13 jun 2008

DE IGUALDADE E TELÉFONOS/TELÉFONAS por Tresillo




FRAGMENTO DA ENTREVISTA DA MINISTRA DE IGUALDADE NOS "DESAYUNOS DE TVE"

"Entendemos que es absolutamente imprescindible ir a la causa del problema, ir hasta el origen. Tenemos que actuar necesariamente sobre los hombres, tenemos la obligación de promover una reflexión acerca de los nuevos roles de los hombres en el siglo XXI, atender a las nuevas formas de la masculinidad [...]".


FRAGMENTO DO DISCURSO DA MINISTRA DE IGUALDADE NO PARLAMENTO.

"Pondremos en marcha un teléfono de información para los hombres que les ayude, entre otras cosas, a resolver de forma pacífica los conflictos surgidos en las relaciones de pareja en vez de recurrir a la violencia".



E punto/punta...así as chantou Dna. Bibiana Aído, Sra. Ministra de Igualdade/Igualdada. E nos ríndonos do miembro/miembra. Esto/esta si que "tiene cojones/cojonas"...cagondios/diosa!!!

Segundo unha estimación do INE neste ano 2008 seremos aproximadamente 22.356.882 varóns en España. Se do total restamos os inocentes 1.216.929 de meniños que van dos 0 aos 4 anos, os maleables 1.115.136 de nenos entre 4 e 9 e, mesmo, os reeducables 1.069.789 de raparigos entre 10 e 14, quédanos 18.955.028 de bestas pardas con gaita e dous foles que están dispostos a darlle unha malleira de paus á súa parella por non traerlle o Marca pola mañá ou, o que é peor, por pasar por diante da TV mentres un vé tranquilamente por trixésimo sexta vez o España-Malta en DVD. Gracias a esta lúcida ministra, agora, cada vez que collamos o noso Winchester para meterlle un balazo entre peito e espalda á parella, vamos chamar por teléfono a unha teleoperadora/teleoperadoro haber se nos dá unha idea "chachi güay" para que non a metamos no pichoco (dixo tamén que o teléfono estaba para darlle aire ao aparato cando nos pasaramos co güiski ou chegaramos á pitopausia).
Chamarédesme demagogo e, mesmo, frívolo...eu? Demagoga é esta imbécil que se cre máis lista que a humanidade enteira e que cre, inxenua, que cun puto teléfono e chamándanos indiscriminadamente a todos os homes do mundo "violentos patóxenos" que desenrolan a enfermidade do maltrato vai romper coas duras e humillantes cadeas do machismo e os lobbys político-económicos patriarcais.
A falsa revolución feminina está dominada, de novo, polos intereses do home, non o dudo nin un intre. Se a panda de mamóns que dominan este planeta lles interesa levantar a pancarta do feminismo, farano mentra lles reporte algún beneficio, pero só en Occidente que é onde está a pasta...o resto do mundo, en fin, quemeimportaamin se levan Burca, Xador ou lles estirpan o clítorix en África senón teñen VISA ELEUTRÓN?...denunciareino desde Madril, Roma ou Parí, pero que as jodan alí.
Pero non vos equivoquedes, o pé vadelo seguir tendo encima se a vósa loita se limita a quedar na superficie do eslogan. A igualdade non é mexar de pé e escupir na rúa coma os homes, nin tampouco sentirse liberada e máis digna por levar o ultimo modelo de ESCADA ou DOLCE & GABANA previa limpeza de cutis en LOEWE e, posiblemente, tampouco esté na escalada nos postos laborais. Esa é a igualdade que vos venden...Mesmo vos venden como tedes que querer a un home, como fodelo ben fodido (literal e metaforicamente), a estética física que debe ter, que debedes ter, como debe falarvos e amarvos, como debedes falar e amar. O feminismo é un negocio que reporta moitos beneficios e que se vasa en demagoxias barateiras para gañar votos ou euros.
Porque si, temos que adaptarnos,...adaptarnos a que cada día existan máis gilipollas soplapollas que nos veñan contando as verdades que ata agora ninguén veu e que a solución é unha chamada ao 905PORELCULOTELAINCO. O novo rol do home no S XXI é autoflaxelarse por selo, renunciar á súa sensibilidade, a súa percepción do mundo, renunciar a rirse, a chorar, a fuxir e encontrarse como home...si, si, escoitade, como home, que somos homes...e látenos o corazón señora Ministra. Que somos malos, bons, grises coma vostedes mesmas...que temos medo e arrebatos de valentía...coma vostedes mesmas...que nos escondemos da dor e abrazamos a felicidade...coma vostedes mesmas...que nos seguimos a buscar...e...e...e...uhmmmm!!!
E neste punto, calo, sabedes porque?...porque coas palabras desta tipa quedoume a dúbida de que se nos van ensinar cal é a "neo-masculinidade", onde está a solución de todos os problemas deste mundo, que parecen reducirse ao dominio do home, o certo é que as mulleres, en pura deducción lóxica,...dicía, as mulleres, todas as que viven neste planeta tan cabrón, inmoral e inxusto, deberon atopar xa a pedra filosofal que lles convirte o mal en ouro e acaba coa merda da desigualdade en xeral. Pero, hostia, eu non vin a ningunha agacharse e convertir un zurullo de can en 1000 €uros. O que queira entender que entenda e o que non que se vaia ao carallo.

No hay comentarios: