13 mar 2008

Xoves noite...NA CASA...





22:05--> Estou metida no piso...diante da TV cunha das miñas compañeiras de piso. Plan chafado. Ela non sae hoxe e a min arrebatáronme toda remota ilusión que tivese de saír...NIN DE CAÑAS QUIXERON VIR CONMIGO...XENTE DE MEDICINA...que lles imos pedir???

Preguntei por activa e por pasiva:

..."Vindes tomar unha caña?" E Sara contestou: "NON"
..."Pero e que mañana xa nos vamos para Casa e ata depois de semana santa non nos vemos" (argumento de MOITO peso!) e Victor: "Non Re (asi me chama...), teño ganas de ir para a casa que necesito descansar", "Pero descansar de que?? tes 21 ANOS...a vida so se vive unha vez...", "Hai Re, que loca estás"(osea de verdá...XD) (porque calquer cousa lóxica que digo ma atribúen á locura???)...

..."Vaia noite que se está quedando (mirando ó ceo)...Marta, non te apetece saír un pouco?", ...(silencio)..."Veña oh, que é xoves antes de ssanta, hai moita xente, sae todo o mundo" e Marta: "Non Rebe, que estou cansada que aínda vin ontes dunha viaxe, e non poido co cú"(Outra "agotada"...)

..."Ei, agora unha caña antes de subir pa casa non Dani?"e contesta "Non poido, que vou coa moza" (oh-oh...no disponible)

...Case o teño todo perdido...aínda así sigo lanzando ó aire as miñas "atractivas" propostas...

..."Enga oh...que vimos pronto, 'eña, ás dúas estamos na casa...veña...(insistencia que xa roza a infantilada total), que logo sempre o pasamos ben..." (...o que non fai mutis pola esquerda, fai como que non me oe...)

...Síntome un ente abstracto...De repente son "Dios":...non me ve ninguén...pero todos saben que estou ahí...

...Último ataque (nun grupo como de 8 persoas): "Pero hoxe non sae ninguén???" e todos "NON (+mil excusas, para min absurdas, de pouco peso...que xa nin oigo: teño unha "escoita selectiva" alucinante...)"...

...Desesperada (no mesmo entorno):
"E mañá queda alguén para saír a morir despois de cenar por ahí e ir de viños???" E todos con cara de sorpresa: "Eu?, ti estás loca, ...vou para casa..." MANDA CARALLO, SE AÍNDA ESTIVECHES FAI 5 DÍAS NA CASA...TANTO BOTAS DE MENOS A MAMÁ, porque encima tpc van saír alá (tócate os wevos)...NON O ENTENDO. Prefiren quedar en casa que ir tomar unhas cañas ou algo cos amigos??? NON SON SERES SOCIALES COMO O RESTO DOS SERES HUMANOS???

Chego a casa cabreada, despois de ir a por unha rodillera ó Decathlon, porque aínda por riba, ando tullida por animal...por correr coma unha tola (puta xenética que me deu todo o menos "fisno" que pode ter unha fémina, e puto entorno coa pandilla de homes que me fixeron explotar esa base xenética con creces...Son un "mougly" pero en vez de na selva, estou perdida "entre os machos de Lieiro")...agora nin eso...acabóuseme por agora a vía de escape do meu cú inquieto (e non quero propostas de outras vías de escape..MENTES SUCIAS...XD).

Panorama no piso: Chus tampouco ten plan...pero non está enfadada coma min (é super tranquila, ten sempre unha "paz interior" que moitas veces envidio). Aida sae, e non ten ganas. Eu estou indignada, teño ganas de saír e non teño "aliados"...Carezo do que a primeira lle sobra (conformismo e tranquilidade), e teño o que á segunda lle falta (GANAS!!!)...QUE MAL REPARTIDO ESTÁ O MUNDO...

Hipótesis resolutivas do meu problema...

1.-Móvome nun entorno estudiantil raro de "coghones"...Todo un Poltergeist da noite compostelana: Medicina.
2.-Estou equivocada, a rara son eu que sempre parezo ter ganas de festa...HAI QUE SER MÁIS RESPONSABLE,...eu non son un bó exemplo.
3.-Tampouco é para tanto, haberá que deixalo para outro día que se "inspiren"...Hai que comprendelos, outro día non terei ganas de saír eu (UN XOVES???SERÍA INÉDITO PERO BUENO...NUNCA SE SABE...).

Non me gusta ningunha destas opcións...AGORA VEN A "DEFORMACIÓN PROFESIONAL" (=PALLA MENTAL SERÍA UN BON SINÓNIMO???VOS DIREDES...)

HIPÓTESIS Diagnóstica: ESTE SÍNDROME "ANTIEMPATÍANOCTURNA" NON OCURRE EN SANCI...(NIN "NO INTERIOR"XD). A prevalencia na zona Mariñana e arredores é moi baixa, por non dicir que está erradicada. Nesta área, ocorre un SÍNDROME OPOSTO: "LÍOTEPARASAÍRSEMPRE", de elevada prevalencia, no que uns individuos conseguen (por contaxio a través das fonación)que todo o mundo desenfrenadamente baixe de cañas en todo momento, sexa o día que seña, e monte festas inconmensurables, a pesar da afluencia escasa ás mesmas (si...xa sei que en sanci non hai nin dios...solo no verán...XD)...
A Etioloxía (Causas) destes dous síndromes é idiopática (=en cristián: nin puta idea). O que sabemos é que o primeiro sd. parece afectar só á poboación de estudiantes excesivamente aplicados (oseasé: amargados...), e a segunda afecta "ós amigos da PR" (os orixinais, os auténticos...AS MIÑAS RAÍCES...XD). Aínda de que non coñecemos a causa, parece ser que no síndrome "LÍOTEPARASAÍRSEMPRE" hai unha lixeira influencia do Nordés, a pesar de non estar claro a fisiopatoloxía deste factor de risco.

TRATAMENTO: O Sd. "Antiempatíanocturna" non require ciruxía, tan solo un tratamento empírico basado no desplazamento do paciente afectado (EU) a unha zona co Sd. "Lioteparasaírsempre", xa que este segundo síndrome, está comprobado que non é perxudicial, senón totalmente benigno, xa que, sendo episódico, cada episodio favorece a euforia psicológica, útil para aumentar o rendemento tanto laboral como académico e incluso social. Tan sólo debería tratarse no caso de que se volvera crónico e o individuo non fose capaz de saír do episodio, e vivira continuamente nun estado eufórico descontrolado que dificulta o desenvolvemento da vida normal. Sabemos esto último, porque hay artículos na revista "Science" acerca de unha veintena de casos que foron descritos na Mariña de cronificación do síndrome. Neste caso, debe recurrirse a meter ó individuo no ambiente do Sd. contrario (igual que no caso anterior), para que saia do estado crónico, con extremo coidado, xa que pode caer nunha profunda depresión (por pasar a un entorno "de amargue".

Por tanto: NECESITO VOLVER A CASA. Necesito ese Nordés canto antes...

Fdo: Unha trastornada da Mariña.




Bikos da PR (perdón pola desvariada...)

6 comentarios:

Anónimo dijo...

O la virgen un TRESILLO con tetas tamos amañaos

Anónimo dijo...

Eh!!! Todo un honor que a comparedes conmigo...claro, que eu non estou tan cachondo e cerditos? (non o tomes a mal PR, gilipolleces entre machos).

Chica, pois que queres que che diga, compartimos un mal día. Eu tamén preciso "chorar" as miñas penas este venres e sábado...non hai nada como os colegas de verdade para "escapar" da puta realidade diaria...é así, teño o clarísimo, aínda que vaia coa moral máis baixa do mundo, os meus "siareiros" son como os do Alcoyano, que perdían 7-1 é no minuto 45 da segunda parte berraban: "Veña ostia que empatamos!!!" (de aí o tópico "Tes máis moral que o Alcoyano").
Así que, tes unha semaniña enteira para escapar e "desatraparte", para iso non hai mellor cousa que sentir que pertences a un grupo e deixar o "ego" na casiña, que está moi ben alí...os grupos que son unha conxunción de egoísmos sempre acaban mal, por eso, os amigos, son os que están aí sempre sen necesidade de facerse notar (tal vez, na súa ausencia).

VÉMONOS NOS BARES!!!

Anónimo dijo...

Por un módico precio vendemosche o bostas animal de compañia, sempre fiel para ir tomar unhas cañas e nunca che fallara sobre todo si es femia, pero cando lle entre o quente aguatoi ti, sobre todo si tes tienda de campaña e non o abandones porque el nunca o faría.

Anónimo dijo...

Mimáaaaaaaaaa!!!vaite mirar ohh!!!jojojojo!!págovos a ti e máis a Tresi unha sesión nunha spá...Ainda que creo tamén, que o máis oportuno é darche o teléfono do Bostas,que nestes casos non falla...e nuns minutos xa se presenta no Chori...ahora si...leva posta a rodillera que lle vaia facer falta para cando se poña a correr sin sentido por aí...

P.D.Non vos ben nada mal estudiar que logo pasades 20 anos dicindo que son gases...menos salir e máis estudiar!!!cogones!!!

Unha aperta.Dorídoro.

que_me_importa_a_min dijo...

Ahora que pasa!,tedes que escribir o diario no blog!.Comprade unha libreta,vagos!
A verdade e que si foran de Cervo seguro que non che facia falta preguntar duas veces,sobre todo con Amarillo,Bostas e compañia!
A xenetica de Cervo e o que ten!

hiper....

que_me_importa_a_min dijo...

jjajajaja...SODES DO QUE NON HAI...
Son TrEsI 2...EN FIN...

Teño ganas de coincidir con vós unha noite destas!!!sempre tedes unha boa conversa, ou polo menos unhas risas...e eso agradécese!!!

Un biko da PR!