25 ago 2008

NADA POR AQUÍ por Tresillo




Facía ben anos que non acudía a un espectáculo de maxia...se ben recordo, a derradeira vez foi aínda no instituto. Onte na Praza do Concello sentinme de novo coma un neno e volvín a recordar a aquel raparigo de dez anos que asistíu con asombro a un gran espectáculo de maxia feito polo Mago Antón en Alumina-Aluminio (hoxe Alcoa) no ano 1990 para celebrar o X Aniversario da súa presenza en San Ciprián.
Onte, sobre as 22:30 volvín a sorrir e sorprenderme coma un neno inocente que cre que os magos teñen ocultos poderes para facer desaparecer cousas e aparecer outras. Ademais, rin, rin de verdade como non facía desde hai tempo. A participación activa do público, sobre todo dos nenos, fixéronme gozar coma un "pícaro pequeno"...sen lugar a dúbidas foi unha hora e media de pura felicidade. Ás veces móstrase de xeito evidente que as cousas pequenas poden encher de cor os ollos e de ledicia os corazóns. Nesta época de pura egolatría ver dous centos de persoas compartir xestos e complicidades baixo un mesmo espectáculo paréceme unha illa de esperanza no medio de tanto pesar e crise existencial ou de identidade.
Non cabe pois máis que felicitar e darlle grazas aos organizadores de tal evento e por suposto aos magos que, baixo a batuta do Mago Antón, nos permitiron contemplar un soño que por un momento nos iluminou a todos a alma durante un pedaciño do día de domingo.Tamén felicitar a Hotman que sempre é puro espectáculo, aínda que sexa de público. E darlle tamén as gracias a ese neno de Burela chamado Andrés...eres un xenio machiño, o teu sorriso quedará impreso na miña retina para sempre, a túa gracia e inocencia fai que os pesimistas coma min aínda poidamos pensar que ter os pés na terra ten algún sentido. Aínda que poida parecer esaxerado, por estas cousas aparentemente tan sinxelas é polo que merece a pena vivir.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Sí señor!!! Unha marabilla!
Gracias tamén a ti por sacarme da casa, que se ía ter una muerte lenta y dolorosa coa resaca!

Anónimo dijo...

"senón ía", perdón

Anónimo dijo...

Gran artigo Tresi, eu tampouco non ia ir e mira....gañei 15 elorios, jajajaajajaaj. Sempre me levei moi ben co Mago Antón.jojojojojo. E encantao da vida de facervcos rir co meu irónico medo á gillotina pero.... e si fallara????, adeus Hotman!!.Foi unha noite máxica, á verdade. Houbo mais xente que no San Roque, jojojojojojojojojo

Anónimo dijo...

a verda e que disfrutei como un enano,parecia como volver dez anos atrais,pasou o tempo volando,a non ser cando casi perdemos o hotmiño,jeje,que se fixo eterno...,en fin,pois según dixo meu irmán poderemos disfrutar po mes do mago antón,o seguinte o mago teto,e po seguinte mes o mago merlín osea que moi seguro que alí taremos no muíño dandoi todo...,saludos e un bon comentario Tresi


CHEGOUOHOME

Anónimo dijo...

Coño! Que emoción! Home, a min non me chegou tanto ó coraçao, pero paseino bárbaro. Sobre todo, como ti dis, co amago de morte de Hotman, e con ese pequeno artista chamado Andrés que era a expresión viva da felicidade.
Ó igual que o Xogador de chica, darlle tamén as gracias a Tresillo, porque esto é unha cadea, e se el non chega a tirar dela quedamos todos varados na casa.

PD: Haberá que ir logo polo Muiño, a ver si fan máis maxia que facer desaparecer cubalibres que esa xa ta moi vista por alí.