27 ago 2008

SAÚDOS por Doríforo





Vou probar sorte e mandar uns saúdos...E estou seguro que non me engano moito se digo que gracias a esta polémica, este blog é visitado polos nosos políticos.Porque do pobo e das súas necesidades non se ocuparán moito, pero destas cousas que chegan tanto ós sentimentos...seguro que sí...

Queridos Caballero Oscuro Basanta,Sargento Armada e John Wayne Balseiro.Qué decirvos...e máis..qué ofrecervos para que vos vaiades da política local.

Ó primeiro.Esto xa se lle queda pequeno...debe mirar máis alá.Tío.., teste que plantexar o teu salto á política nacional!!si Balseiro sae en "Hai Debate"... tu polo menos mereces estar en... "59 Segundos" para algo estudiarías Ciencias Políticas ou??...non para estar a este nivel,supoño??TÚ SÍ QUE VALES!!!

Sargento!!buufff...tiven buscando un sitio para ti ,pero non te vexo e ningún lado...perdoa...tu eres a política típica desta Galicia caciquil...na sombra e manexando todo ás túas anchas ehh!!parece que non estas pero non se che escapa nada...só comentarche, que eu sei que che jode ter que ir a Cervo ó Axuntamento e non telo en San Cibrao...seguro que non me engano moito se nesas tardes de tertulia cos compis comentache algunha vez que estabas levando a cabo unha conspiración para levalo para alí.Sinto decirche que te tes que conformar con mirar para a Chavola en Río Cobo xa que é o máis cercano que un Axuntamento estará en San Cibrao.Empezache por quitar de Cervo as mamografías pero de aí non pasas.Sintoo de corazón.As boas persoas coma ti merecen máis...pero é o que hai...

Pistolero perdonavidas!!!qué decir de ti machiño!!eu admírote.É verdade... de maior quero ser coma ti.Alí andas ti no teu Parlamento Galego coa túa pesca,saindo na telegaita e ó carallo.Tú eres o máximo exponente de cómo a política se pode convertir nun traballo,cómodo e ben pagado,sen necesidade de nada.E cando digo de nada é de nada..nin de estudios nin de conviccións políticas...xa me entendes,non??Fuche o precursor desta fornada nova de políticos, que ben nesta, un lugar donde vivir de puta madre!!Noraboa!!Só por ser un visionario de un Vivalavida aconsélloche que te dediques en corpo e alma á política autonómica e abandones a local,que desgasta moito home...

E deixo para o último ó teórico xefe desta tropa.ó noso Villares!!Sinceramente teño unha mestura entre lástima e profunda decepción.Pena, porque din que eres unha marioneta,un pelele nas mans dos anteriores.Que estas só e que nin pinchas nin cortas..que eres unha cuchara como se di coloquialmente.Verte tomar os viños so(taba contigo o Chatarreiro) no San Roque é canto menos sintomático...Sinceramente si é así, dame pena que te utilicen.Esta pena non é tanta cando penso no que cobras,un auténtico pastón!!! e o pouco que traballas...entras tarde,digamos que non madrugas moito... e pouco despois xa vas tomar o café...despois claro, non te enteras de nada..e a todos lle tes que dicir que sí.. que xa che chaman o Sisí!!!
Decepción porque me consta que pidiche o voto,debiaste ver apurado,dicindo que era para un de Cervo,un veciño que naceu e si criou alí e que polo tanto,o tiveran en conta.Cónstame que moitos dos que depositaron a confianza en ti están decepcionados,xa que Cervo se atopa nestes intres, seguaremente, nun dos peores momentos da historia recente.Cunha deixadez e unha desidia que non merece, e tu, Alfonso Villares eres o máximo responsable.Ver a humillación que sufreu este pobo coas festas é lamentable!!Xa me gustaría ver a min que no Carme estiveran un Duo ou un Trío??como pode existir tanta diferencia??non queremos a Panorama...queremos respeto coñoo!!!si non hai cartos será para todos ou??ou só para uns??ó mellor é... que o Do Noso Lar tirou a casa pola ventá.. non te fode...ou pensas que somos tolos cando nos pasas a man por encima do ombro??que nin Boas Festas puxestes!!!

Menos mal que sempre vos poderedes escudar no caciquil Roberto Álvarez!!ese sí que roubou!!vaia mansión ten!!en donde era??en Piedras Blancas ou por ai,non??qué cabrón!!Canto daño fixo...

Seguro que a súa conta corrente sí que se está a ver incrmentada polos pleitos que gaña xunto co seu "colega" Coto.O jodido é que non volos gaña a vosoutros...que xa ves quemeimportaría a min se pagarades vós...pero o que paga é o Concello!!manda carallo!!quixéstelo encarcelar!!e agora todo era mentira!!canto lle costou ó Axuntamento a vosa chegada ó poder por medio de mentiras??nunca o saberemos seguramente... pero vergonza vos debería de dar...pero deso adoecedes...

57 comentarios:

Anónimo dijo...

Totalmente dacordo Doríforo, pero eu creo que isto vai moito máis alá das festas; as cales sempre teñen solución o ano seguinte. O realmente terrorífico é a pérdida do encanto natural dos nosos pobos, tales como San Cibrao e Cervo.

Que carallo pinta en Cervo un parque minimalista digno das grandes urbes?....NADA!! co bonito que é un campiño con árbores, fontes e bancos cómodos para sentarse os netos e os avós. BONITO e BASTANTE MÁIS BARATO CA TONELADAS DE HORMIGÓN que leva a merda esa.....SI A BURRA LEVANTARA CABEZA....

Non teriamos sitios dabondo en Cervo para poñer os contenedores subterráneos eses, sin ser no lugar onde vai o palco da festa... vaia cagada.

Que dicir de San Cibrao, esplendoroso pobo de orixen pesqueiro, que bonita era a praza... e ... a que coño ven quitala e meter dúas moles de hormigón? Que carallo pinta o "Pasillo Verde"? Non fai moito cando coronabas Galdín vias o mar, e agora ves bloques sin rematar, como si foran as aforas dunha grande urbe nun país subdesenrolado. Esperemos que non permitan rematar de "joder" San Cibrao coas edificacións do faro, LOITADE PIXÍS!!!!! que estamos con vós.

E do resto das aldeas non me olvido, non... que dicir cando case non se pode chegar a elas ,xa que as herbas chegan ó medio da estrada.

