21 mar 2008

FOI BONITO...MENTRES DUROU? por Tresillo.


Xoves Santo. O Faisa Anal cenou a Pascua cos seus discípulos, seguindo a tradición sectaria. Oremos en comunión. "En tempos de guerra calquera furado é trinchera". "Démonos fraternalmente a Paz". Logo virá a "War" e o "Bimba". - Irmáns, un non debe ser só guapo, debe crelo -. Desde aí, o Bosta Testamento. Todos seremos testimonio certo das súas verbas e os seus feitos.
Reparteu pan e hostias a discreción...moito judas bacilón. "Seré yo señor, seré yo?". "Cala a boca, aplástote...lévoche 5.000.000 de cubalibres". Catro martires na mesa do lado. Fala o profeta. - Vaia tetos -. Estranos movementos de mesa. Máis viño por favor. As "cara de porca" non son Dios, pero fan milagros. Miradas penetradoras. Algún xa vai polo cuarto e nin sequera a sacou. Veña churrasco.
Da Vinci saca a maquina de retratar para inmortalizar o derradeiro día. Primeiros demarraxes. San Hotman e San RumanBoy in action. As ensinanzas do "Señor" parecen non valer para nada. -Pero, pa'onde vades pinpís?-. O sangue de Cristo non nos chega a nada. -Saca aí o licor d'herbas ostia!!!-. Inicios do toqueón de San Juán (o que se senta á Dereita de Papá). Aquelo xa empeza a parecer o Frente Popular de Judea. Todos temos algo da vida de Brian. Vaia comedia.
Toca evangelizar. Pasamos logo polo Dublín cuales San Patricios en busca de salvajes. Veñen as catro mártires. Únense cinco arrianas. Veña predicar, pero alí non comulgaba nin dios. Chega San Nicolás directamente desde o inferno. O maestro faise o avión. Pilatos lávase as mans e marcha...o máis listo da clase. - Morrede con todo-. Iscariote empeza a tocar pipís, el só comulga co funky. San Pedro Cosmic empeza a fundar a súa Igrexa, dí falar en nome do Señor, pero ten máis clase.
Bebe +. O traballo acumúlase. O mundo é moi grande de nuestro señor. Reforma e Contrarreforma. A War dos Trinta Anos. A ortodoxia a tomar por sacó. War, war, war!!!. San Juán xa hai tempo que despertou. - Guau, guau, guau -. Miradas de castigador do Espírito Santo feito cuco. O Maestro dilúese. San Agustín e San Antonio empezan a levantar a barra coas mans postas no cubalibrel. Detrais desa fronteira hai tres milagros da natureza que un non pode deixar de mirar. - Mamaiña, o tren-. Os tetos seguen pululando por alí. Matrix de reglamento. -Vamonos oh!!!-.
Facemos a primeira cruzada. Moito perdeu palestina. Pilatos chega secándose as mans cunha toalla. O Maestro empeza a desesperar. A auga do Xordán é de garrafón. -Vamonos oh!!!-. Chegou Maria Magdalena toda fashion. A tomar por culo as ensinanzas. Voume con San Pedro. A relixión está en crise. Mañá será outro día. Un non perde a fe e moito menos a esperanza. FOI BONITO MENTRES DUROU.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Que envexa non poder estar nesa cena, para poder comulgar agusto. Bueno nn vos pasedes ca sangre de cristo nin ca de Kilmarnock. Un saudo a todos e a pasalo ben

Anónimo dijo...

Si señor!!!!grande tresi, moi grande. Pero faltouche o Acuario.
E alí taba o San Bostoeria con Mano, agarriditos de las manos como santos hermanos, e dándose bicos de confraternización. Parecían dous de Cáritas mecagoendios.jojjojojojojo

Noraboa Tresi.

Anónimo dijo...

Non colliche o de María Magadalena fashion...é o das augas do xordán de garrafón...hai que explicárvolo todo.

Anónimo dijo...

Ja, ja, ja... Enorme Tresillo, rinme a gusto... Creo que, despois da noite de onte, o noso profeta debe ser virtualmente "crucificado" para outorgarlle o liderazgo a Pilato... Ninguén se lava as mans con tanta clase!!! Que categoría!!! "Hasta mañá chavales... Dádelle duro á garrafa... E gracias a Dios que non son guapo!" Superior!!!! A caldupada de ontes tuvo para mín o efecto balsámico das boas celebracións relixiosas, así que me reafirmo nas miñas crenzas, resumidas na gran frase de Hotman: HASTA LA CANGALLA SIEMPRE!!!

P.D. Es un gran colega, téñoche moito aprecio. Pero xa sabes o que vai pasar, jojojojojojoj.

Anónimo dijo...

jojojojojojojojojojo!!!
jojojojojojojojojojjojoj!!
jojojojojojoj!!!

moi bó...perraaaaaaaaaaa!!

Doríforo.

que_me_importa_a_min dijo...

aish...non sei como colgar fotos directamente...porque sempre teño que poñer akí un comentario para que me deixe entrar...non o entendo!!!

bikos da PR.