24 abr 2009

O CASO DO ELEFANTE>>Amarillo S.


Hai días que ler o periódico pode ser máis divertido que xogar ó futbolín co Capitán Garfio. Hoxe é un deses días. Atención á
noticia que me atopei en ElPaís.com. Ó parecer na cidade polaca de Poznan hai un zoo, nese zoo hai un elefante e ese elefante é gay. Ía poñer "homosexual", pero creo que aquí estamos a falar dun "paquidermosexual" ou "paquisexual", que sona mellor. Resulta que Niño (curioso nome lle puxeron ó elefante) pasa olímpicamente das hembras e incluso demostra un carácter agresivo e... misóxino? (ElPaís dixit)  ante as súas compañeiras. El prefire o calor dos que teñen dúas trompas. Ata aquí nada realmente extraordinario, porque vale, hai un elefante que perde aceite, que curioso, que gracioso, pero non é nada do outro mundo, hai tempo que se documentaron casos de conductas homosexuais entre animais, aínda que eu nunca oíra dun elefante (jeje, non paro de imaxinarmo con camiseta de redecilla e pantalóns de coiro). A polémica ven, como non, da man dun político conservador da cidade, Michal Grzes, que declarou "No hemos pagado para mantener aquí a un elefante gay." Alega que o elefante é un lastre xa que a súa condición lle impide procrear. Michal quere elefantitos. Os elefantes son caros de manter, algo que sabemos gracias ós Simpson e a Michal non lle cunde que non fecunde. Quere vendelo a un zoo máis progre, supoño que ó de Berlin ou Amsterdam. Menos mal que non lle deu por decir que é unha enfermidade e que hay que sacrificalo.

Como era de esperar a comunidade gay de Poznan puxo o grito no ceo na defensa do pobre animal. Según eles non se pode infravalorar ó paquidermo pola súa sexualidade e están a montar unha protesta como só a comunidade gay sabe facer, un festival con música, baile, teatro e pintura en defensa da liberdade sexual que vai durar
oito días coas súas noites. Empeza o 8 de maio por se queredes ir.
Michal cheirou a que se lle viña encima, nestes días de politicamente-correctismo donde os rojos e os masóns gobernan a moral do mundo occidental e tardou menos en retractarse que en rezar un padrenuestro.
"Era broma" declarou. Xa postos a retractarse puido alegar que o elefante supoñía un gran gasto para o zoo e que non era viable mantelo se non conseguía procrear, pero que se faría un esforzo en aras da liberdade. É un político, non lle da para máis. Tamén pode ser que coa polémica Niño se fixera famoso e gays de todo o mundo esteñan facendo cola para velo mentres os administradores do zoo prenden puros con billetes de 500. Case me declino máis por esta opción.

Así acaba esta historia, con un político triste e arrepentido, con unha comunidade gay feliz e festeira e con un zoo cheo de xente. Pero que pensará o elefante? Igual prefería cambiar de aires, ir a un zoo máis tolerante e facerse amigo dunhas xirafas lesbianas. Ou igual está contento sendo o centro de atención da súa cidade. Eu creo que o que realmente quere é que o devolvan á sabana africana, donde facía o que lle daba a gana sen que o xuzgara naide e que deixen de dar tanto polo cú os políticos e os amigos do relativismo e o politicamente correcto.

No hay comentarios: