20 jun 2008

O Leo i Arremecághona_xogador de chica





Este elemento toca este venres no Muíño. Anímovos a acercarvos, porque poden ser unhas risas; é unha especie de cantautor punk galizaceibario, un cruce verbeneiro entre Albert Plá e os Heredeiros da Crus. Para que sepades a que vides, un par de mostras: a primeira é unha versión do Should I stay or should I go ("a canción que demostra que os Clash eran galegos"), rebautizada para a ocasión como (Meniña ti hasme de disir) Si quieres que ande atrás de ti. A segunda, un himno xeneracional: a Canción do vagho.

Que se queixe Rafa Plas, que lle facemos publicidá.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Eu xa o vin en concerto, está como unha puta cabra, pero é divertido.