14 dic 2009

II NOITEBOA INFANTIL

O xoves 24 de decembro a partires das 16:00, a Asociación Fervenza de Sargadelos organiza a II Noiteboa Infantil. Animamos a peques (e non tan peques) a achegarse e disfrutar da programación, que é a seguinte:

-BENVIDA
-XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS (carreira de sacos, púcaros con globos, carreira de ovos con bicicleta e andando, xogo das mazás e xogo do limón mollado)
-CHOCOLATADA GRATUITA.
-CONTACONTOS INFANTIL a cargo de Felipe "O Caxoto Cativo".
-SORTEO DE 5-6 KG DE CENTOLOS.

Haberá música de nadal durante toda a tarde. Animádevos e traede ós máis pequenos da casa. Haberá moitas sorpresas!!!!.
Será na Praza do Souto, polo contrario se chove, será no Pavillón de Cervo.

ORGANIZA: A.C.R. Fervenza de Sargadelos.
COLABORA: EXCMO Concello de Cervo
PATROCINA: Mesón-Restaurante "Os Arcos", Covas (Viveiro)

No hay comentarios: