28 ene 2008

GRANDE ANTONIO

So quero que disfrutedes dunha actuacion que seguro que moitos vistes na tele, pero merece a pena que gastedes un pouco mais de tempo escoitando a un dos mais grandes do pop español.

Sobran as palabras.

iceman


20 comentarios:

Anónimo dijo...

Preciosa esta canción.

Anónimo dijo...

ESTE SI K E O GRANDE DOS GRANDES.OLE OLE E OLE.Mil bikos para todos os k formades este blog,seguide asi.

PaTrIcIa

Anónimo dijo...

Si boa cancion pero tena mellores tanto en solitario como con Nacha pop, non nos temos que pechar no facil e no conocido, por certo tamen ben no dvd que vos comentei do concerto dos 40. Grandes os 80.
Lastima o deste home coas drogas, tase quedando en nada.

Anónimo dijo...

Unha canción impresionante. Pero é que non é só esta ou a Chica de Ayer... Que grande é o repertorio de Antonio Vega... Esperando nada, Tesoros, Una décima de segundo, Se dejaba llevar por ti... Deume moita pena velo en Viveiro tan desfeito físicamente, pero nunca me olvidarei dese concerto, escoitar todas esas marabillas en directo... un fora de serie.

Anónimo dijo...

P.D. Ai Arroz Con Pito Arroz Con Pito, noto nostálgheas dos 80, jeje... esta canción é dos 90.

Unknown dijo...

As palabras sobran, si, pero o que máis sobra é Miguel Bosé... un pouco de respeto.

Anónimo dijo...

Foi a mellor epoca con moita diferencia e os noventa tamen os encasillo nos 80, o que foi a movida madrileña, e Antonio vega e mais o seu primo Nacho foron pioneiros coma o foron Os secretos, Mecano, Kaka de Luxe antes de pasar a chamarse Alaska e os Pegamoides con Nacho Kanut e Olvido Gara e o fallecido Carlos Berlanga, Loquillo, Radio Futura, Plástico, Derribos Arias, Burning, Los Secretos, Los Nikis, 091, Los Elegantes, Danza Invisible... a lista é inmensa e os que quedan polo camiño aquelo era vivir e non o que se fai ahora, e por non falar da Bola de cristal de donde sairon todos estes grupos sin duda eseprograma de televison aínda esta por superar a historia de españa tedo en conta os medios e da transicion que se estaba vivindo naquela epoca, sintoi xogador que non puideras vivir todo aquelo pero un servidor foi medrando con eso e adaptandose os novos tempos, pero si tivera que elexir sen duda algunha quedome cos 80 e principios dos 90.

Anónimo dijo...

Por suposto que Loquillo, Burning ou Radio Futura merecen o ceo... Pero Mecano e Danza Invisible... que grupassos!!! (e aínda te olvidas de Almodóvar & Macnamara). Aínda recordo un concerto de D.I. no que, antes de destrozar un poema de Pablo Neruda musicándoo, presentaron o tema como "una adaptación de un poema de 'Veinte poemas desesperados y una canción de amor', que es un libro de Pablo Neruda, un poeta que nos encanta." Ai se os enganchara Quentacaldos!!!!
A verdade é que toda esa nostalxia dos 80 tufa bastante... e refírome á dos medios, non a túa, que como "protagonista" daqueles anos estás no teu dereito... Pero mira que son pesados cos revivals do carallo!!! Parece que non se fixo en España nada bo desde aquela, e só hai que acordarse, por citar a dous dos máis grandes, cando saíron os mellores discos de Kiko Veneno ou Joaquín Sabina (a excepción del "Hombre del traje gris"...) (Isto por non referirme de novo ó meu adorado Calamaro, jojojojo). Collóns, ironía e descaro habíaos de sobra, que se subía calquera a un escenario sen saber nin tres acordes: pero en canto a cancións e en canto a discos (que é o que vale), non creo que fose algo tan grande como para xustificar semellante bombardeo.

A historia é a de sempre... os vellos din "coma os 60 nada, todo o que ven despois non lle chega a suela dos zapatos"... Os entrenadores de fútbol din: "Gento sí que corría..." E ti, en certo modo, fas o mesmo (aínda que sexas fan de grupassos actuales como El Canto ou Pignoise, jeje). A música boa sempre a houbo e sempre a haberá, e so hai que buscar un pouco, porque, desde logo, non vai saír nos 40 Crimianales.

Anónimo dijo...

Paso de discutir cun tio que critica os pereza e non para de cantar o seu ultimo gran exito, entre ti e tresillo, ainda que o faigades a vosa maneira, cando estades todo o día machacando o puto tema dos huevos, e sobre de calamaro sabeso que opino duas cancions ou tres o sumo mais non despois xa vai moi de sobrao senon vexase o salmon, unha autopista de cd´s que pouco mais e non ten que pechar a discografica por banca rota.
Pero non so che falo dos 80 da musica española senon tamen inglesa, e sinon hai tes os guns, cramberries (principios dos 90), Dire Straits, Rolling, Led Zeppelin, Simple Minds, The Cure, R.E.M, Van Morrison, Bob Dylan ................., e ques decirme que buscando ahora encontras artistas como os de entonces, vaite deitar mil anos o río e afonda ben a cachola esa que tes encima dos hombros coa tu longa melena rubia meu aprciado xogador de chica, pero non.
De feito quenes agotan as entradas no Bernabeu, Calderon, San Siro Madison Square Garden, antiguo Wembley, Slane castle ...... , son eles exceptuando a Homres G y El canto que encheron o Calderon, pero é a realidade son moi grandes e hai que reconocelo, e máis falando dunha época que non tiñan a tecnoloxia de hoxe, facer a musica de Linkin Park, as vacas estreñidas de nois, etc.... eso e coma as nosas generacións que non nos molestamos en nada porque xa no lo deron todo feito pero os que viñeron por diante tiveronas que pasar putas, e non non o sabemos apreciar. Por eso eu valoro tanto esa época e porque había moitas ganas de facer cousas novas e innovar, se te das cuenta moitos grupos de hoxe non distingue unha cancion de outra xa que esta todo polo mesmo patron feito.
Arriba os 80.
P.D: A Sabina sempre o incluin nos 80 e a mellor epoca de calamaro nos rodriguez principios dod 90.
Saudos xogador

Anónimo dijo...

Falaches Xogador, totalmente de acordo. Entra dentro do normal que Nº8 senta nostálxea cando recorda grupos e cancións de esa época, pois el identificase nelas(coma todos), recorda ó escoitalas momentos significativos para el, e así, como os nosos pais teñen outras, nós temos o "arriquitintintin" ou "luna,luna,lunaaaa...sabes que la quieroooo"; así que só agardar 15 anos para que veña algún nostálgheo con coñecementos da música máis pegadiza e popular a espetarche:"bu tío, esta merda de música chocando llanta(ó paso que vamos...) non vale nada, o reggaeton da miña época sí é memorable, iso eran letras e sentimento"
Analicemos tamén os motivos polos que se recorda certa música, lembraremos só certos temas ou triúnfan autores hoxe en día, fácil, boa publicidade e machaconeo nos medios. Decides os dous que hai boa música por coñecer, certo, pero é difícil para a maioría, que se ciñen a crer o que lles soltan en bazofias coma os 40, MTV ou variadas, creándose o sentimento ficticio de que o non coñecido é para "raritos". Por non falar do que vive de rentas e copia e pega máis que no Word ou dos estilos musicais e os estereotipos que xeneran algúns cantamañanas, resultando de tal modo que conformarme co Pop fai que se lle caigan as bragas ás pipiolas en calquer polígono ó ritmo de Pignoise(menuda escoria) soando no meu Siat Lacón, que para disfrutar do rock teña que ceñirme ós dous baretos subsistentes nun radio de 100 km pitando nos detectores dos aeropuertos cada vez que viaxe,se disfruto da clásica arriesgo perder aceite, e un servidor, que gusta de navegar no hip-hop, para despois de moito residuo atopar algunha letra feita poema, xa esta por iso encasillado na lista de posibles asíduos ó tirón de bolso en Vespa tuneada.
Por iso, ó meu entender, cando me acorde dentro de 10 anos de toda a bazofia simplista e típica que escoitaba e bailaba nos días presentes, seguramente me emocione, pero se me preguntan por elas e obligan a ceñirme en aspectos puramente musicais, responderei "unha merda macho, unha merda entrañable".

Anónimo dijo...

Dende hai uns anos levo seguindo a carreira musical deste crack da canción (e nunca millor dito). Por sorte teño nas miñas estanterías numerosos discos deste home. Leva morrendo uns cantos anos, pero creo que lle queda por morrer outros tantos.

PD: O Bosé non sei si se pasaría coa fariña, ou sería un simple resfriado?

Anónimo dijo...

Je,je... hotmiño, Bosé ten cartos para abrigos e para o que queiras, asñi que xa sabes a resposta.

Anónimo dijo...

Jojojojojojo... Pero oiche oh, ti mete nos 80 a quen che de a gana, eh? Van Morrison e Bob Dylan, hai que joderse... Eses fixeron os mellores discos antes de que ti naceras (que por certo tes treinta y tantos)!!! Si, si, amigo... eses tipos empezaron a cardar a lana (e fixeron os mellores "garsés") nos 60... uns vinte aniños antes, case nada... iso por non falar das reglas de tres que me fas; según o que dis, o talento é a capacidade para encher estadios (polo tanto, deduzo que Enrique Iglesias é un crack e Antonio Vega un molimeiro). Pero tu tranki, eh? Todo vale para poder argumentar ese conservadurismo rancio de "nada volverá a ser igual"... En fin, parece que a historia musical acabouse nos 80 (incluso quizá a historia en xeral, e pode que os que vimos detráis non sirvamos de nada, que sei eu)... En fin, que traghedea para todos aqueles chavales que traten de facer cancións a partir de agora!!! En vista de que NON TES NIN PUTA IDEA (digoche isto con todo o respecto e cariño do mundo, por suposto), paso de filosofar e de tratar de explicarche quen é tal ou cual tipo/a, que, sen tanto bombo nin platillo, mexan por algún dos grupos que ti citas... Iso déixoo para as entretidas noites con xarras de cubalibrel no "Raio".

Que te enteres: o talento dos artistas non decreceu, o talento sempre está ahí, a imaxinación da xente anda pululando sempre... O que decreceu (e minguou ata a nada, asi lles vai) foron os huevos das discográficas para financiar aqueles artistas que teñen potencial a largo plazo, poñendo a pasta só para aqueles que lles garanticen ventas de discos "ipso facto"... como eses triunfitos do carallo, ou os teus idolatrados Pignoise, que dentro de dez anos non se vai acordar deles nin a nai que os pareu (Casos flagrantes son o de Dinio ou Jezulín... porque non creo eu que os tipos que lles produciron o disco pensasen que se podían adicar de verdade a iso da música). Todo iso fai que a punta do iceberg, ou sexa, o que soa nos 40, sexa unha puta merda... agora ben, iso é so o que se ve a simple vista... preocúpate antes de opinar de ver o que hai debaixo.

Por certo, realmente adoro Pereza, a mostra de amor meirande é que incluso os versiono.

Anónimo dijo...

Grande xogador, aprecio as tuas palabras e respetoas, pero sigoche decindo que cando englobo dentro dos 80 digo desa decada e mais dos 70 e 90, sobre dos triunfitos totalmente dacordo, e sobre as discograficas tamen son coma os bancos non stan para perder, pero tes que recoñecer que sempre se acaba recurrindo a esa época e como ti dis os mellores discos de Antonio Vega, Sabina, Heroes, Barricada, Nacha Pop, Loquillo, Los Suaves, Si ques Joan Manuel, Victor Manuel foron nesa época, non é que ahora os medios exploten todo aquelo é que non hai máis huevos que explotalo porque foi unha época moi boa, non ch quero decir con esto que despois dos 80 non exista nada máis, nin que haxa que volver, pero é moi dificil por non decir case imposible repetir todo aquelo.
Asi que con esto e para acabar co tema naide é un entendido de musica para dicirlle á xente o tipo de musica que lle ten que gustar, senón que cada un ten que estar a gusto co tipo de musica que escoita, que por eso hai tanta variedade. Eu teño a suerte de que me gusta un pouco de todo ou o mellor non e suerte, pero vouche responder a unha pregunta que me fas a menudo cando vou pinchar por ahi e me decides porque non poño algo mais moderno, eso cheguei a facelo pero non creo que che guste ver un garito con tres personas ou polo menos os dueños non, e coa música de toda a vida, segun vos non será moi boa pero polo menos aguantas a xente hasta case ultima hora, así que creo que algo debe de haber ¿non crees?
Saludos chavalote.

P.D: O de pignoise é unha etiqueta que me colgastes ti e Tresillo, polo cal non vou pararme máis nesa chorrada cada un dos sectari@s sectarias cos que falei xa saben o que penso deso.

Anónimo dijo...

Pero a ver montón!!! Eu non digo (nin o intento) o que lle debe gustar á xente ou deixar de gustar... Nin debo dicirche o que tes que pinchar... Non pretendo impoñer o meu criterio, todo o contrario: quen fala aquí de que "é case imposible que se volva repetir algo tan bo" es ti; é dicir, xa de antemán lle restas calidade e credibilidade a todo aquelo que poda saír novo. Iso critico, porque é un prexuízo criminal. Basta de tanta lenda, tanto dos 80, coma dos 60, como do Madrid de Di Stéfano!

Equivócaste no dos medios de comunicación; teñen certa cuota de responsabilidade, sobre todo os públicos, como garantir a pluralidade, educar ou (iso xa é moito pedir) botarlle huevos e apostar por cousas novas... o jodido é que non arriesgan, de xeito que a xente non sabe se aquel grupo que quedou sen un puñetero minuto na radio lles ía gustar ou non... ó fin parece que somos nos, aqueles que nos gusta a música "rarita", os "fascistas" que negamos a variedade... É xusto ó revés; os medios acomódanse ata o punto de que no bus de volta á casa escoitas 3 cancións de Shakira nun plazo de tres horas de viaxe... Increible!!!!

E para rematar, "as discográficas non están para perder..." Meu rei, non che son un crack da economía, pero algo tarán facendo mal porque as perdas case non poden ir a peor... E por que? Porque quenes están arriba son xente de fora da música que cre que o mercado dos discos debe seguir a mesma lóxica ca o dos destornilladores (producción en cadena). Que lle vaian dando, que lles queda camiño.

Anónimo dijo...

Respondendoche o das discograficas a resposta non sta en ue a xente seña da musica ou non, o problemiña ahora mismo das discograficas, ou o problemon chamase internete, ou concretamente o bittorrent ou a mula ou o kazza ou.... en resumen a pirateria, por eso non se arriesga xa coa xente nova e si cos triunfitos que antes de estar en solitario xa teñen feito un estudio de mercado si lles interesa subencioñarlles un traballo discografico ou non a pesar de que non gañes o cncurso que ese é o primeiro premio.
E sobre dos medios de comunicación entonces que me ques decir que a nosa ben preciada selección nunca foi campeona do mundo ou de europa por culpa da prensa.
En fin pode que teñas razón Xogador eres moi grande cuidate e coidado cos cobalibres dos carnavales que son moi traicioneros, e mirame de Hotman que non se me descarrile eu xa mirarei do bostira a ver si o dou en adopcion a unha familia gitana desas que teñn 11.ooo traballos e o aguntan eles.
saudos.

Anónimo dijo...

Por suposto que a piratería inflúe, pero se sacaran máis discos "de verdade" e menos bazofia, probablemente a xente piratearía menos e mercaría máis. É como o peixe que se morde a cola.

Pasadeo ben esta semana! A mamarlaaaaaa!!!

Anónimo dijo...

Pesaaoooooooosssss, repunantes do carallo!!!!, joder, ide dunha vez de xurados pa OT ou "TU SI QUE VALES", tanto choverlle no blog nin que ostias!!! PESADOS!!!!. Aqui tedes, ó Joaquín Lucky e ó Carlos Llacer da música. Mue deus, vaea tormenta.

Anónimo dijo...

Deixa tar ho, que o debate ta interesante.
Eu tamén creo que segue habendo talento por aí; aínda que efectivamente nos 80 se fixo moita música, e algunha dunha enorme calidade (no medio de bastante bosta). O que ocorre é que ás veces é necesario ver as cousas cunha certa perspectiva para valoraras. A maioría dos artistas que citástedes teñen máis prestixio hoxe en día que no seu momento. Co tempo a calidade persiste mentres que a merda se dilúe.

Anónimo dijo...

Que queres Hotman... sonche "momentos". Non sempre vai tocar falar de cheas, mulleres ou da organización defensiva do Valadouro. Só tes que deixar de ler os comentarios para fuxir de tanta "pesadez". Saúdos cordiais, uo uo, ou llea.