28 abr 2008

NORABOA, CERVO


Agora, xa non importan as lesións. A intranquilidade de ver as cousas desde fora, a pena de non poder axudar aos compañeiros. Esa desazón que sintes cando non podes meterte nese rectángulo verde no que o mundo se para e, teñas 23 ou 40 anos, por algunha razón que non sabes explicar, segues a sentir a mesmas ganas que cando eras un pícaro e non podías co balón.
Tamén se vai (xa se foi) a tristeza que a un lle queda cando comete un erro, a tristeza de saber que perdiches uns puntos que ninguén devolve, coma se che quitasen algo que é teu. E esquéceste dos nervios que pasaches, e sintes que tamén estiveron ben as discusións, porque aínda que nunca gusta pelexar, demostran que un equipo está vivo. Tampouco te acordas dos viaxes interminables de autobús para ir adestrar, das duchas en auga fría e tamén deses luns, xa sexan na clase, no andamio ou en alta mar, nos que non podes coa alma. Todo o esforzo dun ano, merece sempre a pena, ganes ou perdas.
Porque hai poucas cousas mellores no mundo que disfrutar nun campo de fútbol e, sobre todo, sentir que formas parte dun equipo. Ese sentemento de pertenza é impagable.
Noraboa a todos, chavales.
GANAMOS A LIGA, MECAGONDIÓS.
(E agora... DROOOOOOOGAAAAAAAA!!!!)
O Xogador de Chica, co lagrimón asomando.

10 comentarios:

Anónimo dijo...

Ai Xogador, Xogador...eres un tanto animal pero, no fondo, un sentimental!!! "Club dos Corazóns Cervenses"...Cagonaostia!!!quen o diría logo de tanto improperio, de tanta malfollá acribillada polas balas da nosa killer dialéctica, tanto sempiterno solteirón,...e déixasteme seducir por unha pelota redonda (como diría Carlos Ruíz Zafón...ese gran escritor ou Valdano, ese gran filósofo), un campo verde e uns calzoncillos de seda?
Algo está cambiando, pronto virás conducindo ese pedazo de carro, Golf color fague's father, cunha churri ao lado, decíndolle, "tomamos algo no de Cup "cari"?

Tresillo

Anónimo dijo...

Vale xogador, vale!!!!!!Ahí está o obxetivo cumplido, non só conseguimos o ansiado ascenso, senón que somos Campións!!!. Á verdade é que é moi bonito e gratificante disfrutar un ascenso de categoría despois dun ano de loita e sacrificio.
Alé alá, po ano Cervo- Burela

Anónimo dijo...

Enhoraboa chavales. Alegrome x ese dous cevenses q ainda sinten as cores e non son uns mercenarios como o rumano, paseando os seus osos por todos os equipos do concello. Po ano a cagar na marosa

que_me_importa_a_min dijo...

Po ano vamos cagar na marosa!Hostia!jo jo jo jo



hiper,,,,

Anónimo dijo...

NORABOA ó Cervo por ese campeonato e esperemos que polo ascenso!!!e sobre todo a Xogador e Hotman xa que son os máximos expoñentes do mesmo!!

Si señor Xogador,intentar explicar as sensacións que ti describes son difíciles.Esa impotencia de non poder disfrutar dun partido importante por unha inoportuna lesión ou por unha inxusta tarxeta...esa sensación "orgásmica"de meter un gol...ese compañerismo de correr cando o compañeiro non pode, e che da as grazas cunha palmada no cú....esas broncas que rematan cun forte abrazo e tomando unhas cervezas...ese dia a dia no mesmo vestiario...desexar que che rápido o domingo para reparar as cagadas do anterior...amistades,anécdotas,historias... e moito máis que nos reporta esta jodida droga.

Un a veces pensa en deixalo...e en non máis de 5 minutos, cando pensa en que chegue a pretemporada para volver a empezar.....

unha aperta.Doriforo.

P.D.para o ano vou con Aniceto,Jorgito e demais ultras cagar na Marosa!!!!

Anónimo dijo...

Noraboa ó Cervo, e noraboa a tódolos xogadores pola súa contribución ó ascenso (ou alomenos ó dereito a el), especialmente ós cervenses que aínda quedan no equipo do noso pobo. Obxectivo cumprido!
E agora a seguir disfrutando do fútbol na categoría que nos corresponde.

Anónimo dijo...

si e agora fichade a outo mercenario coma que m importa a min k chupou cartos de cantos equipos ai na mariña, e descendeu a uns poucos.Na copa vadela a cagar laaaargo.e leña largo

Anónimo dijo...

Noraboa ao Cervo polo título do campionato, pero as leis son claras: o Cervo este ano non pode ascender. Se eres filial dun equipo, aínda que agora mesmo ao finalizar esta tempada rompes a vinculación, non podes ascender se o equipo do que eras filial compite o ano seguinte na competición inmediatamente superior. É unha pena e unha inxustiza para os xogadores, pero é así, hai que ter máis coidado con estos convenios, pero os ascendidos son Lourenzá e Cabreiros

Anónimo dijo...

Sta ben chavales polo menos intentastelo, pro xa jode ser campeón de categoria na última xornada sen esperalo e non poder subir. É moi jodido saber que o tivestes hai, o sacrificio que vos levou durate todo un ano como ben di o xogador na entrada e quedarte sen o soñado premio pero en fin Serafín outro ano será.
S.D.S

Anónimo dijo...

Creo que é un tema máis complicado, pero quemeimportaamin... A federación dirá... Os xogadores temos a conciencia tranquila (que é o máis importante), e Hotman e máis eu, logo de 37 palomas, un título máis no noso palmarés...jojojojo. (Kallon estase iniciando, jeje).

Tresi, eu penso que unha cousa non quita a outra... En fin, non sei quen será o besta parda abducida por unha pelota, por agora non cheguei ao nivel de pagar 65 elorios por ver a Tsisko (mecagoastaencristo, vaia caldupadas te perdiches con Hotman & Papá, molimeiro). Como psicólogo non tes prezo; sonche un "conas" encuberto. Como vidente tampouco; incluso, coñecéndome tan ben (e coñecendo tamén á "churri" imaxinaria), non sei como non te aventuraches a presaxiar que, logo de parar no de Copa, tomaríamos os dous o café "con leite".