15 mar 2008

QUIENES SOMOS, DE DÓNDE VENIMOS, A DÓNDE VAMOS... (xogador de chica)

Porque o Chiquilicuatre non é nada novo. Sempre nos gustou pintar comedia en Eurovisión. Pero houbo épocas en que o faciamos sen coñecemento de causa. Como aquel ano que levamos a Alejandro Abad, quente perdido como se viñese do Raio con doce cubalibres, facéndose un cacao mental con que ELLA NO ES ELLA... ELLA ES LA OTRA, LA QUE ME EXXXXXXXCITAAAAAAAAAAA... Y QUEMA MI ROPA... Ou aquel outro que levamos a Eva Santamaría a cantar, ante unha audiencia maioritariamente masculina, que todos los HOMBRES son UNHA BANDA DE PAIASOS... Con dos ovarios!!! Levando un manifesto feminista a ese gran Festival (presuntamente) apolítico (xa se sabe despois que, de portarse ben, a nosa política exterior gañaba ou deixaba de gañar ten points). Ultimamente apostamos por Nash para que deixasen o pabellón ben alto e, con dos cojones e tres americanas por riba de sete sudaderas, cantasen en spanglish unha sensualísima danza de amolllll na que rimaban PASIÓN con ESCORPIÓN... Que grande é ESPAÑÑÑÑÑA, MECAGHONOMUNDO!!! E mira que non me deu por poñer ás Ketchup!!! Esta semana os temaaaaazos intentarán refrescarvos a memoria... ESPECIAL CAGADAS EN EUROVISIÓN.

No hay comentarios: