14 may 2008

MESA ABERTA (xogador de chica)

Hai un tema polémico nos últimos días que me gustaría plantexar a debate.

El País, 29-04/15-05
Miles de profesores y alumnos se han manifestado hoy en Santiago de Compostela en contra del anteproyecto de borrador de Bachillerato que reduce una hora de las asignaturas de Educación Física, Historia y Filosofía. La jornada reclama un "diálogo" con la Consejería de Educación y ha estado marcada por las movilizaciones contra la Xunta a la que se han sumado los universitarios gallegos ... Representantes del Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física, de la Asociación Galega de Filosofía y de CIG-Ensino leyeron manifiestos que coincidían en apelar a Educación para que escuche el rechazo de profesores y alumnos a la reducción de horarios de Educación Física y Filosofía en el Bachillerato. La secretaria de la Asociación Galega de Filosofía, Ana María Alonso Rodríguez, ha alertado del "grave daño" que originará a la formación de los estudiantes la reducción de la materia de Filosofía. El responsable de CIG-Ensino, Anxo Louzao, ha insistido en que se modifique la normativa para "mejorar la calidad de la enseñanza", para lo que propone el incremento en una hora de la carga lectiva de Filosofía, Educación Física e Historia; exige una enseñanza laica, en la que la materia de Religión esté fuera del horario lectivo; y garantías en las modalidades que se impartan en el Bachillerato ... La Consellería, sin embargo, desestimó la idea porque considera que un currículum de 34 horas en Bachillerato es excesivo ... La Consellería da por elaborado el texto. Sólo cedió en una reivindicación: dar una hora más a Educación Física, como reclamaba el profesorado.

Claro está que a educación secundaria está mal plantexada dende hai tempo. Eu recordo a época do instituto coma un tempo no que literalmente, non daba feito para levantarme: entre as clases, obrigatorias; os deberes; os exames, que moitas veces coincidían coas propias clases e cos propios deberes; e as clases particulares (motivadas ás veces pola miña vagancia, outras veces pola deficiente capacidade dos profesores), un podía vivir a duras penas e de vez en cando, a risco de quedar desfeito, permitirse algún vicio (o deporte, por exemplo). Evidentemente, a necesidade dunha reforma creo que é aceptada por todos. Agora, a Consellería optou por unha solución clara. A Ensinanza Secundaria é entendida como básica, por elo obrigatoria, na formación dun ser humano. Se non entendín mal (creo que non), a Filosofía e a Historia pasan a ser un saber non tanto básico ou fundamental senón complementario, dentro da educación dos nenos e nenas. Recordo agora a algún dos meus amigos que estudiaban o bacharelato de Ciencias, queixándose con desdén: "entre as linguas, Filosofía e Historia, teño oito asignaturas de letras e cinco de ciencias. ¿Como é posible?." Pensei que estaba equivocado, pero, segundo a Consellería, quen me equivoco son eu. A Consellería optou pola especialización, é dicir, por considerar máis importantes (non susceptibles de recortes) as asignaturas que están orientadas a darlle base aos rapaces para ter unha feliz vida profesional. O Ministerio de Industria pode estar contento.

Dito todo isto, queda aberto o debate. As preguntas que fago, nada máis para orientalo, son:
¿Que importancia teñen a Filosofía e a Historia na educación dunha persoa? ¿Supón esta medida de recorte o trunfo da especialización?
Se é así, ¿cara dónde nos leva esta especialización dos cidadáns? ¿É positiva, negativa? ¿O importante é orientar ao rapaz e preparalo para a vida profesional?
A asignatura de relixión, ¿debería ofrecerse fora do horario lectivo, opcionalmente?
¿De que outro modo se podería arranxar o problema educativo?

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Bo artigo, Xogador. Realmente é un tema complexo. O que está claro, é que dende fai un anos a educación o que busca, como di o querido Risto, é Productos da educación, é dicir, que o que realmente importa é a cantidade que aprendes e non o "como aprendes", e creo que iso é un grave erro en educación e na formación do alumno. E penso que a ESO, está un tanto desfasada. ¿Como un alumno pode rendir con 13 asignaturas nun trimestre?...imposible.
Con respeto ás preguntas que plantexas, cada un pode ter o seu punto de vista. E non sei. Son dos que penso que a educación física é fundamental, e temos, dunha vez por todas, de tachala como materia de recheo.Deberiamos darlle a importancia que realmente merece.

Anónimo dijo...

Non, non, para onde vás Xogador, máis matemáticas, máis inghlés, máis tenologhía...pero chavalito, acaso a phylosophya e a historia aportan algo para entender o funcionamento da xunta da trócola ou o subúfer con 19 etapas de potencia?
Criemos ignorantes funcionales, mulleres e homes (hai que ser politicamente correto) acríticos, meros entes mecánicos que sexan "felices" consumindo e traballando...aspirando á perfección das máquinas...o mellor, o máis profesional non debe ser aquel que soluciona problemas, ten que ser o máis dócil, o máis efectivo, productivo, eficaz, etc.. Pregúntalles aos de ALCOA como funciona realmente o mundo. E vesme ti con chuminadas de KAN, GEGEL, MARS e EMANENS...FELIPE 2 (ese gran coñá) CARLOS 3 (gol en las Gaunas)? home...vaite deitar.

P.D. Todos os políticos son uns corrutos...pero haber se meu primo me asfalta o galiñeiro...viva OBBES e STUAR LITLE...

Anónimo dijo...

Fe de erros: cagondió, era STUAR MILL...que che ía dicir,...EU QUERO SER FELIZ...que máis phylosophya que esa?...EPICURO era un yonki enganchado á play station...(estou de resaka)

Anónimo dijo...

Paréceme moi interesante este tema, pero tamén complexo.
A educación secundaria obrigatoria debe xogar un doble papel. Debe formar cidadáns, pero ó mesmo tempo ten que aportarlle ós rapaces a base de coñecementos necesaria para afrontar con garantías estudios posteriores. De todas formas cabe distinguir ESO de Bacharelato, xa que o 2º xa non é obrigatorio e está pensado para ir orientando os estudios cara aquelas áreas que máis lle interesen ó alumno, pero non así na ESO.

No caso da educación física considero que é cada día máis necesaria, xa que é preciso fomentar un estilo de vida máis saudable, fuxindo dos hábitos sedentarios que se están a impoñer entre as novas xeneracións. E no caso da Filosofía e Historia cada vez me parecen máis necesarias. Recoñezo que hai anos non eran asignaturas que me agradaran especialmente, pero hoxe en día boto de menos uns maiores coñecementos. Deben ser desde logo materias claves na formación cultural e ética dos alumnos.

O problema é qué quitar. Porque igual que digo esto digo que existen carencias importantes na formación científica-técnica de boa parte do alumnado, e tamén no dominio da linguaxe. Só teño claro que a relixión sobra completamente nun estado laico no que se supón que estamos, debendo ser unicamente a familia a encargada da transmisión dos seus valores relixiosos ós seus fillos. Así que queda claro, nin opcionalmente nin pollas; a misa xa é unha clase optativa de relixión católica, pa quen queira ir.

Unha posible solución sería manter unha estructura similar á da antiga EXB, xa que o paso dos nenos ó instituto con 11 anos paréceme precipitado. Nese momento o enfoque debe estar mellor adaptado á súa idade, para que eles podan asimilar facilmente os coñecementos transmitidos, procurando ademais espertar o seu interese nas distintas materias, ou alomenos non provocar un rechazo por parte dos alumnos. Para eso podería ser perfectamente válido aquela estructura na que quedaban englobadas varias materias nunha como eran as ciencias sociais, ciencias naturais.... E posiblemente esto quedaría ben complementado cunha materia do tipo da controvertida “Educación para la ciudadanía”, “Ética”, ou como se lle queira chamar.

Faragullas
PD: Vaia parrafada metín.