Olvidábame!!!! onde están as bandeiras azuis? Que pasa? si temos das mellores praias da mariña... que é o que falla?



PIPITA

Anónimo dijo...

Estou dacordo na decepción que están a causar os nosos dirixentes locais, aínda que me gustaría puntualizar que no tema das festas hai moito onde rascar, e non so nos políticos. Porque é certo que "o noso lar" só, non paga as festas, pero en San Cibrao hai moitas tendas, bares, empresas, etc. que colaboran, sen contar con "chelo" e demais que tamen pagan. Sen embargo en Cervo...¿Canto aportan os bares para a festa?.
En fin, isto so é un gran de area nun monte.
O que nos queda é tomar nota para as vindeiras eleccións.

Moicano

Anónimo dijo...

Estou totalmente dacordo co Moicano, tendo en conta só o que paga chelo xa se poderia traer unha orquesta decente e por todos nos ñe sabido que as tendas e bares de Cervo non son precisamente xenerosas.
Por outro lado tamén ai que darse cona de que a xente de Cervo, os veciños, non dan nin un peso pas festas e asi tampouco se pode protestar, poidovos decir, de boa man ademais e agarradevos a donde poidades que este ano houbo quen deu 2€ e ata 0'50cnts pas festas, e estan anotados no libriño de actas, vino cos meus propios ollos, LAMENTABLE e VERGONZOSO!


Claro que...isto non lle kita aos politicos a sua gran parte de culpa nin o moito ke se pasan xlo forro os pobos e aldeas que forman o noso concello



Ai que andar chavales!Ai ke espavilar a esta xente, protestando entre nos e decindo tods o mismo pouko imos conseguir...

Anónimo dijo...

Non vos quedades co detalle das festas...a miña intención era por un exemplo moi cercano e recente da degradación que está a sufrir...pero podería poñer 50 mil sin ser as festas...en calquer caso que pasaran os coches mentres se levaban a cabo os xogos infantís polo medio do pobo....ou que nin tan siquiera se dignaran a poñer a iluminación propia das festas...pois ai si que tera que ver o Concello digo eu...porque si hai débedas con Barras será para todos e non para uns...

Pero hai que mirar máis alá...

Doríforo.

Anónimo dijo...

Querido Doríforo, gustoume moito a túa entrada pero hai que sinalar que tiveches un erro moi grave con respecto ó Caballero Oscuro Basanta e é que si que ten estudios, é licenciado en ciencias políticas así que aínda que non estemos dacordo con él, ese título non podemos sacarllo

Anónimo dijo...

En efecto... e así o comento...volve a revisar o artigo...

Un saudo.

Anónimo dijo...

O primeiro de todo quixera agradecer ós membros da Comisión de Festas de Cervo polo traballo realizado ao longo de todas estas xornadas: Queimada, as patronais... Ten un especial valor que a día de hoxe exista xente disposta a sacrificar parte do seu tempo persoal para que disfrutemos das festas todos os veciños.

Como pode verse tras o desafortunado comentario de Doríforo moitas veces é un traballo ingrato, suxeito a críticas demasiado duras e inxustas e … pese a iso, os integrantes da Comisión de Festas, que todos temos en mente, que son os nosos veciños, seguen a traballar porque teñamos un momento de diversión. De todo corazón, e a todos eles, MOITAS GRAZAS


En segundo lugar lamentar o post de Doríforo e o seu contido. Por dúas razóns evidentes: O blogueiro fala con total descoñecemento da realidade –fala quizá do que lle contan, sen importarlle se é verdade, ou simplemente coa pouca sana intención de engañar- e escribe ademais con moito desprezo fronte a xente que, lle guste ou non, ten a confianza de moitos veciños e as responsabilidades das que esa confianza lles fai merecedores.

Doríforo esquece, algo que todos podemos comprobar, que o Concello de Cervo subvenciona a ambas festas, as de San Ciprián (Carme e Maruxaina) e as de Cervo (Queimada e patronais) cos mesmos cartos . É algo público e notorio, que saben os da comisión e así poden dicilo. Todos podemos comprobalo facilmente nos papeis e nos orzamentos, como acontece con todas as axudas públicas.

Claro que en San Ciprián contan coa ventaxa de cartos adicionais dos comerciantes, hostaleiros e das empresas que pagan os anuncios no libro das festas. Pero tamén Cervo sempre contou co beneficio da gran implicación dos veciños, que se non é con cartos si achegando o ombreiro… axudan como poden. Todo iso incluso sabendo que sempre haberá Doríforos que lles critiquen, e que intenten desvirtuar o seu traballo.

Doríforo pretente pegar unha patada no cú dos nosos gobernantes e acaba apaleando -inxustamente- aos membros da comisión de festas que bastante fan con organizar a esmorga a xente como el. En todo caso nada desmerece o traballo de ambas comisións, porque é moito máis doado organizar festas con 100 contando con euros que con 1000. Claro que esto tan só o sabe quen se preocupa por sabelo. Dudo que Doríforo poida botar mán nun grupo de xente disposta a traballar polo pobo, deixando a política a un lado.


Fala de que Cervo non ten luces. Cando ese non depende do Concello. Quen decide en que se gasta cada peso é a comisión e esta, con bo criterio ó meu entender, decidiu gastar máis na propia escenificación da Queimada e noutras cuestións máis prioritarias, ca en poñer unhas luces que ademais. Ademáis os vapores do augardente a moitos de nós non nolas deixarían ver... :)

Teño a certeza de que toda a crítica de Doríforo ó final o que agocha é unha rabieta política . Está claro que estamos ante un bloguero resentido, deses partidarios acérrimos do exalcalde Roberto Álvarez -que soan a pasado- e que a día de hoxe non asimilaron o resultado das urnas. Un destes señores que fan da política o centro da súa vida, cabreados permanentes contra o PP.

Fagan o que fagan, esta xente nunca está contenta, todo esta mal. Doríforo collea demasiado pola mesma perna, e esa coxera, convertida en miopia non ai lente que a cure.Sempre se están queixando.

Eu son dos que pensa que a xente perde a razón que poida ter cando perde tamén a educación e o respecto pola xente.

Non vou entrar a valorar a sua crítica política. Non ten sentido discutir con quen fala neses termos. Tempo perdido. Pero si quero restar valor a quen menospreza a xente polos seus estudos (Balseiro), polo seu traballo (Chatarreiro), polo seu lugar de residencia (Pilar Armada) ou pola súa condición de Alcalde (Villares).

Agora tampouco estaría mal que de vez en cando en vez de tanto laiar leera os xornais: así por exemplo sabería que o Tribunal Supremo deu a razón ao Concello no chanchullo que os socialistas fixeron coa súa empresa amiga Coto, e que iso supón que non temos que pagar un só peso do peto dos cervenses para sufragar obras que no seu día non se fixeron e que ían destinadas a facer rico a vete tu a saber quen..., ou tamén sería un pouco máis obxectivo, e máis acertado na súa diana se a súa crítica engadira unha pregunta: ¿Onde están os cartos que a Deputación non pagou para a Queimada, pese a que os prometeu no seu momento?.

Ai, claro! Que tonto! Que a Deputación non é do PP e son os pepeiros o que sempre fan mal todo.

Doríforo non ten razón. Pero a demáis coas súas formas ainda que a tivera acaba por perdela.

Anónimo dijo...

Ai Doríforo, ai Doríforo como se te ve o plumeiro. Que culpa terán os tues inimigos do concello coa mala elección dunha orquestra nunha festa que eles non organizan. Nooo, nooo, no é a amor, o que tu tes chámase obsesióoooonn

que_me_importa_a_min dijo...

Totalmente a favor do señor Doriforo.Xa non entro a valorar moito nas festas porque pareceme un reflexo da realidade do pobo:marxinacion,abandono absoluto...A,e que non hai cartos!,claro,claro.Resposta facil e recurrente.En fin, que o unico que o paga son os veciños.
Tampouco entro a valorar os politicos que estan "gobernando",porque non merece nin o mais minimo esforzo.
Ahora ben,solo comentar,vai para ese "alto y claro",que si,os das festas traballan moito,si,pero para quen?,pensas que as festas de cervo custaron 20.000 elorios?.Esa e a subvencion do concello para as festas tanto de cervo como supuestamente ten san cibrao.
Eu penso que non custaron nin 5.000 euros,enton,os cartos que faltan?
Claro,habia debedas do ano anterior e tocan unhas festas de MERDA esta ano.
Amigos da comision e "alto y claro",hai que traballar todo o ano e non chegar un mes antes e reunirse para facer as festas e dicir o que hai!.Puta vergonza deberia de darvos!(toume quentando)
En fin non digo mais,que para eso esta "alto y claro" que o sabe todo(paxariño,a xente sabe moito mais do que ti pensas).

LOITEMOS TODOS POLO POBO DE CERVO!
REVOLUCOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMM!



HIPER...CABREADO

Anónimo dijo...

Lida esta "historieta" das festas,da a sensación de que nalgún momento fala un político.Como pode esta persoa que parece relacionada ca política,sen sentirse culpable,contestar comentarios dunha persoa que vai á festa.Por que contesta?Sentirase culpable por algo?Un bó líder non entra en trapos suxos e,por suposto, loitaría e conseguiría que a Deputación dera cartos para a Queimada,
Cre alguén que polas formas en que se din as cousas,esas cousas deixan de ser verdade?xa que ese comentario( o que parece político) remata que aínda que tivera razón coas súas formas acaba por perdela.Está claro que Doríforo non é político porque é sincero,di as cousas tal e como as pensa e para ser bo político hai que saber mentir ben..
Para o ano: unha radio e a cinta de Camela e bailar a escuras que é como mellor se baila,je,je.
Realmente non sei se é político pero se non o é,é alguén moi próximo

Anónimo dijo...

Diríforo ten un grave problema: todo o mestura coa política e iso, non é correcto. A súa crítica sería diferente se os gobernantes foran outros. Fai máis esforzo en criticar con dureza e mala educación aos políticos do PP no concello que en explicar por que ao seu xuizo as festas foron un desastre. Parece mentira que non vos deades conta... este home é, tiña razón alto e claro, un obsesionado da política. Ademáis unha pena que os que tanto critican a actuación da comisión de festas non sexan conscientes do moito traballo que da e o difícil que é moitas veces facer cuadrar as contas

Anónimo dijo...

Doríforo preocupado pola festa Jua, jua, jua... Xa vexo como presentou a súa candidatura para colaborar cos da Comisión. Ai claro, é moi sinxelo criticar desde a posición cómoda de quen vai de troula. Cando toca traballar é moito máis complicado. E sí: Dióforo aproveita o tema da festa para amosar o seu rencor desproprocionado contra uns concelleiros que poderán facelo mellor ou peor pero canto menos merecen un pouco máis de respecto.

Sinceramente, pensei que os acólitos de Roberto Álvarez que dedicaron os seus esforzos a arruinar este concello xa non existían.

Dende aquí o meu recoñecemento á comisión de festas. A mellor forma de axudar... colaborar con eles. De seguro que pecharían moitas bocas

Anónimo dijo...

jisjisjisjisjis!home vádevos deitar ohh!!!pero pensades que a xente é tola ou qué??deixádevos desa DEMAGOXIA barata...e de decir que si falto estrepitosamente...ou que si ninguneo ós da Comisión...non cola..de verdade que esa DEMAGOXIA barata non cola....

Boa idea esa de intentar desviar a atención e centrar o debate nas Festas...segue sen colar chavales...A esencia do artigo está clara...A DEGRADACIÓN DUN POBO E A DESIDIA QUE SE LLE MOSTRA.

Sinceramente sí que teño unha obsesión política...pensar que Alfonso Villares ía impulsar Cervo...así no lo vendeu... e por algún instante o creín...

Anónimo dijo...

O que está claro, e política á parte, creo que esta edición das festas Patronais do San Roque, deberíanos servir para reflexionar un pouco. Nos meus 25 anos de vida e dende que teño uso de razón, non recordo unha festas tan pobres e tristes coma as deste ano 2008. E non só o digo eu, senón tamén de xente allea a este concello, textualmente: "deberíades plantexarvos o tema das orquestas, sobretodo na queimada".
Quedeime un pouco fora de xogo, pero pensandoo friamente, tiña toda a razón.
Nunca estiven nunha comisión de festas, nunca estiven nuha asociación nen directiva. Nunca formai parte dun goberno local. Pero hai que ter en conta de que son as festas do noso pobo. E como ben comentaba Doríforo, non pedimos a Panorama. O que se pide é dignidade e gañas de facer ben as cousas. Porque nunha comisión e nun goberno local, non se trata dunha soa persoa, senón de todo un grupo que traballe e se esforce, para eso se meten ahí. Porque se vos comprometedes a formar parte dun goberno ou dunha comisión de festas, polo menos hai que intentar dar o callo. E que todos os veciños de Cervo tamén se involucren de cheo na causa. Gustaríame, e creo que moitos pensarán coma min, non volver a disfrutar dun San Roque coma este último.
Un saúdo de Hotman

Anónimo dijo...

