1 jul 2009

Carta ó Alcalde.

Estimado Alfonso Villares , Alcalde do Concello de Cervo.Non Non vou negar o aprecio que che teño como veciño e como persoa. Agora ben ,como Alcalde do Concello e en especial do meu pobo ,que é o mesmo que o teu, xa non sei que pensar, de verdade. Eu non sei si non sabes, ou si non queres. No caso de que non che deixaran ainda sería me parecería máis triste.

Ganache as eleccións, e en Cervo respirábase un eido de entusiasmo.Viña un do pobo.Un criado e mamado aquí, decían os que che votaron, e decías ti para que che votaran. Os que non o fixemos,ainda que decepcionados,tiñamos certa esperanza nese cambio.

Pero sinceramente.a palabra é decepción .Pero non calquera decepción. Unha decepción absoluta.

Cervo está fundido nun abandono que eu non recordo xamais .Empezou o Señor Insua e tu estalo continuando. Aquí non se limpa .Debistes vender a barredora porque por aquí…nin rastro.As cunetas, xa nin se ven…As aceras….é mellor ir pola carretera…A Lobeira da pena ir por ela….No Tablao Flamenco andan as tablas empudrecendo….
O parque da Lobeira xa nin se ve de tanta herba que ten…A fonte de San Roque non se sabe si a auga é potable,si non o é…..amén de que está tamén que da pena…dar un paseo polo Camiño Real é tarefa imposible, pero litealmente.…e ainda encima en pleno Conxunto Histótico Artístico,ainda sen limpar despois de 4 ou 5 meses, pagado por todos e cada un de nón deixaselle purular os cabalos dun privado, con curro e todo…Hai cousas que son difíciles de entender.

De inversións ou sevizos de empaque,xa nin falar.O parque en 10 anos.Ainda que para poñernos uns contenedores e estropear o Souto, facer unha rotonda….(non sei si te parache a analizala agora pero é pa mexar y no echar gota chico…) case é mellor non tocar nada.

Supoño que me queda algo, e non me quero meter en cuestión máis complicadas,como o elevado número de traballadores que hai,que o presuposto está sen aprobar dende o 2007,etc,etc,..e moito menos coa situación que percibo noutros pobos do Concello,xa que son eles mesmos os que deben de reivindicarse e si non o fan,é porque están contentos…..Eu reivindico donde vivo e porque o percivo. Estamos no peor momento en moitísimos anos. Pero con diferencia.

Esta carta vai dirixida a ti unicamente Alfonso Villares, porque considero que eres o único do goberno que pode mirar algo por Cervo,e non o estas facendo. Espero que nun futuro non te arrepintas ,e pases a historia cunha lamentable rotonda no teu haber.


Atentamente.Doríforo.

15 comentarios:

Anónimo dijo...

Completamente de acordo.
Estamos a un mes das festas de sargadelos e non hai nin donde poñer o palco xa que igual roen os cabalos.
Pa comer hai que andar aganchando polos montons de terra.
Inda quedan arbores caidos...
en fin...
E pa mais inrri, das festas de cervo non se sabe nada, inda que creo recordar certa nota de prensa na que en vista de que en sancibrao non habia comisión o concello faciase responsable de que as festas se organizaran. E que pasa con cervo? Aqui naide se responsabiliza? vamos de mal en peor. en fin.....

Anónimo dijo...

Querido Doríforo:
No teu panfleto hacia o alcalde pos "Cervo esta fundido nun profundo abandono", xa e que ti tas moi preto de Cervo sendo o primeiro en abandonar, e non empeces coma o ano pasado a encher esto que si os da comision paqui que si os politicos pali, se tan ben pensas que o podes facer ponte mans a elo, seguro que máis dun cho agradeceremos entre eles eu. Pero eso de tirar a pedra e logo esconderse estaba ben para os recreos de parvulitos.

que_me_importa_a_min dijo...

jojojojojo!moi inxenioso "anonimo",pero o final a merda caeu toda.Eu si vivo en cervo,e non penso abandonar esta pobo,non coma outros que chuparon ben do bote e ahora andaran por santiago chupando doutro un pouco mais grande.Pero non me vou ir polas ramas,o que queria decir e que non fai falta ser moi listo para ver que tamos abandonados a man de dios.Ainda ahora que tamos en plena epoca estival,xente paseando polo pobo,dime;¿que imaxe veran de cervo?¿un pobo bonito?,non creo.....
En fin,ahi teñen o que merecen algun/a,que moito defender os que "traballaban polo pobo".

que_me_importa_a_min dijo...

Olvideime de decir quen era,son HIPER.

Raymundo dijo...

Doríforo de novo a mexar fóra do tiesto. E non só porque teña unha obsesión cuasi-enfermiza polo Alcalde (quizais porque vellos rencores nunca se esquencen, ai, ai, papaiño) senón tamén porque busca a polémica fácil empregando esaxerando feitos moi particulares. Ninguén dubida que moitas das cosas que describe Doríforo, aquelas que son certas, teñen que corrixirse pero é moi doado manipular a realidade e botarlle a culpa ao Alcalde de todo.

Sargadelos está como está porque desde que en xaneiro paseaba por alí o Sr Touriño co seu AUDI non chegaron os cartos para amañalo. Tivo que ser a nova Xunta quen xa máis por vergoña que por outra cousa iniciara as obras de reparación. Polo tanto seguro que postos a amosar as queixas, facelo "a quen corresponde", de seguro que a Señorita Lara Méndez -que tanto esquence desde as súas responsabilidades a este pobo- estaría encantada de recibilas, consciente do seu desprezo por Cervo.

Respecto da comisión de festas. De voltas ás andadas. Agora que Doríforo e compañía coas súas críticas profundas logrou que ninguén queira facerse cargo da comisión, supoño que estará máis contento. Pero non temos nada que celebrar, ao contrario. E moito me temo que non poderemos gozar unhas boas festas, tendo en conta o pouco tempo que queda. En todo caso o Concello garantíu as festas de San Ciprián, pero nunca dixo que as organizaría, senón que colaboraría con aquel grupo de xente disposta a levalas. Por certo, xente comprometida co seu pobo que xa dixo que si estaba disposta a pesar dos pesares. Espero que Doríforo, ademais de criticar saiba pasar á acción.

Finalmente subliñar o evidente: Por primeira vez en moito tempo o partido do señor Alcalde, e terá moito de persoal non o dubido, está a ganar ou empatar en número de votos nas mesas electorais de Cervo. Esto non significa máis que un síntoma de confianza. A confianza de que alguén de Cervo que non se queixa se non actúa está disposto a traballar polo seu pobo. Un pouco de confianza, que agora están os seus na Xunta e rematou a sectaria forma de actuar do bipartito que cando falaban de Cervo tiñan ordenado pechar o grifo.

Doríforo para cando nas listas do PSOE??

Anónimo dijo...

Lembrando o que apareceu nos xornais:

http://www.lavozdegalicia.com/amarina/2009/06/11/0003_7777717.htm

Cervo se queda también sin comisión para organizar las fiestas dedicadas a San Roque en agosto
Autor:
La Voz
Fecha de publicación:
11/6/2009
Valoración de la noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , (1 votos) Envíando datos... Espere, por favor. Gracias. - + Enviar Imprimir Volver La asociación cultural Rego Cachón, que organizó las fiestas de Cervo dedicadas a San Roque en agosto durante los últimos dos años, anunció ayer que deja de hacerlo. Invitaba al mismo tiempo a que «algunha persoa ou asociación» se hiciera cargo de los festejos.

...

En lo que a Cervo respecta, el alcalde, Alfonso Villares, aseguraba ayer que «nin Cervo, nin San Cibrao se van quedar sin festas». En cualquier caso, el regidor matizó que «O Concello vai garantizar que as haxa, pero non debe organizalas, consideramos que debe facelo o pobo». De hecho, desde el gobierno municipal cervense ya habían solicitado la colaboración de los vecinos y de las asociaciones para que las citas festivas de San Cibrao salieran adelante.
Villares reconoció las dificultades de las comisiones a la hora de conseguir los fondos para sacar adelante los programas, y concretamente se refirió a Cervo señalando que «son datas durísimas porque os prezos das orquestas son altos». El alcalde recordó que destina 45.000 euros en subvención directa a las fiestas que se celebran en el municipio, a mayores de otras ayudas en montaje, electricidad...«Son moitos núcleos aos que hai que repartir», dijo

Anónimo dijo...

Estimado Raymundo;

Se queres ir ó terreo persoal para intentar ferir ou coaccionar,adiante estas no teu dereito.Só comentarche.
Primeiro,que na educación que me deron os meus proxenitores non caben nin a palabra rencor,nin a palabra odio, nin a palabra revancha.Alá ti se no teu están, é o teu problema.
Segundo,e se cadra maís importante,por puros cálculos(UNHA SIMPLE RESTA) poderás comprender que á idade que tiña eu daquela,non daba para pensar nesas cousas.Resta e adiviñarás.Así que si ques ir coas comedias de "por papaito" adiante, pero xa vés que nin cola,nin molesta,nin fire, si esa é a túa intención.So mostras unha clara ausencia de argumentos.

Si eu me dirixo a Alfonso,non é por unha cuestión enfermiza.Simplemente porque a realidade me dice,que de todos os que están hoxe no Goberno,él é o único que pode tirar por este pobo.A maioría farían un embalse con Cervo.E ademaís que o prometeu cando pedía o voto joder!!e a xente llo condeceu, e por eso ganou en Cervo!!Porque si ganou en Cervo é por él!!Vamos a ser claros!!

Tú dices que os exemplos que poño son exemplos aislados é esaxerados,ah!! e que terxiverso a realidade.Home, si che parece aislado que a única fonte que temos a teñamos así,sin saber si é potable ou non, é sucia.Que no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos,desde xaneiro que estea así,sen arreglar para o verán,e con curro e cabalos dun particular,que as cunetas estean sen limpiar, que o parque da Lobeira estea sen acondicionar,que un fermoso Camiño Real estea intransitable,que nos planten esa rotonda,etc,etc...se a ti che parece que esaxero...pois invítote a velo porque é o que hai.É algo obxetivo.Pódelo ver coma min.Non me estou inventando nada Raymundo.

En canto ó tema das festas.Eu nunca,repito nunca,(se queres facer política e demagoxia,adiante) critiquei a ningunha comisión de festas.Só dixen que era,canto menos sospeitoso,que estando no mesmo Concello,uns puideran traer esas orquestazas e outros non puideramos aspirar a máis que a un dúo e a un trío,cando nunca na vida houbera esas diferencias.

En canto a que confiemos en Feijoo,oxalá!!porque espero que Cervo,neste caso,sairía gañando,ainda que ,entre tú e eu,eiche de decir que eso que me comentas é un pouco demagóxico,xa que a outra tropa de impresentables,cando estuveron tiñan a Xunta,a Diputación e os Concellos do arredor en aplastante maioría,e Raymundo ¿algo fixeron ou?xa sei que, e tes razón, Fraga e Cacharro eran mellores e tratábannos mellor...

E en canto a que si me vou presentar algún día polo Psoe...pois non che sei Raymundo,si vexo que non teño moita perspectiva na miña vida,pois metereime nun partido calquera e intentareino facelo ben,ou polo menos que o parezca,co obxectivo ,eso sí ,de alcanzar Santiago, que disque é o paraíso, que che poñen chófer e todo, e aí non se entende nin de crise, nin de nada destas comedias,...e a vivir que son dous días...

Estando totalmente dacordo contigo en que Lara Méndez debería mirar un pouco máis por nós,coma oposición que é,tamén che digo que ó Psoe nada lle debo,pois ningún favor me fixo e nada me deu.
É por isto, que neste blogue,e na vida en xeral,falo dende a posición que me ofrece esta liberdade.

Un saludo RAYMUNDO.
Doríforo.

Anónimo dijo...

Querido Dori, cito textualmente:
"En canto ó tema das festas.Eu nunca,repito nunca,(se queres facer política e demagoxia,adiante) critiquei a ningunha comisión de festas.Só dixen que era,canto menos sospeitoso,que estando no mesmo Concello,uns puideran traer esas orquestazas e outros non puideramos aspirar a máis que a un dúo e a un trío,cando nunca na vida houbera esas diferencias."

Seguramente o tema das orquestazas é porque en San ciprian habrá máis xente e máis turismo en Verán, aínda que che doa, e o Concello nn se pode permitir o luxo de perder esa fonte de ingresos para o pobo por moi pequeno que sexa outro. Pero si esta razón nn te convence haber esta, sabes de sobra que para poñer un palco desas dimensións a praza do souto por moi fermosa que sexa quedase pequena e a unica maneira é levandoas pa enfrente do concello, polo cal xa verás como dos 5 bares que hai polos arredores da praza han protestar dicindo que nn dan un peso pas festas, aínda menos do que dan. Que levas toda a razón, si, pero creo que xa é hora de que saques a venda dos ollos.

Anónimo dijo...

Xa temos Comision organizadora para as festas de San Roque e non gracias aos atrancos de xente como Doriforo que se preocuparon de boicotear e torpedear coas suas criticas esaxeradas aos da Comision sainte As miñas fecititacions a esa xente que traballa o mellor que poden para que todos nos divertamos e para variar expostos á ingratitude dos de sempre

Anónimo dijo...

Xa vexo que non vos interesa debatir nada do que eu comento neste artículo.Vosoutros saberedes o por qué...do resto, vádelle dando...

Doríforo.

Anónimo dijo...

Dos da Comisión de festas, ¿cantos son de Cervo?
Decatádevos de que aos de Cervo non lles interesa que haxa festas. Nestes momentos hai moitos asuntos nos que gastar a "pasta" sen queimala en foguetes e orquestras, ás que ninguén lles fai caso.
Os de Cervo queremos que non se malgaste o diñeiro de todos, que se pode dedicar a outros asuntos. Pero tampouco queremos que se malgaste en pagar festas doutros lugares do Concello.
¡O QUE QUEIRA FESTAS, QUE AS PAGUE!
Estou de acordo con Doríforo en que Cervo está abandonado pola man dos políticos de turno que o único obxectivo que teñen é cobrar o seu soldo a fin de mes e deixar que pasen os catro aniños chupando do bote.
"ANDE YO CALIENTE Y RÍASE LA GENTE"

Anónimo dijo...

O que faltaba por escoitar... así que "os de Cervo non queren festa" por iso se está a recuperar a romaría de Sargadelos de volta á orixe... Con tal de facer política xa non saben con quen meterse os Doríforos de turno. E todo para compensar os anos verdadeiramente escuros nos que mandaba papi

Anónimo dijo...

Grandes comentarios chaval/a...xa vexo que segues sen debatirme nada do artículo,nin unha soa cousa...tú saberás o por qué...non podes??non sabes??en calquer caso vaille dando...

Doríforo.

Anónimo dijo...

Ahhh!! e segue a facer demagoxia coas festas e intentando meter merdiña por se cola e desviar a atención do verdadeiramente importante...pero bueno igual me sabes responder, ¿por qué o Concello segue a perder poboación??ahh,que esto non che interesa... pois veña logo...fálame das festas anda...

Doríforo.

Anónimo dijo...

Como tampouco che interesará saber os motivos polas cales,como ti ben dices,a día de hoxe tense que intentar recuperar unha festa que antaño era do mellorciño da volta...eu explicaríacho pero como non me crees porque son un sectario pois nada neniño/a..vaille dando...

Doríforo.