17 jun 2008

DE LINGUAS E DIVERSIDADE por Tresillo


Un xa está un tanto farto sobre estes debates lingüísticos. Pensouse nos anos oitenta que coa Constitución e o desenrolo dos Estatutos de Autonomía, xunto coas leis de aplicación, o tema das linguas en España quedaría totalmente cerrado. Pero nin moito menos. O certo é que, co auxe do nacionalismo español, xa liberado das cadeas da vergonza de cuarenta anos de dictadura (sutilmente tapada por un velo chamado revisionismo histórico), o debate lingüístico volve estar aberto.
Non serei eu quen diga que os nacinalismos vasco, catalán e galego trataron o tema coa mesura debida, pero sen lugar a dúbidas, as forzas reaccionarias sociais embisten hoxe con máis forza que no pasado contra a realidade plurilingüística de España. Un podería establecer neste foro centos de argumentos para defender en valor o plurilingüísmo e o multiculturalismo fronte á uniformidade e a globalización económica...sen embargo, non quero aburrirvos, é evidente que en numerosas ocasións xa defendín esta postura. Agora ben, o que resulta certo para todos nós e que, o perigo do plurilingüísmo para os nacionalismos de corte centralista (sexan de esquerdas ou dereitas) deriva precisamente de que o único ámbito libre de dominio é a lingua como instrumento de comunicación humana (a máxima de "falar non ten cancelas" e predicable universalmente). Ninguén pode negar que a identidade dun colectivo social, dun pobo, se proxecta nese ámbito fundamental para o ser humano que é a comunicación e que, cando se suprime ese ámbito e se trata de impoñer outro distinto, estase aniquilando de xeito sistemático unha cultura. Non nos esquezamos, a trasmisión de valores e ideas non se realiza mediante operacións matemáticas, senón mediante a lingua, e utilizar unha determinada lingua non é unha cuestión baladí.
A utopía dunha sociedade sen diferencias fracasou en todas e cada unha das idades do home, é dicir, na historia da humanidade. Nin a dominación militar, económica, política e social puido homoxeneizar culturalmente o mundo. É moi fermoso, para moitos, vender que o mundo sería perfecto se falásemos o mesmo idioma, se todos tiveramos os mesmos valores, se todos foramos guapos e altos. Pero esa non é a realidade humana, nunca o foi, nin o será. A verdadeira realidade humana é a diversidade partindo de lugares comúns que poderiamos considerar que son os Dereitos Humanos (plasmación convencional de certos principios da razón práctica, freno necesario do relativismo cultural), acaso utópicos tamén.
Sen embargo, non se pode pecar de inxenuídade. A parte da sociedade civil española que combate con extrema vehemencia a oficialidade e, mesmo, existencia de linguas distintas nun mesmo estado non o fan en termos idealistas, nin moito menos. Non buscan un mundo sen diferencias, ao contrario, cren profundamente na existencia de clases sociais e cren, como nacionalistas que son, que a súa cultura non ten fisuras e debe ser imposta pola súa condición de superioridade ética e, desde logo, política. Desde logo resulta paradigmático e, tamén, contradictorio, que utilicen a palabra "liberdade" para falar do asunto lingüístico. É digo que resulta paradóxico porque, ademais que durante os anos de persecución e prohibición do galego (xunto co euskera e o catalán) ninguén dese colectivo social (exemplo: Galicia Bilingüe) tivo os arroxos de falar neses mesmos termos (ao contrario), o termo "liberdade" utilizase deste xeito como sinónimo de "capricho", por tanto, "imposición". Se este "capricho" respostara a unha visión neo-liberal, no senso económico, os mesmos que defenden a aniquilación ou, sendo menos valentes, a laminación das lingüas minoritarias, desde logo non terían obxección en dicir que o danés, o flamenco ou o berebere deberían desaparecer pola súa escasa relevancia no ámbito do mercado global. Pero tedeo claro, este sector, aínda que apoiado posiblemente polo gran capital e os seus intereses, cren na uniformidade polo dogma de fe da súa grande nación. Ollo, en iguales termos se podería falar dos nacionalismos ultras de corte secesionista, só que o apoio do capital é máis cuestionable, cando menos en Galicia.
Nunca nestes trinta anos de democracia en España atacaron con tanta virulencia pero, hai algo de peculiar tamén, recolleron a técnica dalgúns (non todos) nacionalismos que loitan polo soño do estado independente, o victimismo. É dicir, sen ben na dictadura e en todos os anteriores periodos de represión lingüísitica, a prepotencia do "Imperio", da "Gran Nación", arrasaba toda pretensión de legalidade, oficialidade e, sobre todo, convivencia, hoxe, neste S. XXI, toda esa arrogancia tornou en sentimento de persecución e aplastamento, evidentemente, nun sentido falaz e absolutamente hipócrita. Soster que o galego, o catalán e o euskera son os idiomas que perseguen ao castelán e tanto como dicir que o rato persegue ao gato (e perdón pola burda comparación). Ninguén o cre nin certamente o pensa. Pero resulta evidente que coñecen perfectamente que a técnica da emotividade é máis productiva que a da razón, logo, poñerse no plano da víctima oprimida sempre esperta máis compaixón na estúpida conciencia xudeo-crisitiana que aducir argumentos en pro dunha visión ideal.
Se ben a min non che me chisca un carallo facer proselitismo porque non aturo os sistemas ideolóxicos cerrados, neste caso, sen que sirva de precedente, animo a combater coa razón por diante todos estes movementos reaccionarios, porque, queridos blogueiros e blogueiras (viva a Ministra de Igual Dá), está en xogo a herdanza cultural (no senso da razón práctica) dos nosos fillos e con eso non se xoga. Se nosos pais, ignorantes tal vez do feito mesmo, conservaron e trasmitironos a través da nosa lingua os seus valores e ideais, nos non podemos ser menos e, cando menos, debemos darlles a opción de elixir e só pode elexir o que ten á man diversas opcións sempre desde o coñecemento.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Moi ben falado, pero eu ainda vou máis aló, non podemos permitir que o argot cervecense desapareza. Hai que educar ós fillos co "palé de purín", "bosta", "paxarear", "colacao", etc...

Anónimo dijo...

Pero chorvo!!que me pías neeeeenoo!!si lee esto mi plas que es mazo del Aznar te mete un puño que lo flipas y te deja volao!!mintiendes o no mintiendes??Si fueras a pasear a tu chukel y dejaras de rayarte y de marear a tus puretas con absurdeces mejor te iría con las jas!!

Doríforo-(quente coa chegada do verán e os modelos das titis...ssssshhhhh...)

Anónimo dijo...

Supoño que conclúen aquí algunhas verdades que hoxe xa funcionan gracias ó acertado da súa venta progresiva. A primeira, que o extremo interesado carece de proxección e base real, calquer nacionalismo nútrese do reaccionario e arrastra a carencia de esencia democrática; a segunda (intúese) fala do perigoso e mangoneante que o victimismo pode resultar na opinión pública. Tamén aprecio unha terceira no momento tocante á erdanza cultural. Do porqué, presente e evolución do noso entorno e cultura, esa que, péselle a quen lle pese, e dende o respeto e coñecemento (agora hai que ter coidado, a risco de simular calquer pedante de sobremesa), cada individúo remata por ter a liberdade de asimilar e comprometer na medida e forma en que lle veña.
Por iso no camiño e defensa da variedade de integridades que se choran, crean ou existen un atopa opinións loables, posturas consecuentes, actitudes apaixoadas e absurdas con convicción de ser únicas, procuras dun respeto esgotado,...todas elas arraigadas e sempre cunha táboa de porqués, ata traumatizados salvados por un dogma que se lles antoxa de liberdade, intereses caciquistas que comodamente propoñen, hipócritas cerrados que choran, influencias ignorantes e a propia incultura que se desvía dun pasado común; todas elas inocentes no bar, en contagotas, pero temibles no poder do grupo.
Algúns ollamos o problema das patrias sentíndonos de fóra, no medio do politico que sube e chupa, cómo(aí conforme) cremos en xente que di que só sopra contra deles, que ós demáis nunca lles deron por onde doe, nin vulneraron os seus dereitos para impoñerlles outros.
Quen crea que a súa patria, coa súa linguaxe, costumes, fronteira e demáis pode prevalecer é ademáis de parvo, inconsciente.

Anónimo dijo...

De acordo con tresillo. Eu creo que a tansmision duns valores, dunha concepcion do mundo propia, non se pode entender sen unha lingua que faiga de vehiculo de transmision destos conceptos. Como ben dixo Amarillo S. , non poderia transmitirlle a alguen de Huelva (por exemplo) o que sinto o decir a palabra "paxarear", e non "pajarear". En fin, so hai que entrar nos foros de "falacia bilingüe", e darse conta de que tipo de xente se sente oprimida polo galego en Galicia, so lles falta a camisa azul.

Anónimo dijo...

Sobre a importancia cultural e incluso economica das linguas creo que hai pouco que dicir. Polo tanto, creo que a sua defensa hai que tomala mais como unha cuestion de fin que como unha cuestion de medio, co que discrepo cos maravillosos academicos de la France.

Vendo o caso de Galicia, pareceme que o erro esta en crer que un, a dia de hoxe, pode efectivamente elixir libremente a maneira de asimilar a sua herdanza cultural. Hai un imposto ideoloxico sutil, pero influinte. Coa morte de Franco e o final das prohibicions, o problema solucionouse na forma, pero non no fondo. Se queremos que haxa unha liberdade de eleccion autentica e non falsa, enton hai que corrixir eses desaxustes. Fundamentalmente, a nivel educacional, xa que, ainda que poda molestar as nosas conviccions, a realidade dinos que galego e castelan non se relacionan en igualdade de condicions. Para comprendelo, mais que acudir aos datos do goberno, so hai que dar un paseo polos colexios, facultades, administracions, xuzgados, quioscos, etc. Isto evidentemente, e unha herdanza cultural, ven de moitos anos atras, e chamase desprezo, infravaloracion se preferides os eufemismos. Na Constitucion dise que os idiomas oficiais de Galicia son o castelan e o galego, cousa coa que estou totalmente de acordo, pero esta concepcion non se corresponde coa mentalidade dunha parte fundamental da poboacion. Ao Estado correspondelle corrixir estes desequilibrios, ISO SE QUEREMOS QUE HAXA UN BILINGUISMO REAL, claro. Para que haxa igualdade (e liberdade) primeiro debe haber normalizacion. E necesario un proxecto de ecoloxia, neste caso, para a lingua galega.

Iso, repito, se e o que queremos, RELACIONS DE IGUALDADE E TOLERANCIA ENTRE AS LINGUAS... Primeiro deberiamos ter claro o que pensamos. Se non estaremos aprobando isto cunha man e con outra levantando a bandeira do mundo superespetuoso y chuliplus (pero mejor en spanish) dos G.B. do carallo...

Anónimo dijo...

E triste observar como ainda existe xente que, na persecución do pasado xustifica o imposición lingüística do presente. Sexa consciente ou non do que está a falar o blogueiro é de liberdade. E da imposición dunha lingua por enriba doutra: Tan galego como o galego. O bilingüismo si é sinal de identidade deste pobo.

Anónimo dijo...

Non sei quen esta detrais deste derradeiro comentario, seguramente carece totalmente de relevancia. Tampouco entendín, ignorante de min, o sesgo desta opinión. En calquera caso, debo facer tres consideracións:

Primeira.- Se vostede esta a soster que hoxe hai imposición lingüística en Galicia co galego, deme datos obxectivos e non me faga disertacións en abstracto. Animoi a acudir aos xulgados do país, ás respectivas delegacións do goberno do Estado, a moitos dos nosos concellos, aos colexios e institutos concertados e a algúns (a maioría) dos públicos e, por suposto, á Universidade. Vostede verá que tipo de imposición existe e en que ámbitos de liberdade nos movemos.

Segunda.- Hai quen só ten interese na historia para o que lle convén. Pero a historia escríbese non desde o acriticismo ou o maniqueismo senón desde a comprensión. O fenómeno do bilingüísmo xorde dunha imposición secular do castelán, pero máis grave que eso e que a vergonza impostada do galego falante deriva da supresión sistemática do galego do ámbito público do país e, desde logo, da persecución secular tamén das institucións do estado. A liberdade constrúese na historia e a liberdade ten grados. ¿Vostede cre que un galego falante pode moverse na comunidade autónoma galega con absoluta liberdade expresándose na súa lingua? Eu, que aspiro a ser un humilde xurista, dubido que teña fácil moverme no ámbito do xudicial en galego. Entón, a pregunta é ¿onde está o bilingüísmo?

Terceiro.- Cando falo de liberdade, faloi nun sentido absolutamente kantiano (sen ser un gran admirador do filósofo prusiano): "obra segundo unha máxima tal, que poidas querer ao mesmo tempo que se volva unha lei universal". Se este é o concepto de deber e ser libre e vivir segundo o deber e non segundo o capricho. Evidentemente, todos nos desexariamos unha educación deseñada persoalmente, pero esto ademais de ser inviable e inaceptable. Un home libre, para selo precisa de coñecemento. Un home que elixe, que actúa, para elexir debe coñecer. ¿Como elexir se non se coñece? ¿por pura intuición? Ninguén pode aceptar que en Galicia non se deba e se teña a obriga de coñecer o castelán, pero tampouco se pode cuestionar que deberiase ter a obriga e o dereito de coñecer o galego. Sen embargo, esto non é así, nin na teoría (o Tribunal Constitucional acepta o dereito a coñecer o galego pero nega a obriga respecto de tal coñecemento). De novo pregúntolle, ¿onde está ese bilingüísmo do que me fala e esa imposición?

Eu non victimizo ao galego falante, eu sono e non me considero unha víctima. Pero desde logo, loito, non pola dignidade do idioma galego, senón pola dignidade dos que o falamos e o utilizamos en todoso os ámbitos da nósa vida (laboral, familiar, académico, etc.) e, mire, téñao o claro, non gozamos da mesma liberdade e dereito que quen decide libremente e con todo o dereito falar e expresarse en castelán e esto é demasiado obxectivo como para que veñan colectivos nacionalistas españolistas (que non españois) negalo.