23 may 2008

Historias.Doriforo-Incompleto

Aquí vos deixo uns párrafos do libro de Carlos Mella,"A falacia do economicismo".

"Non pode ser alcumado de racional un sistema que, ó mesmo tempo que crea riqueza,aumenta a pobreza.Que produce coma cara e cruz da mesma moeda,fame e sobrealimentación.Que gasta máis no superfluo que no esencial.Tampouco garante a súa racionalidade o feito de utilizar recursos finitos e non renovables na satisafacción de necesidades artificiais cando non prexudiciais.Nin merita tal calificativo un sistema que consume inxentes montos en gastos militares no canto de dirixi-los ó financiamento de necesidades perentorias.Dende o noso propio mundo,é dicir dende a nosa aprecicación da realidade ,producto da cosmovisión dun nicho cultural específico,poucas veces nos detemos a reflexionar encol do significativo e as implicacións de determinadas actuacións ou alternativas de comportamento.Canco nos xornais ou nas discusións públicas escoitamos,sen sentirmos un arrepío,discutir sobre se é " rendible " un sistema sanitario ou se calquer fanfarria social ou propagandística impide a extensión dos gastos educativos e de formación,ou mingua a cobertura do que son os dereitos fundamentais da persoa,é que que algo está a deturpa-lo do noso coñencemento:a consideración monetaria de toda actividade,de toda manifestación cultural e,mesmo,de todo sentimento.Monetarízase a saúde, a educación, a relixión, e os comportamentos.A súa utilidade,o seu valor convértese en magnitudes medibles con patrón monetario;a moeda,como representación do bebeficio,deixa de ser unha unidade de cambio,un depósito de valor e unha medida económica,para reencarnarse en criterio epistemolóxico de verdade e xustiza.

O valioso é bó e o útil é xusto:iso significa que a bondade,a verdade e a xustiza,convértense en productos industriais que se adaptan e serven ás necesidades dictaminadas como prioritarias en función da rendibilidade.O material,pois, sobrancea sobre o espiritual e este "cousifícase",é posto ó servicio da cousa,da mercancía e ,nun plano subordinario,entra a formar parte do mercado."


"O capitalismo necesita e procura construír un tipo de ser humano banal,doado de seducir pola faramella consumista e que considere o incremento do consumo non como un hábito circunstancial inducido,senón coma unha finalidade.Necesita un home pechado socialmente.Un home agresivo fronte ós demáis e submiso fronte ó sistema.A gresivo en canto o triunfo individual se deriva da competitividade e o ético,o escrupuloso,non é competitivo.O competitivo non se para en ningunha consideración moral ou de calquer outra caste;diríxese a un obxectivo arredando todo aquelo que supoña unha dificultade no seu camiñar e isto lévao a comportarse como un ser agresivo ,xa que o "outro" se converte automaticamente nun inimigo.Competitivo e arrodeado de inimigos,a insolidariedade eríxese en norma de conducta individual;reprégase sobre si mesmo,vive á defensiva e non se permite a debilidade de practicar virtudes ou realizae accións de dubidosa rendabilidade.A falla de comunicación social,no máis nobre sentido, e o individualismo máis abriante son a consecuencia.Pero este mesmo individualismo produce inseguridade: o home coñece,aló no fondo e sen que sexa necesariamente un coñecemento reflexivo,que está só fronte a sociedade,que non atopara axuda,que ninguén lle botar unha man solidaria.Aínda máis,se esa man chegara inesperdamente,en troques de agradecela dubidará en collela e fará cálculo do prezo a pagar pola aceptación.Esa soedade abafante do home ante os demais reforza o individualismo e o conxunto social resultante non é unha sociedade trabada por unhas relacións humanas de concordia e solidariedade ,senón que dexenera nunha "moitedume solitaria",nun conglomerado inorgánico e indefenso ante os cantos de seres ou as ameazas dos organizadores detentadores do poder.

Este comportamento individual ten o seu correlato no comportamento colectivo.A unha exarcebada insolidariedade no plano individual correspóndelle , como cara e cruz, da mesma moeda,un comportamento gregario no eido colectivo,no campo social.Individuos despersonalizados producen por forza unha sociedade amorfa na que rexen comportamentos gregarios.Ninguén ten carácter ,personalidade,para actuar de forma diferente,para significarse cun pronunciamento distinto agás en cuestión banais.É máis útil,polo que poida pasar non significarse e agacharse no medio da moitedume a través do comportamento gregario."

No hay comentarios: