27 ago 2008

COUSAS DO CORAZÓN E COUSAS DA RAZÓN por Tresillo





Como membro fundador e asiduo articulista e visitante deste noso blogue asistín con interese a esta dura controversia (na cal estou implicado de parte) que surxíu a partires da tamén máis que controvertida caricatura referida aos dous principais iconos das nosas dúas máis importantes festas e referentes culturais locais de hoxe en día, é dicir, a Maruxaina e o Castrón. Lonxe de verter unha opinión desde a víscera, quixera facer unhas sanas reflexións sobre o asunto sen ánimo de polémica e co obxectivo de conformar unha visión o máis ampla posible sobre a discusión.
Antes de nada, quixera advertir que as miñas intervencións non son precisamente o paradigma da síntese nin tampouco da sinxelez conceptual...o que de ordinario coñecemos como "ser un pedante". Logo animo a ler o artigo con paciencia, cun bo café ao lado e, para os cegatos, cun litro de "Vixpring".
En primeiro lugar quixera, de xeito breve, facer fincapé sobre unha idea xenérica acerca da liberdade e, máis concretamente, sobre a liberdade de expresión. Todos sabemos que esta última consiste no dereito de cada individuo a expresar mediante a palabra, escrita ou falada, ou por calquera outro medio, os seus pensamentos e ideas. Agora ben, a liberdade de expresión ten os seus límites. Esta non pode permitir divulgacións vexatorias contra as persoas nin tampouco facer apoloxía do terrorismo ou, pola mesma, producir agresións aos bens da personalidade, sexa a intimidade, o honor e a integridade e indemnidade sexual.
Volvendo ao plano do conreto, alguén podería considerar que a caricatura citada é un uso absolutamente excesivo da nosa liberdade de expresión. Sen embargo eu considero que esto non é así. Desde unha perspectiva racionalmente práctica, con ela non se esta agredindo a persoa concreta algunha, é decir, a alguén con nomes e apelidos. Non cabe honor nin intimidade máis alá do estrictamente persoal ou, de xeito máis extensivo pero menos liberal, familiar. Mesmo que a Maruxaina sexa un icono, un logotipo ou, mesmo, unha marca, sobre ela non se poden proxectar dereitos personalísimos que só se poden predicar da dignidade do home e da muller de forma exclusiva. Sei que se me podería argumentar que tras da mesma idea da mitolóxica serea dos Farallóns hai un colectivo social, entendido como conxunto de cidadáns, que a sinten e a queren e que representa un símbolo de unión de tal colectivo que se quere proxectar, dalgún xeito, ao mundo que o rodea para integrarse nel. Sei que todo eso é certo e, mesmo, admirable. Agora ben, non se poden sacralizar elementos símbolicos ata o punto de non poder ser obxecto de crítica, de mofa, burlao ou, a sensu contrario, de eloxio, admiración ou mesmo adhesión. Todos os días contemplamos elementos satíricos e burlescos en medios públicos como a TV, a radio ou os medios de prensa escritos. Se sacralizaramos todos os iconos, símbolos e ideas do mundo, a liberdade de expresión quedaría nun mero formalismo carente de contido, a democracia quedaría pendurada do pau do sectarismo ou a barbarie é, seguramente, o dogmatismo e a imposición disfrazada de corrección política campearía as súas anchas. É por eso que non se poden condear artículos ou creacións aparentemente ofensivas contra símbolos ou iconos relixiosos, ideolóxicos, sociais ou culturais, detrais dos cales sempre hai un menor ou maior colectivo social aos cales representa. Só certos elementos símbolicos, case sempre referidos ao Estado, son protexidos pola lei. Cabe aclarar esto para entender que non é o mesmo facer unha caricatura dunha persoa privada atentando contra o seu honor e integridade moral que sobre un icono ou símbolo. Non é o mesmo poñer unha caricatura do deus cristián en determinada pose guerreira ou dictatorial (mesmo sexual) que facelo dunha da nai dun veciño en actitude pouco decorosa ou mesmo delictiva.