Non quería entrar nesta entrada porque realmente a min a politica nin me vai nin me ven, si creo que os actuais politicos non o están facendo moi ben, pero non vou ser eu quen lles diga nada, eso xa hai quen o faga.

O que me fixo entrar foi a gran crítica que esta recibindo a comision de festas, porque ainda quen non pertenzo a ela si me toca moi de cerca e tamen tuven que votar unha man cando fixo falta. Creo que non se pode decir que non deu o callo, porque se non fora por ela non se faria a festa do ovo (habia moita xente traballando pa que se levara a cabo), non habería xogos, non habería todas as actividades que houbo o longo da semana e finalmente non habería nin festas nin queimada. Se non se fixeron mellor as cousas foi porque non había moitos cartos e porque cos poucos que había houbo que pagar as festas do ano pasado, e tamén porque sempre que te metes a facer algo se cometen fallos non todo pode sair perfecto, e senón que tire a primeira pedra o que se meteu a organizar algo e todo lle saiu perfecto.

Claro que non foron as mellores festas, eu tampouco estou de acordo coas orquestas que houbo, Cervo merecese moito máis, pero o mellor se fora outra a comisión de festas non podería facelo mellor se non tiña recursos para facelo.
Así que pediriavos que non votedes todo enriba deles porque se estuverades vos na súa situación o mellor non vos gustaba que vos criticaran por facer mal algo que non podíades facer mellor.

Anónimo dijo...

P.D.: Ademais a xente tampouco agradece o pouco que se fai, porque meu pai estivo organizando toda a semana cultural para que logo non houbera mais de 15 persoas cada día nas actividades.

Anónimo dijo...

Ó contrario do que podo ver na maioría dos comentarios, a min non me preocupan demasiado as festas, que son unha semana ó ano. Entendo perfectamente as dificultades coas que debeu atoparse a comisión de festas, e estou seguro de que o fixeron o mellor que souberon.
Preocúpanme sen embargo tódolos días do ano e tódalas decisións políticas que se tomen neste concello (porque eso de que a política nin me vai nin me ven....). Nese sentido subscribo completamente o primeiro comentario, realizado por Pipita. Sei que moitos dos proxectos dos que fala se levaron a cabo ou se iniciaron na anterior lexislatura, pero tamén sei que os actuais responsables do partido tiñan xa daquela cargos destacados. Eu non pido ó goberno local que faga demasiado, pero para facer certas cousas é mellor non tocar nada. Esas novas edificacións en San Ciprián por exemplo tan só serven para estragar a paisaxe dun pobo que algún día foi bonito. E hai cousas que unha vez que se perden é case imposible recuperar. O que aínda están a tempo de rectificar é o trato que lle están dando ás distintas aldeas do concello, que están perdidas no olvido e que se merecen máis atención.

PD: Sen cartos non se vai moi lonxe, pero hai cousas que custan moi pouco. Evitar unha obra inapropiada por exemplo teño entendido que é gratis (aínda que está claro que eu de finanzas invisibles non sei nada).

Anónimo dijo...

"Alto e Claro" como bon politico que es ou si non o es o chegaras a ser : tiras a pedra e escondes a man, pa a proxima firma os teus artigos, se un cabaleiro.


PIPITA

que_me_importa_a_min dijo...

Pero haber oh!.Que cartos van ter si en todo o ano non se preocupan das festas!Que cando chega o ano e lle ven as orellas o lobo e logo claro, sae todo mal e as presas!.
Vivir das subvencios esta ven si che garantizaran os cartos!
Penso que as imtencios estan ben pero necesitase algo mais que voa voluntade,e non pensar so en ganar cartos para determinadas asociacions!


hiper...

Anónimo dijo...

Estou contigo hiper en que non se pode facer todo o último día, pero se as asociacións non ganaran cartos Cervo estaría ainda mais morto, ou pensas que os cartos cos que se fai a queimada nacen na horta, e hai moito que pagar durante todo o ano, tu mismo deberias de sabelo que pertences a unha das asociacións que leva as festas.

Anónimo dijo...

Non sei eu nn enntendo moito de política, pero penso que Doríforo aquí quixo poñer un pequeno exemplo có das festas para demostrar como xestionaba o goberno este concello, e o resto pillastes o artigo referindovos na máis que as festas e a comisión que as leva. Supoño que o concello vivirá de máis que de festas ¿non?. Suponse que habrá máis problemas no concello que si ven a Panorama ou si ven o Dúo Cachito po San Roque.

Anónimo dijo...

Dende o meu punto de vista, e deixando as festas ó marxe, si creo nesa desidia na que se está a deixar a Cervo e ás aldeas do concello. Non comparto esa crítica ferinte de Doríforo, xa que, si ben é certo que a corporación está a facer as cousas mal, tamén hai que recoñecer os seus existos, que non foi so meter a zoca. Por exemplo, creo que hoxe en día o concello de Cervo está a vangarda dos concellos da Mariña no que a arte e exposicións se refire, o mellor esto non vende tanto como asfaltar ou poñer aceras, pero para min é igual de necesario. Dudo que moita da xente que dixo pestes sobre esta corporación se acercara algunha vez o museo de Sargadelos ou a biblioteca municipal.

Dito esto, tamen me gustaría expresar, que non se pode decir a todo sí e despois non poder cumplir. Se se compromete un, hai que cumplilo. Tamen poido entender que S.Cibrao é un pobo con máis habitantes, pero eso non quere decir que seña máis importante que Rúa ou Castelo. Non se piden grandes inversións, si non os pequenos detalles son os que marcan a liña da desatención. Decir tamén que a construcción ou non de pisos en S.Cibrao non está tanto nas mans do concello como das inmobiliarias. Esta claro que está a estragar o pobo e que o boom inmobiliario atrouxo a S.cibrao moitos constructores, pero é difícil porlle freno a esto, ademáis de que estas construccións deixan beneficios no concello. Esta claro que os que máis tallada sacan son os constructores e todos sabemos quenes son e que amistades teñen, pero ainda que non fora así, repito, o concello está bastante atado.

Por último, este foro é libre para cada un expresar as súas ideas, pero creo que onde mellor se expresan as ideas é nas urnas, e durante os proximos 3 anos o pobo xa falou. Tal vez os outros partidos deberian mirarse o ombligo e preguntarse si realmente son unha alternativa ou son o mesmo con distinta chapa, xa que si se estan facendo as cousas tan mal non entendo x q non perden.

P.D.: Non estou intentando defender a naide, ese non é a miña intención, se non dar outro punto de vista.

Anónimo dijo...

ESACTO N8!!O EXEMPLO QUE PUXEN DAS FESTAS...NON ERA MÁIS QUE ESO UN EXEMPLO DOS CENTOS QUE SE PODEN POÑER PARA EXPLICAR A DEGRADACIÓN,HUMILLACIÓN E DESIDIA NA QUE SE ESTÁ A VER EN VOLTO O POBO DE CERVO POR PARTE DOS SEUS GOBERNANTES...NON NOS CENTREMOS NO DEBATE DAS FESTAS...NON ERA ESA A INTENCÍON DO ARTIGO SENON POR DONDE REFELEXIONOU O PIPITA...POR AÍ É POR DONDE VAIA E ESENCIA DO ARTIGO..

QUEIMA2 dijo...

A las Ke vi hasta altas horas de la madrugada fué a las concelleiras del SOE y estaban pasándolo muy bien. En el Kseto estaban con los curas de Cervo y Xove muy animados los cuatro. Así me gusta, que se diviertan en Cervo. A una de ellas la veo desde hace tiempo bastante por aquí ¿Querrá dejar pixiprián y venirse pal pueblo?

Anónimo dijo...

E incrible que despois de ler o articulo de Doríforo ainda haxa blogueiros que só falen das festas, ( e logo é a Doríforo ó que se lle ve o plumeiro, claro, claro), cando, e mira que lin o artículo varias veces, está claro que é unha crítica á política local e os seus representantes e á deixadez que existe hoxe no noso concello, e ainda dice algún, como alto e claro que "fagan o que fagan, todo está mal.....", pero home, para chegar a iso hai que facer algo e deixarse de facer demagoxia con este artigo. Non entendo como casi ten máis importancia o que se di neste blog que a situación actual do noso concello. Revisen o artigo de novo e verán como non hai unha sóa referencia á comisión de festas como tal (a cal, e porque non, debería facer un examen de conciencia sobre o acontecido este ano). Asi que os políticos que se deixen de facer demagoxia barata e se centren no seu traballo, que como dice¨"alto e claro", "teñen a confianza do pobo...."(e, ás veces a confianza da noxo"). So pido que reflexionen os nosos gobernantes, e se deixen de paxareadas, movan o cú da poltrona, e non se desvíen do que é verdadeiramente a súa responsabilidade, “TRABALLAR PARA E POLO POBO”.

fUNCKY MEN

Anónimo dijo...

Non sabía eu que a cousa estaba tan mal: un anónimo xa pode despachar un debate político cun "véseche o plumero" e quedarse tan tranquil@. A profundidade do teu análise é tan grande que creo que me vou deitar a durmir. En calquera caso, e, como aviso, vouno anunciar alto e claro: SÍ, A MIN TAMÉN SE ME VE "O PLUMERO" (máis vermello imposible). Iso sí, espero que, como persoa demócratica e tolerante que creo que son, se expoño algo que se sostén con probas ou racionalmente, non se me desacredite simplemente por pensar (ou votar) diferente.

"Alto e Claro" tiña un nick ben prometedor (e incluso intimidante), pero parece que lle queda demasiado grande. Quizáis non leu ben, ou quizáis preferiu non entrar en profundidades, o caso é que se quedou na anécdota (un simple exemplo, o das festas, probablemente equivocado, exposto por Doríforo) para obvia-lo fondo e a idea principal do artigo: ¿ESTÁ O CONCELLO MANGA POR HOMBRO? A evaluación de Alto y Claro brilla pola súa ausencia... O único que sufriu o seu "sentido crítico" foi o autor, ao cal se refireu coma un rabioso... Non crea que con iso menosprecia a Doríforo, conservar a rabia atenta nos tempos que corren é máis ben unha virtude que un problema. Peor sería que escribira dende a indiferencia, peor sería que non escribise.

Como parece un home docto en festas, voulle seguir falando delas para expoñer cal é a miña opinión sobre o tema. Verá. Hai xa algúns anos, nunhas festas de Cervo que foron organizadas polo Concello (goberno do PP, máis ou menos o mesmo equipo, distinto alcalde), aparecía no programa unha actividade matinal, para entendernos, un torneo ou maratón de fútbol sala. Tal maratón tiña moita tradición, xogábase tódolos anos. Un pouco preocupados porque a participación e a calidade dos premios ía a menos, chamamos a amigos de fóra para que fixesen equipos e poidesemos ter unha competición minimamente decente. Non conseguimos moito, pero sí para montar alomenos un triangular ou unhas semifinais, non lembro. A decepción foi maiúscula cando á hora prevista non apareceu ninguén da organización; nin había árbitro, nin chaves, nin balón... Tampouco se avisou da cancelación da actividade: simplemente, os encargados deberon pensar que, total, para os cativos que ían ir, era mellor quedarse durmindo ou encherse na sesión vermú. Espero que non se me tilde de susceptible, ou se me diga que se me ve o plumero, ou incluso se me diga que é unha "rabieta" de chavales, cando considero isto unha falta de respecto e de responsabilidade.

Lamentablemente, tampouco é un caso aillado; comentando isto con amigos músicos de San Cibrao, dixéronme que dende o Axuntamento lles prometeran o ceo e a lúa para un concerto: vatios, boa iluminación... Ó final tiveron que buscarse a vida, porque non houbo resposta por parte do Concello ata minutos antes de tocar. Máis madeira. Un amigo coméntame que os cartos prometidos polo Concello para as festas da súa aldea levan anos sen chegar... Ten razón, ho... Meterse nunha comisión, á parte de duro e desagradecido, é arriscado: imaxínate que seguen sen chegar os cartos e tes que paga-las orquestras do teu peto...

