8 jun 2009

DA GRANDA Ó CEO. BIOGRAFÍA DE CHEGOUOHOME

É o tempo dos Galáuticos: volve Florentino da man de Kaká e o Cervo retorna a Primeira Rexional abandeirado por Kallon. Por iso, neste artigo trataremos de repasar a intensa vida futbolística do Kiko de Figuerido. Pensamos que merece a pena porque súa peregrinaxe ata a gloria non foi sinxela coma a doutros canteiráns da súa quinta, como Defensa Central Lorchador, Toque Toque Zurdita, ou sobre todo Cuerpo Perfecto, que tiveron a sorte de debutar no primeiro equipo aínda cos dentes de leite. O camiño de MC9 foi distinto; houbo de gañarse o título de "O Home" xogando por Cazás (jojojo) e disputándolle a titularidade e o cariño da Granda ao titánico VillaGol, pitillo mediante.

Cadetes. Kallon empezou a súa longa andadura deportiva nos cadetes do Cervo baixo a tutela de Edrosa, quen cedo se quedou prendado do seu físico de besta brava e poderosa zurda. Aos 14 anos o seu potencial era innegable, e xa facía cousas verdadeiramente imposibles para un rapaz da súa idade, como botar catro horas xogando á baralla no Bar de Carmen, ou ir ó Carlos os sábados achicar Sambucas coma un babullo. A súa cifra goleadora non foi escandalosa, pero tivo tempo de marcar un gol contra o Lourenzá que, como non, adicou ó míster, dando brincos de tolo e berrando, dende o fondo da alma, "Pa ti, oiches?!!!!! Pa ti!!!!!"

Xuvenís. Un personaxe fundamental na andadura e melloría de Chegouohome foi o seu compañeiro durante os xuvenís de primeiro ano Finito. Este polivalente futbolista, curtido no mundo do full contact, ensinoulle ao noso heroe os segredos de tan limpio deporte, nos míticos rebumbios na lama dos adestramentos, protexendo o balón co cú, detráis da portería. As hostias dadas e recibidas valéronlle para poder enfrontarse logo ós máis veteranos e sanguinarios centrais da provincia de Lugo con notable éxito, deixándoos na máis absoluta das evidencias, ou, nas súas propias palabras, "¿quen é Nacho?". Conta a lenda que, despois dun auténtico duelo de baluartes con Fino, Kallon entrou ó final da pachanga na porta do vestuario coa botina rota pola suela. Para xogar alí, non valía calquera.

Esa temporada, a de xuvenís de primeiro ano, Charlie foi o míster dos cervenses, e por suposto aprendeu moitas cousas do técnico madrileño. A presionar como leones, era a consigna para MC9, que a convertiría nunha máxima fundamental no seu xogo, convertíuse nun dianteiro ladilla por vocación. Outro dos recursos que adquiriu nesta etapa foi a facilidade para expulsar a algún xogador do campo (unhas veces o contrario, outras veces el mesmo). Vete por el 4 que tiene una tarjeta y está caliente. Dile algo. E dicíallo. Logo, a cousa nunca se sabía como acababa.

Os anos de gloria da Granda e o encontro co seu mentor, VillaGol. Kallon acabou por recalar na Candelaria, e os anos en Rúa, pese a parecer un paso atráis, foron do máximo proveito. Alí atopou a VillaGol, figura clave que, entre chicharro e pitillo, mostroulle as gambetas de la life e como marcarlle sempre ao Cervo, co cú, co pipí, ou coa cabeza. Foi a época do seu despegue; Pichichi do equipo, duelos inolvidables co Bosteira, dianteira mortal de necesidad con Villa e o seu nome volve a sonar con forza, ehm... no Almacén.

O Caso Figo. Ficha polo eterno rival. O esplendor da Chá. A estrela do Candelaria fichou polo San Román pese ás múltiples ameazas de morte que rondaron a súa persoa. Os cantos de serea de Rafa Plas, as expectativas de ascenso e, por suposto, a posibilidade de compartir vestuario co Bosteira puideron máis que os mensaxes no contestador, e puido aprender da man do técnico do Sanrro os segredos do contragolpe, ou, noutras palabras, castiñeiro. Con Plas a relación de amor e odio chega aínda aos tempos de hoxe (bueno, se ques volver ao San Román, proba a pintarte de oscuro e igual xogas). Foron boas temporadas, pese a que a aposta galáctica de Valle non sempre saíu ben (lembremos ao Bosteira, parecemos Ronaldos). Pero as carreiras e borracheras có Teso, os goles coa casaca vermella foron imborrables, e Pitero xa anda atrás del para xogar os torneos de verán... aínda así, o ascenso foi imposible, e cando chegou a oferta multimillonaria de Santi, Kallon non se puido resistir.

O culmen da súa carreira: o Cervo. Xogar na Bidueira ante, ejem... 125 espectadores. Finalmente, vestiuse de branquiazul para encender á Bidueira e poñerse ás ordes de O Pelao (El Pequeño Buda), outro dos adestradores que marcaron a carreira do dianteiro figueridense. Admirador da súa potencia e elegancia (séntate Ramiro, que os calzoncillos de seda xa os pillou Cayón), a súa eficacia para sacar o mellor de Chegouohome baseouse na técnica da terapia de choque, é dicir, en alternar titularidade con banquillo e alagos (Este chaval sempre fai o seu traballo) con machadas (¿Cayón titular? O Cayón este heime de encargar eu de que non volva a xogar nin ao tute, que fai renuncios). Foron momentos duros; os sábados pola noite, o Oasis xa non era o que algún día. Finalmente, o Killer deu mostras do seu bo facer en dous partidos claves, Pastoriza e Lourenzá, marcando no primeiro o gol da tranquilidade. Campión de Liga e a súa Primeira Gaviota. Ahí es nada. Pero, ejem, problemas federativos. Otro añito en el infierno.

Este ano sí, parafraseando a Oleguer, Ulises chegou a Ítaca, e conseguiu o ansiado ascenso a Primeira Rexional. Os camiños do Señor son inescrutables, e non sabemos como lle irá ó noso amigo agora que se enfrontará a xogadores da talla de Johnny, Lourido ou Zizou. Pero o extenso camiño andado asegúranos que o fará con garantías. Parta neeeeeeeeeeeeeeno!!!!

4 comentarios:

Hotman dijo...

Frase de Jaime Pérez: "Cayón, esto é un balón e aquelo é unha portería, entendes chaval????"

chegouo..... dijo...

jejeje,mecago no xogador.....,pareceme mal que non mencionaras a figuras como balbimer,pardiñas,pero bue,eres criminal....

xogador de chica dijo...

Fun eu, fun eu, que se me olvidou firmalo... Cayón viches!!!

Faragullas dijo...

Tremendo repaso a unha intensa vida futbolística. Realmente Xogador non se saiu do guión en ningún momento. Xa case non me lembraba da etapa Finito, criminal. Un home curtido en mil batallas, que grande este Kallon!