Pero por outra parte tamén quixera deixar clara outra cousa. Se ben creo que a caricatura é burlesca e provocadora tamén considero que non é, de ningún xeito, ilegal, nin inmoral. Opino que, dalgún xeito, se atentou contra algo que para min cobra certa importancia e que cada vez cobra menos para a sociedade en que vivimos. Falo das emocións. Se cabe algunha desculpa non é á Maruxaina en si mesma, nin tampouco a esa idea de San Ciprián, tampouco aos mariñeiros (a súa patrona ata onde chego é a Virxe do Carme). Se cabe algunha desculpa, sen corrección do feito en si, nin perdón polo pecado orixinal e a baixada dos ceos á terra,...decía, se cabe unha desculpa sinceira é a todos e cada uns dos veciños do noso pobo veciño (parte do noso Concello común), comprendidos na súa concreta individualidade e personalidade. Cabe, si, sempre que dalgún xeito sentiran que os seus corazóns foron traspasados por unha espiña emocional ao contemplar na súa retina algo que "racionalmente" conmoveu os seus instintos máis primixenios ou profundos. Cabe unha desculpa por esa posible ou hipotética ferida que sempre é resultado deste tipo de manifestacións. Eu (e nós en xeral, creo) asumimos esa consecuencia e esa responsabilidade.
Agora ben (e para rematar) nin moito menos imos deixar de expresarnos con liberdade. Non vamos deixar de satirizar aquelo que consideremos oportuno e non agreda a persoas concretas con nome e apelido. Non consideramos sagrado nada que non sexa persoa física e privada: nin políticos e funcionarios no desempeño do seu cargo ou función (que para eso son persoas públicas), nin símbolos relixiosos, pagáns nin de calquera tipo, nin sociedades empresariais na consecución destructiva (delictiva) ou carente de ética do seu obxecto mercantil, nin películas, actores, directores e demais farándula no desempeño do seu traballo, nin libros nin os seus respectivos autores, nin futbolistas nin clubes. Se por eso temos que ser condeados a algo parecido a unha fogueira aceptámolo e asumímolo. Se por eso temos que ser desprezados e mesmo ameazados, aceptámolo e asumímolo, agora ben, non o comprendemos. Non podemos comprender a intolerancia, a soberbia e o rencor. Entendemos certa indignación fronte a algo que só subxectivamente e emocionalmente pode ser entendido como de mal gusto pero non podemos comprender respostas esaxeradas, moito menos violentas, derivados de tales sentimentos. A emoción non pode subsumir á razón aínda que a primeira nazca dunha causa absolutamente racional. Perdoen polo patético exemplo pero é moi gráfico: que o meu equipo sexa satirizado polo xornal de cabeceira do equipo rival poderá producir en min certo desdén e indignación pero, en ningún caso pode espertar en min odio, rencor ou desprezo, sei os límites e o alcance e importancia que supón tales manifestacións. Teñano claro, non é mellor amigo aquel que pensa coma ti senón aquel que te respeta tal e como ti eres a nivel persoal.
Para finalizar, apelo á palabra mesurada e ao tono satírico e humorísito(de un e do outro lado), ao diálogo e a confrontación de ideas e puntos de vista. Este é un foro aberto e libre, para todos, sen diferencias. Se alguén quere escribir un artigo ou colgar algunha imaxe, sempre que non agreda a ninguén a título persoal aquí esta o noso correo e será publicado de bo gusto: quemeimportaamin@gmail.com. Non é preciso poñer o nome no artigo. Si é preciso saber quen é con nome e apelidos aínda que nunca se desvelara a súa identidade senón se desexa. Só precisamos un seudónimo, un artigo, unha imaxe se desexa para acompañar o artigo e será publicado o máis rápido posible.

