19 jun 2008

ORTIGUEIRA, UN ANO MÁIS>>Amarillo S.


Xa está á volta da esquina, xa me tarda, xa publicaron o cartel e xa se me fai o cú pesicola. Este ano tampouco coñezo a ningún grupo, pero pa eso está youtube. O venres, que soe ser o noso día, tocan os galegos Sondeseu, unha banda que non me suxire moito, os finlandeses Värttin, que traen tres cantareiras rubenescas moi divertidas e por último (estes son os meus preferidos) veñen os 17 hippies, unhos alemás tolos de todo, como se non houbera dabondo hippies en Ortigueira. (+info)

Un ano máis Xogador da Chica, Sr. Blanco, Rey de Copas e un servidor (o poker de ases de anos anteriores) máis quen se apunte colleremos a senda do milenario Feve dispostos a acabar co bebercio ata andar na procura do "caldo", a bailar ata rebentar os juanetes e a buscar á única hippie-hixiénica-cega-ninfómana que leve o noso nome escrito donde acaba a espalda.


ORTIGUEIRAAAAAA!!!!!!!!!!!!!!!!

1 comentario:

Anónimo dijo...

Que a forza vos acompañe pequenos celtarras.