serán negras cas letras blancas. Por que? Porqué son máis sufridas, combinan con todo (que mo dixo o Metodista) e son as cores do Bló. A partir daquí aceptanse suxerencias e insultos que sexan graciosos.

Máis cositas...cal foi a mellor cabeceira? A simple do principio, a da tía espatarrá, a da evolución ou a nova que por certo, é de Sin City. Estaba ben quedarse con unha fixa que se convertira no símbolo e chantala nas camisetas, pero bueno, son temas que teremos tempo de ir dirimindo. A partir da semana que ven farei unha galería de imaxes e vamos publicando posibles deseños, a la par que algunha foto de gorracheras que hai por ahí.

PD: A foto de Pemán é polo título, que non sabía que poñer...

4 jun 2007

PARECIDOS RAZONABEIS, VOL. 1.


Seguimos recuperando seccións olvidadas no ordenata por los siglos de los siglos... Neste caso, inauguramos OS PARECIDOS RAZONABEIS!!! Nas próximas semanas iremos subindo novos símiles (tiemblen!!!), polo momento comezamos cun aperitivo que esperamos que vos guste. En primeiro lugar, ahí temos ese tremendo clon do Bosteira que é Christian Panucci; fíxense que pelasssso, que botamiento de cú pa atráis, e que cara de terribel dramatismo dedica á bola -rápida e cruel- coma se, xusto nese instante de carreira implacábel, o fígado reclamase o pago polos excesos da caldupada de ontes... Chantao!!! Nin sequera a indumentaria é casual, recordando os colores cos que trunfou no mundo do futebol e deu a coñecer, desde Roupar ata Sober, o extraordinario control da gaviota.
En segundo lugar, e sen deixar a familia, presentamos ó irmán xemelgo do excelso papador Cazador de Medianoite... o grandioso Hakim, todo un éxitazo da Cadena Dial que supoñemos que DJ R10 rescatará en breve para as grandes audiencias. Fixádevos que morenassso, que mirada de castigador impenitente, que perilla con falta de calcio... Igualiño!!! Poñédelle a camiseta rosa e a chaqueta blanca (no seu defecto, o chaquetón da Marina), e listo para trunfar en Potatoland!!!
Tamén atopamos ó alter ego do Xogador de Chica! Neste caso, optamos por Claudio Caniggia, o lexendario xogador da selección arxentina. A pesar de non coincidir na calidade futbolística, disputa claramente inclinada polo talento do velocísimo central cervecense, Claudio e Chica´s Player parecen compartir idénticos problemas: a alopecia e a escasa habilidade co peine...
E finalmente, ahí temos a outro pibe, o revoluconario cantautor arxentino Andrés Calamaro. Non me digan que non se parece ó enorme Amarillo S... Nariz con personalidá, orejotas & pelasso e cigarrito en boca... só lle falta botar órdago a pares, que teño un par de cincos pero vaste acojonar. Eh? Órdago abaixo??? Pero ti estás tolo, tío, como ves un órdago a pares? que tes? un trío de cochos?... Joder, é que estás zumbado, se a xoguei de puta madre... Vaite lavar, tío, vaite lavar.

3 jun 2007

OLE ESA MORENA GUAPA===>Sr. Blanco

Aquí queda unha estampa que ven podía estar grabada neses atascos que se producen diante do caseto de copa de non ser por ese acento de despeñaperros p'baixo. Para que logo digan que somos mesóghinos xudeomasónicos. Este video vai adicado a eses sectarios que estiveron ou están subidos a un andamio e profiren estas xoias da lírica mentras comen o bocata. Que vos guste.