Unha forte aperta a todos...

18 comentarios:

que_me_importa_a_min dijo...

DEMASIADA RAZÓN XUNTA...

noraboa...coma sempre (ou case sempre...)

Un biko da PR.

Anónimo dijo...

Chapeau!

Anónimo dijo...

A mi me da igual el rolllo que sueltes, la gente de San Ciprián lo entiende como una ofewnsa y ya está, si quereis hacer cosas burlescas y satiricas, de mofo o lo que querais que se la meta el proio castrón por el culo,asi de simple, o que una bruja le meta el palo por el culo.Asi de simple, sin tebner que mezclar a la Maruxaina para nada.El dibujo es claramente ofensivio y no hay nada que hacerle.En cuanto que no le haceis daño a la gente eso es lo que pensais vosotros, mucha gente se siente superidentificado con esta fiesta , hasta el punto de vista que hay familias que no se juntan en Navidades y lo hacen en la Maruxaina, y precisamente non son 2 familias, por lo que basta ahora de poner rollos filosoficos a modo de disculpas, el daño ya está hecho.

Anónimo dijo...

Porque carallo a xente escribe sempre como anónimo???Tan dificil e poñer o nome ou no seu defecto un mote ou algo.



P.D.:Leino todo;entereime de algo jejeje

Anónimo dijo...

Como veciño de San Ciprián, que disfruta ano a ano coa Maruxaina gustaríame aclarar que non estou ofendido polo debuxo da camiseta. Creo que a miña opinión é tan respetable como a daqueles que non pensan coma min. En todo caso si que teño que discrepar de Tresillo por dúas razóns: O feito de que A Maruxaina non sexa unha persoa ou un símbolo legalmente protexido ante calquera tipo de ultraxe non da dereito a facer mofa dela. Como ben dices a liberdade de expresión ten os seus límites. Esta non pode permitir divulgacións vexatorias contra todo aquelo que teña algún tipo de significado para un colectivo ou grupo de xente. Non teñen personalidade pero aos cristiáns pode ofendelos que se faga mofa das súas imaxes, da cruz, dos seus símbolos. Non teñen personalidade pero as bandeiras quemadas, os xogos con símbolos institucionais poden ofender tamén ás persoas ás que representan.Eu mesmo imprimiento as páxinas deste foro e empregándoas de papel hixiénico podo acabar por ofender a algún dos seus autores... En fin. Tamén hai que saber onde está o límite. Ao meu xuizo non esta sobrepasado pero... si é certo que quizáis non haxa sido moi acertada a imaxe das camisetas. Non é cuestión de censura senón de un pouco de respeto pola xente á que a Maruxaina representa ou se sinte identificada con ela.

Anónimo dijo...

Amigos da maruxaina:

No ano 1997 formase na vila de San Ciprián, municipio de Cervo, unha asociación que se denominará Asociación Amigos da Maruxaina.

A asociación foi creada cos seguintes fins:

Promove-la festa da Maruxaina, en todo o ámbito nacional, tratando de declara-la Festa de Interese Turístico, Nacional e Internacional, así como a convivencia, participación e integración social de tódolos participantes da festa e en especial dos asociados.

Entre outras cuestións esta asociación promoveu unha MARCA REXISTRADA

Unha marca rexistrada ou trademark (abreviada co símbolo " ou ®) é calquera símbolo rexistrado legalmente para identificar de maneira exclusiva a un ou varios productos comerciais ou servizos.

Dito símbolo pode ser unha palabra ou frase, unha imaxen ou un diseño, e o uso do mesmo para identificar a un producto ou servizo só está permitido á persona que realizou o rexistro de dita marca ou está autorizada pola que o fixo.

Dende a asociación vimos no registro da marca algo básico e indiscutible, con elo pretendemos que non se faiga un mal uso tanto do logotipo como do nome,

evitando polo tanto desta maneira, que persoas alleas ós intereses da asociación e da festa en conxunto opten por fabricar, vender, expoñer, etc&productos que mostren unha imaxen engañosa e irreal do que é a festa e a lenda.

Polo tanto:

Unha Marca é un título que concede o dereito exclusivo á utilización dun signo para a identificación dun producto ou un servicio no mercado.

Poden ser Marcas as palabras ou combinacións de palabras, imaxes, figuras, símbolos, gráficos, letras, cifras, formas tridimensionais (envoltorios, envases, formas do producto ou a sua representación).

Ver Lei 17/2001, de 7 de decembro, de Marcas.

O tipo de marca rexistrado pola Asociación Amigos da Maruxaina é mixta, denominativo con gráfico, é decir, temos rexistrado tanto o nome maruxaina como o logotipo, estando estos na clasificación de Niza 16 (M2436323) e 25 (M2436322).

Según este tipo de clasificación a Asociación ten o dereito exclusivo á hora de utilizar o nome e o logotipo, non podendo ser utilizado por terceiras persoas alleas á asociación ou a sua autorización nos siguientes productos:

PAPEL, CARTON E ARTIGOS DESTAS MATERIAS, PRODUCTOS DE IMPRENTA, ARTIGOS DE ENCADERNACION, FOTOGRAFIA; PAPELERIA, ADHESIVOS - MATERIAL PARA ARTISTAS - PEGATINAS, CARACTERES DE IMPRENTA - PUBLICACIÓNS PERIODICAS (REVISTAS), CARTELERIA.

PAPEL CARTON E ARTIGOS DESTAS MATERIAS, NON COMPRENDIDOS NOUTRAS CLASES; PRODUCTOS DE IMPRENTA; ARTIGOS DE ENCADERNACION; FOTOGRAFIAS; PAPELERIAS; ADHESIVOS (PEGAMENTOS) PARA A PAPELERIA OU A CASA; MATERIAL PARA ARTISTAS; (PINCEIS; MAQUINAS DE ESCRIBIR E ARTIGOS DE OFICINA (EXCEPTO MOBLES; NAIPES) CARACTERES DE IMPRENTA; PEGATINAS; PUBLICACIONS PERIODICAS (REVISTAS) CARTELES.

VESTIDOS, CAMISETAS, PAÑOLETAS, CALZADOS E SOMBRERÍA

Creo que si é un delito

Anónimo dijo...

Pois nada meus, nada que obxectar desde unha perspectiva estrictamente xurídica, vós sodes os ofendidos e nós un fillos de mala nai ofensores que merecen a trena ou cando menos a reprimenda de toda unha sociedade adulta coma a vósa (nos pensabamos que esta sociedade era de todos, pero vemos por onde van os tiros). Se os "Amigos da Maruxaina" considerades que é ilegal, que atenta co honor da marca, que esta ultraxe ao voso logotipo vos vai menoscabar a nivel local, autonómico, nacional e mesmo internacional, os xulgados do civil e do mercantil están aturados, pero darán cumprida resposta á vosa pretensión supoño que económica e de resarcimento moral (que tamén ten un prezo). Non pensabamos que este foro tivera tal proxección, pero en fin, é o hai. Podedes estar orgullosos das vósas ameazas físicas (non nos referimos a este derradeiro comentario) e as ameazas veladas coma esta que tratan de, supoñemos, non afirmamos, meter o medo no corpo.
De verdade que non se trata esto de ningún reto, o último que esperamos é vernos diante dun señor (ou señores) con toga e puñetas...deciamos, non se trata de ningún reto, senón máis ben dunha decepción, tanto ou máis grande que a vósa (que xa explicou o autor do artigo que era comprensible porque os sentimentos e o apego a un símbolo están aí e non se poden discutir). Porque, queridos amigos, se esto ten que traspasar a barreira que supón este blogue mal vamos. Se vamos implicar, por esta tremenda trastada e chorrada, a toda a sociedade do Concello, repetimos, mal vamos. Bastantes conflictos temos nesta "santa" localidade para andar con estas historias. Nos non queremos un novo "Rivera Casas"...Cervo debe estar tranquilo e nós tamén, vivide coa vosa indignación, tal vez xustificada, non sabemos, pero absolutamente desmesurada e esaxerada. Aquel que o desexe que non nos dirixa a palabra e morra o conto. Pola nosa parte "The End", "Santas y Buenas".
Pedimos, moi encarecidamente, esiximos máis ben, a todos os membros deste blogue que nos deixemos xa de insistir no asunto. Como dixo un dos asinantes "anónimos", "el daño está hecho" e non vamos nin afondar máis no asunto nin crear máis polémica. Non demos máis leña a unha fogueira que non se quere apagar...polo noso lado "agua y ajo"...temos que jodernos e aguantar, que é o que nos queda...xa sabemos onde estamos e quenes somos...sabemos das nosas virtudes e dos nosos defectos...disfrutemos do noso e esquezamos este intre de "dificultades obxectivas" que o tempo quita e dá razóns. Son tempos de "esquizofrenia colectiva" e nin a pena merece abrir a boca.

Paz e amor e un saúdo atento a todos...

Anónimo dijo...

P.D. POR SE NON QUEDOU CLARO QUERIDOS BLOGUEIROS...ATA AQUÍ CHEGAMOS...ACABOUSE...NON MERECE A PENA E LISTO...NON QUEREMOS NINGÚN COMENTARIO MÁIS, NEN XUSTO, NIN INXUSTO...

P.D. 2 Invitamos a calquera cidadán, asociación ou sociedade civil ou mercantil a exercer ou seu dereito de réplica. O correo é quemeimportaamin@gmail.com. Ata aí chegamos e non lle daremos máis bombo a un asunto que xa non dá máis de si.

De novo un saúdo...

Anónimo dijo...

pois parece q os q non tedes ganas de acabar co tema sodes vos porque tamén..... tres entradas sobre prácticamente o mesmo... xa me diredes

Anónimo dijo...

Son de Cervo non teño nada que ver ca xente que está implicada no tema das camisetas e recoñezo que a xente que adicou otempo a facer ditas camisetas fora millor que o adicara a outras cousas, opr que baixo o meu punto de vista creo que se pasaron un pouco, non debían de haber misturado a Maruxaina coa nosa festa e menos facer o debuxo como o fixeron con todo iso o que significa.A min tampouco me gustaría que outra xente fixera unha caricatura na que claramente se mofaran da nosa festa.
Eu como cidadan de Cervo atopome avergonzado de senellante animalada.
Que sepan os sancibrenses que polo meno un cervense está con eles ,e comprende sentimentalmente o que todo isto supon.
Un abrazo pos da Peninsula da Paz

Anónimo dijo...

Son de Cervo non teño nada que ver ca xente que está implicada no tema das camisetas e recoñezo que a xente que adicou otempo a facer ditas camisetas fora millor que o adicara a outras cousas, opr que baixo o meu punto de vista creo que se pasaron un pouco, non debían de haber misturado a Maruxaina coa nosa festa e menos facer o debuxo como o fixeron con todo iso o que significa.A min tampouco me gustaría que outra xente fixera unha caricatura na que claramente se mofaran da nosa festa.
Eu como cidadan de Cervo atopome avergonzado de senellante animalada.
Que sepan os sancibrenses que polo meno un cervense está con eles ,e comprende sentimentalmente o que todo isto supon.
Un abrazo pos da Peninsula da Paz

Anónimo dijo...

Non lera esto aínda e, a pesar da petición expresa dos webmasters.... non o podo evitar. Tan só quería animar ós "Amigos da Maruxaina" a que emprendan rapidamente accións legais contra Disney pola emisión de "La sirenita", así como pola comercialización de posters, camisetas, chapas, etc etc. Ese símbolo é voso, defendédeo.

PD: Perdón, xa calo.

Anónimo dijo...

JA JA JA JA. CLARO QUE ESE SIMBOLO NO ES DE AMIGOS DA MARUXAINA,NI TAN SIQUIERA EL DIBUJO QUE HACEIS VOSOTRO DE LA SIRENA, PERO EL HECHO DE QUE VAYA ACOMPAÑADO CON EL NOMBRE, DELATA CLARAMENTE QUE SE ESTÁ ATENTANDO CONTRA LA IMAGEN DE LA FIESTA.EN VEZ DE SER TAN CABEZAS CUADRADAS, TAN BRUTIÑOS A LA HORA DE HACER LAS COSAS , UTILIZAR LA CABEZA, QUE A VECES SE HACEN COSAS QUE PENSAIS QUE HACEIS GRACIA Y VERDADERAMENTE HACEIS DAÑO.

Anónimo dijo...

las malas lenguas dicen que la idea partió de "patacalandia" y no de los Cervo... ajá

Anónimo dijo...

con moito pesar pola nosa parte e por mor da denuncia interosta pola asociacion amigos da maruxaina temos que retirar o simbolo da nosa cidade dende hai moitos anos xa que e de propiedade esclusiva dos pixins

http://flickr.com/photos/35873968@N00/117606361/

Anónimo dijo...

QUERIDOS AMIGOS DE CERVO,SOBRAN LAS PALABRAS

http://es.youtube.com/watch?v=8lui6Mo4qVM&feature=related

http://es.youtube.com/watch?v=J_-cjE_Wd6U&feature=related

CASI COMO CERVO.
SOIS UNOS PRINGADOS MUERTOS DE ENVIDIA

Anónimo dijo...

ondia foron falar os da capitaL

SAN CIPRIAN

MOITA AREA POUCO PAN

VIVA CERVO

Anónimo dijo...

A MARUXAINA NON E PATROA DOS MARINHEIROS SENON A PATROA DOS BORRACHOS DE PIXIPRIAN

CERVO INDEPENDENZA XA!!!!!!