3 nov 2008

S.L. Matadeiro Charo.


Quen se apunta á matanza na "Casa Charo"?Pregamos traian guantes,motoserra,capachos e voluntarios para ir lavar as tripas,q non son poucas.Tod@s xunt@s por unha cea de 400 quilos.Feliz San Martiño.
P.D.:Coco,tocouche o de lavar as tripas.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Querido Home Subvencións, tranqui, estoulle quitando a roña aos coitelos da matanza que me deixou en herdanza meu avó. Estou practicando con "galiñas", porque a teoría téñoa toda. Agora ben, eu son da escola dos "Matachíns do Cocho Deitado no Baño"...así que, homes fortes do mundo...a levantar as máquinas que hai que aguantar o chiniño máis grande que deu cervo.

Tresillo


P.D. Non che recomendo unha escopeta, porque de fallar o tiro, teriamos o primeiro encerro de Cervo.

P.D.2 ¿Como vamos facer para pelar o cocho? Vai comprando sete sacos de sal e quentando mil litros de auga. Precisaremos setenta persoas para dar feito

Anónimo dijo...

Eu apúntome pero so pa mirar. Porque nin a teoría nin a práctica sei. Asi que eu só miro. Nunca presenciei tal espectáculo.

Hotman

Anónimo dijo...

400 Kilos! Vaia cabalo!!!
Tresi, temos que retomar a Agricultura Copular en homenaxe ó chiniño, jojo.

Xogador de Chica

Anónimo dijo...

Pareceme un bo plan, tu prepara o anís, o coñac e as cuetara q despois xa daremos conta do animaliño....jejeje.

Garci.