En fin, xa o dicía antes: que Doríforo teña rabia é unha bendición e non un defecto... Ése é o gran "mérito" deste goberno, que xa dé todo igual...

Anónimo dijo...

Agradezo que a miña opinión servira para achegar novos comentarios pero, sobre todo, que a maior parte dos que interveñen o fagan dun xeito ben distinto a Dióforo, é dicir, cun pouco máis de sentidiño e respecto pola xente.

Sigo pensando que o blogueiro Doríforo perdeu as formas e que o seu arrebato rabioso contra os nosos gobernantes agocha un rencor puro e duro que pouco ten que ver co éxito ou o co fracaso das nosas festas. Esa forma de desprezar a persoas coas que parece non coincidir ,… ese cachondearse porque un non ten estudos, outro demasiados, outra non vive aquí e outro non sei que burrada máis grande… non é normal.

Eu non teño capacidade de adiviñar intencións pero xulgando con obxectividade as palabras de Doríforo creo que é fácil deducir que se pasou catro pobos. E se a imaxe que pretendeu dar non era a dun intolerante, mal empezou, porque parece un deses que teñen o discurso repetitivo cando se trata do “inimigo”: Todo o fan mal, mal e mal. O vaso sempre medio baleiro.

Eu non creo que os nosos gobernantes o estean a facer mal. Tampouco estou seguro que queirades converter este blogue nun espazo de debate sobre esta cuestión mais non teño problema en opinar sobre elo. Agora si teño bastante claro que o que Doríforo pretendeu non foi facer unha crítica política, senón empregaría outros argumentos ben distintos que as descalificacións e ataques persoais contra os concelleiros do PP.

O insulto non se xustifica polo moito que lle importa Cervo que, por certo, nos importa a todos, ninguén ten dereito a facer súa a preocupación polo noso pobo. Pero outros o defendemos sen ter porque falar así de mal da xente que algún de nós eliximos para que nos representara.

Por outra banda, e limitándose ao tema das festas insisto. Creo que os membros da Comisión de Festas fan ben o seu traballo e o fan o mellor que poden. Gústame saber que estou nun concello que apoia nun plano de igualdade as principais festas de Cervo e San Ciprián e, polo tanto, non comprendo que as críticas se poidan basear en datos que non son certos como que uns dispoñen de máis axudas públicas ca outros. Pero me parece inxusto, e niso coincido con outros que aquí xa escribiron que moitas veces os que máis se están a queixar, os que mellores orquestras queren ou que piden máis actividades non achegan nada de seu.

Porque, para que negalo, criticar sempre foi unha postura moito máis cómoda e fácil que a de remangarse a camisa e poñerse a traballar . De aí que só poida ter palabras de agradecemento para veciños que se molestan en organizar as nosas festas.

Anónimo dijo...

Quedoume perfectamente claro que o tema non eran as festas, pero ainda asi gustariame decir algo, xa que lin unhas cousas por aqui que non me gustaron nada.

As asociacions, particularmente a de Cervo, non gana absolutamente nada dos cartos das festas nin das diferentes actividades que realizan ao longo do ano. E diredes vos..entón para que as siguen a facer?pois supoño que o que estaran a intentar, e non so o supoño, podo afirmalo como membro da asociacion e que a xente se mova, facer algo polo pobo, realizar actividades para paliar un pouquiño ese estrago e abandono que estamos a sufrir por parte dos politicos locais.
Digovo con pelos e señais como está a papeleta. Os profesores tanto de baile como de pandereta cobran entre os dous anualmente 7000€ e a asociacion recibe anualmente tamén 4000€ por parte dos socios, donde está o beneficio?

Sinto ter que ler cousas como esas de xente deste pobo que sabe ben como funciona esta asociacion e que o sobran non on precisamente directivos e moito menos diñeiro.Solo digo que menos falar e máis arrimar o hombro que Cervo somos todos.

Un saúdo.
Airiños do Xunco

Anónimo dijo...

Perdon, Airiños do Xunco non, un membro de



E xa que estou decirlle a "alto y claro" que non sei se da conta que todo o que está a poñer de Doríforo ben podia aplicarselle a el mesmo, a quen se lle esta vendo o plumeiro? Que parece dar un discurso politico?quen esta a descalificar e menosprezar opinions?en fin...moito keda por traballar me parece a min...

Anónimo dijo...

Alguen o comentou por ai.DEGRADACION,HUMILLACION E DESIDIA.Eso e o que pasa hoxe en dia en Cervo por parte dos actuais gobernantes.
Enhoraboa o autor do ariculo porque expresa o que moita xente pensa e non dice.

Anónimo dijo...

Por suposto que queremos facer un debate político!!! Téñao vostede ben claro! Agora, é imposible facelo con quen non se molla... ¿EU NON CREO QUE ESTE GOBERNO O ESTEA A FACER MAL? ¿Só lle merece esa opinión? ¿Con iso abonda?

Por outro lado, déixese dunha puta vez de demagoxias do tipo "MENOS RAJAR E MÁIS TRABALLAR." Bastante peor iría Cervo de non ser polo esforzo (sen cobrar un peso, por certo) dalgúns dos integrantes deste blog...

Anónimo dijo...

Pero... ¿ DE QUE ESTAMOS A FALAR CANDO FALAMOS DO CONCELLO DE CERVO? ¿ ESTA MANGA POR HOMBRO ? e máis, ¿mellorou co cambio de alcalde?, ¿ ten que voltar o tandem Alvarez-Coto? ¿existe, por puquena que sexa, unha alternativa, unha esperanza nas forzas da oposición? ¿ actuan estas nos seus campos de poder (Xunta-Deputación)do mesmo xeito que se foran eles o goberno de Cervo? ¿ que facer?.
Eu polo momento só faigo preguntas, pero tranquis que " xa se me verá o plumeiro"

Anónimo dijo...

Acabo de ler o artigo sobre as festas de Sargadelos...ALTO E CLARO,se queres explícoche como se chegou a actual situación nesas festas...pero bueno mellor que cho explique outro,ainda que supoño que xa o saberas,porque eu son un rabioso con pataletas que non atende a razóns...jisijsjisj!!menudo demagogo...

Doriforo.

Anónimo dijo...

