31 may 2010

Ben Harper & Eddie Vedder, "Masters Of War" (versión de Bob Dylan) (xogador de chica)

Veñan señores da guerra, vostedes que constrúen as armas, vostedes que constrúen os avións da morte, vostedes que constrúen as grandes bombas, vostedes que se escoden tra-las paredes, vostedes que se escoden tra-los escritorios. Só quero que saiban que podo ver a través das súas máscaras. Vostedes, que nunca fixeron nada excepto construír para destruír, vostedes xogan co meu mundo como se fora un nintendo, poñen unha arma na miña man e escóndense dos meus ollos, danse a volta e corren alonxándose cando voan rápidas as balas. Coma Xudas, minten e enganan. Unha Guerra Mundial pode gañarse (iso é o que queren facerme crer), pero vexo a través dos seus ollos, e vexo a través dos seus cerebros, a través da auga que corre polo meu alcantarillado. Axustan os gatillos para que outros disparen e logo retroceden e observan. Cando o número de mortos ascende, escóndense nas súas mansións mentres a sangue dos rapaces novos escapa dos seus corpos e se perde no barro. Vostedes arroxaron o peor medo que alguén puido ter lanzado; o medo a traer nenos ó mundo por ameazar ó meu fillo non nacido, sen nome. Non merecen a sangue que corre polas súas veas. ¿Canto sei como para falar cando non corresponde? Vostedes poderían dicir que son novo, poderían dicir que non teño educación, pero hai unha cousa que si sei, pese a ser máis xoven ca vostedes; nin Xesús perdoaría o que andan facendo. Déixenme preguntarlles unha cousa: ¿os cartos que teñen son tan bos como para mercarlle-lo perdón? ¿pensan que teñen ese poder? creo que se darán conta cando chegue a súa hora de que todo o diñeiro que gañaron nunca servirá para recuperar as súas almas. E espero que morran e a morte lles chegue axiña; eu seguirei os seus ataúdes na pálida tarde, e mirarei mentres os baixan ata o seu último leito, e quedareime parado fronte ás súas tumbas ata asegurarme de que están mortos.

http://www.elpais.com/articulo/internacional/Turquia/habla/terrorismo/Estado/inhumano/avisa/Israel/asuma/consecuencias/elpepuint/20100531elpepuint_4/Tes

No hay comentarios: