12 jun 2009

INVIDENCIAS DA IMPOSICIÓN DO GALEGO por Tresillo




O galego imposto...onde?

Nos colexios concertados de la Coru, Vigo, el Ferrol, Santiago y Orense, nas universidades "públicas!!!", nas teses, investigacións e publicacións que xorden das mesmas, nos xornais de tirada autonómica, no 90 % das revistas comercializadas en Galicia, nos Xulgados e Tribunais desta Comunidade, nas canles de TV xeneralistas (coa TDT 23 canles en galego e 2 en castelán...uhmmm!!ou era ao revés?), nos actos administrativos da Guardia Civil e da Policia Nacional (empaquétanme en galego oyes!!!), na delegación do Goberno, en Capitanía Marítima (que llo vaian contar aos funcionarios de Burela), nos diversos contratos que acepto de forma escrita ou "oral" ao longo da vida (MAPFRE, BSCH, BBVA, Barras, Zara, etc. sometéronse á dictadura monolingüe galega),...buffffffffffff!!!

Queridos Galiciabilinguarios, ninguén vos pode negar a invidencia. Durante estes derradeiros catro anos era irrespirable "vivir" en castelán rodeados e oprimidos pola lingua vernácula dunha pila de castróns e paifocos ou, pola contra, que ben a ser o mesmo, de sectarios galizaceibarios. Fixate ti, que foi tan grande a opresión que as empresas sometéronse e esa caixa parva que lles ensina a falar, pensar e demáis cultura profunda de "Física o Química" (Luns, Antena 3...a hora pregúntalle ao teu educado fillo), obrigaron a Iñaki, Matías e Olga Viza a facer un Telexornal. A "liberdade de empresa", expresión e ata respiración coartada por esos mindundis...que non farían cos vosos fillos? Joder, que Rouco cando viña a Galicia falaba galego home!!!!

Menos mal, queridos amigos, que xa chegou Feijoooooo. Lástima que por agora non teña un puto peso (os rojos e galizaceibarios deixaron un furado de miles de millóns de millóns...penso que foi co que pagou Florenpower a Cristiano Remoaldo) e non poda dividir aos rapaces por su "origen y condición" de galego-falantes e castelán-falantes...pero non desanimedes todo chegará. Iñaki e Matías xa están máis tranquilos e non terán que forzar as "oes" e as "es" abertas e pechadas. Os profes dos Salesianos, Jesuítas, Sagrado Corazón de Jesús e a fermosa Virgen do Carmen xa poden expresarse en "Cristiano", vamos, como "Dios Manda" e Feijo deixa elexir...en liberdade (que antes os pobres alumnos tiñan que escoitar a misa case en portugués).

Por certo, un saúdo ao ESCAPADO, pronto (ou cedo?) falarei co Presi da RAG para que abra un apartado para o teu galego e así, cando escribas, só teñas faltas en castelán, porque o galego cada quen ten que escribilo como lle salga do carallo, que para eso e teu, que hostias...moito temos que aprender da RAE que lles deixa aos andaluces escribir "Grasias señó por su presensia"...(me ghustan tus arghumentos..."el caldo,...ghallegho, el de toda la vida, no como el caldo estarlús y el ghallina blanca).

5 comentarios:

Sr. Blanco dijo...

Mentras pensemos que o idioma é unha simple ferramenta para a comunicación e non unha maneira de expresar a forma de ver a vida, vamos amañados. Solo hai que pensar todos cantos xuramentos decimos ¿sairía todo tan fluido noutra lengua? (No mecagho en dios), pois entonces non hai máis que falar.
Tamén me quento vendo como somos os máis tontos da volta por ese autoodio que temos. Agora Frijolito quere quitar a obligatoriedade do galego nas oposicións, mui ben pensado, cos pés, pero ben pensado. Naide lle explicou que esa "barreira" idiomática impedía que miles de persoas se decantaran por Galicia como destino. Eu non me plantearía sacar unhas oposicións en Cataluña sin saber catalán, pero como aquí somos tontos vamos abrir a man, porque na administración da Xunta vai haber tantos postos de traballo que vamos ter que ir a Murcia buscar xente pa rellenar, en fin. Non sei, ó mellor é unha postura nacionalista e xenofoba, tal vez, pero tal como están as cousas non creo que a ningún político con dous dedos de frente lle interese non crear empleo na súa comunidade. Mexan por nós e hai que decir que chove.

Norit dijo...

Falamos de imposición dun ou doutra lingua cando por exemplo non se permite falar, se reprende por decisión da superioridade, o idioma no que falan os rapaces no instituto ou no patio, o cando a prioridade educativa é que os nenos nas galescolas teñan un mandilón coa bandeira de Galicia e aprendan unica e exclusivamente a manexarse en galego. Imposición está cando te achegas a calquera administración pública, concello, Xunta,... e non son capaces en darte un papeliño en castelán malia que non o entendas en galego. Tamén cando nas bases das axudas ou subvencións é condición necesaria e excluínte que todo estea publicado en galego e incluso que o galego sexa a exclusiva lingua de comunicación oral. Tamén cando faltan doutores pero non somos capaces de cubrir as prazas porque non poden chegar médicos se non falan en Galicia ou cando os equipos de normalización lingüística dos colexios son simples apéndices do nacionalismo e do BNG. Imposición, cando a xente non se lle deixa escoller, galego, castelán ou, como a maioría de Galicia a capacidade de empregar unha e outra lingua sen complexos.

tresillo dijo...

Pero que me estas a contar? o que che contaron? ou vivichelo ti en primeira persoa? tanto variou a situación respecto o goberno de Dn. Manuel Fraga?

En que concellos non se utilizan documentos bilingües?na Coruña tal vez?en que Admnistración?na Deputación de Lugo?onde non se aceptan escritos ou solicitudes en castelán?en Vigo?

Norit, quero que me ensines ou mostres unhas bases dunha subvención onde sexa requesito imprescindible solicitala en galego. Non, non, non me valen premios literarios, nin historias dese tipo...a promoción do galego é un fin digno de perseguir a través de premios específicos. Non, ti móstrame unhas bases para, por exemplo, rehabilitar a túa casa onde digan que a memoria constructiva ten que ir en perfecto galego de Compostela.
Respecto da mediciña...que pasa, que os cubanos, checos, polacos ou indios que se contrataron saben galego?superaron o cursiño?
Mira, deixa de falarme do "Matrix" no que vives...expresas máis nacionalismofobia polos poros que argumentos nos que ti verdadeiramente poidas crer, máis alá da excepción que confirma a regra. E que aínda que todo o que me contas fora certo ao cen por cen (mira que me río cando andades coa patraña da Gestapo Lingüística que andaba polos recreos decindolle aos cativos "fala ghalegho neno")non expresache ningún motivo para negar as "invidencias" das que falei ao comezo do artigo. Posiblemente porque non lle interesan aos teus ou aos intereses do Pp (partindo do feito de que non sei si son os mismos ou si?).
No fondo, por máis que me entristeza esta realidade, a "galegofobia" levantouse con toda a súa crudeza baixo eufemismos recubertos de retórica. Cuestión máis ferintes se cabe (amabilismo lingüístico, Galicia Bilingüe)...porque o que lles pido a todos os que andan con ambaxes coma ti e que me digan o que pensan realmente...porque falan de bilingüismo e liberdade e logo me contan a milonga de "nenos" separados. O bilingüismo non é un exercicio e unha condición (eu son bilingüe ou eu son monolingüe) que parte do coñecemento: se eu coñezo dúas linguas perfectamente, serei bilingüe. A liberdade lingüística exércese, desde este punto de vista, desde o bilingüísmo. Non hai pois liberdade sen coñecemento (un siloxismo básico vamos). Vostedes queren illar os rapaces uns doutros según a súa lingua o, que sen lugar a dúbidas, vai repercutir no seu coñecemento...onde está pois a súa busca da liberdade?
Non, vostedes pretenden outra cousa...vostedes pretenden que o galego, lengua que defenestran (por non dicir algo peor), desapareza do currículum dos seus fillos porque lles parece un auténtico estorbo que a máis de un lles procura un susto en xuño.
Porque do resto, prezado Norit, do resto...a ninguén lle negaron o pan por falar ou escribir en castelán (agora no Juan Canalejo ou CHUAC os médicos falan reintegrado...non te jode!!!)...por falalo en galego, máis dun caso.

Morir dijo...

Prezado tresillo

Non entendo porque cando se esta a falar de liberdade de eleccion ou de garantir o bilingüismo na administración consideras que é un ataque ao galego A cuestión é sinxela que cada quen escolla o que prefiera Qsentido ten impoñer unha ou outra lingua?

Non sei en Cervo pero en Burela non é posible cumprimentar unha solicitude ou documento para pedir unha obra en castelan E as axudas da deputacion para entidades deportivas asociacions culturais e veciñais obrigan a empregar en exclusiva o galego incluso ña fala

Insisto non ten sentido a imposición veña do estremo que veña.negame esos exemplos e terei que rectificar

corredordebolsa dijo...

Teñen un problema pero non unha solución, queren darnos a volta como un calcetín pero non vai ser facil a "fazaña" ,cairon na trampa dos que pensan que a adquisición de coñecementos`por parte dos seus fillos lle corresponde como pais, cando na constitución atibuie a competencia ao estado,a educación aprendese ou non na casa, se por eles fora haberia educación segregada por sexos,e quen sabe que mais cousas. Se queren ese tipo de educación so teñen que poñer a pasta do seu peto, pois neste pais hai liberdade de ensino e ate de catedra, so que pretenden que financiemos os seus delirios con fondos públicos.
Veremos quen se presta a facer de "Bruto" neste crimen aunciado,