17 mar 2008

GRANDES ESCENAS DA HISTORIA DO CINE (xogador de chica)

Gustoume a idea de Tresillo, e descojoneime, así que vou deixar aquí outras poucas escenas inolvidables. Como o meu con "EL GRAN LEBOWSKI" é unha cuestión cuase sentimental (son incapaz de vela sen chorar de risa), vou deixar tres muestrarios desta película, obra mestra entre as obras mestras da comedia.

1. Un pederasta e macarra latino de nome Jesús Quintana fai un pleno ó son dos Gipsy Kings (Hotel California!!!) e acojona ós seus seguintes rivais no torneo da bolera de Lugo (jojojo). Os guionistas fan unha exhibición, pero a Turturro, actorassso, impagable, sóbranlle 1.41 minutos para trazar un personaxe rocambolesco.
2. No segundo vídeo, retales máis de Jesús aparte, os dous protagonistas, El Nota e Walter, interrogan a un pícaro sospeitoso de terlles roubado o coche e un maletín cheo de pasta que, aínda por riba, non é seu, senón que o teñen que entregar a uns mafiosos. Imposible definir mellor a dous molimeiros que tratan de xogar a policías sen ter puta idea, imposible criticar de forma máis descacharrante a mentalidade militarista yankee: son estos tus deberes, Larry???? Estás matando a tu padre, Larry!!! (que leva un ano enteiro sen lamberse de nada con respiración asistida). Ves lo que pasa cuando das por culo a un desconocido, Larry???!!!
3. (a esta dádelle gas que se oe pouco). El Nota e Walter preparan un funeral para o seu amigo Donnie, que caeu víctima dun infarto. Mentres sosten as cenizas do seu amigo nun bote de ¿Cola Cao?, Walter, veterano de guerra torpón incapaz de olvidar Vietnam, pronuncia un discurso memorable, asociando a morte do seu amigo (¿?) á dos seus compañeiros de infantería que murieron con la cara en el barro. Criminal.




1 comentario:

Anónimo dijo...

Peliculon criminal



iceman