Este venres pasado, 27 de abril, Xogador de Chika, Doríforo e un servidor, decidimos contemplar a noite do venres na nosa querida capital da Galiza, Santiago de Compostela. Despois dun enriquecedor vicio á Play Station do querido Xogador, éste foi buscar a super Doríforo. Para que o pobre se duchara, puxera os seus hiperwapísimos gayumbos (no cal lle colgaba todo), e probara as sabrosas lentellas de Mari Fe. Todo perfecuto. E comeza a noite.
1ª parada, "Albaroque", sen novidade, contando batallitas sesuales e ríndonos de toda tontería que viñera ó caso. Posteriormente acudimos ó Momo, pouco frecuentado pola tribu cervense, e ó cal o querido Xogador despois de 7 anos en santiago, non sabía por onde ir, en fin.......sen palabras, ben sabemos como é. Logo fomos a un paffetto un tanto chili chiliwei, chamado........"Leblón", e como non, novamente Xogador sacou o seu humor interno e dixo.......jijijijiji ¿imos ó Leblón James?, me parto tio!!!!!.E......como non....non podía faltar a nosa visita ¿a?.......RETABLOOOOOO!!!!!. Pena que non estivera Fives, para que nos deixara as copas a 50 céntims.jojojojoj. E depoois de contempalr o que tiñamos que contemplar, nun abrir e cerrar de ollos, apareceu...........................Carla Bruni!!!!!!!, si si si!!!! o que vedes. E alí estaba o seu querido Sarkozy, cos brazos abertos recibindo á sua amada. Bailoteo poraquí, bailoteo por alí, e.................triki trí!!!.
Saímos de Retablo. Hotman e Xogador coma sempre, berrando, boureando en fin mulimeiros perdidos. Pero amigos, Sarkozy e a Bruni, agarriditos de la mano por las calles de Santiago respetando o protocolo acordado e demostrando o seu amor mutuo. Que bonito!!!!. Tal parejita marcharon para o palacio de Versalles amañar temas de Estado. e un servidor e Xogador fomos pa?.....................LIBERTYYYYYYYYYYYYYYY!!!!ala chavalitos 5 iuros. Fomos facer as nosas necesidades miccionais ó baño e alí todo empezou. Unha enorme e amarillenta persoa comezou a falar co Xogador. ¿Quen era?.........o RAÑA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! non era o triatleta non, era o ex porteiro de Duplex, nativo do Valadouro pero residente en Bertamiráns e coleguita de Xogador. E o tipo quedouse sorprendido cando soupo que era o fillo do Piru.
Como non, aceptamos as copas, e a raíz da palabra "Piru", comezou a elaborarse unha conversa futbolística-deportiva-Rafista. Das cales destaco a cotinuación:
O RAÑA: ¡Agora traballo nunha autoescuela oh..........levo 7 copas, non sei se pillar o coche pa ir pa casa! (jojojoojoojoo, ese exemplo ostia)
O RAÑA: ¿Cantos anos tedes?¿24?......eu con 24 anos bebía 24 cubalibres nunha noite, agora con 5 non me lambo. (¿a quen vos recorda?)
O RAÑA: Cagundios, teño un fillo de 17 anos. O chaval é nadador, e vai competir a Viveiro, Ferrol, e o outro día foi á Travesía de Xixón. Quedou 2º, pero tivo mala sorte, gañoulle David Meca no sprint final. (que barbaridade)
O RAÑA: Hoxe en día o Cervo con aquel equipo (Rafa, Piru, Santi, Bio, Suso Martínez, Molo, etc), estaría en 2ªB. (pa flipar)
O RAÑA: Hoxe en día Bio (ex-xogador do Cervo), sería máximo goleador de 2ªB......¿Que digo?, hoxe sería Van Nissssstelrrrrrroy joder!!!!!!!!
O RAÑA: ¡Con 20 anos fichei polo Deportivo. Pero botárnme. Foi un pau para min, por eso non fichei polo Viveiro! (a boa vida é o que ten)
O RAÑA: ¡¡¡Joder chavales, o Cervo era moito. Recordo aquelas cheas no Muíño. Iba un venres pa Cervo e chegaba a Ferreira o sábado á noite!!. Aquelas noites co Piru, Rafa, Santi.....! (o mellor de cada casa)
En fin xente, unha noite pa enmarcar na historia. Esperamos velo pronto. ENORME RAÑA!!
PD: ¿Gañaría en realidade David Meca na travesía de Xixón?
8 comentarios:
Si señor esas son das grandes noites, das que mas prestan. Son mellores incluso que cando se papa, pero bueno como papar non iades papar moito mellor asi. ajajajaj
Gran xeracion isa, si señor. Recordo unha noite no almacen con Xexo, Rafa, Santi, Villares e Mazo falando desas xornadas da primeira regional, esos eran pa dar de comer a parte. Criminaaaaaaaaaaales.
As azañas que nos facemos ou coñecemos son autenticas paxareadas comparadas coas deles.
Pipita.
P.D: Bio seria o Higuain da epoca, jojoj
Poñede os nomes!!!!
Si señor... O Raña é moi grande!!!Olvidouseche unha das mellores frases da noite; logo de despotricar contra varios entrenadores da Mariña: "Cando Fabiano me chame pa ir de segundo entrenador a calquera equipo de Segunda B, mirarei para a cámara da tv, botareille a puñeta e direille a J.L., C.M. e demáis entrenadores de merda que non teñen nin puta idea... A TOMAR POLO CÚ!!!
Permitideme cambiar o nome despos da actuacion do mais grande este domigo o gran PIPITA. E un pequeno homenaxe que lle quero dar por eses 90 minutos maxicos cos cales nos deleitou.
Esa sí que foi unha boa noite.Como para recordala toda a vida. Gran equipo aquel Cervo do que fala o Raña.Sen dúbidas poucos xogadores, hoxe en día, darían a talla naquel equipo. ¡Aquel ascenso perdendo soamente un partido!¡¡lograron o doblete contra o Albeiros en Mondoñedo!!Vaia día!¡Como disfrutaba a inmensa cantidade de aficionados que se desplazaban co equipo!UN. AFICIONADO NOSTÁLGICO
Acórdome un xoves que sain en Santiago.Ía entrar en Dúplex cando me parou o porteiro e se puxo a falar comigo.Era o Raña.Alí estuven un bó anaco falando do fútbol largo e tendido,bebendo uns cubalibres xestionados por él.Criminal o tipo.
Supoño que naqueles tempos o fútbol local vivíase de outra maneira.Daría gusto que hoxe en día se vivira así...
P.D.Hotman,olvidáchete que o Xogador case perde por vixésimo quinta vez a tarxeta de crédito.En fin... non cambiará...
Unha aperta.Doríforo.
Si señor Doriforo, certo, gran apuntamento.
Pois foi unha boa noite a do xoves pasado. Sempre é gratificante escoitar a bellos reckeiros do fútbol mariñán. Non estaría nada mal, este verán polo San Roque, volver a rememorar aqueles Cervo- Ferreira dos anos 80. Creo que moita xente do pobo estaría conforme, e volvería a recordar e rememorar aquelas tardes domingo, coas súas respectivas feiras antes do encontro.
UN SAÚDO
Publicar un comentario