"Eu non creo que os nosos gobernantes o estean a facer mal" afirma ALTO E CLARO.
Non o están a facer mal porque non están a facer nada de nada, e cando un non fai nada non o fai nin ben nin mal. Ah!, esquecíame, están a facer unha cousa: COBRAR A FIN DE MES. E non se esquecen!
A onde van parar os impostos que pagamos os veciños?
Evidentemente aos petos dos gobernantes e dos case infinitos empregados municipais; para outra cousa xa non chega, de aí que non poidan facer nada. Hai tantos, que nalgunhas oficinas non poden traballar porque tropezan uns con outros. Menos mal que as instalacións municipais son amplas, senón poderían ata producirse graves accidentes debidos a choques e caídas.
Esto serve para mellorar a organización e o funcionamento dos servizos municipais?
Tampouco. Só hai que darse unha volta polo Souto e observar como dentro da praza aparcan coches e a policía municipal en paradeiro descoñecido. Para que lles estamos a pagar? Para pasear no coche?
E coma este poderíamos poñer moitísimos exemplos.
Austeridade, boa organización e o que queira festas que as pague. Hai que potenciar o traballo das asociacións culturais e deportivas que están a traballar cos nenos. Aí si que o diñeiro estrará ben invertido e deixarse de contratar persoal, que xa sobra máis da metade.
E os cargos políticos deben estar aí para facer algo polas poboacións do Concello e non para solucionar a súa situación laboral.

Anónimo dijo...

Felicidades para o que interviu como un socio particular dunha das organizacións máis activas de Cervo, parte moi importante da organización das festas deste pobo. Ten toda a razón: Os que traballan nas asociacións e nas festas non están para gañar cartos, moitas veces incluso poñen diñeiro dos seus petos e, sempre, moito esforzo e tempo persoal que outros como Doríforo probablemente empregarán para outras cousas non tan importantes, como por exemplo criticar aos que traballan facendo posible as nosas festas. Todo é mellorable, iso é certo, pero por favor que non intenten mesturar a suciedade dos enfrontamentos políticos con este tipo de actividades que nada ten que ver con iso.

Esta ben que a xente poida ter un plumeiro dun ou doutro lado, pero os que como Doríforo en vez de razonar insultan, non merecen ser felicitados. Máis tolerancia e menos aproveitarse das circunstancias.

Anónimo dijo...

Estou dacordo contigo Señor Blanco en que o pobo falou e democráticamente sairon vencedores.Neso supoño que non hai ningunha duda...pero non por isto estarán exentos de poder ser criticados,digo eu??ou teñen impunidade?porque sinón apaga e vámonos que xa teño todo visto...

En canto a que o Concello ten as máns atadas no tema da construcción...permíteme discrepar contigo Señor Blanco,xa que é o Axuntamento quen ten a postestade para conceder ou non esas licencias...pero como dis ti,xa sabemos como vai esto...moi ben,si deixan diñeiro... donde está ese diñeiro??quizabeis, como dixo alguén, pagando os favores, ou sexa votos, nos múltiples funcionarios que hai?e xa que hai tantos...dónde están?...todo sin rozar,as aceras a tope de merda...a praia de Rueta en abandono total.... quizabeis nas decenas de millóns que costou o parque de San Cibrao,bonito eso sí,pero que non necesitaba de tal dispendio...quizabeis...quizabeis...quizabeis....

Doríforo.

Anónimo dijo...

Doríforo tin non "opinas" ti directamente insultas. ¿Que grado de opinión pode haber nunha persoa que para descalificar a un político afirma que non ten estudos, ou estuda demasiado, ou non vive en Cervo, ou cousas polo estilo? Non te fagas agora o digno. Ti es un resentido da época de Roberto Álvarez que agocha o seu cabreo baixo a desculpa dunha crítica política.

E por favor, unha vez máis, antes de falar infórmate. Que xa vai abondo de dicir chorradas. O acto de otorgamento dunha licenza municipal para unha obra e regrado, isto é o Concello ten a obriga de dársella á empresa si se cumpre con todo o establecido na lei, fundamentalmente terreo edificable e edificio dentro dos límites que impón a normativa.

Anónimo dijo...

Aqui quere decir en favor de Doríforo que é vergonzoso que un político local, o cal representa a todos os habitantes do concello, non viva nese mesmo concello. Non se pode estar ó plato e as talladas, pareceme totalmente vergonzoso, se para o autor do anterior comentario esto é unha descalificación, apaga e vámonos, esto é unha realidade ben grande.

Como xa dixen, no tema da construcción o concello está algo atado, eso si, non nos olvidemos que o concello é o encargado de calificar o uso do solo, así que non me falen de legalidades e cumplimento de normas, xq se existe vontade de preservar unha zona é viable protexela. É evidente que non se pode poñer freo a toda a construcción xq sería algo inviable e ilóxico.

Por último repetir que é lóxico a crítica, xa que é evidente que as cousas non estan ben, pero tampouco hai que pechar os ollos ante as cousas, que o meu entender, se fixeron ben. Así que señores, déixense de Robertos Álvarez (non vivan no pasado e si non presente), de que se ven plumeros e de escurrir o bulto e a traballar polo que realmente importa que e este concello e non intentar seguir no sillón do poder ou asaltalo de calquera xeito e modo. Creo que dende este foro crítico tamén se recoñecerá cando se faigan ben as cousas, polo momento, a poñerse as pilas TODOS.

Anónimo dijo...

Queremos que volva VALELO e ANDIA!! e que FElIX desemplolve a carabina!! todo o resto... á puta calle!!!panda de inútiles!!!

CERVO PREPARA A REVOLUCOM!!
QUEN SE UNE!??

Anónimo dijo...

Efectivamente, non se trata de evitar construír, pero si de regular esta actividade axeitadamente para evitar a degradación do noso municipio (paisaxística, cultural, medioambiental). ¿Para iso esta o PXOM non? Trátase de elaboralo coidadosamente e non modificalo en función de intereses particulares. Eu non vexo en que está tan atado o goberno local.

Por outra parte, cando se critican algunhas das inversións realizadas trátase dunha cuestión de prioridades. Supoño que cando se escolle a un representante faise confiando no seu bo criterio para gobernar o concello; pero, neste caso¿o prioritario era poñer aceras na carretera da costa á altura da Furada vella? ¿Renovar o parque de San Cibrao? ¿Construír unha mole cadrada de formigón na praza dese mesmo pobo? ¿O parque feo e inservible de Cervo? Sempre se bota a culpa ós supostamente escasos presupostos cos que se conta, e imaxino que será por iso polo que nin tan sequera se poden rozar as cunetas. En fin, hai que abrir os ollos. Non quero ser moi crítico porque teñen aínda 3 anos por diante para que a cousa cambie, pero xa podían ir empezando.

Anónimo dijo...

Faragullas falaba do PXOUM que por H ou por B leva a friolera de 15 anos en preparación, namentras o texto legal que ten para funcionar o Concello de Cervo son as Normas Subsidiarias Provinciais do ano 78!!!. Esto quere dicir que, cun instrumento tan anticuado é imposiblefacer nada ao xeito, e os contratistas que o saben aprobeitan a ocasión, negocio para eles e NEGLIXENCIA CULPOSA para o Concello de Cervo, xa que todos os partidos sen excepción, que se presentaron nos 20 últimos anos tiñan como prioridade a de elaborar un plán de urbanismo,
En canto a casa de cultura, mr. Faragullas, direiche que viaxes mais,a arquitrectura ten que pertencer ao séu tempo, xa sei que os cubos teñen mala sona, e ate lle escribiron " tanatório" e outrs lindezas,a min preocuparíame máis a escasa actividade que deserrola, tantos millóns e tan pouco uso ( ainda que os cartos non sairan dos presupostos municipáis, xa que aportaron Xunta e Deputación ).
No do parque Raiña Sofía, estou de acordo, caseque 90 quilos.Haberá prioridades digo éu.
E no de Cervo, teran que medarar as arbores para que mellore o seu aspecto, e por outra parte eu vexo que hai moitos pícaros, tendo en conta que Cervo ten poucos.
Seguiremos cacarexando do sen goberno

Anónimo dijo...

E moi doado facer a crítica cando antes non se estivo nunha comisión de festas nin en ningunha outra
asociación.A xente do pobo de Cervo non sabe o difícil que é conseguir a pleno 15 e 16 de Agosto unhas orquestas que merezan a pena e intentar que todo saia ben.E moito menos cando se dan 5 euriños en moitas casas das que vos sorprenderíades!
Xa que vexo que todos os blogueiros teñen algo que decir....¿porque non vos metedes para o ano a facer unhas festas tan boas como queredes???...hai que carallo...que bonito e criticar o traballo do resto e logo lavar as mans!!!!!.
Non vos vexo implicados en nada relacionado co pobo!!.Tanto criticar e pouco traballar!..eso si que é doado de facer!
Por último, invitovos a que para o ano que se aproxima, fagades unha comisión e demostredes que se poden facer unhas festas con Panorama incluída.Se o conseguides,seguramente non terá problema o voso amigo Villares a facer unha ampliación no souto pa que entre o escenario!!.Así todos contentos e o pobo encantado!.

Anónimo dijo...

Cheliño dimite xa fica en Burela e deixanos en paz e por favor levate a teu irmao=alto y claro

Anónimo dijo...

DIN QUE A NON MOITO TARDAR A TRIBU D@S GAIVOT@S DE CERVO TERA NOV@ MEMBRO

CHELINHO E A SUA PARELHA AGARDAN UNHA CRIATURA

E EU PREGUNTOME SERA GAIVOTO OU GAIVOTA?

Anónimo dijo...

O de Doríforo é excesivo desde o meu punto de vista. Peor aínda os últimos comentarios que, señores administradores do foro, non deberan permitirse

Anónimo dijo...

Para coñecer se as actuacións do governo loical satisface aos veciños propoño que os usuarios deste foro os valoremmos cunha nota numérica entre cero e dez, para logo poder facer unha media aritmética e saber realmente o que opina a xente da xestión que están a realizar. Hai que intentar ser obxectivos, do contrario o sondeo non tería valor.
Aí vai a primeira:2(MOI DEFICIENTE)

Anónimo dijo...

Acabo de ler un bando no que se recomenda non darlle de comer ás gaivotas...

Por favor,veciños de Cervo,non lle dedes e comer ás ratas que pululan polo pobo...

Nota;2.lamentable.

Anónimo dijo...

Se non se lles pode dar o xantar as gaivot@
s
que comerán os do pp?

Anónimo dijo...

NOTA -5 PEOR AINDA NON PODE SER

Anónimo dijo...

Ai, Doriforiño, que pequeno eras cando papi ¿mandaba? en Cervo!! Aquelo si que era vida!!! Viva a vosa democracia!! E si queredes festas ¡¡traballade vós!! que abondo fan os da comisión e aínda non demostrastedes nada.

Anónimo dijo...

Pois non cho vou negar!!eu penso que o Concello estaba mellor...pero quizais estou equivocado...se queres expresa o teu punto de vista,que ainda non houbo quen o expuxese...pero por favor deixa a demagoxia barata do tema das festas...é penoso o voso...

Anónimo dijo...

Doríforo podería facer o esforzo e colaborar coa comisión de festas en vez de aproveitarse do seu traballo para despois nun requiebro incomprensible mesturar isto co seu amor por Roberto Álvarez, sen dúbida, o pior alcalde que tivo nunca Cervo

Anónimo dijo...

Seica Villares lee o blogue xa funciona o seu buzón na páxina do concello

Anónimo dijo...

Villares, se non mellora a túa xestión, vai buscando choio para dentro de tres anos. Os veciños de Cervo non aprobamos as túas actuacións como máximo mandatario local.
De promesas non se vive.

Anónimo dijo...

Doríforo está a facer méritos para que o incluan na futura lista do PSOE por Cervo. Andan escasos de xente na capital municipal. Non conta ó seu favor o seu amor incondicional ó alcalde Robertiño que arruinou o noso concello pero Lara Méndez, a vicepresidenta para fotos e eventos varios da Deputación, xa anda á desesperada

Anónimo dijo...

Pues la verdad que para estar desesperada, yo la veo muy bien. A las carreras de un lado para otro, pero por lo menos trabaja. Sin embargo a la tropa que nos gobierna en este concello de forma nefasta la palabra trabajo le queda grande. Por cierto, si Doríforo no quiere ir en las listas del PSOE, me ofrezco voluntario. Lara, cuenta conmigo!!!

Anónimo dijo...

Si trabajar es escribir un texto con una línea de crítica política, dos de ataque desproporcionado a quien, en las comisiones organizan nuestras fiestas y llenar todo el resto de insultos... Es verdad, listo para ingresar al PSOE.

Dejaros de tonterías y de defender a un señor que solo sabe insultar.