22 ago 2008

AMANTES DA MARUXAINA, AMANTES DA QUEIMADA...AMANTES by Wemasters




Gracias aos novos visitantes deste blogue que, de seguro, ata este intre, ata esta nova polémica non o coñecían. Con descalificacións, con argumentos, sen eles, con ameazas veladas e con marcas na cara...gracias por participar neste foro libre e, sen lugar a dúbidas, absolutamente provocador, pois con esa finalidade se creou.
En fin, ao asunto, non vamos pedir desculpas, nin suplicar que nos rediman de tan terrible atentado como o de facer unha caritura radicalmente satírica das dúas máis importantes festas do noso fantástico concello. Evidentemente que é unha provación, ninguén o pode negar. Agora ben, cabenos unha pregunta (máis alá de que as reaccións observadas nos comentarios eran as previsibles)...decía, cabenos unha pregunta, ¿este é o xeito intelixente de respostar a este xogo absolutamente caricaturesco, burlesco, satírico? Nos non o creemos. Nos non propoñemos aquí rebentar as dúas festas...dúas festas que polo demais nos encantan. Senón máis ben elevar o tono entre dous pobos para que, con retranca, se contesten uns a outros entre o tempo que vai dunha a outra e logo unirnos en sagrada borracheira como foi sempre e será.
Ao ler as respostas aos comentarios recordamos as respostas do islamismo radical ás caricaturas de Alá, ou ás da Casa Real e os fachas deste país respecto do "Jueves"...é dicir, recordamos que neste mundo hai demasiado dogmático intolerante e con dobre moral que carece absolutamente de sentido do humor. Seguramente se puxeramos un Cristo na forca ou a Benedicto XVI dandolle polo cú ao Dalai Lama, non teríamos esta enorme presencia de certos veciños energúmenos. En calquera caso, esperamos que sigades, todos e cada un, a visitar o noso lamentable espacio que sempre dí algunha que outra cousa interesante.
Gracias a Deus, Alá, Buda e Jesucristo SuperStar creemos, temos a convicción de que a maioría dos veciños de San Ciprián reiranse desta anégdota e estarán xa ideando unha resposta de igual ou mellor calibre...sexa unha caricatura ou calquera outra cousa que non incite á violencía nin ao mal rollo senón, por exemplo, á conversa retranqueira nun bar, espacio amado do noso pobo. Non sabemos se está vai ser a idea final ou non da camiseta do ano 2009, neste espacio toda decisión e acordada (ás veces)...seguramente non todos os amantes deste espacio están dacordo coa caricatura...pero, como xa dixemos, este espacio é libre ata para chamarnos fillos de puta (sempre con sentido do humor, por suposto)...o que si temos claro é que ninguén nos vai atemorizar, nin coartar...facemos o que facemos conscentemente, sabendo que este é un país libre e democrático. Gustamos de xente intelixente pero tamén teñen cabida os energúmenos...porque este blog sempre pretendeu ser un pequeno reflexo da sociedade na que vivimos.
Finalmente quixeramos que quedara clara unha cousa NESTE XOGO NADA, E REPETIMOS, NADA TEÑEN QUE VER OS VECIÑOS DE CERVO EN XERAL E MOITO MENOS OS ORGANIZADRES DA NOSA E VOSA QUEIMADA POPULAR DE CERVO. Pensar iso sería tanto como pensar que todos os musulmáns son terroristas ou que todos os cristiáns van virxes ao matrimonio. Así que, seguimos a decirvos, espero que esto só se convirta nunha sá disputa dialéctica chea de retranca e sarcasmo sen máis fin que rirnos un cacho de nós mesmos.

P.D. Estamos esperando unha resposta tan orixinal como podería ser á Maruxaina vestida de "DOMINA" largándolle unhas hostias coa fusta ao "Castrón Sumiso"...pero eso igual para os que contestarón de xeito tan visceral e sectario é demasiado. O SENTIDO DO HUMOR É A SA VIRTUDE DA INTELIXENCIA...CONFIEMOS NESO.

Unha saudo blogueiro...

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Vale, de acuerdo contigo, pero antes de hacer algo así PIENSA un poco, para tí imagino que tu madre es sagrada no?, pues todo lo que significa la maruxaina para otra gente (y sobre todo la del mar) también tiene importancia (aunque sea una imagen pagana), imaginate por un momento que te pasa a tí, estas cosas ofenden a gente, que más o menos radical en sus principios tiene sus derechos tanto como los tuyos y porque tu digas que no tiene porque ofender un dibujo en el que sodomizen a nuestras madres es que no sabes ponerte en el lugar de los demás ni convivir con el resto de la sociedad o como dice el titulo del blog; "Que me importa a min...", espero que el sentido no sea este.

Anónimo dijo...

Pasástesvos un cacho eh!, creade polémica se queredes pero non así home.

que_me_importa_a_min dijo...

Vamos a ver...

É solo un debuxo...unha PROPOSTA de camiseta, algo que nin tan sequera é material...e xa estás facendo unhas comparacións que son odiosas, e están moi lonxe da realidade. A min non me compares a unha nai coa maruxaina, principalmente porque é unha lenda inventada, e moi recente, que non supón a morte de ninguén, que non esconde máis que unha bonita festa da que disfrutar todos os anos...e acusar de falta de empatía ("ponerte en el lugar de los demás")a esta boa xente...en fin...iso é porque non os coñeces, ou si? a verdade, poucas persoas, por non dicir ninguha, que traten cos de cervo me dixeron algo malo deles...

Podo entender (e tampouco demasiado) que si alguén non frecuenta estos lares, de entrada se sinta ofendido polo post, pero iso é porque non coñece a dinámica deste espacio. Si lera un pouco as entradas antigas, vería por onde vai o percal, e xa non entraría a meter baza gratuítamente.

Ata ahí chego a comprender que haxa xente que se indigne un pouco e faga algún comentario. Incluso que "mexe fora do prato" e se poña un pouco faltón. Pero seguro, que si ten dous dedos de frente, con un par de minutos para ler as contestacións da xente, acabará cun sorriso na boca e comezará a usar a ironía para "contraatacar" moi sanamente, e que todos podamos botar unhas risas cando visitemos esta páxina.

Pero...dicir que non saben convivir coa xente porque fan unha sátira...en fin...é un pouco desmesurado...

Para os que se perderon na máquina do tempo, gustaríame recordarlles algo: FRANCO, HA MUERTO.

Paréceme que neste século XXI hai aínda moito retrógrado/a. A censura non está de actualidade neste país, por si aínda alguén non se deu conta. Afortunadamente marchou coa águia...e traballo que nos costou... demasiado como para que agora, veñan uns cantos inspirados, a coartar liberdades e levarnos ó paredón...e todo, por un pouco de sentido do humor...

Hai moitas cousas polas que sentirse ofendido e non esta nimiedade que, ademáis, solo fai falta ser un pouquiño avezado para saber pillala. ¿Non vedes que san ciprián e cervo son pobos veciños? Non vedes que somos un, que por moito que critiquemos uns dos outros sempre caemos borrachos nas mesmas festas??? As fronteiras créanse coa mente...non pode ser que 7 kilómetros marquen tantas diferencias...Non hai unha raza superior na península da paz, nin no souto(menos mal, porque si xa dades guerra así...si encima fósedes "superhumanos"...jejejeje)...

En fin, é paradóxico que a primeira persoa que comentou este post afirmou que a xente ten os seus dereitos, e acto seguido ela mesma coartou o máis básico de todos: A LIBERDADE. Nunca me gustaron as contradiccións.

Non sei porqué por moito que lle dou voltas eu sigo vendo unha sátira en todo esto, e hai psiques enrevesadas que ven unha ofensa brutal...algo falla. Aquí hai moito cerebro "tabicado en compartimentos estancos" (aislado uns dos outros, sen posibilidade de facer sinapsis...) a cal e canto, con unha facilidade pasmosa de ocecarse, é como si levasen as orelleiras postas...

A min oféndeme máis cando vexo tatuada unha esvástica, ou cando vexo unha bandeira de españa ribeteando o colo das camisas... e non lles poido ir ameazando de morte, nin dicirlles que "non saben convivir con el resto de la sociedad", porque eso sería intolerancia...

Gustaríame tamén facer unha anotación con respecto a todo esto...paréceme realmente triste que a xente solo colabore (si se lle pode chamar así) neste blog cando lle parece que a entrada é censurable, e que encima a súa aportación consista nun comentario chabacano e vulgar, na maior parte dos casos, con ameazas e insultos...

Esto deixa entrever que hai moito "cotilla na retaguardia", pendente desta páxina, e que de vez en cando, tira a pedra e esconde a man, case sempre dende o cobarde anonimato. Por favor, asumídeo xa, "María Patiño" sólo hai unha, e xa é bastante desquiciante ela solinha como para que aquí tamén teñamos ós seus discípulos.

Polo ben de todos, se non é moita molestia, o que queira tocar as narices, que se meta noutra páxina, que é unha perdida de tempo ler os seus comentarios e non me gusta malgastar enerxías...Ademáis, esa ira tan desbocada que vos esperta ler as entradas, provoca taquicardias e taquipnea, o que leva a un acelerón do voso metabolismo, que pode non ser tolerado polo organismo, poñendo en perigo a vosa integridade física e mental (É POLA VOSA SAÚDE...non vaia ser que morrades por ler "faltosadas superchungas que no cunden nada porque las escriben los aldeanos de cervo"...).





PR.

Anónimo dijo...

dejate de chorradas,sois unos petardos .Ofendisteis a la Maruxaina y a la fiesta y para la gente de San Ciprián y del mar es lo peor que s epuede hacer.Si fuese el reves querría veros a vosotros,sois unos payasos de los más grandes.NO sabeis el odio que mucha gente os acaba de coger, ¿que pensais que no se habla de esto en los bares?¿o que las pandilllas no lo hablan?dais verdadero asco.
Querría ver yo como actuariais o como os lo tomariais si fuese al reves.POr cierto me alegro que hubiese poca gente ayer en Cervo, no mereceis más

Anónimo dijo...

Pero outra vez ho! Creo que xa se dixo suficientes veces, pero a min tamén me gustaría moito que puiderades comprobar como reaccionaría a gran maioría da xente de Cervo (ou polo menos dos participantes neste blog) no caso contrario. Lástima que non nos deades a oportunidade de demostralo.
Aquí esa enorme capacidade para odiar non ven de serie. Como moito, se seguides empregándovos a fondo, creo que poderiades chegar a provocarme un certo desprecio, sen máis (nunca ningunha clase de violencia).

Por destacar un lunar positivo entre tanto desafortunado comentario, quero felicitar ó autor/a do comentario que aparece na entrada anterior chamado “¿E que non entendedes o significado do debuxo?” Creo que foi o único que tentou achegarse ó que estamos pedindo. Faltouche firmar, eso si.

En resume, debedes comprender que vacilar e faltar ó respeto non é exactamente o mesmo.

PD: Vaia responso da PR. No fondo non sei se non terás certa vocación de avogada defensora. Estou de acordo contigo en que fixándose un pouco no tono das nosas respostas é fácil comprender que a nosa intención non era a de ofender a ninguén. Agora ben, tanto me ten ter provocado tal ofensa sen pretendelo, e non creo que debamos desculparnos por nada.

Anónimo dijo...

MORRA O CONTO!!, FAI FALLA CHEGAR A TANTO POR A CARICATURA? VEÑA OH, QUE OS MELLORES AMIGOS FANSE LOGO DAS PELEAS.

que_me_importa_a_min dijo...

non quería defender a ninguén...pero e que non me parecía normal a situación...

un saúdo. PR.

(ó mellor me equivoquei de carreira...jejejeje)

Anónimo dijo...

Vamos a ver, haberá que poñerlle un pouco de sentidiño a este asunto, por que tanto por un lado como polo outro penso que erran en varios temas. Está claro que este pais é libre e cada un pode facer e expresar o que queira, outra cousa e que o próximo se ofenda...Pola miña parte, este debuxo non me causa nengun tipo de ofensa, xa que considero que se fixo sin a dita intención...Como moito se o vise plasmado nunha camiseta meteríame con algun dos que a levase, pero sempre de bo rollo e sen causar ningun tipo de altercado, aparte da broma e da risa satírica. Pero sempre con respeto e con ánimo de pasalo ben. O que o queira entender de outra maneira alá el!
Por outro lado, teño que dicir que eu nunca faría unha camiseta asi, que ainda que á xente coma a min, nos resulte coñera e ata graciosa, sempre hai xente mais radical e polémica que gusta de parafernalias coma esta, para poñer como excusa e buscar bronca. Digoo mais que nada por que eu son pacífico e prefiro evadir os enfrentamentos, e mais si son innecesarios! se todo o mundo fose xente asi, poderíase satirizar e provocar con todos tipo de cousas, pero non hai mais que botar un ollo ao mundo para ver o tipo de persoas que nel existen...E con esto non quero decir que haxa que censurar unha e outra cousa, senon que o que hai que facer e educar e ser tolerante, e asi poderiamos andar todos mellor polo mundo e rirnos de problemas insignicantes coma este, e outros que sendo igual de soezes causan ata incluso guerras! Por iso digo que eu non buscaría esta polemica...
E con isto ánimo a todo o mundo a que vaia a unha e outra festa, que ningunha é mellor que a outra, simplemente naceron distintas e manteñense distintas, sendo o punto en común a cultura galega! E que cadaquén faga o que queira, ben sexa acudir á festa que lle apetezca ou levar a roupa que lle salga do nariz! pero todo eso con unha cousa por diante: RESPETO e TOLERANCIA, que son palabras cuxo significado deberian ensinar antes que por exemplo a escribir ou ler.

sen mais despidome, un saudo a todos