18 abr 2008

HORÓSCOPO DA SEMANA (xogador de chica)

ARIES: Eses sentimentos de rencor hacia o Bosteira por levarse a tódalas nenas están a acabarche coa salú. Ten en conta que é moi guapo de nuestro señor e que ese corte de pelo confírelle unha gran personalidade; ademáis, ten un estilasssso irresistible poñendo chupitos de piruleta mentres canta Pereza ou El Canto del Loco. Simplemente, é superior... Pero traio boas novas; esta semana verás todo dunha cor diferente, tomarás decisións acertadas e introducirás na túa vida cousas que levas tempo agardando. Séase: miraraste no espello, comprobarás que eres sumamente feo, recurrirás á tarxeta e, por fin, chingarás.

TAURO: É posible que gastes algún diñeiro por saúde (é dicir, ti tamén acabarás nas chicas).

XÉMINIS: A lóxica serve para explicar o evidente, pero, no amor, o evidente caerá ata o sorprendente. En cristiano, quen che dera ser feo pa papar.

CÁNCER: O meu extenso coñecemento astral... ehm, creo que me dera a entender que ías estar a tope nos xogos de azar, pero non me acordo. Ante a duda xa se sabe... Funde todo, cagüenlavirguen!!! Bonoloto, póker, Euromillón, tragaperras... Na quiniela ponlle un 1 ao Nepotivo. Se hai furado, facelo máis grande. En calquera caso, tampouco ías dar pagado a hipoteca.

LEO: Recorda se estás deprimido que non só de pan vive o home. Énchete ata a cangalla. Tranquilo, xa mo agradecerás.

VIRGO: Coñecerás unha persoa que cambiará totalmente as túas emocións, as túas perspectivas e incluso a túa forma de ve-la vida. Chámase Esperanza e di que o PP se está a converter nun partido socialdemócrata. Con toda a razón do mundo. Cuán falto está este país de dunha verdadeira extrema dereita... Pese a todo, o amor e a razón lévanse a patadas, e seguirás a ter eses placenteiros soños eróticos nos que Rubalcaba che fai de todo.

LIBRA: Este ano decidiraste dunha puta vez a ser persona e poder, por fin, facer algo decente na cociña (como de sexo mellor non falar, referímonos a guisar). Baixarás os libros de receitas de Arzak, Adriá, Arguiñano, Terelu Campos e Elsa Pataky. Auguroche un rotundo éxito. Iso sí, a partir de agora, a túa satisfacción personal sairá algo cara, gastarás unha caixa de Calgonit por día, xa que para facer unha tortilla francesa necesitas dun promedio de dezasete instrumentos por ración.

ESCORPIO: Logo de catorce cafés, once películas e unha invitación a callos, decidiraste. E pregaraslle que se quede a durmir contigo. Dirache que eres un tipo de puta madre. E entón recordarás unha frase que dicía o cura cando, de pequeno, ías á misa: No tienen sexo los ángeles. Mentres ti te cagas en Cristo, túa nai acenderalle unha vela a San Andrés para ver se che trae unha moza. Pero dache que ela non te vai querer... nin co Gran Poder. Afortunadamente, o humano funciona mellor que o divino e o goberno de ZP, no seu inalterable compromiso cos cidadáns, declarará o teu pixo como “zona catastrófica.”

SAXITARIO: Xa sei que te pon como un chantón, pero vai con coidado; é unha auténtica dama e non está acostumada a molimeiros. Recorda que as palabras elegantes non son sinceras, pero as palabras sinceras non son elegantes. ¿Que que quero dicir? ¿Ti tes coche, inútil? ¿Marca, polo menos, 240? Home vaite deitar, ho. Non mereces vivir. Eu xa non sei como, despois de vinte anos facendo horóscopos, aínda me indigno.

CAPRICORNIO: Non sei se deberías casarte ou comprar unha lavadora.

ACUARIO: O médico será contundente: os wild days acabaron, chorbito, agora toca coidarse. Non desesperes, xubilarte dos cubalibres do Painin non che resultará tan traumático. En realidade, a túa vida recobrará esplendor dun xeito distinto e descubrirás novas inquietudes que che van reportar moito pracer. As noites de comedia romántica, ben abrazado ó osiño de peluche, e coa tisana de alcachofa na taza, para deixar ese fígado que hoxe dá vergonza e que nuns meses quedará coma unha patena. As mañás cos tertulianos de Ana Rosa, que serán un excelente incentivo intelectual, e complemento perfecto para as túas lecturas. Finalmente, as tardes de calceta con Sandi. Inolvidables. Que locura.

PISCIS: Esta semana, coma Enrique, terás diveras experiencias relixiosas. O martes apareceráseche na porta unha tal Fátima de boca suxerente e ollos de améndoa, pedíndoche un pouco de chourizo para as lentellas. Coma sempre, entenderás mal a expresión, pensando que vai con segundas, e armarás un expolio criminal. Gracias a Dios, o gorila que ten por mozo a veciña non logrará poñerche a man enriba. Pero non desesperes. Non será esta a única aparición. De noite virá o anxo Gabriel a comunicarche que vaias buscando curro, que empreñache a Palmira na noche loca do sábado pasado.
PD: A foto non ten nada que ver, pero cando a vin... tiña que poñela como fose.

No hay comentarios: