24 mar 2009

FERVE A REDE (Webmasters)


O QUE ME IMPORTA A MIN quere animarvos á creación literaria (por favor, que vos estamos escoitando rir, menos cachondeo). Sabemos que todos levades un Cervantes ou un Cunqueiro dentro, non nos enganades, mirade todo o que se leva escrito aquí, neste blogue, ata agora con maior ou menor sorte, con maior ou menor número de faltas de ortografía e disparates gramaticais. Pero a diferencia fundamental é que todos somos uns "porcos" (señora Aído, desculpe, "e porcas") ou, en termos máis eufemísticos, uns depravados/as animais/las que nos revolcamos na nosa propia lascivia...uns cochos/as en busca de...rimas e máis que "leyendas".
Para explotar esta nosa "vena" artística, un ano máis, animámosvos/vas a partipar no certame de relatos "FERVE A REDE" no portal galaico revoluconario "VIEIROS".

Os relatos teñen que ser eróticos, moi eróticos, pornográficos, moi pornográficos, depravados, moi depravados, mesmo autobiográficos (polo tanto esaxerados ou de ciencia ficción).

As bases son as seguintes:

1. Para participar hai que estar rexistrado en Vieiros.
2. Os textos poderán enviarse dende o martes 10 de marzo até o venres 24 de abril. O gañador ou gañadora anunciarase o 4 de maio.

3. Cada usuario poderá enviar até tres microrrelatos diferentes.

4. Os textos terán unha estensión máxima de 690 caracteres, incluídos os espazos en branco.

5. O gañador será decidido por un xurado creado para este concurso.

6. O xurado escollerá un gañador, que se fará co premio principal: unha viaxe a Bruxas (Bélxica) para dúas persoas.
7. Entre todos os participantes no concurso sortearase unha estadía dunha fin de semana en Amarante (Portugal).


A web é a seguinte: www.vieiros.com/ferve_a_rede_09

En fin, sede todo o creativos/vas que sepades...para identificarvos estaría ben que vos rexistrarades co alcume ou seudónimo do blogue...incluído ti, prezado "anónimo".



No hay comentarios: